Presión e censura no xornalismo

O anterior artigo quixo mostrar a escaseza de autocrítica que fan os medios sobre a súa propia precariedade laboral. Os medios non falan dos seus propios problemas, acalan a situación laboral que sufre a profesión. Unicamente, de tratala, enfócano como un problema alillado doutro medio ou empresa comunicativa, mostrando o mal alleo sen retrospectiva. Pero, que acontece se un xornalista denuncia publicamente a súa pésima situación laboral? Son os encargados da crítica democrática libres para crticar ao seu propio medio? É a liberdade profesional utópica? Hoxe queremos analizar os riscos de despido e as presións estructurais que sofren os xornalistas. Que son, de onde proceden e como afectan diariamente.

Cando é o propio medio quen silencia

Fai unhas semanas reunímonos cun grupo de xornalistas locais, afectados pola precarizacón. Entre eles falamos con Nicolás Navanza, xornalista despedido del El Correo Gallego por denunciar na redes a situación laboral que sufría no seu medio. Como ben é sabido, El Correo Gallego atravesa unha mala situación económica, e xa botou a varios traballadores. Nicolás non foi o único, el mesmo nos comentou o caso dun compañeiro que foi despedido polo mesmo motivo. Chama a atención: unha persoa encargada da saúde democrática e da crítica social pode perder o seu posto de traballo por un comentario que fai na súa vida privada. Os medios teñen un hermetismo enfermizo e unha escasa liberdade. A nivel nacional tamén atopamos outros casos chamativos. Miguel Ángel Aguilar era un dos xornalistas máis veteranos do xornal El País. Nun artígo de The New York Times, sobre a prensa española, apareceron unhas declaracións de Aguilar, sendo crítico co medio no que traballaba. Aguilar denunciou que os acreedores e o goberno, eran os que controlaban os medio. A valentía de Miguel Angel Aguilar foi recoñecida o ano pasado, co premio Jose Couso de Liberdade de Prensa. Non foi esta a única vez que Cebrián tomou medidas contra os que lle intentaron atacar. Ignacio Escolar, director de ElDiario.es, foi despedido da Cadena Ser por vincular o presidente de Prisa. E curioso ver o deterioro desta empresa nos últimos anos, que pasou de ser o grupo de información de referencia, a verse envolta nestes sucesos.

Pero as presións e despidos non só se efectuan cando o xornalista critica a situación labroal que vive, senon tamén, cando a súa ideoloxía non concorda coa liña editorial do medio. Como exemplo temos o caso Esther Palomera, despedida de La Razón por ser crítica co Partido Popular, partido afín a dito medio. Outro caso notorio foi o de Jesús Cintora, presentador de Las mañanas de Cuatro que foi despedido por ser crítico co goberno, en contra dos desexos de Mediaset. Isto lévanos a seguinte cuestión, a das presións alleas que sufren os xornalistas.

Cando quen silencia é o Poder 

Unha das noticias recentes con maior sona fai referencia a denuncia da APM polas presións que sofren os xornalistas a mans de Podemos. Non se pon en dúbida que se produxeran estas presións, pero o que resulta chamativo é que non se denunciara anteriormente a ningún outro partido, cando se sabe que houbo casos de presións por partes destes. Ademáis, o propio informe da APM presenta datos desalentadores no referido a este tema. Nicolás Navanza relata que recibiu chamadas por parte da Xunta de Galicia nalgunha ocasión, por informacións que escribiu no seu medio. A nivel nacional é preciso salientar outros casos que a pesares da súa gravidade non foron denunciados pola APM. O ex director do xornal ABC, José Antonio Zarzalejos alegou que nunca sufrira presións tan grandes como as de Esperanza Aguirre. Zarzalejos negouse a poñer o xornal a disposición de Aguirre e foi cesado no ano 2008. Pero esto non só acontece na política, senón que as malas prácticas chegan ata o aspecto deportivo. O diario Marca foi acusado de apoiar pouco o Real Madrid e incluso criticar en exceso o conxunto branco. Isto deu lugar a unha reestructuración do periódico empezando polo seu director e acabando con colaboradores clásicos do medio como Santiago Segurola. Isto achacouse as presións de Florentino Pérez, presidente do club madridista. Segurola confesou que Florentino chamaba os medios para criticar incluso os pés de foto que se publicaban.

Parece que os xornalistas temos que convivir coas presións coma algo normal, cando isto non debería ser así. A liberdade de expresión é un dereito fundamental para a práctica do xornalismo. Se o xornalista non dispón dela, non poderá facer ben o seu traballo. Dicía Nicolás Navaza que hai compañerismo, pero falta unión á hora de reclamar algo. Esa quizáis sexa a clave, os xornalistas debemos unirnos para loitar contra as trabas que nos atopamos nos ou os nosos compañeiros, non podemos permitir que a información non chegue por culpa do poder e os intereses. Debémosllo ós compañeiros que foron despedidos, a eses lectores ou espectadores desencantados, pero especialmente debémosllo a esta profesión tan bonita e necesaria, que non merece o momento que está pasando. 

 

Advertisements

35 comentarios en “Presión e censura no xornalismo

  1. Que desolador é o panorama que se nos presenta aos futuros xornalistas. A culpa principal de que esteamos a vivir esta situación son as grandes empresas mediáticas: Entre o grupo Prisa (El País) , o grupo Vocento e o grupo Planeta controlan a maioria dos 85 xornais que se publican a a diario/semanalmente en España. Isto sen contar as plataformas online, as radios e outros medios de comunicación.
    Así pois, estas grandes plataformas comunicativas vense supeditadas a intereses ideolóxicos, publicitarios ou incluso gubernamentais, xa que se sustentan tanto de fondos privados como do Estado. Un exemplo é o comentado arriba: Nicolás Navaza foi presionado pola Xunta de Galicia por escribir en contra dos seus intereses.
    A crise e a precariedade son dos factores máis influintes á hora das censuras e presións xunto co ideolóxico. Estes obrigan aos medios a desfigurar a realidade para acadar un beneficio amplo, que en moitos casos sirva para paliar as débedas.
    Neste artigo de CTXT abórdase moi ben a problemática da prensa española (crise, publicidade, ideoloxía, salarios e débedas) que hoxe en día é unha das peores de Europa. http://ctxt.es/es/20150916/Politica/2242/prensa-periodismo-censura-ley-mordaza-El-Pais-El-diario-Infolibre.htm
    Engadir que é escandalosa a diferencia de salario entre os grandes xornais e os pequenos, chegando a pagar estes 30 euros por reportaxe aos autónomos.

    Liked by 1 person

    1. Moi bo artigo de CTXT, con moi boas ilustracións, de feito unha fai claramente referencia o día que os xornais venderon a súa portada ó Banco Santader https://www.google.es/webhp?sourceid=chrome-instant&ion=1&espv=2&ie=UTF-8#q=banco+santander+portadas&*. O caso que comentas das diferenzas ó cobrar por un artículo é realmente chamativo. Na nosa reunión có circulo comentamos ese tema e a verdade que está bastante mal, incluso ás veces nin chegas a cobrar.

      Gústame

      1. No referente ao Banco Santander, este é un dos accionistas do grupo Prisa ao que pertence El País (http://www.infolibre.es/noticias/medios/2015/03/01/quienes_son_los_principales_accionistas_prisa_29087_1027.html). Casos coma o da compra das portadas ou que grandes entidades financieiras sexan accionistas dos medios de comunicación, hai a moreas. A publirreportaxe é un método moi efectivo de publicidade para as grandes empresas. Dende supermercados como Mercadona (http://www.elconfidencial.com/espana/comunidad-valenciana/2016-12-14/supertienda-mercadona-inversion-180-millones-en-2017_1303817/) ata tendas coma Primark (http://www.expansion.com/empresas/distribucion/2017/03/21/58d131ec268e3e1e0d8b462a.html) pasando polos bancos, xa comentados arriba.

        Liked by 1 person

    2. É imposible que os medios poidan ter unha opinión libre ó estar tan atados os intereses das empresas. A única solución como lle comentaba a algún compañeiro sería que se financiasen por medio dos lectores, e non tiveran publicidade, pero isto tamén parece bastante complicado. ¿Ti que pensas? ¿Pagarías por unha información de calidade?

      Gústame

      1. Interesante cuestión. Contexto (http://ctxt.es/), un medio formado por xornalistas despedidos doutros xornais (e do cal adxuntei un enlace no meu primeiro comentario), levou acabo fai relativamente pouco un crowfunding como método de financiación. O resultado foi moi positivo xa que chegaron a recaudar o máximo para poder continuar ca súa labor.
        Tendo isto de exemplo, a miña resposta é afirmativa. Se queremos as edicións en papeis dos grandes xornais temos que pagar por elas. ¿Por qué, entón, non invertir eses cartos en novos medios non supeditados ós intereses económicos? A xente debería de pagar se quere consumir información de calidade. Así, nos seríamos o sustento destes xornais e actuaríamos como actualmente o fan as grandes multinacionais cos grandes medios: quen paga, decide o que se escribe.
        O problema provén da visión de que a cultura consumida por internet ten que ser gratis. Explícome: ó non poder ter un xornal, unha película, etc de forma física, pensamos que non ten valor algún, e non estamos dispostos a pagar pola súa consumición.
        Un saúdo, Adrián!

        Liked by 1 person

    3. É unha gran iniciativa o do xornal Ctxt. Creo que estamos moi acostumados a non pagar por certas cousas, pero isto está empezando a cambiar. Levaranos tempo pero xa se están dando algúns pasos, que serán quizáis o futuro do xornalismo de calidade.

      Un saúdo Marta!

      Gústame

  2. Como ven di Marta son moi poucos os grupos que controlan todo o conglomerado de diarios españois, e resulta máis curioso aínda comprobar cal é o seu accionariado. Bancos, empresas de telefonía, grupos de comunicación extranxeiros… Polo tanto, resulta inconcebible que un grupo de comunicación controlado por exemplo por accionariado estadounidense fale mal deles e ben de Rusia na guerra siria.
    En canto as radios e televisións, pertencen aos mesmos grupos de comunicación que controlan aos diarios, co cal, non sei se pode existir unha liberdade real de expresión, xa que os xornalistas terán que ofrecer a información tal e coma marque a liña editorial do medio, a pesar de que nas investigacións obteñan resultados desfavorables para o medio ou os aliados.

    Neste artigo fálase acerca dos principais medios de comunicación españois e o seu accionariado:
    http://revolutioninspain.blogspot.com.es/2011/11/quien-controla-los-medios-espanoles_23.html

    Liked by 1 person

    1. Está claro que os medios en España están controlados por moi poucas empresas. No artigo que adxuntas, inda non está recollida a fusión de Antena 3 con La Sexta http://sociedad.elpais.com/sociedad/2011/12/14/actualidad/1323858005_357878.html. Antena 3 eso si, deixou a La Sexta coa su propia ideoloxía máis marcada hacia a esquerda. No caso de Telecinco e Cuatro, a cadena que anteriormente era de Prisa, moderouse bastante, de feito como poño no artículo, botou a Cintora por ese motivo. Ademáis estas cadenas están ligadas a radio ou xornais, polo que ó final, sempre nos chega a mesma información.

      Gústame

  3. Boas Adrián! Como ven comentaches , os medios non mostran a verdadeira situación que está a vivir o xornalismo nestes anos. En moitas ocasións xornalistas que levan anos traballando nun determinado medio, sexa prensa ou televisión, son despedidos sen verdadeiros motivos.
    A clave está na pregunta que ti realizabas ao comezo : Que acontece se un xornalista denuncia publicamente a súa pésima situación laboral? Seguramente eso supoñerá na maioría dos casos o despido directo. Todos nós sabemos que esto está en contra da liberdade de expresión.
    O desenvolvemento do traballo xornalístico debería ser absolutamente independente ,lonxe de presións e censuras que o contaminen , pero esto por desgraza non é así…
    Hai que ter en conta tamén, como ven recalcaches que o despido non só se efectúa cando o xornalista critica a situación laboral que vive, senón tamén cando a súa ideoloxía non concorda coa liña editorial do medio. En relación ao comentado encontrei un video no que participan profesores e alumnos da facultade de xornalismo da USC. Nel principalmente, reivindícase a liberdade de expresión.

    Este lema debería ser de axuda para todo xornalista : “pensa sen medo, fala sen medo”

    Liked by 1 person

    1. Boas Lorena! É moi interesante o vídeo que adxuntas especialmente o caso da xornalista Isabel Quintairos. Non é normal cun medio censure a unha xornalista polo seu pensamento político. Eu creo que a clave dun bo medio de comunicación é a pluralidade deste. O problema que temos en España, é que a xente xa sabe o que vai opinar calqueira medio sobre un determinado tema ó ter unha ideoloxía tan marcada. Casi ningún medio de comunicación en España pode facer unha información de forma obxetiva, xa que ó final todo depende da liña editorial deste e dos intereses que teñan con partidos políticos ou empresas privadas. Cando esto se solucione, poderemos ter unha información de calidade en España. Mentras tanto os medios españois seguirán ser ter credibilidade como vemos neste estudio da Universidade de Oxford http://www.nuevatribuna.es/articulo/sociedad/medios-espanoles-menos-fiables-universidad-oxford/20160318131246126529.html

      Gústame

      1. Resulta decepcionante que os medios de comunicación de España sexan os menos creíbles dos once países consultados en Europa e os segundos menos creíbles dos doce estudiados de todo o mundo.
        Está claro como ti dis, que a obxectividade dos medios non existe. Debido á censura no noso país, á ideoloxía tan marcada que existe nos países, cada vez menos confianzas hai entorno ao xornalismo.
        Cres que nalgún momento esta situación cambiará? Que os medios comezarán a ter máis credibilidade?

        Deixo aquí o enlace a unha entrevista ao xornalista Pascual Serrano no ano 2012, onde nos conta como ve a situación do xornalismo en España:
        http://www.rtve.es/noticias/20120216/pascual-serrano-analista-medios-periodistas-se-estan-convirtiendo-ensambladores-declaraciones/498578.shtml

        Liked by 1 person

  4. Unha reflexión e un post excepcional Adrián, reflectindo a realidade que vamos a sufrir como xornalistas o día de maña.
    Deixoche por aquí a clasificación mundial de libertad de expresión por países, realizada por reporteiros sin fronteiras no 2016: http://www.rsf-es.org/grandes-citas/clasificacion-por-paises/

    España atópase no posto 34 de 180 países. A min paréceme unha vergonza. Un país onde nos venden que temos libertad de expresión e logo existen problemas xudiciales por unhos post en twitter. E non somos o país europeo que máis abaixo está nesa clasificación.

    Deixoche por aquí un artículo de reporteiros sin fronteiras tamén onde analizaba a situación europea o ano pasado (estamos a espera do de este ano!) http://www.rsf-es.org/news/clasificacion-mundial-2016-analisis-europa/

    No noso país, como ti ben indicas, a mordaza é económica. Os grupos de poder, as presións gubernamentales e ahora ata leis…Todo nos límita á hora de expresarnos. O problema, como xa ben menciona Marta Coira no seu comentario é que a maioría das publicacións no noso país depende directamente desas tres grandes empresas de comunicación.

    A falta de libertad de expresión no noso país é xa algo habitual. Levamos dende a posguerra sin poder falar claro e isto tense que acabar máis pronto que tarde. Non pode ser que desprestixien a labor do xornalista con programas e articulos onde “xornalistas” se dedican a alimentar con desinformación ou información vanal á audiencia e logo a información veraz e útil é desbotada. Merecemos un xornalismo real, sin mordazas.

    Gustaríame preguntarche, como crees que podremos saír desta situación tan precaria? Na miña opinión, a única forma é acabar coa relación entre os medios de información e o poder e facer un xornalismo “diferente” ou mesmo ilegal hasta desbotar todo o que eles intentan ocultar con tanta censura.

    Liked by 1 person

    1. Vivimos nun país onde a liberdade de expresión non existe, según que casos. Aquí podes facer bromas cas vítimas do franquismo, pero non podes facer chistes sobre Carrero Blanco http://www.publico.es/tremending/2017/03/22/dos-noticias-juntas-se-entienden-mejor-que-es-mas-ofensivo-los-chistes-de-carrero-blanco-o-las-burlas-de-hernando-a-las-victimas-del-franquismo/. Na clasificación de reporteiros sen fronteiras, non sorprende ver os países nórdicos á cabeza, xa que en materia de organización sempre son un exemplo a seguir. O posto de España é unha vergonza, estando debaixo de países africanos, o cal é sorprendente. A única boa noticia para España, é que potencias mundiais coma Estados Unidos, Reino Unido ou Francia, están todavía peor, inda que ó final isto pode estar relacionado. Cantos máis intereses económicos haxa, menor liberdade de prensa.

      Gústame

      1. Como ti ben falas Adrián “cantos máis intereses económicos haxa, menor liberdade de prensa”. Isto é o problema fundamental dos medios de comunicación actuais, que traballan como empresas ao cargo dos dirixentes do país de turno.

        Antes o xornalismo era algo que denunciaba o que o goberno facía mal, que críticaba e facía unha labor social importantísima (como a que estamos tratando de facer outra vez). Agora o xornalismo, no noso país polo menos, é puro entretemento. Os “grandes xornalistas” españois traballan na televisión, criticando a vida de outros e dando “exclusivas” sobre elas.
        Na miña opinión, o xornalismo non está para interesarse pola vida de un ou de outro, pode que para outros sí, pois a actitude de unha serie de individuos pode reflexar o comportanmento dunha sociedade pero para min o xornalismo é un medio para controlar ao poder. Os xornalistas deben cuestionar e criticar todo o que sucede no seu entorno, buscar as causas e consecuencias, denunciar poblemas e cuestionar a autoridade cando esta non é xusta.

        Hoxe os medios de comunicación teñen intereses económicos que protexen a costa de deixar de comunicar. Eu chamaríamos medios de desinformación.

        Liked by 1 person

    2. Hoxe en día os xornalistas son máis personaxes que informadores. Actúan levando a súa personalidade ó extremo para chamar a atención e ocupar horas e horas de televisión. Así atopámonos con xente como Inda, Marhuenda ou Alvaro Ojeda no plano político, ou Roncero e Alfredo Duro no plano deportivo. É unha auténtica vergoña que esta xente sexa a cara visible desta profesión, pero por desgracia parece que é o que demanda o público. O peor desta xente é que fai cousas indignas da profesión, como vemos no caso acontecido nos últimos días có director de La Razón http://cadenaser.com/ser/2017/04/19/tribunales/1492605174_163844.html

      Gústame

      1. Eso xa non é indigno da profesión, é indigno como comportamento cívico. Dar clases de moralidade na televisión cando estás implicado nunha operación anti-corrupción por coacción.

        Como vemos en todos os temas tocados neste blogue, o xornalismo deixa moito que desexar neste país en todos os ámbitos. Os grandes dirixentes son corruptos, a situación do xornalista é precaria e a información que dan os medios non é outra que propaganda política na súa maioría ou noticias totalmente diluídas en prexuízos. No noso país, o único que interesa é a presa rosa. O panem et circerses está a orde do día en España.

        Aquí temos o claro exemplo de como neste país o xornalismo non é crítico nin obxectivo, e seguramente a súa información veña edulcorada con amiguismos e favores.

        http://www.eldiario.es/politica/Fernandez-Diaz-Policia-Francisco-Marhuenda_0_504650676.html

        Liked by 1 person

    3. Está claro que neste país todo funciona a base de amiguismos. Tanto na política como noutros ámbitos, se ti falas ben da persoa interesada terás un trato de favor a cambio. Do caso que falábamos fai uns días o final quedou archivado, cousa que non sorprende http://politica.elpais.com/politica/2017/04/25/actualidad/1493115030_869422.html. A pesar disto, o señor Marhuenda xa volve a estar nos platós e demáis coma se non pasara nada.

      Gústame

  5. O xornalismo é unha ferramenta indispensábel para que a democracia funcione. Debe garantir que todas as persoas dese Estado sexan coñecedores da actualidade tanto nacional coma internacionalmente. En canto se meten intereses políticos que nublen a transparencia que debería ter a prensa, non estamos falando dun sistema verdadeiramente democrático.

    Baseándonos nas reflexións de Camilo Taufic, podemos sacar que se os medios de comunicación silencian ata aos seus propios traballadores é porque hai un conflicto de clases sociais con cada unha diferentes intereses. Se as grandes empresas teñen os principais órganos de transmisión da información, no van a deixar que se destrúan desde dentro, xa que como indiquei antes, estas buscan defender os seus propios intereses de clase e a súa principal arma para evitar a creación de conciencia en contra deles é a censura

    Raúl Novoa González, S3D3

    Liked by 1 person

    1. Os medios o que parece que buscan cada vez máis e “idiotizar” a población, e parece que o están a conseguir. A maioria de xente disfruta dos programas basura, incluso chegan a conseguir as súas mellores audiencias http://www.vanitatis.elconfidencial.com/television/2017-03-09/josep-pedrerol-chiringuito-lamenta-derrota-fcbarcelona-psg-record-audiencia_1345284/. Se a xente non empeza a pensar por si mesma e a protestar, non consumindo estes productos, isto nunca cambiará, e cada vez será peor.

      Gústame

      1. Tes razón, máis o que ti dis é bastante complicado. Os medios de comunicación tenden á nosa alienación coma individuos e non a ser un instrumento que garantice a democracia, a transparencia e a liberdade de expresión. http://www.gamba.cl/2015/05/la-alienacion-que-producen-los-medios-de-comunicacion-masivos77/
        Así, os medios coa súa sobrecarga informativa, fan que teñamos cousas na cabeza que non nos importan e non nos aportan absolutamente antes, tendo unha conducta contradictoria coa nosa propia identidade.
        A cousa está complicada e para que algo cambie, debería cambiar a propiedade dos medios de comunicación, algo máis democrático e que responda aos intereses das masas, non cres?

        Liked by 1 person

    2. Oxalá os medios cambiaran de mans e tiveran outra funcion máis importante para a sociedade, pero eu considero que isto é unha utopía. Antes de cambiar os medios ten que cambiar a sociedade. Como lle comentaba a unha compañeira, as iniciativas das radios comunitarias son maravillosas, pero un programa dese tipo nun horario de máxima audiencia nunha radio comercial, non tería ningunha audiencia. A sociedade non esta preparada, primeiro debe evolucionar para que os medios podan evolucionar con ela.

      Gústame

    3. Os medios e o poder buscan a alineación da sociedade sen dúbida. E máis fácil dominar unha sociedade que non pensa, que son como ovellas. Isto vese moi ben reflexado en distopías ficticias como 1984 ou Fahrenheit 451, ademáis da serie Black Mirror, as cales son altamente recomendables se te interesa o tema.

      Liked by 1 person

  6. Atopámonos ante un panorama bastande solador, no que os futuros xornalistas nos temos que amarrar ao que poidamos. Paréceme irónico e canto menos paradóxico que, nos numerosos casos que mencionache, queden despedidos os traballadores dos medios de comunicación polo mero feito de expresar a súa opinión. ¿E logo, non é iso o que buscamos? o que tanto defendemos?
    Todo isto faime pensar se, de veras, o xornalismo vai da man da liberdade ou, polo contrario, cada vez se afasta máis.
    Lendo este artigo, acordeime do famoso tweet que puxera Manuel Rico cando fora despedido do seu traballo (.@La_SER prescinde de mi colaboración en @hora25. Esto es lo que opino al respecto: http://www.infolibre.es/noticias/opinion/2016/09/06/la_ser_libertad_expresion_54293_1023.html …) onde expón claramente cal foi a situación que o levou a tal extremo.

    Liked by 1 person

    1. É moi interesante o artigo de Manuel Rico. Non se lamenta do seu despido, o cal é moi interesante. Pero no artigo fai unha gran reflexión sobre o cambio á dereita de El País e do grupo Prisa, que durante anos foi un símbolo da esquerda. É curioso que un medio moi ligado históricamente ó PSOE esté sufrindo uns problemas bastantes similares a este partido político. Neste artigo falan máis do tema de Manuel Rico http://prnoticias.com/periodismo/editorial/20155634-el-dia-que-el-todo-el-mundo-se-dio-cuenta-que-prisa-es-de-derechas

      Gústame

      1. Boas de novo, Adrián
        Acabo de ler o teu artigo sobre Manuel Rico e pareceume moi interesante, e destaco e comparto firmemente unha das frases que contén: “Lo novedoso no es decir que Prisa es de derechas, lo preocupante es denunciarlo ahora”
        Volvendo ao teu post, gustaríame comentar a tristeza que me supón saber que, coma ben dis, moitas veces quen silencia é o Poder. É quen pon trabas e quen deixa de apostar pola liberdade de expresión.
        http://blogs.publico.es/otrasmiradas/7957/podemos-apm-y-la-libertad-de-expresion/ deixoche aquí un enlace no que, si tes tempo, podes pararte a ler que é moi adecuado para o tema!

        Liked by 1 person

    2. É un artigo interesante o que me puxeches. É verdade que o xornalismo ten que recibir críticas, como as reciben todos os estamentos da sociedade, o problema para mín é se estas críticas buscan censurar ou calar unha opinión. Creo que todos estamos de acordo en que hai periodistas que fan mal o seu traballo, como Eduardo Inda que sae citado no artigo, e é normal que sexa criticado.

      Gústame

      1. Boas de novo, AL
        Desgraciadamente comparto de pleno a túa opinión. Penso que, como ben dis, as criticas que recibe o xornalismo (na súa maior parte) pretenden facer calar un pensamento ou opinión.
        E sí, tamén considero que dentro do ámbito do que falamos, existen millóns de profesionais que moitas veces non o son, ou non fan ben o seu traballo e, de novo, como me escribes, deben ser criticados.
        Paréceme que o panorama no que vive agora mesmo o xornalismo é bastante desolador, non vexo unha luz clara pola que poidan tirar as persoas que se dedican ou pretenden dedicarse a isto. Non consideras que cada vez a situación vai a peor?

        Liked by 1 person

  7. Boas Adrián!
    Panorama lamentable que responde precisamente ao que comentan os compañeiros: os medios neste país están controlados por tres ou catro grandes grupos que impoñen a liña editorial segundo conveña. http://diario16.com/negar-existe-algun-lobby-grupos-presion-espana-seria-cinico/

    Solucións? O xornalista, como tal, pouco pode facer para impoñerse a leste “sistema de presións”. Quizais a solución estea en equiparar o modelo mediático de España ao do resto de Europa. Estamos a anos luz. Os políticos énchense a boca falando do “Modelo BBC” pero aínda non se viu nada semellante en España.
    A desgubernamentalización dos medios públicos é o primeiro paso, parece mentira que algo tan evidente e necesario, considerémolo un imposible. Importante tamén, na miña opinión, a creación dun Consello Estatal de Medios Audiovisuais como hai nos demais países de Europa. Son as entidades encargadas de regular a industria da comunicación, que atenden cuestións como a protección de menores, as cotas de produción nacional, os límites á publicidade, o dereito constitucional á información, as garantías de pluralismo, a perspectiva de xénero, e un longo etcétera. En xeral, están dotados de capacidade sancionadora.

    Mentres tanto, imos pouquiño a pouquiño: https://digitalextremadura.com/150-periodistas-abordaran-merida-las-presiones-los-medios-la-igualdad-genero/

    Liked by 1 person

    1. Boas Paula!
      Non coñecía o Consello Estatal de Medios Audiovisuais que hai noutros países e me parece realmente interesante. Sería unha boa medida que axudaría a mellorar os medios en España. Outra solución é a unión do xornalismo como no caso de Mérida. Durante a nosa reunión do circulo, comentabamos se sería posible unha especie de “Netflix” de noticias. Como vemos aquí http://bluper.elespanol.com/noticias/reed-hastings-ted-sarandos-pirateria-ha-descendido-espana-gracias-a-netflix a xente prefire pagar por disfrutar dun bo producto frente a piratería. ¿Estarían dispostos a facelo por ter unha boa información?

      Gústame

      1. Moi interesante o que propós Adrián. Non sei se tanto ten que ver a piratería coa información, pero si o feito de acceder a contido de calidade. Parecíanos imposible pagar por produtos que existen gratis na rede e as plataformas como Netflix ou HBO rebentaron o mercado. Coa información pode suceder un pouco o mesmo, con todo, garantir a calidade do produto neste caso paréceme moito máis complicado. Como garantir información veraz/contrastada/plural…etc. sen caer na utopía?
        Espero a túa opinión!

        Liked by 1 person

      1. Interesante esa reflexión do “viral”, que non deixa de ser unha consecuencia dos cambios que atravesa o sector por mor da chegada do Internet. Todo isto implica unha nova forma de facer xornalismo, non sei se peor ou mellor, pero si inevitable. Preocúpame o tema das visitas. Que a tirada dun diario dixital valórese en visitas, fai perigar aínda máis o contido de calidade e dálle máis cabida á publicidade. O maldito clickbait terminará por dominar o panorama.
        http://www.periodismo.com/2017/04/23/el-periodismo-en-la-era-del-clickbait/

        Sempre hai excepcións, http://www.eldiario.es , por aquí vanse facendo as cousas mais ou menos ben.

        Liked by 1 person

    2. É unha pena que o clickbait teña e terá tanta importancia no futuro da profesión. Polo menos como comentas, ou como comentaba unha compañeira do xornal Ctxt, hai novas iniciativas que poder salvar o xornalismo, dun futuro bastante negro.

      Un saúdo Paula!

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s