A odisea dos freelance

A unha persoa que acaba de saír da carreira sóenlle chegar moitas preguntas á mente, case sempre sen resposta. A máis habitual é: E que fago agora? Para un estudante de Comunicación, que estuda unha das carreiras con máis paro e precariedade laboral do mundo (e sen ir máis lonxe, de España), a preocupación é aínda peor. Pésimas condicións de traballo, horarios interminables e salarios moi baixos fan que moitos xornalistas acaben fartos incluso da súa propia profesión.

Fai dúas semanas tivemos a oportunidade de falar con catro xornalistas con experiencia no mundo freelance. Todos estaban dacordo en que se trata dun traballo demasiado inestable e non recoñecido correctamente na inmensa maioría das ocasións. Para moitos afectados, significa incluso explotación. Outros que non se atopan implicados, non saben nin sequera en que consiste exactamente o dito traballo.

Entón, que é ser freelance?

Freelance, por definición, é aquel traballador autónomo, por conta propia, que se dedica a realizar traballos propios da súa ocupación, de maneira autónoma, para terceiros que solicitan os seus servizos para determinadas tarefas, que xeralmente lle abonan a súa retribución en función do resultado obtido (e non en función do tempo empregado), sen que as dúas partes teñan a obrigación de continuar a relación laboral máis alá do encargo xa realizado.

Como practicamente tódalas profesións, ser freelance ten as súas vantaxes e os seus inconvintes. En xeral, o traballador autónomo ten unha maior variedade de asignacións que nun emprego regular, o que facilita a creatividade, e case sempre ten máis liberdade para escoller o seu horario de traballo. Porén, existen máis inconvintes que vantaxes: un traballador freelance carece de beneficios laborais como o seguro médico e está suxeito a unha posibilidade de variación nos ingresos (ao non ter garantía de traballo, non tes a garantía de obter beneficios), ademais de que un freelance debe preocuparse pola obtención de novos clientes, a realización de novos produtos, a actualización dos seus coñecementos, etc. Outra desvantaxe é que este tipo de traballadores teñen que lidiar a miúdo con contratos, asuntos legais, contabilidade, e outras funcións de negocios eles mesmos. Por non falar de que as horas de traballo poderían estenderse máis alá das xornadas laborais establecidas.

freelance3O termo freelance fíxose máis forte coa chegada da era das computadoras á sociedade, esta nova forma de comunicarse deu paso a novas maneiras de informar, polo que a carreira na que é máis común ver este termo en execución é precisamente no xornalismo. Para Montse Dopico, xornalista especializada en cultura, ser freelance non é ser unha persoa beneficiada:

Ser freelance significa traballar sen ningún tipo de dereito. Ademais, pódese dicir que a maioría de xente que é freelance está no paro realmente. Fai pouco tempo, por exemplo, unha editora dun medio importante botou a unha freelance embarazada para substituíla por outra persoa. Aí está o problema máis grave: ao non haber contrato, o teu traballo e, como consecuencia, o teu salario, non está para nada garantizado.

Ademais dos problemas que se podan experimentar a raíz deste oficio, o de ser freelance, existen os “problemas” sociais, de forma que, no resto da sociedade, esta profesión non está moi ben vista nalgunhas ocasións.

Que pensa a sociedade dos freelance

Dende o punto de vista cultural, unha persoa freelance soe ser percibida por debaixo do sistema social, aínda que moitos americanos e a maioría dos europeos ven este traballo como unha posición socialmente máis elevada xa que moitos están moi especializados. Aínda que a metodoloxía de traballo freelance se estendeu previamente en países anglosaxóns, sobre todo en Estados Unidos, tanto en España como nos países latinoamericanos é unha modalidade crecente e está considerada por moitos como a nova forma de traballar. Ás veces, o traballo freelance está asociado co talento, xa que coa chegada das novas tecnoloxías desaparecen as barreiras xeográficas e pode accederse a un mellor talento (ou máis barato) aínda que se atope a miles de quilómetros de distancia.

No ámbito do xornalismo, e especialmente en España, o traballo de freelance sempre foi un traballo precario, inestable e desigualitario, xa que moi pouca xente pode gañarse a vida só desempeñando ese traballo. Xa en 2014 algúns profesionais da comunicación pensaban que o oficio de freelance ía tender á desaparición total (crenza que segue vixente hoxe en día), ou polo menos á crecente dexeneración.

Nicolás Navaza, antiguo redactor de El Correo, ten unha visión bastante nítida da situación actual do xornalista freelance:

 Mentres que antes a figura de xornalista tiña reputación, estaba ben vista, agora trátase dunha profesión moi mal vista socialmente, especialmente no caso dos traballadores freelance, que se atopan sen contrato e sen moitos dereitos.

Non obstante, o que non está tan claro é o futuro laboral das persoas que pretenden ser freelance, sabendo que se trata dunha posición bastante fráxil.

Que pasará no futuro?

É máis que probable que a situación dos freelance empeore, sexa pola constante crise vivida no mundo da comunicación a raíz da crise económica, ou sexa polos persistentes avances tecnolóxicos que provocan que cada vez máis persoas teñan acceso directo á información que podería ser proporcionada por un xornalista máis especializado. O que si é certo é que, como indican varios xornalistas como Montse Dopico, cada vez máis vaise precisar ter un traballo a maiores do de xornalista freelance para sobrevivir:

Facer xornalismo e ser xornalista é rentable se vives doutra cousa. Agora, onde hai máis traballo é sobre todo no ámbito da publicidade e das relacións públicas.

 

Bibliografía:

EFE Madrid. “La figura del ‘freelance’ tiende a la desaparición total”. Diario de Navarra, 16 junio 2014. <http://www.diariodenavarra.es/noticias/mas_actualidad/sociedad/2014/06/16/la_figura_del_freelance_tiende_desaparicion_total_163777_1035.html>. [Consulta: 21 marzo 2017].

Redacción Faro de Vigo. “Diez profesiones que no existirán dentro de 30 años”. Faro de Vigo, 26 febrero 2017. <http://www.farodevigo.es/sociedad/2017/02/24/diez-profesiones-existiran-30-anos/1629771.html>. [Consulta: 21 marzo 2017].

Ruiz de Ocenda, Nuria. “Los Pros Y Contras de Ser Freelance”. [en liña]. Lancetalent. <https://www.lancetalent.com/blog/los-pros-y-contras-de-ser-freelance/> [Consulta: 21 marzo 2017].

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements

15 comentarios en “A odisea dos freelance

  1. Como estudante de xornalismo, como supoño dos estudantes de outras carreiras que a maioría pensan qu están abocadas ao paro, esta é unha questión que nunca marcha da miña mente. Polo que teño observado é moi común comenzar sendo freelance, xa que é bastante complicado consegur un contrato nada mási saír da facultade. É algo que non me gusta pero que acepto xa que podo comprender que é bastante arriscado contratar a alguén sen coñecer o seu traballo nunha profesión como esta, que é necesario ter certas características moi específicas para poder realizalo. Sen embargo, neste mundo capitalista, o primeiro e o diñeiro, e as empresas de comunicación atoparon unha forma de conseguer o que necesitan sen gastar moito, xa que, ao non ter contrato, como ti dis, non teñen seguro medico nin outros beneficios que se supoñen básicos á hora de realizar unha profesión. Así poderán ser despedidos cando non sexan necesarios.
    O periodismo, noutro tempo unido a sentimentos como xustiza, poder e confianza, actualmente relacionanse con precariedade, mentiras e paro. Na nosa man esta devolverlle o seu significado. Na nosa man esta ensinarlles ao resto do mundo que non todo o mundo poder, cun ordenador portatil e una conexión WiFi, ser periodista. Que os periodistas traballamos duro por transmitir a realidade, que merecemos o respeto que se nos nega.
    Aquí deixo un artigo sobre a precariedade do noso empleo escrito no xornal El País http://sociedad.elpais.com/sociedad/2011/12/13/actualidad/1323800984_733367.html

    Liked by 1 person

    1. Como dis, é bastante frecuente que ao rematar a carreira só teñamos a posibilidade de facernos freelance, xa que é case imposible conseguir un contrato fixo se aínda non temos a suficiente experiencia. E é moi probable que a única oportunidade profesional que teñamos sexa a de escribir un artigo nalgún xornal totalmente gratis. E nós acabamos aceptando iso só para que se coñeza o noso nome e para ter un oco no mundo do xornalismo, cando realmente non nos damos conta de que están menosprezando a nosa labor, ademais de nós, que ao aceptar ese “traballo”, tamén nos infravaloramos. Isto tamén se menciona no artigo do xornal El País que deixaches, que me parece moi interesante para comprender a problemática existente nesta profesión en canto á considerable precariedade laboral que sufren moitos xornalistas e especialmente os freelance. Azahara Cano, xornalista de 27 anos manifestou nun foro o seu desacordo coa ínfima cantidade de diñeiro que as empresas pagaban por un artigo, considerando que era preferible darse a coñecer utilizando un blog persoal (ser autónomo) que estar traballando para una empresa que gaña diñeiro ofrecendo por un artigo incluso a metade do que costa un café. Con esta afirmación, vese que se en bastantes ocasións a única solución é traballar de maneira autónoma (ser freelance), a situación é máis que preocupante.

      Gústame

      1. Cando comezas un novo traballo, sobre todo se é o primeiro de todos, tendemos a ser máis complacientes, “tragamos” mási do que as veces debemos, pensando que así agradaremos aos nosos xefes e aos demais compañeiros, é normal supoño, temos medo, estamos anto o descoñecido.
        Sen embargo os xornalistas estamos a outro nivel. Despois de catro anos de escoitar que o vamos a ter moi difícil no futuro, ademais do pensamento xeneralizado de que o xornalismo está nas últimas, fai que saiamos ao mundo laboral coa idea de que calquer cousa vale, e que temos que estar agradecidos por atopar algo relacionado cos nosos estudios, ainda que nos paguen unha miseria, ainda que nos exploten. Non podemos permitir isto. O noso traballo conta, e temos que demostralo.

        Gústame

      2. Estou totalmente dacordo co que dis. Rematamos unha carreira que sabemos que se atopa nunha situación realmente precaria e ofrécennos calquera cousa, aínda que sexa a cambio dunha miseria, e aceptamos. Polo menos, pensamos, para que o noso nome se vaia coñecendo e para ter experiencia no sector. É bastante frecunte que ao finalizar os estudos os licenciados acepten facer prácticas gratis, o cal xornalistas como Montse Dopico consideran que é un erro.
        Gustaríame que leras este artigo sobre o caso dun licenciado en Xornalismo que non recibe remuneración polo seu traballo, e que me dixeras que opinas sobre o asunto e se che parece ben:
        http://www.europapress.es/campusvivo/actualidad-universitaria/noticia-practicas-no-remuneradas-explotacion-formacion-20160219133219.html

        Gústame

      3. Eu nestes casos teño sentimentos atopados. Quero dicir, paréceme moi inxusto que teñamos que facer o mesmo ou máis traballo sen obter unha remuneración acorde ao nosos esforzo e iniciativas como esta que ti aportas parécenme moi necesarias para que esta situación cambie, pero comprendo perfectamente que estudantes collan prácticas non pagadas para conseguir experciencia. De todas formas, e como xa dixen, esta é unha situaciñon inxusta onde non se están a valorar os nosos esforzos e espero que nun futuro máis xente como Eduardo Robaina levanten a voz.

        Gústame

      4. Comprendo o que queres dicir. Aínda que sexa inxusto que ao rematar a carreira se aproveiten por así dicilo dos licenciados sen experiencia e con ganas de ter un traballo póndoos a facer prácticas sin recibir remuneración, é normal que os estudantes o acepten, xa que saben que de momento é o único “traballo” que poden ter.

        Gústame

  2. Moi bo artículo. A precariedade laboral no mundo do xornalismo é unha realidade invisible, da cal apenas se fala nos medios de comunicación. O certo é que a moitos destes medios lles beneficia o traballo que realizan os freelance, xa que como ti ben dis estes non teñen seguro e non sempre van a cobrar.
    Gustaríame compartir contigo un artículo no cal se fala dos freelance que marchan a cubrir guerras e no mal lugar no cal se atopan: http://www.elespanol.com/reportajes/20160513/124487904_0.html.
    Só con ler o titular “Xogarse a vida na guerra por 35 euros”, xa nos facemos unha idea do ‘idílica’ que é a súa situación. Ademais, neste artículo tamén se fala (e se desmente) a excusa que moitos medios de comunicación contan para pagar tan pouco aos freelance e outros colaboradores, e esta é a chegada da crise e o cambio de modelo (de papel a dixital).

    Gústame

    1. Para empezar, grazas por compartir o artigo que me parece interesantísimo e importante para coñecer os numerosos inconvintes que ten un reporteiro freelance que traballa en zonas que están en guerra, como Siria, por exemplo. Ademais de todo o que conleva estar nun lugar en conflito (xóganse nin máis nin menos que a súa propia vida), arríscanse a que alguén lles roube os seus materiais, como a cámara (que non son para nada baratos), e, ao rematar a súa reportaxe, atópanse cunha oferta dalgún medio de publicar o seu traballo por uns míseros 35 euros, por non falar de que son bastantes as veces que ofrecen 0 euros. E penso que isto debería ser denunciable. Podes estar xogándote a vida intentando sobrevivir nun lugar que está en guerra para facer o teu traballo, ou o que se supón que é un traballo, para que che ofrezan publicar a túa reportaxe completamente gratis, coa excusa de que o obxectivo realmente consiste en que o teu traballo se “visibilice” para denunciar un determinado problema social. Esquecen que ser freelance é un traballo que ten que ser remunerado, xa que por detrás hai unha importante labor de calidade.

      Gústame

      1. Exacto! Os freelance (neste caso estamos falando concretamente daqueles que traballan en zonas de guerra) atópanse ante moitas dificultades á hora de realizar o seu traballo para que, una vez realizado este, acaben gañando unha pequeña cantidade de diñeiro e nalgúns caso só recoñecemento. É indignante! Como ti dis, debería de haber unha maneira de denunciar e dar cambiado esta situación.
        No artigo que compartín contigo aparece unha solución a este problema: que todos os freelance se neguen a traballar gratis. Mais, isto non parece que vaia a ocorrer.
        Vouche mandar unha historia dunha freelance que me pareceu bastante interesante e reveladora: http://www.lasexta.com/noticias/sociedad/ilustradora-freelance-recibe-numerosos-insultos-querer-cobrar-trabajo-empresaria_20161203584413b80cf245500ad2e912.html.

        Liked by 2 people

      2. Eu considero que os ‘freelance’ afectados por esta situación deberían denunciar o problema e reclamar para polo menos intentar que se lles recoñeza de verdade o seu traballo, recibindo así unha cantidade máis razoable de cartos polos artigos realizados, xa que a inmensa maioría das veces o traballo feito non é directamente propocional ao diñeiro percibido. No tocante ao feito de traballar gratis, hai veces nas que o director dalgún medio que acepta a reportaxe dun reporteiro autónomo dille que vai cobrar unha cantidade determinada, sobre todo unha elevada (para que se ilusione), e despois o traballador non recibe nada. Neste oficio tan precario dánse bastantes veces casos de chantaxe, polo que o ‘freelance’ en ocasións non sabe o que vai cobrar ata que publica o seu artigo. No enlace que enviaches, pódese apreciar a gravidade do asunto. É verdade que moitos que contratan os servizos dun ‘freelance’ xustifican que non se lles paga nada porque fan iso ‘por amor á cultura’, por exemplo. E como se trata de ofrecer un servizo aos cidadáns, que teñen dereito á información, considérase que debería ser completamente gratis, sen importar todo o traballo que hai detrás. En fin.
        Para rematar, gustaríame coñecer a túa opinión sobre un artigo que invita á reflexión:
        http://www.elconfidencial.com/mundo/2013-09-26/la-guerra-sin-periodistas_32599/

        Gústame

      3. O problema é que moitas veces unha denuncia non chega a solucionar nada. Tal e como ti dis, na meirande parte dos casos o diñeiro que perciben non cobre o traballo realizado (e incluso algunhas veces nin sequera lle pagan e só lle dan ‘publicidade’).
        Unha cousa é ter amor ao arte e outra non pagarlle nada a persoas que levaron a cabo moito traballo de investigación e recursos empregados. Vexo que estamos na mesma páxina no tocante a situación precaria que viven os freelance.
        Moi revelador e interesante o artigo que me compartiches. Chamoume a atención, sobre todo, o que di sobre a profesión do reporteiro de guerra, concretamente da súa desaparición.Isto lémbrame a Manuel Leguineche que nos seus tempos xa vía como a figura dos correspondentes ía desaparecendo. Gustaríame compartir un enlace contigo que sería unha boa continuación ao que ti me compartiches: http://www.hoy.es/extremadura/201610/31/como-periodista-necesito-ejercer-20161031002626-v.html. Bótalle unha ollada e xa me dis que che parece, sobre todo cando fala do gran debate da falta de interese dos medios e do público. Ti que pensas?

        Gústame

      4. “A mí esto es lo que me hace feliz, pero aparte de hacerte feliz tiene que darte de comer”. Estas palabras de Ángel Sastre poderían reflexar o máis importante deste asunto. Os ‘freelance’ poden realizar o seu traballo por amor á arte ou para denunciar un problema ou inxustiza social, pero ao fin e ó cabo segue sendo un traballo, que require investigación, tempo e medios axeitados, e por iso debe ser remunerado como se merece. Pareceume interesante o que dixo Sastre na entrevista sobre que a día de hoxe, tanto os medios como o público soen demandar noticias máis curtas, que se podan ler con rapidez e con claridade, antes que reportaxes longas, que traten e profundicen nun tema que poda resultar máis complicado de entender. O problema é que a maioría das veces o que a xente pide non é o que quere facer o xornalista. Menos mal que quedan profesionais que, aínda que exista esta odisea, exercen o seu traballo porque é o que lles fai felices.

        Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s