Axudas a persoas con enfermidades mentais: mellora das calidades físicas básicas

Lorena Rey Landeira

Na actualidade, as persoas que sofren algunha enfermidade mental non obteñen unha resposta sanitaria adecuada. A intervención só se limita ao tratamento nas fases agudas durante un período breve. O enfermo recibe algún medicamento que o estabiliza por aquel entón, e así , é devolto ao seu entorno familiar sen recibir ningún tipo de axuda. Non existen os servizos de apoio.

En primeiro lugar, estas persoas necesitan o apoio da xente que os rodea no seu día a día, tanto a propia familia como amigos e coñecidos.  Por outra banda , débese facer uso das institucións especializadas ás que na maioría dos casos os enfermos acuden por recomendación desas persoas que os resgardan. FEAFES, Movemento Galego de Saúde Mental, Andaina, entre outras, son institucións/organizacións que lles proporcionan ás persoas con enfermidades mentais e aos seus familiares información e asesoramento; recursos e servizos que lles resulten de utilidade.

A importancia da actividade física

En moitas ocasións equipárase o tratamento das enfermidades mentais co aspecto farmacolóxico, como se fose o único é imprescindible para a mellora das distintas enfermidades e non temos en conta as actividades físicas  e de ocio que nun segundo plano se levan a cabo.

A actividade física é boa por norma xeral para calquer tipo de persoa. Ademais, mediante a realización dunha actividade axúdase a que melloren certas limitacións que por causa de certa minusvalía ou mesmo por falta de experiencias motrices se ven limitadas. A axuda incide tanto na súa saúde coma na mellora das súas relacións interpersoais.

Cos xogos e exercicios físicos búscase influír no comportamento das enfermidades mentais pola acción corporal, para establecer unha reciprocidade entre pensar, facer e decir. As actividades físicas tamén inflúen en gran medida na sociabilidade coas persoas do seu grupo. Así argumentamos a idea que se deu anteriormente: para a evolución e o progreso dunha persoa cunha enfermidade mental é tan importante e necesaria a realización de exercicios físicos coma a toma de fármacos.

Según afirma Miguel del Valle , catedrático da Universidade de Oviedo e delegado do rector para o Deporte e a Saúde ; o deporte actúa sobre o sistema nervioso central, estabilizando determinadas proteínas e evitando a aparición de enfermidades producidas pola rotura do equilibrio destas substancias. “En calquera enfermidade mental, e prácticamente en calquera outra  enfermidade, o exercicio físico é una peza clave”, afirma.

Nesta ocasión tivemos a oportunidade de falar con Manuel Álvarez Banzas, monitor de actividades deportivas do centro Avante (Niveiro, Val do Dubra). O Centro Ocupacional para Persoas con Discapacidade de Niveiro é un equipamento especializado de estancia diurna destinado a proporcionar atención  a persoas con discapacidade, con necesidades de apoio, que polas súas características necesitan unha dedicación persoal para  potenciar hábitos de vida diaria. Tamén se realizan actividades capacitadoras e terapéuticas de formación ocupacional e de desenvolvemento de habilidades persoais e sociais.

Manuel leva traballando nesta asociación dende fai oito anos e realiza actividades de psicomotricidade, buscando deste xeito actuar nas capacidades perceptivo-físico motrices dos enfermos, intentando mellorar tanto estas como as cualidades físicas básicas. Para isto básase en diferentes xogos, deportes e actividades analíticas dirixidas. Así mesmo, para aqueles membros da asociación que presentan algunha dificultade máis marcada intenta incidir sobre a mesma para mellorala.

Autonomía e capacidade intelectual

En ocasións a sociedade pensa que por ter unha enfermidade mental, unha persoa xa non pode realizar actividades por si mesma. Segundo confirman varios estudos, a autonomía  é algo característico destas persoas, pero non por ser autónomos van a ser incapaces de realizar traballos e exercicios en equipo. Por outro lado, moitos homes e mulleres teñen a idea de que a unha persoa con deficiencias lle resultará imposible entender e posteriormente levar a cabo determinadas actividades físicas.

Pero podemos observar que en realidade non é así, mediante o que nos contaba Manuel : “No meu caso traballo cun grupo cunha capacidade intelectual bastante boa e soen comprender bastante ben o que se lle pide que fagan. Se isto non é asi, eles mesmos piden que se lle repita a explicación ou ben se lles realiza unha demostración práctica para que executen o que ti queres”. En moitas ocasións as persoas con enfermidades síntense despreciadas por comentarios que escoitan ao seu redor. Son cuestionados negativamente e parte da sociedade non sabe apreciar a intelixencia destas persoas. Quizais precisan de máis axudas, pero practicamente poden desenvolver unha vida semellante á dos demais.

“Coma en calquer grupo hai persoas ás que lles gusta máis a actividade e a outras menos, pero en xeral todos se mostran receptivos á hora de realizalas”, engadiu Manuel. Canto máis exercicio físico realicen as persoas con enfermidades mentais, maior será o progreso nesta dura e longa etapa.

Bibliografía:

Advertisements

14 comentarios en “Axudas a persoas con enfermidades mentais: mellora das calidades físicas básicas

  1. Bo post
    Xa tiña entendido algo sobre os beneficios que ten o deporte físico neste tipo de enfermidades, de feito coñezo algunas asocación que adican un tempo para exercitarse, xa que así tal e como plasmas ti no post melloran por exemplo o falar con outras persoas e polo tanto combatese o aillamento no que poden caer as persoas. Tamén é por exemplo beneficioso para persoas que teñen cancro https://www.aecc.es/sobreelcancer/viviendoconcancer/paginas/ejercicio%20f%C3%ADsico.aspx
    En canto a exclusión destas persoas, deixo aquí un enlace na que Barcelona impulsa uns programas de empleo para persoas con enfermidades mentais.

    Gústame

    1. Como ben podemos apreciar no enlace que nos deixaches, o exercicio físico é beneficioso para a enfermidade do cancro, entre outras moitas.
      Cada vez máis evidencia demostra que o exercicio non só pode axudar a que os pacientes con cancro melloren, senón que tamén pode evitar que regrese. Sen embargo, pocos oncólogos lles recomendan aos seus pacientes facer exercicio máis alá das súas actividades normais diarias.
      En moitas ocasións , según estudos, os enfermos de cancro néganse a facer exercicio ou a practicalo.
      En canto ao tema do emprego das persoas con enfermidades mentais, existen empresas e entidades sociais que deciden centrarse na búsqueda de persoas con certa discapacidade . disJob.com(Plataforma de Empleo líder en la búsqueda de Perfiles Profesionales con discapacidad) é unha delas.
      Deixo aquí un enlace onde podemos ver a persoas con discapacidade intelectual traballando cara ao público. Nel apréciase como son capaces de realizar diversas tarefas.

      Gústame

  2. Desde sempre o deporte e as actividades físicas serviron para que unha persoa se mantivera san fisicamente, pero tamén como unha oportunidade de socialización e contacto entre persoas. Ben é certo que “enfermidades mentais” é unha etiqueta algo pequena para achegarse a realidade das persoas que padecen enfermidades deste tipo. Porén, poderiamos dicir que en xeral estas persoas sofren discriminación en maior ou menor medida, e o deporte é o vehículo esencial para a integración ou reintegración na sociedade. Poñer en valor as túas capacidades e demostrar que unha enfermidade non che diferencia de ninguén no que a aptitudes se refire.

    Alégrame que poñas como exemplo o centro de recursos de Niveiro, Avante, xa que ademais de estar tratando o tema da discapacidade, para min é moi coñecido. Podo engadir ás declaracións de Manuel que nesa Asociación levan moitos anos preocupándose pola saúde física dos seus usuarios: participando en competicións deportivas con outros centros da contorna, organizando cursos de iniciación ao golf ou a hípica e potenciando outros deportes con menos práctica como a natación.

    Comparto unha publicación do diario El mundo (http://www.elmundo.es/elmundosalud/2011/08/24/neurociencia/1314188410.html) no que se reflicte un estudo realizado a persoas con depresión, no que se deixa claro que engadir unha rutina de exercicio físico é tanto ou máis importante que os fármacos.

    Liked by 1 person

  3. Mo bo comentario, Lucia.
    Como ben dis , o feito de que alguén sufra unha enfermidade non quere decir que sexa diferente/ inferior aos demais. Por desgraza, unha gran parte da sociedade ten esta idea negativa destas persoas con enfermidades mentais.

    No enlace que facilitaches , quédome coa seguinte información: “ A investigación mostra que tanto niveis moderados como intensos de exercicio diario poden facer as función dun segundo fármaco antidepresivo, que se utiliza normalmente cando os medicamentos inicias non conseguen a remisión da enfermidade” .

    Comparto unha publicación onde a Universidade de Almería (UAL) presenta a Carta Europea do Deporte que ten por obxetivo xerar a práctica deportiva para promover a saúde física e mental.
    “A normalización para romper estigmas na vida con pacientes de saúde mental é algo primordial”.
    http://novaciencia.es/web/la-inclusion-de-enfermos-mentales-a-traves-del-deporte/

    Gústame

    1. Penso e insisto en que a chave para recuperarse dunha enfermidade mental radica na integración social. Corríxeme se me equivoco pero en moitos casos as persoas con enfermidades mentais prefiren a soidade e evitan relacionarse, para previrse tamén de sufrir discriminación. O deporte é a mellor maneira de demostrar capacidades e sentirse ben con un mesmo, que é ao fin e ao cabo a porta da felicidade.
      Porén, non podo deixar de pensar que cuestións máis delicadas como o acceso ao traballo aínda están máis frouxas. A imaxe que os medios ofrecen das enfermidades mentais provoca en moitos casos desconfianza de cara a estas persoas, pensamos que non están igual de cualificadas para desempeñar un traballo regular. Que gran erro. Calquera persoa con actitude pode chegar a onde queira, demostrouse milleiros de veces, por moito que os medios e os representantes políticos nos queiran facer pensar que só uns poucos privilexiados poden facer xirar o mundo.

      Liked by 1 person

      1. Estou totalmente dacordo contigo Lucía. As persoas con diversidade funcional tenden a apartarse da xente que os rodea, a encerrarse en sí mesmos. Esto, en moitos casos, ocorre debido á mala imaxe que os medios transmiten das enfermidades destas persoas o que fai que a sociedade os rechace e mostre unha actitude negativa ante eles.

        Podes ver o post que fixen sobre a integración das persoas con enfermidades mentais no mundo laboral e verás as dificultades e obstáculos ós que se teñen que afrontar.
        Deixoche un enlace no que a Fundación Empleo e Saúde ten o obxectivo de aumentar o emprego das persoas con enfermidades mentais , fundamental para a súa integración na sociedade http://www.empleoysaludmental.org/

        Gústame

      2. No meu caso, que traballamos coa integración laboral das persoas con discapacidade, vese moi clara tamén esta realidade, e a necesidade dunha integración efectiva para superar todas as barreiras. Ao fin e ao cabo, cando unha persoa con discapacidade, (ou cunha enfermidade mental como ti contas), se integra no mercado laboral, está dando unha imaxe de normalidade moi necesaria nesta sociedade.
        O traballo é básico para facer desaparecer calquera discriminación. Que os compañeiros de traballo conten contigo como un máis, que o público ao que tes acceso confíe no teu traballo. Parece algo normal cando traballas con persoas sen discapacidade ou que non sofren ningunha enfermidade, e debería ser así tamén no caso contrario.

        Do mesmo xeito, seguindo cos beneficios do deporte, ter un traballo e un soldo tamén beneficia a nosa saúde mental, sentirnos útiles para/coa sociedade.

        Gústame

      3. Esperemos que nun futuro non moi lonxano, tanto as persoas con enfermidades físicas como psíquicas sexan integrados na sociedade con maior facilidade , podendo demostrar todo aquilo que son capaces de realizar
        Así, intentaremos eliminar o estereotipo incorrecto sobre este colectivo

        Gústame

  4. Saúdos, quero remitir o meu apoio ao tratamento informativo que está dando este grupo á temática tan mal representada nos medios como son as enfermidades mentais. Respecto á información que contén este artigo gustaríame pedir algunha fonte máis sobre a importancia da recuperación física. Algún enfoque ou opinión, a ser posible.

    Atopei un medio no que parece tratarse este tema. Faino a axencia EFE cun sinxelo artigo: http://www.efesalud.com/noticias/la-actividad-fisica-decisiva-para-el-equilibrio-mental-y-el-bienestar/. Sen embargo, creo que non resulta satisfactorio xa que non inclúe testimonios de persoas afectadas. Se podes opinar sobre estou no acertado, estaría agradecido.

    Gustaríame aportar un TFM que atopei e trata sobre o efecto do exercicio físico
    na enfermidade mental severa, por se pode ser útil a un futuro ou a outros lectores: http://ocw.um.es/cc.-de-la-salud/intervencion-cognitiva-y-funcional-en-demencias/otros-recursos-1/trabajos/g3-icfd.pdf

    Liked by 1 person

  5. Boas Nico. Como ben se reflexa no artículo que facilitaches, a actividade física é decisiva para o equilibrio mental e o benestar. Debemos ter en conta que o exercicio físico non só actúa como factor preventivo senón curativo no caso de enfermidades dexenarativas cerebrais.

    Atopei unha reportaxe que trata en extensión a importancia do exercicio físico, espero que che resulte interesante : http://www.dsalud.com/reportaje/la-importancia-del-ejercicio-fisico/
    Facilítoche tamén este enlace sobre o centro AFAEPS no que apostan por varios programas que reúnan o ocio e o deporte co fin da mellora dos usuarios. No final do video pódese ver o testimonio dun dos membros do centro.

    Gústame

  6. Como ben dixeches no articulo a actividade física e boa para todo todo o mundo, xa que os beneficios desta podense extrapolar a calquera individuo independientemente da discapacidade ou enfermidade que teña, se ben gustariame que se diferenciara entre estas duas palabras, xa que no centro de recursos humanos de niveiro a pesar de que a maioria dos usuarios teñen unha certa discapacidade intelectual non significa que por eso teñan que ter unha enfermidade mental.

    Gústame

  7. Si, Manuel. Como ben dis, discapacidade intelectual e enfermidade mental son dous conceptos distintos, que en moitas ocasións a xente confunde. Debemos valorar a capacidade e o interés por mellorar destas persoas que viven en ocasións, illados da sociedade.

    Gústame

  8. A verdade é que descoñecía por completo o feito de que, se non fose polas asociacións, as persoas con algunha enfermidade mental non tivesen un apoio tras o tratamento. Tras ler o teu post estiven investigando e aínda que é certo que queda moito por mellorar tamén o é que tanto a nivel sanitario como a nivel de estigmatización hai casos bastante peores:
    http://internacional.elpais.com/internacional/2017/04/07/actualidad/1491576609_454149.html

    Por suposto, para mellorar o tratamento que reciben as persoas e para poder ofrecer un servizo de apoio adaptado á persoa que vai destinado é importante mellorar o sistema de diagnóstico que, polo visto, non é suficiente co actual: http://www.univision.com/noticias/salud-mental/como-una-mejor-definicion-de-los-desordenes-mentales-puede-ayudar-al-diagnostico-y-tratamiento

    Moi bo post!

    Liked by 1 person

    1. Resúltame impactante o alto porcentaxe de enfermidades mentais (13,7%) que hai en China e ademais o escaso número de especialistas para axudar a esas persoas afectadas.
      Na actualidade as persoas con certa discapacidade non acude a médicos ou asociacións para un tratamento/rehabilitación co medo de perder o círculo de amigos ou o propio traballo, o que fai que a cousa empeore.

      En relación ao comentado no meu post, coñécense moitos casos en que persoas con diferentes enfermidades mentais tras a práctica de deporte e actividades físicas melloraron progresivamente e ademais aumentou o seu contacto con persoas do seu arredor.
      Deixo a continuación un enlace no que pacientes dunha Fundación en Zaragoza realizaron unha experiencia de psicomotrocidade. No artigo pódese apreciar o resultado positivo desta actividade.
      http://www.laopiniondezamora.es/zamora/2013/04/12/actividad-fisica-mejora-vida-personas-enfermedad-mental/671630.html

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s