Evolución da xestión política do goberno compostelán

Un dos temas que abordamos en profundidade no noso proxecto é a evolución de Compostela desde un punto de vista social, así como a súa traxectoria política. Deste xeito, estudamos o noso modelo de cidade e debuxamos o seu relato desde o que foi hai anos (en relación ao que pretendeu ser) e o que é agora; ademais de expor as liñas de futuro.

Despois de cargar co bastón de mando entre 1983 e 1998 (cunha paréntese no 86/87), Xerardo Estévez, ex alcalde socialista, é lembrado aínda hoxe como unha das personalidades máis queridas entre os veciños composteláns. El mesmo falou da necesidade de crear un relato para a cidade, así como da importancia da participación cidadá. En definitiva, destacou a necesidade dunha cooperación real entre políticos e cidadáns para chegar a unha situación na que podamos falar de igualdade política.

Con todo, tal e como sinalan os veciños de Santiago, aínda que houbo esa idea inicial de facer a cidade a través dun proxecto concreto baixo o mandato de Estévez, a situación cambiou tras o seu cesamento na alcaldía. Os veciños coinciden en que os anos posteriores á alcaldía de Xosé A. Sánchez Bugallo, a xestión política deixou moito que desexar. As claves: “ausencia de equipo e falta de liderazgo”, segundo a presidenta da Asociación Veciñal Ponte Sionlla, Cruz Vázquez.

Os demais veciños sumáronse ás críticas á hora de falar da actitude do goberno local baixo o mandato dos tres alcaldes populares que se repartiron a alcaldía da capital galega entre 2011 e 2015: Gerardo Conde Roa, Ángel Currás e Agustín Hernández, respectivamente. Todos coinciden en que a falta de organización e a ausencia dun proxecto concreto para Santiago foron os principais problemas que caracterizaron eses anos.

Pechando esta mirada atrás, e despois dun ano baixo o mandato do actual alcalde, Martiño Noriega, preguntámonos onde está agora aquel proxecto que brotou con Xerardo Estévez e que busca perfilarse nunha Compostela que pretende construir o seu relato de cidade.

Advertisements

7 comentarios en “Evolución da xestión política do goberno compostelán

  1. Esto queda muy relacionado con un post publicado por nuestro grupo de trabajo:
    https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/16/solventar-problemas-especificos-con-un-pacto-de-movilidad-inconcreto/

    Aquí planteamos los problemas de los medios de comunicación y cómo el plan de Jorge Duarte se veía criticado por la oposición alegando que las medidas eran inconcretas.
    Por otro lado, señalando la actualidad, hoy mismo ha salido una noticia que decía lo siguiente: http://www.gentedigital.es/santiago-de-compostela/noticia/2113043/el-alcalde-de-santiago-confia-en-que-la-remunicipalizacion-de-la-ora-se-someta-a-pleno-antes-de-finales-de-abril/
    El alcalde está tratando de dar pasos y sigue teniendo la falta de apoyo por parte de los demás. Quizás siguen siendo medidas que no concretan, ideales, pero ¿cuales beneficiarían más a la ciudadanía? ¿Como se podría enfocar de forma racional y positiva para todos?

    Liked by 1 person

    1. Grazas polo teu comentario, Claudia! Tal e como apuntas, existe unha estreita relación entre os nosos proxectos, xa que un tratamento axeitado da cuestión da mobilidade é de vital importancia para obter o modelo de cidade que pretendemos conseguir. Paréceme moi interesante a vosa análise do Pacto Local pola Mobilidade, pois é un tema que deu moito de que falar e polo que, en realidade, a efectos prácticos seguimos expectantes. Por exemplo, seguimos á espera da resolución da medida das liñas de autobús: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/contrato-gestion-buses-urbanos-espera-estudio-economico/idEdicion-2017-03-21/idNoticia-1046811/

      Respecto da noticia que nos compartes, é unha mostra máis das dificultades que ofrecen desde a oposición e que obstaculizan a posta en práctica de determinadas medidas por parte do goberno. Ademais do xa mencionado problema da oposición, hai que ter en conta a pouca consideración que se ten da opinión dos veciños nos temas importantes. Só podo rescatar as palabras da nosa veciña Cruz Vázquez, “os intereses comúns son os intereses comúns”, e iso é o que se debería primar á hora de tomar decisións polo ben da cidade.

      Gústame

  2. A incapacidade de Estévez para converter a Santiago no centro dunha área demograficamente estable (como menciona Matos) é un problema do tremendo encarecemento da vivenda que se experimentou dende os anos 90 e que provocou unha tremenda dispersión a parroquias que acabaron por converterse en cidades dormitorio (aí temos Milladoiro, Bertamiráns e tamén a maioría dos Concellos colindantes). Por todo isto deberiamos preguntarnos que tipo de rentas son as predominantes no núcleo urbano para que poidan acceder a prezos maiores ós do extrarradio e se existen políticas na actualidade que favorezan o asentamento na área urbana. A día de hoxe parece perdurar esta tendencia:

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/12/31/santiago-vez-ciudad-galicia-cara-comprar-alquilar-vivienda/0003_201412S31C19910.htm

    Liked by 1 person

    1. A cuestión do encarecemento da vivenda en Santiago, como sinalas, si que foi (e é aínda a día de hoxe) un problema para referirnos a Santiago como unha área “demograficamente estable”. Hai uns días, La Voz de Galicia publicou esta noticia que anuncia o rexurdimento da venda de vivendas despois dunha década paralizada por culpa da crise. Con todo, paréceme necesario buscar outro tipo de medidas para favorecer o asentamento na área urbana do que nos falas. Por exemplo, en Barcelona falan dun Plan de Rehabilitación Urbana ( http://www.economiadigital.es/finanzas-y-macro/inmobiliario/barcelona-rehabilitacion-urbanistica_402078_102.html ), que aínda que os casos mostran claras diferenzas, si o poderiamos aplicar cando falamos das áreas máis afectadas, como a zona vella e os barrios máis periféricos.

      Se me preguntas por medidas en concreto para favorecer a “repoboación” da área urbana, non se coñecen. Igual trátase dun problema de saber establecer as prioridades para Compostela. Como sempre, parece que a solución máis intelixente debería pasar por escoitar o que teñen que dicir os veciños e, só entón, poñerse a debater no goberno o que lle viría mellor á cidade no seu conxunto.

      Liked by 1 person

  3. Hola, Xiana. Penso que é moi interesante o tema en cuestión porque, como ben dis, despois de tantos anos e promesas esquecidas aínda non se resolveu un problema que afecta a toda a cidade. Dende logo, tampouco axudou á solución do mesmo o periplo de goberno do Partido Popular, con tres alcaldes en catro anos trala dimisión por diversas imputacións de Gerardo Conde Roa e Ángel Currás. Deixo aquí un artigo que penso define moi ben o momento que atravesou a cidade: http://politica.elpais.com/politica/2012/04/13/actualidad/1334348783_528841.html

    Liked by 1 person

    1. O artigo que nos achegas constitúe unha análise moi interesante da etapa Conde Roa no goberno de Compostela. Como dis, o seu paso pola alcaldía, xunto coa de Currás e Agustín Hernández, supuxo un período un tanto complexo para a cidade e quizá clave para explicar o momento ambiguo en que se atopa se queremos falar de construír o seu relato.

      Tras os feitos destes últimos anos, e coa xestión actual de Compostela Aberta no punto de mira, só podemos preguntarnos: que lle depara a Santiago? Que se fixo mal e como podemos darlle un novo rumbo á cidade?

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s