Sen vontade nunca haberá mellora

Corrupción, portas xiratorias, concursos adxudicados a dedo, enchufismo. A meirande parte da poboación asocia estes males á política e ás administracións públicas. Malia que é inxusto xeneralizar o problema, a impotencia cidadá só atopa esta vía de escape.  A teoría di que a política e os políticos están para resolver os problemas da sociedade e evitar os posibles choques; porén, a práctica é moi diferente. 

Os intereses duns poucos determinan a vida de moitos

Un exemplo desta realidade é o esquecemento que sofren dende hai moitos anos as persoas afectadas e vítimas da contaminación do río Sar por parte das institucións públicas. Como apuntou Manuel González, integrante do clube Vía Láctea de Sendeirismo na reunión do círculo celebrada o pasado 8 de Marzo, “o goberno aínda non levou acabo ningunha reforma”. Todos os membros presentes no coloquio afirmaron que é necesaria unha solución integral e un acordo entre goberno e afectados/as para poder mellorar a situación. Con todo, as sensacións transmitidas na reunión e o visto nos últimos anos fan pensar que ese acordo non se vai producir.

post
El Correo Gallego (23/11/2016)

“Os ríos sempre foron fontes vinculadas ao desenvolvemento económico, estando moi vinculados coa produción e os servizos”, afirmou Luís Matos, secretario da Plataforma pola Recuperación do Sar.

Todos os integrantes do círculo coincidiron en que a descoñecida realidade que sofren as augas residuais vese potenciada polos intereses políticos. Nesta reunión de apenas unha hora, propuxéronse solucións óptimas e viables para que estas fontes de riquezas non deixen de producir. Por exemplo, debateuse o uso e aproveitamento dos muíños para crear enerxía hidráulica para o autoabastecemento dos veciños da zona, porén, “isto non lles compensa”. As grandes industrias veríanse afectadas e isto baixo ningunha circunstancia se pode dar. Polo que todas aquelas trabas que dificulten o desenvolvemento e a innovación son completamente lícitas e xustificables.

Burocracia e trabas só cando interesan

“Para isto si que funciona a administración”, comentaban os membros do círculo. A través de impostos ao sol ou o aire, a administración obriga a consumir a enerxía producida polas grandes empresas e multinacionais do Ibex 35, deste xeito os seus intereses sempre estarán salvagardados; o cal marxina a aposta polas enerxías renovables.

A Ley 29/1987, do 18 de diciembre, do Imposto sobre Sucesións e Donacións, tamén contribúe ao empeoramento do ecosistema acuático do río Sar. Non é víable a infracción desta lexislación, isto supón que o único que pode responder ante ese terreo é o seu propietario/a ou herdeiro/a. Desta maneira, se este se atopa cheo de maleza, converténdose nunha auténtica fonte de enfermidades, os/as veciños/as e a administración non contan co apoio xudicial para solventar o problema por eles mesmos. Porén, os artigos 43, Dereito a protección da saúde encomendado aos poderes públicos, e 45, preocupación pola proteción do medio ambiente da CE, están sendo infrinxidos dende hai moitos anos nos arredores de Santiago, pero isto non é obxecto nin de denuncia nin de castigo.

Vivindo nun continuo limbo

A burocracia administrativa ralentiza a efectividade e a construción dunha nova depuradora. Este proxecto leva estancado varios anos e o problema non semella prosperar. A opción máis sensata e recomendable era ampliar a depuradora de Silvouta, Pero malia que esta non é a opción máis ecolóxica nin a máis económica, era a única solución posible. Con todo, o proxecto foi freado polos intereses urbanísticos e as denuncias dos/as veciños/as da zona. As persoas afectadas alegaron e presentaron que o Estudo de Movementos de Terra feito para a construción do novo EDAR non cumpría os requisitos necesarios. O  xuíz fallou no seu favor e a construción detúvose.

post1.PNG

A resposta ante este imprevisto consistía en mover a depuradora ao Souto, próxima ao concello de Ames. Isto indignou aos seus veciños/as; como dicía María Lafuente, membro da Asociación para a Defensa da Ecoloxía de Galicia “como vai depurar o Concello de Ames as augas de Santiago?”. Malia a indignación e o descontento da veciñanza, o proxecto semellaba ir adiante ata que o descubrimento dun petróglifo freou de novo a obra da depuradora, e esta semella estar estancada un par de anos, o que implica a perda dos fondos europeos, un 60% do presuposto do EDAR, como apuntaba

E agora que vai pasar?

TITULAR 3TITULAR 1a

As pescudas amosan que estas noticias foron publicadas durante o período de campaña electoral  ou antes do descubrimento do petróglifo de Souto Maior. As incógnitas xorden pero as respostas non se dan e o problema continua agrandándose. Ata que extremos debemos chegar para atender os reclamos da natureza? Isto xa non só é un problema de civismo senón de agresión contra a propia sanidade humana e do medio.

Advertisements

20 comentarios en “Sen vontade nunca haberá mellora

  1. Boas Lara. Pareceume un post moi interesante. Sobre todo o que máis me chamou a atención foi a solución do uso dun dos muíños como autoabastecemento. Porén, como adoita ocorrer, a voz dos que realmente están afectados non é escoitada. É unha pena que todo se mova polos propios intereses, como a paralización da ampliación da depuradora de Silvouta. Unha paralización que se fixo polo “incumplimento dos requisitos ambientais da Xunta”, cando o propio río Sar incumple a lexislación comunitaria sobre o tratamento das súas augas dende hai anos. Estamos ante un río con altas doses de contaminación como podemos ver na seguinte noticia http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/11/27/informes-tajantes-mal-estado-sar-ignoraron-durante-anos/0003_201611S27C1995.htm ao que non se lle intenta buscar unha solución. Semella non importar todos os problemas de saúde que isto acarrexa.
    Por outro lado, aínda que hai un proxecto para o nova depuradora, os problemas financeiros non axudan a que isto siga adiante http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/03/16/xunta-emplaza-concello-asumir-canto-parte-edar/0003_201703S16C29910.htm UNha vez máis, os propios intereses antepóñense ao que sería o correcto.

    Liked by 1 person

    1. Totalmente de acordo Paula, isto é precisamente o que denunciamos dende o observatorio, en moi poucos anos este problema xa non se vai a poder solucionar, entón hai si que vamos a ver realmente as consecuencias de todas as nosas accións. Por iso defendemos a necesidade de implantar educación ambiental a maiores e pequenos, se aprendemos a querer o noso medio e a coidalo co respecto que se merece entón si que poderemos poñer fin ao problema. Ate entón é necesario tomar outras posibles solucións, na última reunión que tivemos cos membros do círculo presentamos a idea de dotar aos ríos de dereitos, deste xeito este tería moitas máis vantaxes nos procesos xudiciais e sería moito máis sinxelo poder loitar contra as situacións adversas que se nos presentan: http://internacional.elpais.com/internacional/2017/03/16/actualidad/1489685532_492954.html

      Gústame

  2. Completamente de acordo Paula, como comentaban os membros do círculo na última reunión que tivemos, estamos ante un río que xa se pode considerar medicinal polas cantidades de substancias químicas que este ten: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/02/21/detectan-altas-dosis-ibuprofeno-sustancias-aguas-sar/0003_201602S21C1992.htm. A pesar dos riscos que isto produce na saúde da cidadanía e mentres que non se faga nada ao respecto, o río continuará funcionando como un vertedoiro.
    Respecto ao tema da financiación da depuradora, descoñecía por completo a noticia de que o concello ten que facer fronte a un parte da inversión. Porén gustaríame destacar que en dita publicación non se menciona que se a obra segue paralizada por moito máis tempo, perderánse os fondos suministrados pola UE. Isto que é de vital relevancia informativa é descoñecido pola xente, debido a intereses políticos e económicos que son apoiados polos medios; cos que se amosaron moi críticos e descontentos os membros cos que traballamos dende o observatorio.

    Gústame

    1. Unha mágoa que todo isto suceda. Os medios unha vez máis tan só contan o que lles parece e só se preocupan por dar a coñecer a versión dunha das partes da historia. Unha noticia coma esta debería ser difundida ata a saciedade, pois afecta a todos os que habitamos a cidade de Santiago. Semella que os medios se centran unicamente no discurso político e deixan a un lado o problema real.

      Gústame

      1. Totalmente de acordo Paula, os medios de comunicación só publican aquelo que lles interesa, deixando moitas noticias e realidades no tinteiro. Como puideches ver no post, a realidade é esa, a depuradora non semella ir para adiante, pese as necesidades de mellorala, como apuntaban na última reunión que mantivemos cos membros do círculo, onde preguntamos precisamente por iso, por como solucionar e mellorar esta situación a corto prazo, todos coincidiron en que ate que a contaminación non sexa un problema real para eles na produción de alimentos e bens, este non vai a ser tratado coa magnitude que debería. Na maior parte das ocasións as multas que se impoñen por contaminar, non supoñen realmente un gran esforzo económico para as grandes corporacións, polo que estas continúan contaminando sen alterar o máis mínimo as súas cadeas de produción. Poren é posible crear empresas sostibles, acordes coa natureza e que defendan e coiden o medio no que vivimos: http://elpais.com/diario/2008/01/06/negocio/1199630853_850215.html

        Gústame

      2. Penso que gran parte do problema é que todo o referido coa natureza non se lle da a relevancia que ten, tanto as propias persoas de a pé como as institución gubernamentais. Se, por exemplo, as multas que se imparten por contaminación fosen moito maiores, seguramente os que contaminan pensaríanso 2 veces candomenos a próxima vez que quixeran contaminar. O peor de todo é que a natureza é algo imprescindible para nós, para os seres humanos, co cal, se non a cuidamos, que será de nós nun futuro? Que faremos cando a contaminación sexa o noso pan de cada día e non teñamos nada máis para sobrevivir?

        Liked by 1 person

  3. Buen post Lara! Los datos que aportas no dejan lugar a dudas: la ecología y la naturaleza no son una prioridad para el gobierno gallego. Sin embargo, unos pocos no deberían tener el derecho de perjudicar la salud de muchos, y con eso me refiero tanto a los políticos que lo permiten, como a las empresas y los particulares que contaminan.

    Ante tal falta de ética y ecología, Bruselas no ha dudado en denunciar a España por el mal tratamiento de las aguas residuales en diferentes puntos del país, entre ellos, por supuesto, Galicia: http://www.farodevigo.es/galicia/2016/11/17/bruselas-reclama-multa-46-millones/1571799.html

    Respecto a esto, me gustaría saber si tenéis constancia de que la multa se haya impuesto finalmente, y si es así qué ha hecho, o pretende hacer, la Xunta para remediar la situación; no sólo de puertas para adentro, sino también en cuanto a la promoción de la naturaleza gallega y la ecología de cara a Europa.

    Liked by 1 person

  4. Pues la verdad es que si que comentamos en alguna de las reuniones el tema de las multas, de hecho fue un debate bastante interesante, ya que como apuntaban desde ADEGA, las multas económicas no suponen una resolución del problema en su totalidad, ya que estas no son demasiado elevadas. Lo cierto es que no tengo constancia de si realmente esa multa se ha impuesto, pero sinceramente no lo creo, ya que como denuncian desde ADEGA o la Plataforma pola recuperación do Sar, las empresas que pueden permitirse pagar las multas, continúan contaminando y no cambian sus políticas medioambientales, ya que en muchas ocasiones les compensa hacer frente a una mísera multa y no ver alterada su actividad. Por ello todos denuncian que la Xunta y el gobierno debería plantear los castigos de una forma diferente y más tajante, con la cual se consiguiese realmente una reducción de la contaminación de los ríos. Por ello en nuestra última reunión tratamos las posibles soluciones a corto plazo para mejorar esta situación. La educación a los más pequeños, pero también a mayores, debe ser el pilar sobre el que estructure la toma de conciencia de esta realidad, por ello el Proxecto Ríos en el cual colabora la Xunta busca precisamente eso, mostrarle a la gente la situación actual de los ríos gallegos y enseñarle a cuidarlos. Por otro lado, también planteamos la idea de reconocer al río Sar como persona jurídica, parece algo absurdo, pero lo cierto es que esto ya se ha hecho con un río de Nueva Zelanda: http://internacional.elpais.com/internacional/2017/03/16/actualidad/1489685532_492954.html , de esta forma como si de una empresa se tratase, se dota al río de derechos y deberes, favoreciendo a que este no se vea como un simple canal de agua, sino como lo que realmente es, un ecosistema de vida y así no quede tan desamparado ante la administración.

    Gústame

    1. Buenas Lara, y gracias por el artículo! Ya había leído algo al respecto y, la verdad, aunque pueda parecer poco eficaz, creo que podría llegar a funcionar, ya que la vulneración de derechos de una “persona” debería tenerse más en cuenta, al menos en la teoría.

      Retomando el tema de las multas y penalizaciones a las empresas que contaminan, me gustaría saber si en esas reuniones en las que habéis tratado el tema, se ha propuesto alguna solución o “castigo” concreto, que a los ojos de los afectados pudiera ser realmente eficaz. Te dejo el enlace de un artículo sobre el tema, que me pareció muy interesante: http://www.vocesenelfenix.com/content/impuestos-ambientales-%C2%BFpagar-para-contaminar . En él, se define el sistema de sanciones por contaminación (deseconomías externas) como un debate ético e ideológico, además de evidenciarse inútil ante el deterioro de la naturaleza y los ecosistemas.

      Personalmente, coincido con el autor del artículo en el importante matiz ideológico de todo esto. Al denominar impuesto a la sanción, pierde parte de sentido hasta el punto de poder hablar de “pagar por contaminar”, sin verdadero castigo. Para el autor parte del problema viene de lo que se considera por ley contaminar. Respecto a eso, ¿qué opinan los miembros de vuestro círculo?

      Liked by 1 person

      1. Pues lo cierto es que no Ángela, en las reuniones que mantuvimos no me suena haber comentado algún castigo determinado, sí que es cierto que hablamos de la necesidad de imponer sanciones mucho más exhaustivas y no solo económicas, es decir algo más restrictivo que acabe de una vez con la contaminación, sobre todo por parte de las corporaciones que tienen más dinero, terminando con la idea de “quien tiene dinero puede contaminar”. Sin embargo siempre que tratábamos este tema entrabamos en un debate político, manteniendo que si no existe voluntad de cambiar y que la gente conformista que ha ayudado a mantener el mismo contexto político que en los años anteriores, en cierto modo, no tendrá voluntad de mejorar esta situación tampoco. Muchas gracias por el artículo, ya que de hecho muestra exactamente lo que tratamos en la última reunión que tuvimos con los miembros del círculo. En ella, ellos mismos dijeron que la única forma de que las instituciones públicas tomen conciencia de esta situación y que empiecen a tomar medidas mucho más implacables es implantando leyes más restrictivas. Cuando la contaminación se contabilice en los alimentos, en los productos a nivel empresarial, entonces ahí sí que se tomarán cartas en el asunto y se podrá mejorar finalmente la situación. Desgraciadamente en la actualidad se anteponen el resto de objetivos e intereses a la ecología o al medio ambiente, y especialmente todos aquellos relacionados con intereses económicos y empresarios, sin embargo sí que es posible un equilibrio entre ambos mediante la creación de proyectos sostenibles: http://elpais.com/diario/2008/01/06/negocio/1199630853_850215.html

        Gústame

      2. Gracias por el artículo Lara! Sin duda cómo hacer mas sostenible los procesos de producción y distribución debería ser fundamental y prioritario para las empresas, ya que como dice tu artículo sólo así prosperarán realmente. Además, otra de las cuestiones importantes es la necesidad de que las empresas ofrezcan productos que, como señala Pepe Barguñó (creador de la marca de moda ética Intrépida MU), “permitan verdaderamente consumir de forma responsable y sostenible”.

        Centrándonos en las empresas y sus vertidos, la solución podría pasar por emplear la biotecnología en el campo de la ecología, con el fin de frenar el desastre de la contaminación del agua e intentar restaurar, en la medida de lo posible, la calidad de los ecosistemas. Aquí te dejo un artículo con una interesante bibliografía: http://www.ecojoven.com/tres/05/aguas.html.

        Acertadamente vuestro grupo se ha centrado en Galicia para poder estudiar en mayor profundidad el deplorable estado de los ríos, sin embargo no podemos olvidar que no es, ni mucho menos, la única comunidad de nuestro país que tiene que lamentar este tipo de situaciones. Te dejo un par de enlaces sobre la perspectiva nacional: http://elpais.com/diario/1985/07/07/agenda/489535204_850215.html y http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/08/08/actualidad/1407524357_433831.html

        Gústame

      3. Muchas gracias por tu enlace Ángela, me parece una muy buena iniciativa la de la biotecnología, había oído algo sobre el tema pero no conocía precisamente su funcionamiento y los posibles usos. Lo cierto es que apostar por este tipo de iniciativas es esencial, de hecho en nuestra primera reunión comentamos la idea de establecer y remodelar los molinos antiguos de agua para obtener energía de ellos y poderle dar un uso a toda la energía que las aguas producen y que muchas veces se pierde. De esta forma se tendría otro motivo para tenerlos limpios y cuidados. Sin embargo es necesario que no entendamos los ríos como simples cadenas de agua, es decir que los veamos como realmente son: ecosistemas de vida, algo que es necesario preservar y cuidar, ya que directamente vivimos de ellos por ello es necesario cuidarlos. Por otro lado estoy totalmente de acuerdo, muchos de nuestros ríos a nivel nacional sufren un grado de contaminación muy elevado, que se debería de mirar y resolver. Pese a que muchas veces los medios muestren otra realidad, el Sar tiene la etiqueta de A3 de contaminación, la peor impuesta por la Unión Europea. Te dejo el siguiente vídeo para que veas la realidad de estas aguas que se encuentran a pocos kilómetros de nosotros: http://defensadosar.blogspot.com.es/2014/03/ver-informe-v-adios-rios-en-vtelevision.html#links

        Gústame

  5. Boas, LC
    En primeiro lugar gustaríame remarcar o que, desgraciadamente, afonda dito post: a ecoloxía non é un punto a tratar polo goberno galego.
    Moitos dos nosos ríos, ademais do Sar, atópanse cheos de doses de anticonceptivos, ibuprofenos, gasoil e moitas máis substancias que non só perxudican ao río en sí, senon a todo aquel que pretenda facer uso del e, directa e indirectamente, sufra as consecuencias.
    Con todo, o goberno non pon fin nin tampouco pretende facelo e paréceme moi inxusto, pois se non coidamos agora da natureza, cando o imos facer?
    Dende o meu punto de vista deberíamos movilizarnos e poñer da nosa parte para intentar frear esta desagradable situación: debemos plantarlle cara ao ocorrido.
    Deixoche aquí un enlace da morea de ríos que, moi ao meu pesar, se atopan en estado crítico e que, desgraciadamente, non se intentan solventar: http://www.ecoticias.com/medio-ambiente/111290/rios-espanoles-contaminados

    Liked by 1 person

    1. Totalmente Judit, a realidade é que moitos dos nosos ríos están sufrindo unha crítica situación e lamentablemente os nosos gobernos non fan nada para mellorala. Na última reunión que mantivemos co círculo, onde falamos das posibles solucións a corto prazo, denunciouse a inactividade da Xunta en canto a construción da nova depuradora, algo que é moi necesario e non pode pospoñerse máis. Gracias polo link adxuntado no teu comentario, poren gustaríame determinar que a contaminación dos ríos non é tan só iso, os medios cando falan de contaminación nos leitos tenden a sacar fotos de residuos, augas escuras… lamentablemente existe moita máis contaminación nos ríos que agranda o problema como é o caso da lumínica, a acústica ou unha das máis problemáticas de todas: as plantas invasoras, estas están acabando coa degradación do bosque de Ribeira: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/guerra-plantas-exoticas-invasoras-galicia/idEdicion-2017-04-03/idNoticia-1048968/ é necesario que deixemos de ver os ríos como simples canles de auga, e comecemos a velos e tratalos como o que realmente son, auténticos ecosistemas de vida, para iso debemos levar acabo campañas de educación aos máis pequenos e non tan pequenos para que desde o amor a natureza comecen a ver e comprender a necesidade de coidar o medio no que vivivmos.

      Gústame

      1. Boas de novo, LC
        Gustoume moito o teu comentario, pois coincido plenamente en todo o que dis. E , por desgraza, trátase da realidade vixente.
        Centrándome no final das túas palabras, paréceme axeitado reeducar á poboación en búsqueda dunha concienciación: e sí, o mellor sería comezar dende abaixo, ensinandolle aos máis pequenos a importancia dos ríos e os seus beneficios.
        Por outro lado, pareceume moi interesante a noticia da que me falache, e á vez éncheme de tristura. Deixoche aquí unha parecida: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/padron/2017/03/31/denuncian-precaria-limpieza-orillas-sar-padron/0003_201703S31C7991.htm na que denuncian a mala situación do río Sar (árbores caídos, paus, residuos…)
        Recalco de novo a importancia de coidar (agora que podemos e estamos a tempo) a natureza que nos rodea, e para elo debemos emprender iniciativas que leven á concienciación humana. Que che parece?

        Liked by 1 person

  6. Moitas Grazas Judit por amosarme esa noticia xa que aínda non a lerá. Reconfórtame saber que os medios están amosando a realidade do Sar, e esixindo esa necesaria limpeza das súas augas. Como che mencionará nos comentarios anteriores, falar de contaminación moitas veces redúcese a imaxes de augas con residuos, a lixo… Pero hai moito máis que iso, por exemplo o que se denuncia en esa noticia e a necesidade de coidar as beiras dos ríos, evitar que medre maleza ao seu carón o que tamén contamina as augas. Por iso, coidar os nosos ríos tamén implica telo limpo en todos os sentidos.
    Totalmente de acordo Judit, é necesario levar a cabo actividades diferentes e novidosas que fagan que a xente empece de contado a coidar o medio. Por esta razón o noso grupo de traballo optou por un vídeo informativo que amose visualmente a grandeza da nosa natureza e a vital necesidade de mantela, xa que os ríos galegos non son un vertedoiro, por iso invítoche a velo e que me contes a túa opinión sobre el: https://www.youtube.com/watch?v=cJyB49WCvJE

    Gústame

  7. Ola, LC!
    Acabo de ver o vídeo que me aconsellache e que, polo que vexo, foi realizado por vós mesmos. En primeiro lugar, felicitarvos pola iniciativa tan interesante que tivéchedes. (Ogallá todo o mundo estivese tan concienciado e fomentase cousas coma estas!).
    En segundo lugar, de novo recalco as palabras de Luís Matos cando di que “non estamos concienciados, non sabemos o que significa a contaminación dun río”.
    Ao igual que Manuel González, que coma nós, pensa que é necesario unha maior educación no tocante á natureza, un incremento das actividades de formación.
    Ti crees que se chegará a levar a cabo? De veras pensas que a xente está concienciada ou quere estalo?
    Dende logo o panorama é desolador…

    Liked by 1 person

    1. Sinceramente Judit, non o penso. A realidade e que a xente non está concienciada, como ambas defendemos a educación tanto en grandes como pequenos é máis que necesaria e temos que aprender a querer a natureza e loitar para que esta se volva a converter nunha das nosas prioridades. Poren como defendían e apuntaban na última reunión que mantivemos cos membros do noso círculo, “a única vía e opción de que a ecoloxía sexa un motivo a tratar pola administración e o goberno é que a contaminación se contabilice nos alimentos e nos produtos a nivel empresarial” entón nese momento, si que aparecerán medidas moito máis restritivas e exhaustivas que consigan mellorar esta terrible realidade que senón freamos nos próximos anos, non somos conscientes da magnitude do problema que estamos a xerar.

      Gústame

      1. Ola Lara, a túa publicación foi canto menos irónica…
        É curioso e contraditorio como as institucións ignoran os problemas de ecoloxía, porque como ben din algúns dos meus compañeiros, para o goberno este tipo de problemas son minoritarios, pero tampouco prestan atención á achega económica que pode prestar un río en boas condicións.
        En suma, opino que falta humanidade. O goberno galego parece estar centrado en tantas cuestións de materias de exterior, que se esquece do pobo que o votou e ignora os problemas que afectan á cidadanía de forma máis directa.
        É certo que o coidado da ecoloxía é un mal presente, que se fai máis grande lentamente; Con todo, o problema atópoo na cantidade de anos que levan ignorando cuestións como a que se trata na túa temática, que dun momento a outro, vai desembocar en algo que non permita unha volta atrás. Coidar a vida que nos pode achegar a natureza só depende de nós, e parece que de momento, non seguimos o camiño correcto.

        https://xornal.usc.es/xornal/entrevistas/entrevista_0090.html

        Liked by 1 person

      2. Totalmente de acordo Lucía, a realidade e que para os políticos e para a mesma cidadanía os problemas relacionados coa ecoloxía non supoñen unha prioridade, déixoche un enlace que o evidencia: http://www.cis.es/cis/export/sites/default/-Archivos/Indicadores/documentos_html/TresProblemas.html Na última reunión que mantivemos cos membros do noso círculo denunciamos precisamente isto. Como é posible que un problema que nos afecta a todos e que pode ter consecuencias incalculables, pasa completamente desapercibido pola cidadanía. Para eles a única solución e que os intereses e os beneficios do goberno e das grandes corporacións se topen coa contaminación como unha traba, deste xeito a situación cambiará e mellorará notablemente.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s