Tratamento dos medios á muller no ámbito laboral

É complicado falar do tratamento e o protagonismo que se lle dá ao sexo feminino nos medios de comunicación, pois numerosos estudos mostran que a presencia da muller é inferior á dos homes. E non só iso, senón que tamén está limitada a certos ámbitos do día a día, un exemplo destes pode ser o estudo realizado pola Consellería de Emprego da Muller. Pero se xa é complicado falar de mulleres e medios de comunicación, aínda é unha tarefa máis complicada se lle engadimos o adxectivo traballadora.

O fin desta publicación é levar a cabo unha análise de como os medios tratan a figura feminina no tema laboral. Para iso e para non facer inacabable a lectura tomaremos como referencia dúas profesións que a miúdo aparecen nos medios de comunicación: licenciados/as en medicina e en dereito.

Análise

Un estudo realizado polas Universidades de Vigo e Santiago de Compostela mostra como as mulleres acadan o 54% das matrículas universitarias. E igual que elas son a maioría no referente as matriculacións, tamén o son nas ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas cun 53%, Humanidades e Ciencias da Saúde, correspondéndolle a este último un nada máis e nada menos que un 70% ao xénero feminino.

Segundo a Universidade Catalana de medicina as mulleres son propietarias do 70% dos postos en España referentes a esta disciplina. En canto ao porcentaxe de mulleres que exercen de avogadas ou de xuízas, a proporción ascende o 54% no primeiro caso e o 74% no segundo.

Pese a toda a progresión e os datos aportados, aínda existen prexuízos e estereotipos que limitan a muller nun ámbito ou outro. Profesións como médicas, xuízas ou avogadas non son substantivos tan comúns como enfermeira ou azafata, e isto é porque son traballos que dende anos se lle asignan ao xénero masculino. A continuación expóñense unha serie de novas e situacións nas que ditas profesións saen nos medios, e verase de que forma son tratadas polos diferentes comunicadores nacionais:

-Non é nin preciso realizar unha lectura a fondo do contido da información. Basta con que nos fixemos na titulación e na subtitulación e vemos claramente a que xénero se está referindo. E non só iso, se continuamos coa lectura en ningún momento se fai referencia á existencia dalgunha médica ou pediatra.

-Esta vez xa non é necesario fixarnos en detalles escritos (aínda que se queremos facelo, volveremos ó primeiro punto). Esta vez son os elementos audiovisuais os que, unha vez máis, deixan de lado á muller.

O mesmo sucede no caso das novas onde está presente a figura dunha persoa licenciada en dereito: segue sen existir unha linguaxe inclusiva, e existen todo tipo de elementos que deixan o sexo feminino nun segundo plano:

Doria, J. (2017). El juez pide sentar en el banquillo a tres futbolistas y 15 exdirectivos por el amaño del Osasuna Betis en 2014. [En línea] EL PAÍS. 

Fernando J. Pérez, V. (2017). El juez del ‘caso Púnica’ atribuye tres delitos al presidente de Murcia. [en línea] EL PAÍS.

Guimón, P. (2017). Un juez prohíbe a una mujer transgénero ver a sus hijos judíos ultraortodoxos. [en línea] EL PAÍS. 

Paula González Gallego é estudante en prácticas de medicina, e esta foi a súa resposta ó preguntarlle sobre a representatividade do colectivo feminino nos medios: «Penso que é verdade que aínda existen prexuízos en canto a figura da médica, pero que cada vez é menor e é algo que se está a corrixir. Ademais non é algo que atinxa soamente ás mulleres, tampouco adoitan sacar nos medios a enfermeiros…»

Tamén Lucía Donascemento, licenciada en dereito e traballadora nun buffete quixo dar a súa opinión e a súa propia vivencia no seu posto de traballo con respecto o tema das discriminacións, as igualdades de oportunidades para ambos sexos e a presencia nos medios: «Discriminación no seu punto máis álxido non, pero si que é verdade que no meu posto de traballo só estou eu de muller e nas reunións, son todo homes. Si que noto unha diferenza no trato que me outorgan a min respecto do resto de compañeiros. Nalgún momento si que sentín que tiven que facer o dobre de esforzo para demostrar a miña valía simplemente por ser muller».

O 41% das mulleres que aparecen nos medios fano como vítimas

Non é unha tarefa fácil atopar un texto xornalístico no que apareza unha médica en lugar dun doutor e igual co outro caso que estamos a presentar. E é isto o que carece de sentido, a miúdo atopámonos con estes oficios nos medios, e se a maioría destes son desenvoltos por mulleres… Por que razón os medios non o reflicten? Son os medios de comunicación aínda presa dos estereotipos e prexuízos?

O que está claro é que os medios de comunicación deben ser un reflexo da sociedade, mais pola contra, o que demostran con estes datos e exemplos é o oposto. Ben é certo que se está a progresar moito, fai 30 anos a única participación que a muller realizaba para os medios era a referente a algún tipo de publicidade machista e era absurdo a idea de que unha muller fora médica, incluso que chegara aos estudos universitarios, pero tamén é evidente que nos queda moito camiño por percorrer neste concepto de igualdade.

BIBLIOGRAFÍA:

  • Consellería de emprego de Madrid: La presencia dos estereotipos en los medios de comunicación, Madrid, 2017.

 

  • Vaquero Alberto, Fernandez Sara: a muller no eido científico, tecnolóxico  e de transferenza do coñecemento en Galiza, 2011.

 

Advertisements

16 comentarios en “Tratamento dos medios á muller no ámbito laboral

  1. Buenas tardes Ana. Efectivamente, parece que los medios de comunicación tienen el “síndrome de la mujer inexistente”. No obstante, me gustaría hacerte una apreciación.

    Cuando al principio del post hablas de la mujer con estas palabras: “se xa é complicado falar de mulleres e medios de comunicación, aínda é unha tarefa máis complicada se lle engadimos o adxectivo traballadora”, creo que no has escogido las palabras adecuadas: todas las mujeres somos trabajadoras (independientemente si el ámbito laboral se encuentra dentro o fuera de la casa). De todas formas, lo que creo que quisiste decir es que las mujeres, por norma, estamos destinadas a demostrar nuestras aptitudes para desarrollar un puesto de trabajo de manera doble frente al hombre. En este aspecto, estoy de acuerdo contigo.

    De esto se deriva el concepto “techo de cristal”, al cual se hace referencia como “cristalización profesional del reconocimiento de las diferencias de género” dentro del estudio al que remitías al principio de tu post: “LA PRESENCIA DE ESTEREOTIPOS EN LOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN: ANÁLISIS DE LA PRENSA DIGITAL ESPAÑOLA” (muy trabajado y extenso, por cierto).

    Por otro lado, ha sido una buena idea que hayas incorporado a la publicación testimonios directos, de esta manera la información cala más hondo en los lectores.

    Y para finalizar mi comentario, me gustaría saber tu opinión sobre la publicidad actual, ya que a pesar de no ser tan “directa” como en décadas pasadas, sí que adoptan roles machistas en donde la mujer queda relegada a las tareas domésticas, ¡como si no supiéramos hacer más cosas! Aquí te dejo el enlace a un trabajo de fin de grado de dos estudiantes de Máster en Estudios Interdisciplinares de Género por la Universidad de Salamanca, en donde encontrarás varios ejemplos: https://gredos.usal.es/jspui/bitstream/10366/80263/1/TFM_EstudiosInterdisciplinaresGenero_GarciaPerez_N.pdf

    Liked by 1 person

    1. Tes toda a razón Paula, quizá non logrei expresarme da forma correcta. En ningún momento quixen facer unha distinción entre mulleres que traballan fora da casa e amas de casa, pois as veces as segundas realizan un esforzo maior que as primeiras. O que quería dar a entender é: que se a muller, simplemente a muller e pouco visible nos medios de comunicación, todavía o é máis cando os medios teñen que referirse as súas actividades laborales, sexan cales sexan.

      En canto a túa pregunta sobre a publicidade, volves a ter razón, obviamente xa non se nos posiciona de rodillas ante o ”noso home” ofrecéndolle un prato de comida quente. Pero sí que é verdade, e a iso me refiro cando no post digo que aínda nos queda moito traballo que percorrer, que a día de hoxe as mulleres seguen sendo protagonistas dos anuncios de limpeza, ou das galletas que se lle dan aos meniños de merenda.

      Aqui che deixo un par de enlaces sobre o tema que quizais che podan gustar dedicarlles un ratiño.

      O primeiro é a clara demostración de que as conductas machistas seguen existindo e polo visto aínda lles queda un anaco de vida. E o segundoé una simple páxina informativa.

      http://www.unitedexplanations.org/2014/04/22/los-10-anuncios-mas-machistas-del-siglo-xxi/

      http://www.inmujer.gob.es/areasTematicas/comunicacion/home.htm

      Moitas grazas polas túas valoracións e opinións Paula. Un saúdo.

      Gústame

      1. Me alegro de que en el ranking de anuncios machistas que me adjuntas en tu anterior respuesta, se hable de un concepto como “la cultura de la violación”. Otro de los términos empleados es el de “cosificación de la mujer”. Creo que esta cosificación se nota, sobre todo, en el mundo del deporte. Aquí te dejo una recopilación a modo de galería sobre cómo se tratan a las “mujeres de” los deportistas: http://www.marca.com/baloncesto/nba/album/2017/01/05/586e2caeca4741816a8b463a_1.html?cid=OUTSINER001&s_kw=elmundo

        No se si ves a lo que me refiero.

        Gústame

      2. Entendo o que me queres decir Paula e engadoche, que se nos adentramos no mundo do deporte feminino entón temos para analizar e quexaixarnos durante días. Faloche dende o punto de vista de alguén que sofre este tipo de marxinacións, eu xogo o baloncesto e en calquera quedada cos meus propios amigos teño que escoitar comentarios, que aínda que sexan en tono jocoso, non veñen o caso.

        Pensemos mesmo nas carreiras ciclistas, motos, coches, un deporte no que as únicas mulleres que se ven son as azafatas, nin tansequera teño constancia dunha muller que retransmita a carreira ou faga de reporteira, paréceme increíble. Deixoche aquí unha nova que me produce gusto e o mesmo tempo pena porque se tardase tanto en levar a cabo:

        http://deportes.elpais.com/deportes/2017/03/20/actualidad/1490039218_531279.html

        Gústame

      3. Interesante lo que me comentas, pero realmente sí que hay mujeres comentaristas en el mundo del deporte. A simple vista se me ocurren Irene Junquera (co-presentadora del programa “Punto Pelota”), Sandra Sabatés (que presentó la sección de deportes en La Sexta hasta 2012, cuando pasó a presentar “El Intermedio”), o incluso la mítica María Escario, presentadora también de la sección de deportes en TVE hasta 2014.

        De todas formas, haces bien considerando a estas mujeres “excepciones”, porque la labor que ejercen es la de presentadora (que no tiene menos mérito), pero son muchas menos las mujeres “a pie de campo”.

        Una conversación para reflexionar sin duda, ¿utilizan los medios a la mujer como imagen y cara bonita sin tener en cuenta sus aptitudes laborales? un debate necesario en la sociedad. Gracias Ana.

        Liked by 1 person

      4. Tes razón Paula, pero cando me referería a comentaristas, quería facer referencia, non a presentadoras nin co-presentadoras, senón a mulleres que se adiquen a retransmitir radiofónicamente un partido de fútbol, ou un partido de baloncesto.

        Este tema que me propós é moi interensante Paula, de feito foi un dos temas que se tratou, aínda que moi por enriba, na miña reunión co círculo de lectura. Para a miña sorpresa Paula, e non sei se estarás dacordo, as mulleres que ese día formaban parte do círculo crían que non, que os medios non primaba a estética por encima da eficacia.

        Na miña opinión, non coñezo a nigunha muller que traballe nos medios non o faga cunha eficacia correcta; pero tampouco coñezco a ningunha presentadora, nin reporteira nin co-presentadora que non teña uns rasgos faciais agradables os dentes perfectos e brancos, que non vaia maquillada e que non vista impecable. Non cuestiono que as mulleres que están nos medios non sexan profesionais, pero estou segura que ante unha muller que destaque fisicamente e o faga ben, e unha muller que non destaque da mesma forma a nivel estético e o faga todavía mellor, quédanse coa primeira sen dúbida.

        Gustaríame saber cal e a túa opinión o respecto Paula, moitas grazas novamente.

        Gústame

  2. Como ben dis no texto, é evidente que, malia os avances vividos os últimos anos no tocante ós dereitos da muller, a día de hoxe a figura feminina segue a ser considerada como débil e inferior. Con respecto ao ámbito laboral, as mulleres cobran moito menos que os homes en practicamente tódalas profesións. É verdade, como se di no texto, que oficios como o de médico ou o de avogada están moitas veces mal vistos se os ocupan persoas de sexo feminino. Pero tamén no mundo artístico hai moitos prexuízos e desigualdades. Aínda na actualidade os actores cobran moito máis que as mulleres, como ben se di neste artigo: http://ecodiario.eleconomista.es/cine/noticias/7076964/10/15/Profesiones-liberales-y-machistas-los-actores-en-Espana-cobran-el-40-que-las-actrices.html
    E non só en España, senón en todo o mundo. Ademais, as actrices seguen sendo consideradas en moitas ocasións unicamente un obxecto sexual, mentres que os actores soen interpretar a homes intelixentes, fortes, ricos, etc. E tamén no mundo deportivo segue habendo moita desigualdade e menosprezo ás deportistas, concretamente nos medios de comunicación, cuxo tratamento dos homes e das mulleres que se dedican ó deporte é totalmente distinto. Segundo se di neste artigo, http://www.eldiario.es/sociedad/Machismo-Juegos-Olimpicos-fuertes-solteras_0_546295460.html, un estudo elaborado por Cambridge University Press demostra que nos medios, das deportistas destácase a súa idade, o seu estado civil ou a súa apariencia física, mentres que dos deportistas destácase a súa forza, o seu talento e os seus logros.

    Liked by 1 person

    1. Antes de nada, grazas polo teu comentario Elisa.

      Quería aclarar que escollín esas dúas profesións porque aparecen constantemente nos medios e pareceríame unha tarefa imposible analizar datos e porcentaxes de cada profesión. Pero escollendo estas dous non quería dar a entender que só existe discriminación, desprestixio e infravaloración nestas. Por desgracia en case todos os traballos existen estes comportamentos.

      En canto o mundo dos artistas deixoche aquí o enlace dunha nova que creo que debe servir de exemplo non só para os actores senón para o mundo enteiro: http://www.actitudfem.com/entorno/genero/los-actores-de-big-bang-theory-se-bajan-el-sueldo

      En canto o mundo deportivo, que che podo decir, levo toda a vida xogando o baloncesto e ben sei do que me falas. Invitoche a facer un exercicio que eu tamén fixen a hora de documentarme para realizar o post; busca Serena Williams no buscador de Google e abre a pestaña en ”novas” despois fai o mesmo con ”Rafa Nada”. Ambos son dous tenistas recoñecidos e números un a nivel mundial (actualmente, Rafa non, pero Serena sí) poderás comprobar como a quinta ou sexta nova que Google che ofrece desta campiona é a dun desnudo que fixo para unha revista, nada que ver cos seus méritos e logros deportivos, mentres que de Rafa atoparás cen novas sobre as súas lesións, o estado do seu entrenador, as súas victorias, as súas derrotas e demais.

      Liked by 1 person

      1. Como dis, existe unha grandísima diferenza no tratamento por parte dos medios segundo sexan homes ou mulleres, se son actores, deportistas ou con calquera outro traballo. Noticias de Rafa Nadal: “Rafa Nadal es el rey”, “Rafa Nadal hace historia en el mundo del tenis”; Serena Williams: “Serena Williams está embarazada”, “Serena Williams sorprende en las redes sociales con un posado en biquini”. En fin. Penso que se os medios non fan nada para solucionar isto, para que nos xornais saian noticias de mulleres por algo máis que polo seu físico unicamente, o problema continuará agravándose e o machismo seguirá dominando na mentalidade social actual.

        Liked by 1 person

      2. Tamén estaría ben reflexionar sobre se toda a culpa é dos medios. É dicir, ”que foi antes o ovo ou a galiña?” que foi antes que os medios solo vendesen certos deportes ou que a sociedade non se interesase por algúns destes? Que pasaría se o marca puxese en primeira páxina a selección de baloncesto española en vez de o Barcelona? Compraríao moita xente? Leeríano na plataforma dixital?

        A pesar disto, considero queos medios como informadores, educadores e consolidadores da opinión da sociedade deberían facer algo o respecto aínda que tamén penso que na mentalidade da nosa sociedade tamén hai grao de culpa.

        Gústame

  3. Ola Ana, desgraciadamente teño que darche a razón no que escribiches. Digo por desgracia, porque é unha pena que unha muller teña que aguantar críticas por desempeñar un traballo no que antes predominaban os homes. Paréceme incrible que unha muller teña que traballar 84 días máis que un home para poder lograr cobrar o mesmo ca el. Ademáis de incrible, paréceme inxusto.
    Ía poñer o mesmo exemplo que puxeches ti nun comentario anterior en canto ao tratamento da muller tamén nos medios de comunicación (o de Rafa Nadal e Serena Williams), pero hai exemplos mellores. O outro día na reunión co meu Círculo, unha xornalista contou unha “anécdota” que a ela mesma lle sucedeu no seu traballo. Ían poñer en portada dun xornal o carnaval de Río de Janeiro e, cando ela se puxo a mirar cal era a imaxe principal, decatouse de que dita imaxe era un tanga. E eu pregúntome, que ten que ver o carnaval de Río de Janeiro cun tanga? Hai algunha conexión entre eles? Paréceme absurdo que na época na que vivimos sigamos tendo que sufrir este tipo de situacións.
    Por outra banda, déixoche aquí un enlace dunha noticia que trata que no total de portadas que saen dos xornais, tan só no 22% aparecen mulleres.
    http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/mujer-solo-esta-presente-224-las-noticias-portada-cinco-diarios-5884538
    Ana, ti pensas que esta situación podería mellorar a curto prazo? Que se necesita para que se nos poidan recoñecer os méritos da mesma maneira que aos homes?

    Liked by 2 people

    1. Boas Sandra, e moitas grazas polo teu comentario de anteman.

      Eu tamén leín o teu post e pareceme denigrante que se siga utilizando o corpo dunha muller como reclamo para vender algo do xeito que o fixeron ca imaxe da ropa interior da muller a que fotografiaron. Como ben di a túa entrevistada, non hai cousas máis representativas de ese carnaval cun tanga? bochornoso é pouco.

      Para documentarme sobre o tema, mirei varias novas,estadísticas e porcentaxes como o que me presentas ti no enlace do teu comentario e a verdade e que é penoso, é penoso ver como no las damos de avanzados e seguimos sen comprender que home e muller son persoas de iguais condicións, características e que deben obter as mesmas oportunidades. Deixoche un enlace sobre o tratamento dos medios a muller en forma de artigo que quizá che parezca interesante, e que o igual que me pasou a min cando o lin, existan cousas que che sorprendan porque nin ti mesma te decatabas:

      http://www.eldiario.es/agendapublica/impacto_social/representacion-mujeres-medios-comunicacion_0_193880948.html

      En canto a túa pregunta… teño que decir con todo o pesar que non, non creo nun cambio a curto prazo cando cousas tan simples como facer comprender que unha muller pode ir a universidade levou anos e anos… Penso que o camiño é longo aínda… E que que necesitamos? Loita, loita e unión, cada vez son máis as persoas que se unen a causa e iso e un dato alentador pero precisamos máis voces. Soará algo típico tamén pero, a educación, unha boa dósis de educación segue parecéndome o máis importante e necesario sobre o que debemos traballar para conseguir dunha vez e por todas que a muller ocupe o lugar que se merece.

      Un sáudo e grazas novamente.

      Gústame

      1. Chámame moito a atención, Ana, o último parágrafo dese artículo:
        “los desequilibrios que aparecen en la representación de las mujeres en los programas de televisión proceden de dos factores de naturaleza muy distinta. Uno es de carácter cultural, derivado de la menor visibilidad e importancia que se otorga a actividades que realizan las mujeres. El otro factor se relaciona con factores sociales y de poder, pues los medios reflejan en buena medida lo que existe en los partidos, en la actividad institucional, en la representación profesional o en el liderazgo asociativo.”
        Polo que se entende, se ocorre isto non é porque sexa unha “costume” ou porque sexa o “normal”, senón que dende o meu punto de vista, que unha muller apareza moito menos na televisión ca un home está feito a propósito. Non sei que opinarás ti, pero unha vez sacado este dato (tendo en conta que o artigo é de 2013) paréceme incrible que non se quixesen tomar cartas no asunto. Dígocho porque o outo día vin un artigo no que se dicía que as mulleres teñen a mesma presenza nos medios de comunicación actualmente que fai 5 anos, e dito artigo é posterior a ese que me mencionaches. Déixoche aquí o enlace para que lle botes unha ollada e me digas cal é a túa opinión.
        http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/presencia-mujeres-los-medios-comunicacion-misma-que-hace-cinco-anos-4701963
        Si, dende logo, necesítase moita loita, moita educación (aínda que sone típico como ti dis) e moita concienciación social.

        Gústame

  4. Buenas Ana, un post bastante claro y muy bien documentado sin duda.

    Como hombre este es un tema al que desgraciadamente no le solía dar mucha importancia, pero una vez que entras en la Facultad y ves la proporción de mujeres y vas viendo y sabiendo determinadas cosas, es imposible cerrar los ojos.

    Si bien hoy en día estos temas empiezan a tener más visibilidad, es solamente por el esfuerzo de gente como vosotras, a título individual o bajo el paraguas de pequeñas asociaciones. Pienso que sería una oportunidad muy interesante que la USC empezase a tomar partido en estos temas, ofertando cursos de lenguaje inclusivo o repartiendo guías sobre el mismo, como ya hace la Universidad de Málaga.
    https://www.uma.es/media/tinyimages/file/GUIA_ORIENTATIVA.PDF
    Pienso que con una formación puntual en estos temas en las aulas se empezaría a corregir esto al menos en los medios y de ahí, extenderlo a otras profesiones y sociedad en general aprovechando su poder.

    Liked by 1 person

    1. Boas Víctor, grazas polos comentarios positivos, por deterte a ler e demais.

      Non é que sexa pola túa condición de home polo que non te percatabas de certas discriminacións, pois eu como muller, tamén descubro unha nova forma de desprestixiarnos a cada pouco, son hábitos que temos tan normalizados que as veces ata é difícil percatarse de que non están ben e ata unha mesma os leva a cabo. Pero o que conta é que logremos, aínda que sexa un pouco tarde, darnos conta, concenciarnos e tentar evitalos.

      Douche a razón en que a USC debería tomar máis parte no asunto e se non é ofertando cursos e demais, debría ser divulgando con máis frecuencia outro tipo de asociacións que sí o fagan. Pois hai moitos carteis no taboleiro de anuncios, que tratan este tipo de cuestións, pero ben é verdade que as veces pasamos diante e nin nos paramos a mirar o que poñen.

      Polo que penso que o primordial sería quese divulgasen dunha forma máis amplia e máis eficaz este tipo de asociacións que se adican especificamente a este tipo de cousas. Ou mesmo que se alentase a formar parte delas dalgún xeito.

      Gústame

      1. Boas Ana:

        Penso que nese proceso para deixar de estar alienado tamén influé o xiro cara o feminismo que está tomando por sorte a nosa sociedade, especialmente entre a mocidade de 15-25 anos, que pon no debate público este tema.

        Si que pode existir unha saturación nos cartaces que comentas, ben na Facultade ou nas rúas. O triste é que dende a USC non se faga nada para remedialo. Gustaríame que a vosa acción fora por esa senda así que agardo impacente.

        Noraboa polo voso traballo e un saúdo.

        Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s