Unha acción fronte ao silencio

Lonxe de quedar nun simple lugar onde  conflúan a opinión e información sobre a precariedade no xornalismo, dende o noso grupo queremos ir máis alá, levando a cabo unha acción que deixe pegada na sociedade compostelá.

Despois dunhas primeiras reunións na que escoitamos as experiencias dos nosos colaboradores xornalistas Nicolás Navaza, Iolanda Fernández, Gonzalo Brocos, Montserrat Dopico e Jesús Silva Vila; sentimos aínda unha maior responsabilidade para levar a cabo, coa súa axuda, a nosa simbólica queixa.

A necesidade de levar a cabo unha acción

Tódolos xornalistas convidados, reafirmaron a nosa idea de que é moi difícil que a queixa dos xornalistas apareza nos propios medios, principalmente porque se esta situación existe é porque os que mandan neles o permiten.

   “Nos medios non saben se hai despidos ou folgas, a sociedade non o sabe e non responde” Nicolás Navaza

Cómpre destacar a testemuña de Jesús Silva (que traballou tamén fora de España) quen falou da situación extrema a que se chega no noso país fronte unha situación moito menos precaria da nosa profesión no resto da Unión Europea.

A estas dificultades impostas polo sistema (e acrecentadas en España), hai que unir as creadas polo propio gremio xornalístico. O mesmo Navaza, despedido do Correo Gallego por darlle a “me gusta” a un post de Martiño Noriega en Facebook, no que “criticaba” a xestión do xornal compostelán  falounos da falta de compañerismo existente na maioría de medios:

   “Hai pouco corporativismo no xornalismo, os traballadores non tenden a unirse. Hai demasiada competitividade e pouco corpo”

Esta competitividade tamén é fomentada polos propios “xefes” dos medio. O salario dun xornalista, por exemplo, varía segundo  factores como a antiguedade entre moitos outros e un xornalista non sabe o que gana o seu compañeiro. Deste xeito, non sabes si estas gañando o que deberías ou menos ca o resto dos teus compañeiros por un mesmo traballo nas mesmas condicións, o que aumenta as dificultades á hora de emprender a loita. Este problema é aínda máis grave no caso das mulleres, que van a cobrar sempre menos ca un hombre pola realización dun mesmo traballo. Outro factor clave é o do medo. O medo a ser despedido dificulta a defensa dos teus compañeiros cando estes sufren un despido ou calquera outra represalia, polo mero feito de reclamar unhas condicións de traballo digno.

Analizando posibles propostas de acción

fotopost

Dende o noso grupo, e sempre co compromiso e colaboración do noso círculo, estivemos barallando distintas opcións:

A primeira idea que tivemos foi a de facer un mural, con fotografías da evolución do traballo dos xornalistas que conforman o nosos círculos.

Asemade ideamos unha representación figurada da situación actual que está a vivir o xornalismo, mediante a posta en escena nun lugar transitado (Praza do Obradoiro, por exemplo) na que os nosos xornalistas aparezan coa boca tapada e as mans atadas. Deste xeito representaríamos a falta de voz que teñen os propios xornalistas dentro dos medios para expresarse libremente.

Ademais das devanditas tamén estudamos a posibilidade de crear un medio (preferiblemente un blog) no que aparezan recollidas aquelas noticias relacionadas coa precariedade no xornalismo que non publican os medios convencionais. Buscando un resultado similar ao do blog Eu Non Manipulo creado en 2013 por traballadores da TVG para denunciar a manipulación existente na canle,principalmente nos telexornais. Neste proxecto aparecerían dende despidos, casos de non remuneración,abusos de poder, manipulacións… Un traballo que amosaría ao público aquilo que non ve, con experiencias reais, no que mesmo poderían escribir membros do noso círculo contando as súas historias de vida. Así levaríamos a cabo unha reivindicación que fora, ao mesmo tempo, un entretemento para o público.

Proposta definitiva

Despois do estudo detallado de todas estas opcións e o seu posterior descarte, optamos pola creación dun código deontolóxico sobre como non acabar precarizado na profesión xornalística. Idea na que xa estamos traballando cos membros do noso círculo e da cal amosaremos  a resolución en próximos posts.

Advertisements

17 comentarios en “Unha acción fronte ao silencio

  1. Buenas tardes Carlos.
    Me parece un artículo muy apropiado y el cual pone el foco sobre un tema que rara vez aparece en los propios medios de comunicación. Siempre que se habla de los problemas del periodismo se alude, en la mayoría de ocasiones a la libertad de expresión, sin embargo, en ocasiones contadas se enumeran los detonantes que llevan a esta situación agónica para los periodistas. Sobre todo, me gustaría apoyar la afirmación sobre la falta de compañerismo existente dentro de la profesión. http://www.unedtudela.es/noticias/noticia/59 Como bien se apunta en este artículo de la UNED Tudela, se necesita de un mayor compañerismo para que el periodismo gane fuerza desde dentro, como sí ha ocurrido en casos recientes con sectores como el de la minería o la estiba, donde la fuerza sindical y de agrupación de sus propios miembros, ha conseguido grandes victorias para estas industrias.

    Liked by 1 person

  2. Buenas Diego! Muchas gracias por tu comentario. Me alegro de que compartas la visión ofrecida en este post acerca de la crítica situación que viven los periodistas hoy en día. Como bien dices, hay que ir más allá de la existencia de la libertad de expresión. La idea en nuestro grupo es ir más allá, algo que quedará plasmado especialmente en mi próximo post, en el que compartiremos una especie de código deontológico para evitar la precariedad en el sector. Sin embargo, esa falta de corporativismo depende a veces también del contexto como muestra la siguiente opinión https://www.reddit.com/r/podemos/comments/4fyz1b/el_corporativismo_periodistico_22042016/ , bastante crítico con los periodistas y la existencia (a veces) de un doble rasero y unos comportamientos más cercanos a un interés que a la defensa de unos valores/ ideales.

    Liked by 1 person

  3. El enlace es de gran ayuda para traer una nueva cuestión a debate. En este caso el papel que ejerce el poder político a la hora de “coaccionar” la voluntad del periodista es, sin ningún tipo de duda abrumadora. Sin embargo, podríamos pasar más bien a hablar entonces, de la libertad del periodista en el propio medio de comunicación o, del cada día, más relevante debate sobre si los medios deben mostar -o no- su posicionamiento ante una información.
    Aquí habría muy diferentes opiniones, la mía en particular, y refrendada por este artículo del periódico Diagonal, https://www.diagonalperiodico.net/la-plaza/31521-periodismo-posicionado.html es que los medios de comunicación, pueden, y deben, posicionarse. Siempre y cuando, este posicionamiento, esté respaldado por la veracidad y honestidad profesional.

    Gústame

  4. Buenas Diego, estoy de acuerdo con tu visión de que los medios se deben posicionar aunque a medias, me explico: no creo en la objetividad absoluta porque como está demostrada es imposible, pero si creo en la mayor cercanía posible a la verdad, respetar los hechos como dice Alfonso Armada en esta entrevista http://www.elheraldo.hn/revistas/crimenes/1064762-466/alfonso-armada-tenemos-que-velar-por-hacer-un-periodismo-m%C3%A1s-inteligente . El problema, a mi modo de ver, es causado cuando en un medio que (teoricamente ) no está posicionado no te permite escribir o hablar como quieres. En el caso de existir posicionamiento, creo que este debe ser manifestado de forma clara para que tanto consumidores como trabajadores sepan lo que van a crear/consumir.

    Gústame

  5. Boas tardes Carlos,

    Lido o teu artigo, creo que é moi interesante o tema que estás a tratar, xa que está moi relacionado coa actualidade.
    Últimamente estase a ver que se unha persoa, sen ter porque ser xornalista, fai un comentario que non agrada ó goberno ten que ser xulgada por incitación a violencia ou por un ataque contra a sensibilidade da familia. Isto, se nos paramos a pensar, fainos retroceder á época máis oscura da nosa historia, cando o idioma no que estou a falar eu era “de mala educación”.
    Porén, non temos retroceder tan lonxe, so basta con mirar este artigo de Amnistía Internacional de fai tres días: https://www.amnesty.org/es/latest/news/2017/04/turkey-journalists-around-the-world-demand-release-of-more-than-120-jailed-colleagues/
    Esta é so unha das moitas represións que se están a ver nos últimos meses ao noso arredor, e se alguén pode paralas é a cidadanía cívica no se conxunto, pero dense logo que vós, os xornalistas de verdade, sodes os que tedes que dar o primeiro paso loitando polos vosos dereitos.

    Unha aperta!

    Liked by 1 person

    1. Bo día Daniel,
      Moitas grazas polo comentario e valoracióna do artigo. Sen dúbida, a falta de liberdade de expresión ou a represión ante calquera opinión que vaia en dirección oposta ás liñas dominantes, converteuse en algo habitual no noso país. O problema, coma ven dis, non só afecta ao mundo xornalístico senón a toda a sociedade en liñas xerais. Sen embargo, penso que é ao xornalismo ao que máis hai que coidar pois é a mellor ferramenta de loita non violenta coa que contan as sociedades. No momento en que silencia ao xornalismo, están a silenciar a toda a sociedade. Debemos loitar todos xuntos por un xornalismo útil e de calidade, que faga de altofalante dos problemas diarias da xente común e non de arma propagandística de grandes compañías e empresas. Non esquezamos nunca a importancia do xornalismo https://www.importancia.org/prensa.php .
      Un saúdo!

      Gústame

  6. Boas Carlos!
    A precariedade é unha das eivas que afecta a todas as esferas laborais: os contratos temporais e a falta de respeto dos dereitos laborais converteron o escenario laboral español nun dos peores de Europa; como ben amosa o seguinte informe en España trabállanse máis horas que na maioría de países de Europa, tendo en conta que ten un dos salarios base máis baixos (680e aproximadamente), http://es.workmeter.com/blog/bid/295126/As-est-la-productividad-en-Espa-a-Europa-y-Estados-Unidos.
    Esta precariedade pódese extrapolar perfectamente ao xornalismo, algo que se manifesta nas baixas remuneración que reciben, así como na presión ideolóxica que exercen sobre eles os propios medios: un xornalista non pode escribir honestamente, ten que adaptarse a unha liña editorial, pero ademais diso, son xulgados polas súa propia ideoloxía, algo que se reflexa no seguinte artigo: http://www.publico.es/sociedad/presidente-rtve-purgas-habia.html

    Liked by 1 person

    1. Boas Alejandro!
      Agradezo o teu comentario no meu post e sobretodo o segundo enlace que compartes. Dende logo que houbo purgas en Rtve, pero, por desgraza estas prácticas son mito máis habituais do que poden parecer, mesmo en medios máis cercanos e dun pequeno tamaño, como Correo Galego.
      Falas tamén de cifras, concretamente do salario base en España, e respecto aos datos convídote a acceder a este enlace http://www.eldiario.es/cienciacritica/Representacion-grafica-claridad-manipulacion-fraude_6_355624442.html que explica a manipulación de datos existente nos informativos.

      Gústame

      1. A parte da RTVE gustaríame sinalar que obviamente a manipulación é maior dentros das canles públicas ou subvencionadas en gran parte polo Estado; por exemplo, a RTVE depende en maior medida do goberno que o Correo Gallego.
        Por outra banda gustaríame que lle botases un ollo ao seguinte enlace:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/03/04/porcentaje-mujeres-xunta-supera-primera-vez-70-/0003_201703G4P2991.htm, fai referencia a situación laboral femenina, a cal se incrementou positivamente nun 5% nos últimos anos.

        Liked by 1 person

      2. Bueno, segundo fontes coas que contactamos dende o meu grupo, no Correo Galego tamén ten unha grande importancia a presión de partidos políticos, concretamente a do PP, como amosa o caso de Nicolás Navaza exposto neste artigo. Aínda que as presións non son só políticas, ás veces tamén chegan desde grandes empresas coma o Banco Santander http://www.infolibre.es/noticias/medios/2015/01/28/banco_santander_compra_las_portadas_los_principales_periodicos_espanoles_27458_1027.html . Tras ollar o teu enlace penso, ¿este alto porcentaxe de mulleres obterá o mesmo salario ca os homes? Claro que é unha fantástica novao incremento de postos de traballo ocupados por mulleres pero, ás veces estas noticias son fume para ocultar os problemas de fondo (salarios máis baixos, acoso….)

        Gústame

      3. A ver, a brecha salarial segue vixente a pesar de que o traballo feminino sufrise un incremento: os traballos non remunerados e con máis baixos salarios son ocupados maioritariamente por mulleres, mentras que os homes seguen cobran un salario máis alto de media, tal e como se reflexa neste artigo: http://www.expansion.com/economia/2017/02/20/58aafb61e2704e33078b464d.html.Os homes cobran un 23´25% máis que as mulleres, pero é realmente lícito?

        Gústame

      4. Estou totalmente dacordo contigo Alejandro, claro que non é lícito este tipo de diferenzas en pleno 2017. Pero por sorte, a día de hoxe existen asociacións que buscan a igualdade en tódolos aspectos laborais entre homes e mulleres, coma a ONU http://www.ohchr.org/SP/Issues/Women/WRGS/Pages/WRGSIndex.aspx , aínda que todavía queda moito camiño por percorrer.Todos xuntos debemos seguir o exemplo das grandes mulleres que loitaron polos seus dereitos http://www.europapress.es/sociedad/noticia-mujeres-mas-luchado-igualdad-dia-internacional-mujer-2016-20160307234934.html

        Liked by 1 person

  7. Hola Carlos.
    Yo creo que la situación en la que se encuentra el colectivo no es más que un reflejo de la situación actual.La precariedad es similar a la que se sufre en otras profesiones(contratos de prácticas que en realidad lo que buscan es ahorrarse el salario que se tendría que pagar a un profesional, necesidad de trabajo que obliga a trabajar casi sin sueldo, falta de implicación del gobierno pero también de la sociedad buscando solo el bien personal antes que el común…)
    La falta de implicación y solidaridad que comentas es común en muchos aspectos de la sociedad actual (véase por ejemplo el tema de los refugiados, la violencia de género, los temas de bulling en los colegios…) . Mi opinión personal es que la educación es el pilar fundamental de cualquier cambio y mientras los gobiernos no inviertan esfuerzo y presupuesto en este tema, veo muy difícil este cambio.

    Liked by 1 person

    1. Buenas noches
      Desde luego que sí, por desgracia la precariedad laboral (más aún en las prácticas) se extiende prácticamente a todos los sectores y tipos de trabajo. Pero quizá en el periodismo, al igual que en otras profesiones relacionadas con el sector audiovisual o, generalmente, las carreras de letras, sufren de forma más exagerada estos problemas.
      Coincido contigo acerca de la importancia de la educación. Realmente estos problemas en el mundo laboral derivan de problemas sociales, especialmente relacionados con los valores http://www.abc.es/20110312/latercera/abcp-crisis-valores-individualismo-20110312.html y la única forma de conseguir una mejor sociedad es mediante una mejor educación. Una educación que no consista simplemente en saber mucho de matemáticas o de inglés, sino una educación que premie y potencie los valores que deben sostener toda sociedad: respeto, amor, esfuerzo…

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s