Como se trata a Stop Desahucios nos medios de comunicación?

Aínda que as cifras están baixando, o número de desafiuzamentos no noso país é moi grande e son moitas as plataformas que loitan, tanto a nivel nacional como autonómico, contra isto. Unha das máis coñecidas aquí en Galicia é Stop Desahucios. Conta con varias asembleas por todo o terrritorio galego que se encargan de axudar aos afectados das diferentes áreas da comunidade.

O seu traballo acada varios ámbitos. Entre eles podemos atopar o intento de paralización dos lanzamentos, a axuda na busca de novas alternativas habitacionais, a axuda para lograr entender certos documentos administrativos ou a prestación de axuda psicolóxica aos afectados para poder seguir adiante despois desta situación tan traumática.

A plataforma está formada por activistas e afectados que queren loitar contra a situación que lles tocou vivir e intentar cambiala. Entre todos levan a cabo unha labor pola que non reciben ningunha retribución económica a cambio. Os activistas fano porque, aínda que non lles afecta directamente, están comprometidos coa causa e queren prestar toda a axuda que poidan para intentar frear o problema.

Que pensan sobre o tratamento do tema nos medios?

Actualmente Stop Desahucios sae bastante nos medios de comunicación. O problema é que non se lle dá o tratamento adecuado. Os medios, según Carlos, membro do noso Círculo, “no profundizan, se quedan en el titular. Solo vienen, sacan la foto y listo”. A isto Javi , activista, engade que “en algunas concentraciones había más periodistas que otras personas”.

Quéixanse de que os ven como un obxecto e non como algo necesario para a sociedade. Os xornalistas quédanse curtos ao tratar este tema nos medios e tampouco buscan ampliar o seu coñecemento sobre isto. Non acoden á plataforma para que lles aporten información de primeira man. Só se limitan a cubrir certos acontecementos e “buscan titulares politicamente impactantes” cos que encher os seus xornais.

Os medios deberían parase a investigar e tratar o tema en profundidade, xa que non é algo pasaxeiro, senón que leva estando presente na vida de moita xente durante una longa tempada. Tal e como tratan outros temas máis a fondo, tamén o deberían facer con este. Pode que non o fagan porque non é tan rechamante ou espectacularizante coma outros, pero é igual de importante. Hai demasiados desafiuzamentos como para limitarse a tratalos superficialmente.

Como tratan á plataforma nos medios?

Os medios de comunicación trátanos como uns defensores do pobo, xa que dentro dos movementos sociais este é o que semella máis caritativo. Porén, a plataforma quéixase disto, xa que o que fan non é por caridade, senón por necesidade.

Nas noticias pódese ver como se mostran algunhas das reivindicacións que fai a plataforma para a paralización dos desafiuzamentos. Pero aínda así, non é un tratamento adecuado, xa que moitas desas noticias limítanse a explicar o problema en pouco máis de tres parágrafos ou hai algunha que incluso en menos de 100 palabras dá por rematado o asunto.

Ademais, o que se mostra nos xornais non sempre é tan natural como parece. En moitas ocasións, cando os activistas están concentrados no exterior dunha casa á espera de que se proceda ao desaloxo, os xornalistas pídenlles que canten algunha canción de protesta ou que levanten carteis para así poder gravalos ou sacarlle fotos que poidan poñer logo nas noticias. Pero moitas destas veces, só hai catro persoas alí concentradas e semella bastante artificial e preparado. Aos activistas da plataforma resúltalles algo incómodo ter que finxir as súas accións cando os xornalistas llo piden para que así o caso poida aparecer nos medios cunha imaxe que chame a atención.

Por outra banda, os medios móstranse do lado da plataforma, xa que nas noticias os xornalistas inclúen as críticas que estes fan ao Goberno local e outras institucións autonómicas, facendo que parezan as culpables da situación.  Pero isto tamén pode ser porque, como di Javi, “Stop Desahucios es la niña bonita de los movimientos sociales”.

Polo tanto, é bo para os medios posicionarse no seu bando se queren que a opinión pública os vexa como alguén que se preocupa de verdade pola situación. Os medios fánse eco das súas denuncias a certos colectivos e deste xeito móstranse en contra de prácticas abusivas como as dos bancos ou as dos usureiros e semella que deste xeito tamén loitan pola causa. Porén, a pesar de todo isto Jaime, un dos activistas, afirma que “los medios hacen una interpretación con la que al final nunca acabamos de estar contentos”.

Advertisements

14 comentarios en “Como se trata a Stop Desahucios nos medios de comunicación?

  1. Os desafiuzamentos son un dos maiores problemas sociais dos nosos días. Dende que comezou a crise e ata o de agora, miles de persoas perderon os seus fogares ó non ser capaces de pagar as hipotecas. Según algúns medios de comunicación, entre 2007 e 2014 aproximadamente unhas 600.000 familias foron desaloxadas das súas vivendas. Estes datos tan dramáticos e alarmantes seguen crecendo día a día, a pesar de que o Goberno insiste en que estamos nun período de recuperación económica. Soamente entre xullo e setembro de 2016 se produciron 12.148 lanzamentos e, aínda así, o Consello Xeral do Poder Xudicial considera que estes datos son motivo de esperanza pois, o número de desafiuzamentos se reduciu un 7,5% respecto do mesmo período do ano anterior. Baixo o meu punto de vista, que máis de doce mil persoas perderan os seus fogares en dous meses non é motivo nin de alegría nin de esperanza. Esta situación é moi seria e os gobernos non están facendo o suficiente para poñerlle freo ao desaloxo masivo de persoas sen recursos económicos. As medidas plantexadas polas diversas institucións, a parte de ser ineficientes, son insuficientes. Na miña opinión, se unha persoa non pode pagar a hipoteca, hai que cederlle unha vivenda social ou algún tipo de aloxamento temporal ata que a súa situación mellore. Tamén se deberían conceder subvencións ás familias máis vulnerables para que poidan pagar os alquileres das súas vivendas e sigan conservando os seus fogares uns meses máis; ademais de subvencións, non estaría de máis facilitar bonos a familias que necesiten unha “atención especial” por perder a vivenda habitual por impago. Esta última medida foi posta en marcha polo Executivo galego, e consiste nunha axuda de 150 euros mensuais durante todo un ano, prorrogable durante outros doce meses. Os beneficiarios, ademais, dispoñen dunha axuda de 450 euros para facer fronte a pagos atrasados e outros gastos.
    Todas estas medidas son imprescindibles e necesarias para evitar que a xente se quede na rúa cando máis vulnerable está.
    http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/03/09/alternativas-desahucios/1049015.html
    Centrándonos en Galicia, cómpre sinalar que en 2015 se realizaron na nosa comunidade 2.432 lanzamentos, é dicir, que practicamente sete familias perdían a súa vivenda cada día. Aquí adxunto a noticia completa, sacada da Voz de Galicia.
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/03/05/cifra-desahucios-desciende-galicia-sigue-soportando-siete-dia/0003_201603G5P6992.htm
    Polo que respecta ó tratamento dos medios, estou de acordo co que comentas. Na maior parte dos casos, búscase o máis chamativo e espectacularizante; o que chame a atención do público. Pero non se concede a importancia que ten realmente este tema, nin se afonda na súa problemática. Soamente interesa conseguir o maior número de lectores ou espectadores posible. E iso conséguese xerando controversia. As causas e as consecuencias disto, polo xeral, non interesan. A morbosidade está á orde do día, e os suicidios a raíz dos desafiuzamentos son un recurso demasiado socorrido e bastante inhumano. E iso é algo que os novos xornalistas debemos cambiar.
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2017/02/24/politica-social-ayuntamiento-reduce-numero-desahucios/0003_201702H24C2991.htm

    Gústame

    1. Estou dacordo contigo Lidia, debemos cambiar esta situación.
      Como ti dis, as institucións deberían cederlles unha vivenda social aos afectados. Pero o problema é que non dispoñen das suficientes vivendas para facer isto. Outra posibilidade é que lles ofreceran un aluguer social, pero pode que non resulte tan rentable para eles e por iso non o fagan moito.
      Nos casos nos que os afectados teñen sorte e lles dan unha vivenda social eses inmobles non están preparados para que alí viva unha familia. Algúns mesmo teñen un quentador de auga que máis que para unha casa sería para unha oficina.
      Na Constitución dise que todos temos dereito a unha vivenda digna e isto non se está a cumprir no noso país.
      A miña compañeira Paula Castiñeira escribiu no blogue sobre o que pasa despois dos desafiuzamentos. Pode que che sexa de interese. https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/20/que-ocorre-despois-dun-desafiuzamento-as-alternativas-habitacionais-e-os-problemas-que-acarrexan/

      Gústame

      1. Na miña opinión, hai vivendas suficientes para que se cedan ás persoas que as precisen. Exemplo disto son os edificios vacíos e abandonados que se acumulan nas cidades galegas, creando unha situación de deterioro incomprensible ante situacións como esta. Polo tanto, esa non é excusa para non ofrecer vivendas sociais. O aluguer social que mencionas tamén é unha solución momentánea a unha problemática de tal calibre. Obviamente ao Estado non lle resulta rentable conceder estas axudas, pero é necesario en periodos de crise coma esta, na que centenares de familias se ven condenadas a abandonar os seus fogares por non poder pagar a hipoteca.
        No que respecta ás vivendas que, efectivamente, se ceden a algunhas persoas, estou de acordo contigo en que na maior parte dos casos non están preparadas para albergar a unha familia, e que non contan coas condicións mínimos habitables. Moitas veces non dispoñen de auga quente ou mesmo de electricidade. Tampouco están apropiadamente acondicionadas, o que é unha auténtica vergoña e debería ser algo polo que os políticos se preocupasen de verdade.
        Déixoche aquí un enlace dunha noticia publicada na Voz de Galicia o día de hoxe sobre a condonación dunha débeda a unha familia de Foz que estaba a punto de ser desafiuzada: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/foz/2017/03/30/condonan-deuda-alquiler-mujer-dos-hijas-iba-desahuciada-foz/00031490818193262543291.htm

        Gústame

      2. Se ben é certo que hai moitísimas vivendas baleiras en Galicia, ao banco propietario delas non lle sae rentable alugarlla aos afectados por desafiuzamento ou poñelas a dispoñibilidade deles por un aluguer social. Esta é a verdadeira razón pola que a situación non mellora a pesar do milleiro de vivendas desocupadas que hai.
        Por outra banda, a noticia que me mostras é moi interesante. Chámame a atención o último parágrafo, xa que ven a dicir que grazas a que saíu o caso nas noticias as institucións autonómicas preocuparonse por eles e queren axudarlles. Porém, creo que se non aparecesen nas noticias non dispoñerían desta axuda tan facilmente.
        Ademais, según vexo na noticia, a esta familia permitíronlle saldar a débeda deixando a vivenda que tiñan en aluguer libre. Se a vivenda fose dos afectados e o desafiuzamento fose por impago da hipoteca sí que sería unha dación en pago. Isto é que as dúas partes chegan a un acordo e coa entrega da vivenda acabase a débeda. O que pasa é que non en todos os casos se pode recurrir a ela.
        Déixoche unha páxina web na que explican varios aspectos deste termo
        https://www.helpmycash.com/hipotecas/dacion-en-pago/

        Gústame

      3. Sí, estou completamente de acordo contigo en que aos bancos non lles interesa conceder vivendas sociais, pero é isto precisamente o que habería que cambiar. Baixo o meu punto de vista, hai demasiada especulación e demasiados intereses no que respecta a este tema.
        Por outra parte, gracias por aclararme o concepto de dación en pago, xa que non o tiña moi claro e agora entendo mellor a noticia. Así, estou de acordo contigo en que se os medios non lle desen visibilidade a este caso, probablemente pasaría inadvertido e as institucións non farían nada para remediar a situación de vulnerabilidade desa familia.
        Para rematar, gustaríame adxuntar algún enlace máis, por se che puidese resultar de interese:
        http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2017/01/30/drama-desahucios-desaparece/0003_201701G30P2992.htm
        http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/bola-nieve-desahucios-toda-galicia/idEdicion-2017-01-20/idNoticia-1037296/
        http://www.farodevigo.es/galicia/2017/03/03/desahucios-impago-alquiler-galicia-siguen/1634057.html

        Gústame

      4. Tes razón en que é moi necesario cambiar esta práctica, xa que os afectados seguen a necesitar un lugar onde vivir , haxa poucas ou moitas vivendas baleiras.
        Con respecto ás noticias que me amosas, estas son moi necesarias. Digo isto porque aínda que as institucións se empeñen en dicir que a cifra de desafiuzamentos está baixando e isto non é verdade.
        Como mostra o meu compañeiro Luis Boya no seu último post (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/04/04/seis-desahucios-diarios-en-galicia/ ), en Galicia hai 6 desafiuzamentos diarios. Polo tanto, a situación non está mellorando. Como moito mantense estable. E a isto é necesario poñerlle remedio.

        Liked by 1 person

  2. Entonces hay manipulación de medios, “pantallas de humo”, comentas que los medios de comunicación no dan a conocer éstos casos sobre hipotecas y familias sin hogar a causa de la crisis, pues no estaba enterada, sé muy poco del país, la primera impresión que tuve fue que las calles son muy limpias, y que las cosas están muy caras, tocando el tema de precios, pues ahora todo tiene sentido es por la crisis, es penoso, que el Estado no se movilice en cuánto a ésos casos, y es más penoso aún que los medios de comunicación, que se supone es la voz del pueblo no haga reproche de ello, tal vez la gente debería hace una manifestación masiva, tal vez así el Estado se ve obligado a tomar medidas, tal vez simplemente las personas deberían salir de su país y buscar oportunidades en el extranjero, tal vez éso pretende el Estado “fuga de cerebros”.

    Gústame

    1. É certo que hai certas “pantallas de fume” e os medios non tratan o tema coa amplitude que o deberían facer. Porén, sí que saen á luz casos a través dos medios, o que pasa é que só saen uns poucos, os máis chamativos. Acaban escollendo os casos que máis factores de noticiabilidade cumpren. Queren asegurarse de que a noticia chama a atención. Pero o que deberían facer é realizar un tratamento a fondo do caso.
      Por outra banda, o de “fuga de cerebros” pode que se adapte en certo modo ao tema dos desafiuzamentos, xa que algúns deles é certo que tiveron que ir a outros países a buscar traballo. O que pasa é que moitos afectados non se poden permitir ir a probar sorte ao estranxeiro a ver se atopan traballo. Algúns fano antes de que o proceso do desafiuzamento comece e así intentar pagar a débeda antes de chegar ao desaloxo.
      Un exemplo é a filla desta muller, que tivo que emigrar a Inglaterra para intentar pagar a hipotéca e aínda así non foi capaz. http://www.diariosur.es/interior/201702/07/ordenan-desahucio-mujer-anos-20170206233606.html

      Gústame

  3. Muchas gracias a ti y a tu grupo por tratar este tema, Nerea. Es absolutamente vital, además de complejo, pero creo que habéis sabido tratarlo y sobre todo, habéis sabido rescatarlo. Porque aunque ya no salgan tantas imágenes en la televisión, hay personas que hoy en día siguen perdiendo sus hogares, y con ellos sus vidas. Y ese es un aspecto que me gustaría resaltar: cuando uno es desahuciado pierde mucho más que un techo y unas paredes. Pierde muchas oportunidades y se encamina, en muchos casos, a la exclusión social. Te dejo al respecto este enlace a un artículo de la revista Equidad donde se trata este tema : http://www.ehquidad.org/Ficheros/Revista_Ehquidad/ehquidad_3/4_articulo_ehquidad_77_106.pdf

    Por otra parte, me gustaría tratar la relación de la plataforma con la que habéis trabajado, Stop Desahucios, con otros movimientos sociales. ¿Está este movimiento especialmente vinculado a algún otro? Respecto a los medios de comunicación, ¿Stop Desahucios se siente peor (o mejor) tratado que otros movimientos?

    Gústame

    1. Agradézcoche o teu comentario, Ángela.
      Dende o noso grupo quixemos dar a coñecer o tema e concienciar á poboación, pero sempre tratandoo o mellor posible.
      Con respecto ás preguntas que me fas, Stop Desahucios non está vinculado especialemente con ningunha outra plataforma. Dentro da agrupación contan con avogados e outros colaboradores que á vez son activistas e lles axudan nos casos que necesitan.
      Porén, tamén existe outra plataforma que se move bastante para evitar os desafiuzamentos. Chámase Plataforma de Afectados por la Hipotéca (PAH)(http://afectadosporlahipoteca.com/ ).
      Por outra banda, respondendo á túa pregunta, o tratamento de Stop Desahucios nos medios non é o que eles quererían. Como nos dixeron na primeira reunión, nunca chegan a estar contentos coas noticias que saen sobre eles. Moitos medios venos como unha plataforma de caridade e iso non é así. Eles son unha plataforma de axuda aos afectados, pero en ningún caso apelan á caridade.
      Ademais, din que para os medios eles son a nena bonita dos movementos sociais e que lles axuda aos xornais a dar unha mellor imaxe súa.

      Gústame

      1. En mi opinión uno de los objetivos principales de todo movimiento social debería ser la mejora de la comunicación, tanto dentro como fuera del movimiento. Es evidente que los medios de comunicación generalistas se alejan cada vez más de su compromiso social, pero no podemos permitir que este hecho afecte tanto a los movimientos sociales.

        Es cierto que la visión que se me promueva de ellos a través de dichos medios será bastante determinante en la sociedad, sin embargo creo que los propios movimientos, como por ejemplo Stop Desahucios, deberían contar con alternativas y estrategias para contrarrestar la cobertura superficial y sesgada que se hace, por lo general, en el resto de medios. Te adjunto un estudio de la Universidad de Málaga sobre este tema: http://revistas.ucm.es/index.php/ESMP/article/view/42508/40417 y una reflexión de la organización Pangea: http://jei.pangea.org/soc/c/estrat-mmss-cambio.htm

        Por otra parte, he estado revisando las páginas y blogs de algunas plataformas contra los desahucios para comprobar como tratan ellos el problema e intentar comprender así como debemos hacerlo los profesionales de la comunicación. En concreto, me llamó la atención esta encuesta de 2011 (https://www.encuestafacil.com/RespWeb/Cuestionarios.aspx?EID=1170645&MSJ=NO#Inicio), ya que creo que podría ser una herramienta accesible e interesante para los/as ciudadanos/as. Quizá nos sirva para comprobar si tras estos supuestos años de recuperación, ha cambiado mucho la visión general de la sociedad sobre los desahucios.

        Gústame

      2. Estou dacordo contigo. Todo o que digan os medios vai servirlle á poboación para facerse unha idea de como son estes movementos sociais dando lugar á formación dunha visión da situación que pode que non sexa a máis acertada.
        Chámame a atención o documento do estudio da Universidade de Málaga sobre o tratamento dos movementos sociais por parte dos medios. Fan unha moi boa análise de como falan sobre este tema.
        Tamén me parece moi interesante o enlace da enquisa que me pasas. As preguntas dan pé a que a xente poña o que pensa sobre o que ocorre cos desafiuzamentos e as súas causas. Deste modo tamén se podería coñecer os prexuízos que ten a poboación sobre este tema, que non son poucos.
        A partir de este tipo de enquisas as plataformas poden comezar campañas para cambiar a visión da xente e contarlles como é a verdadeira situación.
        Creo que isto tamén ocorre noutros temas tratados no blogue, como o que trata o teu grupo, e outras plataformas deberían tamén facer campañas de concienciación.
        Adxúntoche un enlace á páxina da Coordinanora Estatal de Comercio Xusto sobre Tara, unha empresa de comercio xusto da Indi. nela respondense as preguntas máis frecuentes sobre ela.
        (http://comerciojusto.org/%E2%80%9Ces-importante-concienciar-al-consumidor-europeo-sobre-lo-que-hay-detras-de-los-productos-que-compra%E2%80%9D/ )

        Gústame

      3. Muchas gracias por tu enlace Nerea! Desde luego que nos interesa para nuestro tema. Sin duda, es un acierto incluir un apartado con las preguntas más comunes y sus respuestas. Aunque parezca obvio seguro que a más de una persona le serviría para, por ejemplo en el caso de los desahucios, saber cuáles son los primeros pasos que debe seguir, a quién debe acudir o qué derechos le corresponden.

        Por otra parte, y a raíz de la cuestión de la concienciación ciudadana te recomiendo el ensayo de investigación ‘Desahuciadas. Pobreza y lucro en la ciudad del siglo XXI’ (http://www.elconfidencial.com/cultura/2017-04-25/desahuciadas-el-reportaje-de-pulitzer-que-merece-serie-en-netflix_1372037/) Este reportaje, que acaba de ganar el premio más prestigiosos del periodismo estadounidense, no tiene reparo en hablar sin tapujos sobre el negocio que suponen muchas veces los desahucios y los “caseros gangsters”; además de mencionar a Trump y otros rostros conocidos del país.

        Gústame

      4. Bos días Ángela. O reportaxe que me adxuntas é moi interesante e sería moi bo que se correse a voz sobre el e que a xente o lera, porque fala directamente e sen tapuxos da situación dos desafiuzamentos. O autor non ten medo ás posibles represións que lle poida ocasionar contar todo isto, xa que tamén arremete contra o presidente dos Estados Unidos. Ademais, fai que a xente que le o libro reflexione sobre o tema e non se quede indiferente.
        Polo tanto, creo que é unha peza importante para lograr concienciar á poboación. Debería haber máis iniciativas coma esta para lograr maiores cambios.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s