Evitan as empresas a contratación de persoas con diversidade funcional?

O pasado martes, día 21 de marzo, tivemos a segunda reunión co círculo, ao cal se incorporaba un novo membro, Víctor García. A reunión tivo lugar na cafetería Capricho, situada en Área Central. Nela abordamos diferentes temas cos documentos e noticias que nos levaban remitidos os integrantes durante a semana: a contratación de persoas con discapacidade, os impedimentos que poñen as empresas na contratación ou as vantaxes fiscais dos/as discapacitados/as. Nesta entrada ímonos centrar nos impedimentos á hora da contratación.

Atrancos para incorporarse ao mercado laboral

A maioría das persoas con diversidade funcional atopan moitas dificultades para incorporarse ao mundo laboral debido ao escaso número de prazas que ofertan, ao seu baixo nivel académico -nalgúns casos por falta de axudas- ou como apunta cun ton crítico Ricardo, membro do noso círculo, “porque non temos experiencia: as empresas non nos contratan”. É a pescadilla que se morde a cola.

Esta afirmación que fai Ricardo é moi axeitada, porque moi poucos chegan a ter esa experiencia que demandan as empresas, debido a que son poucos os que reciben axudas por parte do Estado para poder completar a súa formación. Porén, Antonio Costoya, outro membro do círculo, sinala outra causa pola que as empresas non contratan a persoas con diversidade funcional: a “discriminación”. Considera que “toda imperfección se trata de esconder” debido a que a sociedade actual idolatra ao/á “guapo/a” ou ao/á “perfecto/a” e que hai que dar unha determinada “imaxe ao público”.

Antonio non vai moi desencamiñado. O avogado do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, Víctor García,  afirma que “as empresas só ofrecen ás persoas con discapacidade os postos baixos de traballo” e que é moi difícil ver a alguén nun posto importante dunha empresa. Ademais, engade que a falta de confianza que hai cara a unha persoa con discapacidade por parte das empresas vén dada pola presuposición de que “non vas ser capaz de facer a actividade que tes que facer”. Mari Carmen engade que as empresas tampouco contratan porque “só pensan nos beneficios e que ti non vas producir eses beneficios”, sen avaliar o esforzo e a preparación para desenvolver esa tarefa.

photo_2017-03-23_22-47-13
Mari Carmen e Víctor García dialogando

Para demostrar o escaso número de prazas que hai para a cidadanía con capacidades múltiples, Víctor conta un caso particular. “O meu amigo presentouse a unhas oposicións da Universidade onde había 53 prazas, 50 ordinarias e tres para persoas con diversidade funcional“. Para esas tres reservadas, “presentáronse 40 persoas e para as ordinarias unhas 200, polo que case había máis ratio para as reservadas á xente con mobilidade reducida que para as ordinarias”. Isto é un claro exemplo de como hai unha maior demanda para traballar que oferta de prazas para as persoas con discapacidade.

photo_2017-03-23_22-47-10
Todo o GT, escoitando a historia de Víctor

Camiños, con luces e sombras, que levan á esperanza

Afortunadamente, nos últimos tempos están aparecendo novas institucións que intentan promover a inserción laboral, e para iso, os medios de comunicación están dando difusión de todos estes proxectos que se intentan implementar. A continuación veranse  tres exemplos: un par de proxectos que van por bo camiño e o terceiro que amosa o que acontece en moitas ocasións.

Un destes bo exemplos, recólleo o xornal El correo Galego na seguinte noticia sobre unha das primeiras tendas levadas por xente con capacidade múltiples. Esta nova amosa unha luz a esta escuridade na que se atopa a cidadanía con diversidade funcional. Esta noticia debería ser un espello no que deberían mirarse todas as empresas.

A Voz de Galicia facíase eco doutra gran nova para o colectivo como é o afianzamento do plan de integración para discapacitados/as da UDC. Esta noticia é outra mostra de que a sociedade cada vez se vai concienciando máis co tema da diversidade funcional e van deixando atrás eses prexuízos que tan mal causaban.

Pola contra, aínda hai empresas e persoal que parecen non querer alcanzar a igualdade. Unha proba é esta noticia que recolle a Cadena Ser onde unha muller con discapacidade é despedida tras sufrir acoso. Con este tipo de situación, as empresas demostran que só lles importan os negocios e que non senten empatía por ningún traballador, dando igual se teñen ou non teñen diversidade funcional.

Advertisements

10 comentarios en “Evitan as empresas a contratación de persoas con diversidade funcional?

  1. Empleo, se dice que si hay, que hay, mucho pero que el sueldo no es lo justo por las horas trabajadas, conocí un par de jóvenes adultos gallegos, quiénes trabajan vendiendo pulseras y collares, y viven en un vehículo cerca, ¿porqué no consiguen un empleo ordinario? – pregunté – lo que me respondieron es lo que escribí lineas atrás, y es que me contaron que a veces es mejor tomar ése camino que ser explotado y/o maltratado por alguien más.
    Para mi que soy estudiante de intercambio, que vine a un país totalmente desconocido, es un golpe de cara el que recibo al tampoco poder hallar trabajo, y es que me dirán, ¿si no tenías para que viniste?, bueno el dinero ahora no me lo pueden destinar porque para mi mala suerte en Perú, si alguien sabe de su existencia, está en crisis por los “huaycos”, y es que en muchos lugares los ríos se han desbordado y es triste ser consciente de que la crisis llegó por la falta de consciencia de la gente que decidió vivir a los alrededores, en medio del recorrido de los ríos, tarde o temprano los ríos recuperarían su lugar, y pasó tarde, pero pasó, éstos desastres para colmo de mal son como micrófonos para “los religiosos”, quiénes dicen que es un castigo de Dios por promover “la ideología de género”, aquello que ya está adaptado a la nueva currícula de todos los colegios en Perú, en fin, me desvié, como comentaba gracias a ésta situación que atraviesa mi país, pues lo más lógico es que haya una inflación, ¡Todo!, absolutamente todo está caro, el negocio que maneja mi familia incluso va de pique, ya que la gente prioriza entre papas o camotes y pintura para su casa (la cual ya se llevó el huayco), pues obviamente las papas y camotes, por ésta desgracia ahora debo valerme en éste país por los meses que me quedan, porque de echo el dinero no cae del cielo. Mi impresión al buscar trabajo, fue: o es jornada completa o no hay un puesto para ti, así que ahora sigo vendiendo mis llaveritos, a ver si alguien se anima a llevar cualquiera a 5€.
    Pues si, la situación en cuanto a empleo está complicada como la veo, si para mis compañeros gallegos y para mi qué contamos con perfecta salud la situación es difícil, no me imagino lo mal que debe pasarla alguien “discapacitado”, término que no me parece bien usado, pues éstas personas tienen capacidades, diferentes a la de los demás, tal vez, pero capacidades al fin y al cabo, algunos desarrollan mejor la vista, otros los oídos, etc.

    Gústame

    1. La primera parte de tu comentario quizás se corresponda con otro grupo de trabajo del blog, pues hablas sobre temas medioambientales, pero el último párrafo si que trata el tema de mi publicación. Respecto a esto último te contesto lo siguiente:
      Es cierto que el trabajo está muy difícil para todos, pero en especial para las personas con diversidad funcional, pues ellos hay determinadas tareas que no pueden realizar y sufren una discriminación por los consideran diferentes, cuando en realidad no lo son, pues pueden realizar una tarea igual o mejor que una persona que no tenga discapacidad.

      Gústame

  2. Ola Iago,
    é moi interesante esa parte na que explicas que un dos integrantes do voso círculo sinalou que, á hora de elixir quen formará parte dunha empresa, “toda imperfección se trata de esconder”. Resúltame indignante que se estean a negar oportunidades laborais de xeito deliberado a persoas perfectamente aptas, só por dar unha “mellor imaxe”. En todo caso, creo eu, a boa imaxe a dará unha empresa que inclúa traballadores con diversidade funcional. Sería unha empresa que xa de primeiras transmite unha idea de aceptación e integración no entorno laboral. E isto recordoume aos tantísimos casos de empresas rexeitando a xente por ter o pelo largo, tatuaxes ou piercings. Non é o mesmo, claramente, pero en última instancia a raíz é a mesma: os vellos tabúes que seguen prexudicando a tanta xente a día de hoxe e que deben desaparecer.

    Liked by 1 person

    1. Completamente de acordo Pablo. Ás empresas son as que teñen que buscar esa “mellor imaxe” para conseguir os seus obxectivos xa sexan económicos ou non, e non hai unha mellor forma que a de contratar a xente con diversidade funcional, pois así, demostran que están concienciados co tema e que deixaron atrás eses prexuízos que tan mal fixeron e aínda fan.
      Por sorte, hai indicios que amosan que xa se comeza a haber unha maior concienciación por parte das empresas como nos mostra a seguinte noticia: http://www.efeempresas.com/noticia/aumentan-un-37-los-contratos-para-personas-con-discapacidad/. A nova fala do aumento que se produciu na creación de contratos para as persoas con diversidade funcional no ano 2016. Gustaríame coñecer a túa opinión respecto a este feito.

      Gústame

  3. Unha cousa é que existen traballos nos que non todo o mundo estaría capacitado para desenvolver cen por cen o requerido; outra ben diferente é que unha persoa aplique para un traballo e conte con tódalas capacidades para a súa realización e que non se lle teña en conta como posible candidato.

    O agravante desta problemática residen nos prexuízos. É por iso polo que creo que cada empresa debería contar con algún programa de inclusión de persoas con diversidade funcional. Un exemplo é a colaboración da Fundación ONCE e Nestlé https://www.portalento.es/Comunicacion/Noticias/Detalle/fundacion-once-y-nestle-colaboran-por-la-inclusion-laboral/194

    Liked by 1 person

    1. Completamente de acordo Sara. A colaboración que sinalas debería servir como exemplo para o resto de empresas, pois se todas as empresas contasen con algún plan de inclusión laboral como o que ten a Fundación ONCE e Nestlé a altísima taxa de paro que teñen as persoas con diversidade funcional reduciríase bastante.
      Esta noticia de 20minutos (http://www.20minutos.es/noticia/3021617/0/contratos-personas-discapacidad-aumento-20-por-ciento-2017/) vai na liña do que eu menciono, de como o goberno comeza a tomar cartas no asunto e intenta promover a contratación de persoas con diversidade funcional e así reducir a súa taxa de paro.
      Aínda que lamentablemente, hai empresas e persoas que que unha persoa teña discapacidade como se menciona na seguinte noticia: http://kaosenlared.net/adicae-condenada-por-el-despido-improcedente-de-un-trabajador-con-un-45-de-discapacidad/. Gustaríame coñecer a túa opinión ao respecto.

      Liked by 1 person

      1. A verdade é que hai xa varios casos de despido a traballadores con alguna discapacidade. Non entendo o por que dalgunhas medidas que toman os xefes do referente.
        O que si que sei é que cando se despide a unha persona con discapacidade, a indemnización é inevitable. https://www.gerencie.com/indemnizacion-que-se-debe-pagar-a-un-trabajador-discapacitado-que-se-despide-con-la-autorizacion-del-inspector-de-trabajo.html

        Aínda que o goberno esté tomando medidas para promover a contratación de persoas con diversidade funcional, estas medidas non están sendo suficientes, polo que debería ser un tema de moita máis atención e moita máis información.

        Liked by 1 person

      2. É certo que cada vez que despiden a unha persoa con diversidade funcional ten que haber indemnización, pois está recollido en lei e tamén porque se pode considerar ou se condidera unha forma de discriminación a unha persoa por ter capacidades múltiples.
        Completamente de acordo no que dis de que hai que ter máis información e prestar máis atención a este tipo de novas porque estas son as que poden axudar a concienciar á xente neste asunto. Por iso, moitas asociacións ou fundacións adícanse a formar e mesmo contratar a persoas con discapacidade para tentar visibilizar e fomentar a inclusión laboral deste colectivo. Unha fundación que soe promover este tipo de cousas é a Fundación Juan XXIII Roncalli (http://www.fundacionjuanxxiii.org/) que xunto a empresas, neste caso, Iveco, axudan a este colectivo tal e como recolle a seguinte nova: http://ecodiario.eleconomista.es/sociedad/noticias/8321237/04/17/Iveco-apuesta-por-la-inclusion-laboral-contratando-a-trabajadores-con-discapacidad-intelectual-de-fundacion-juan-xxiii-roncalli.html#

        Liked by 1 person

      3. Dunha plantilla de 259 traballadores, máis do 80% son persoas con algún tipo de discapacidade. Coido que é un moi bo exemplo para o que tentamos expor.

        Agardo que este problema consiga unha solución favorable para todo un colectivo que, inxustamente, se ve sometido a unha sociedade que non o valora como debería.

        Liked by 1 person

      4. Agárdalo ti e agardámolo todos. Todos temos que intentar colaborar e axudar no que poidamos para darlle voz a este colectivo que durante moito tempo estivo discriminado e que parece que agora comeza a ser un colectivo que preocupa a cada vez máis persoas.
        As grandes empresas deberían copiar este tipo de iniciativas para lograr unha maior concienciación sobre as dificultades que teñen as persoas con diversidade funcional á hora de incorporarse ao mercado laboral e así axudar á súa inclusión laboral dunha maneira máis sinxela.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s