O dereito de acceder aos medios

O acceso aos medios de comunicación é un dereito. Disto saben moito en FilispiM, emisora de radio do Colectivo OPAII, unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as loitas sociais e culturais de quen non pode facelo.

A súa política de “absolutas portas abertas” é a que move a este espazo comunicativo da comunidade. Os proxectos das asociacións pasan unha audiencia coa Asemblea e a maioría son postos en marcha tras pasar uns breves cursos de formación.  A propósito disto, FilispiM organízase de forma asemblearia, con todo o que isto implica, tentando crear unha actitude e posicionamento como colectivo e fuxindo da posibilidade de personalísmos ou egocentrismos.

As condicións legais e económicas nas que vive FilispiM, coma o resto de emisoras comunitarias, sitúanse nunha especie de limbo. A autofinanciación , sinal de identidade destes medios, permítelles por unha banda unha completa liberdade de contidos e por outra, failles sufrir as inconveniencias de contar cun ornamento reducido.

En definitiva, o obxectivo destes medios é fortalecer a comunidade, tomar conciencia dos seus problemas e buscar solucións, sempre de forma colectiva e dende a perspectiva democrática.

Advertisements

12 comentarios en “O dereito de acceder aos medios

  1. Aprezo o labor que normalmente desenvolven estes colectivos, pero non coincido con Vicente no sentido de que non poden esperar a que os grupos políticos arranxen os problemas de precariedade que poidan carrexar (neste caso, o tema do local). Un medio como este, que goza de total independencia, non será salvagardado así polas boas por entes políticos que consideren máis proclives ó seu proxecto comunitario (outra vez neste caso, os grupos municipais de esquerda). Gozamos dun estado de protección que baixo a súa lei ampara o normal funcionamento destes colectivos, mais os grupos políticos tan só poden respaldalos dun xeito simbólico, sen digamos “mollarse”. Tamén é certo que ás veces, estes medios comunitarios poidan ser ferramentas para intereses alleos á comunidade (non creo que sexa o caso) ou simplemente muletas nas que os grupos políticos se apoian con frecuencia pero que en realidade non lles importan. No referido ó que acabo de dicir, pódese atopar máis neste artigo:

    http://www.scielo.org.bo/scielo.php?pid=S1815-02762005000100002&script=sci_arttext&tlng=es

    Gústame

  2. Dende Radio Filispim queremos agradecerlle aos rapaces e rapazas que visitaron o estudio o seu compromiso e a súa labor para dar visibilidade a este tipo de colectivos tan necesarios e importantes.
    Parabén polo gran traballo. Foi un pracer poder aprender tanto de vós.

    Gústame

    1. Boas Victor,
      É complicado que por exemplo un político de primeiro nivel local visite unha radio comunitaria. Un espazo libre, sen límites nin censura nos contidos, é un lugar que a algunhas persoas resúltalles perigoso. Xa nos entendemos.
      Tampouco isto é un drama, como medios comunitarios, o obxectivo é máis ser un espazo de comunicación/difusión/debate na propia comunidade. Non esixe tanto de contido ou convidados que si estarían nun mass media.

      Gústame

  3. Ben pertinente este novo prisma que incorporas Paula! Gustaríame centrarme nun dos temas que mencionas: o financiamento. Os medios comunitarios, que non teñen ánimo de lucro, precisan pór especial atención en como se conseguen os recursos, non só para artellar unha plataforma de emisión, senón para enriquecer as dinámicas de comunidade que contribúen a crear e levar a cabo inciativas de diversa índole.

    Todos os actores teñen claro que non deben recorrer ao financiamento a través da publicide, polas hipotecas que xera e porque contradí de base a filosofía contrahexemónica dos medios comunitarios. Con todo, ás veces obervamos algunhas vías alternativas que tamén poden levar a adquirir perigosas mochilas de lealdades:

    a) O financiamento institucional. Moitas institucións, sobre todo as locais, ofrecen recursos para pór en marcha proxectos de medios comunitarios. Convenlle isto a estes medios? Medios da sociedade organizada financiados polo poder político? Contradición ou directamente paradoxo?

    b) As asociacións con plataformas de difusión e emisión, aparentemente inocentes, pero sempre con obxectivos e motivacións, que poden introducir dinámicas de acción que, por múltiples motivos, muden os xeitos de facer dos medios comunitarios. Como evitalo?

    Con respecto ao financiamento, tres enlaces:

    http://www.comminit.com/node/150495
    http://www.forociudadano.cl/programas-de-radio/%C2%BFcomo-se-financias-las-radios-comunitarias/
    http://sisbib.unmsm.edu.pe/bibvirtual/tesis/human/sabrera_o_s/cap1.htm

    Agardo a túa resposta!

    Gústame

  4. Por partes Pablo. Sobre financiamiento, os medios comunitarios como CuacFM ou Filispim teñen nulo financiamento por parte do “poder político” como ti chámalo, que non deixa de ser o Estado. Fináncianse a través de ridículas cotas que pagan os usuarios da radio, ou a través de iniciativas culturais ou festivas que lles permiten obter fondos. A explicación dábannola en Filispim desta maneira “o obxectivo é ser libres ata o tuétano”. Os medios comunitarios non pertencen aos grupos de radiodifusión gobernamentais nin comerciais, senón que son autosugestionados pola sociedade civil. Por iso é polo que moitas veces constitúense como asociacións. Agora, a miña opinión? considero que o labor social que fan veríase beneficiada con financiamento público, axudaríalles a potenciar as súas capacidades e funcións. Neste sentido creo que o primeiro é lexislar, España está a anos luz da lexislación de países como Gran Bretaña ou Francia.
    Sobre os obxectivos e motivacións “ocultas” que poidan ter os medios comunitarios, haberá de todo. Pero se algo os identifica é a transparencia que permite ao usuario ver sempre por onde van os tiros, de oculto hai pouco.

    Liked by 1 person

    1. Grazas pola resposta Paula! Semella que pouco teñen que facer os poderes políticos e económicos para influír nos medios comunitarios e manipular a súa filosofía e os seus obxectivos. A independencia á que aludes paréceme un piar fundamental para seren medios libres que poidan formar comunidade e acoller a todas e a todos os que o desexen. A transparencia é, sen dúbida, un piar fundamental para garantir que iso sexa así.

      Agora ben, pregúntoche: se por mor da filosofía das radios comunitarias, o financiamento é sempre escaso, como poden estas aspirar ampliar os seus proxectos e traspasar barreiras? Sería algo fundamental se queren cumprir ese obxectivo de formar comunidade, penso.

      Por outra banda, unha dúbida, cal é o procedemento para busar un oco nunha radio comunitaria? E os requisitos? Non hai temas vedados? Séguese un criterio uniforme? (http://www.amarc.org/?q=es/node/131, http://www.ondacolor.org/descargas/Legislacion/ppiolegamarcalc.pdf)

      Grazas compañeira, agardo a túa resposta!

      Gústame

      1. Non é exactamente así Pablo. A filosofía dos medios comunitarios non esixe un financiamento escaso. O ideal sería que a comunidade se involucrase o suficiente como para financiar estes proxectos, pois as cotas de usuarios son parte importante do financiamento. Desgraciadamente o concepto de medios comunitarios en España non existen para moita xente, descoñécese ata a súa existencia moitas veces, a pesar de que asociacións como CUAC leven máis de 10 anos de funcionamento. Non pasa os mesmo en países como Gran Bretaña, onde o Estado financia unha especie de rede estatal de medios comunitarios, precisamente porque esta función é coñecida por todos.
        Na miña opinión, é unha carreira de fondo, queda moito para chegar a traspasar esas barreiras que comentas. Crees que estes medios poden ter tocado teito?
        Con respecto aos procedemento para acceder a estes medios, tan simple como falar con eles e presentar a iniciativa. Posteriormente reúnese unha asemblea para dar luz verde ao proxecto. Os interesados pasan un breve curso para facerse co medio e pouco máis.
        Temas vedados? Non existen, diso trátase…

        Liked by 1 person

    2. Sen dúbida que mediante as aportacións deses cidadáns mecenas se poderían chegar a altas cotas de financiamento que permitisen facer das radios comunitarias unha referencia nos seus territorios. O problema, como mencionas, atópase en que moitas veces a cidadanía non está ao tanto destas inciativas. Cales serían as ferramentas ou as estratexias que deberían implementar, segundo o teu punto de vista, as radios comunitarias, para darse a coñecer e aumentar as súas posibilidades de financiamento? Cres que sería posible que as institucións estivesen dispostas a dar apoio ( modo de recursos e plataformas de visibilidade) e ao mesmo tempo manterse á marxe dos contidos destes medios? Ata que punto este apoio institucional non traizoaría a filosofía das radios comunitarias? (https://www.aporrea.org/actualidad/n230296.html)

      Non creo que debamos pensar en se poden tocar teito, senón en como deben despegar do chan!

      Agardo a túa resposta compañeira!

      Liked by 1 person

      1. Sobre o que comentas, a primeira consideración a facer é evitar caer no pensamento de que os medios comunitarios necesiten parecerse aos medios de masas en canto a audiencia. Son comunitarias precisamente por iso, porque adoitan reducirse á comunidade. O seu obxectivo non é dar contido para todo o mundo. Ao que me refería, é a que o concepto de medio comunitario deixe de ser un estraño para o groso da poboación.
        En canto ao apoio de institucións. Se falamos de institucións públicas, as únicas a través da cales debería vir o financiamento, os medios comunitarios cumpren un labor social igual que o fan por exemplo as escolas e o tema do financiamento aí non é un problema. É unha necesidade que a cidadanía conte con espazo de comunicación e difusión propio. Debería ser un imprescindible.
        Todo isto, a condición de que os principios dos medios comunitarios respéctense: sen animo de lucro, organización asemblearia e liberdade de acceso.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s