A situación da muller na Administración Pública

A pesar de que avanzamos grandes pasos na igualdade entre xéneros, esta aínda non é algo tanxible. As mulleres continúan sufrindo prexuízos e actos de discriminación. Nesta publicación analizaremos a situación das mulleres de hoxe en día na Administración Pública.

A desigualdade tamén está presente nos organismos públicos. Estudos e datos infórmannos sobre como ata na Administración Pública os homes seguen ocupando os postos de maior responsabilidade, e como aínda existen profesións tradicionalmente femininas. Un estudo levado a cabo polo INE (Instituto Nacional de Estadística) mostra, nunha análise feita en distintos ámbitos da Administración, a realidade das mulleres neste tipo de organismos.

Analizándoo, obsérvase que o menor número de mulleres encóntrase na Administración Pública Estatal, na cal están representadas por un 31%, máis ou menos, unha muller cada 3 homes. A súa vez, os postos que máis se ocupan na Administración Estatal, son: de directora xeral, seguido do posto de conselleiras. A maior igualdade entre ambos xéneros atópase nos postos de Vicepresidencia (50%), xefe de gabinete (46%) e a de Secretaria técnica (45%).

Esta porcentaxe débese ó reducido número de mulleres na Administración Estatal da Garda Civil, Policía Nacional e Forzas Armadas. Pola contra, no Sistema de Saúde, na Ensinanza Pública e nos Organismos Constitucionais a maioría son elas, cun 69%, 60% e un 61% respectivamente.

”Non quería que eu,

unha muller, lle

 puxera as esposas…”

Unha axente que forma parte dos corpos de seguridade do Estado en Ourense estivo encantada de contestar a algunhas preguntas sobre a súa propia experiencia laboral e a situación das mulleres nun dos ámbitos da administración que destacan por ter unha presencia reducida:

-Cal é a porcentaxe de compañeiras que traballan contigo na comisaría de Ourense?

Pois sobre un 10%. De 120 que somos en total, mulleres só hai 12 e contando a nosa xefa. Que si, é xefa. Muller.

-Cres que alguén che deu ou dá, a día de hoxe, un trato diferente por ser muller?

Si que é verdade que cando comecei no corpo, fai xa algúns anos, apenas había mulleres e os homes como que tentaban protexerme. Eran outros tempos e outras formas de pensar. Ás veces tiñan comentarios como «a nena que vaia detrás» cando tiñamos que facer algunha intervención de certo perigo… Non considero que tiveran ningún xesto despreciativo nin que fosen machistas. En cambio son consciente de que se dirixían a min cunha actitude paternalista; como se se sentiran responsables de min en certas ocasións. Víanme máis débil. Hoxe en día coas novas xeracións que van entrando xa é totalmente distinto o pensamento, as mulleres son exactamente iguais que os homes, ela válese soa e ninguén o pon en dúbida.

-Algunha vez te sentiches discriminada? Pensas que tes trabas á hora de levar a cabo o teu traballo?

Polos compañeiros, discriminada non, máis ben o que che comentaba antes; os homes crían que tiñan que coidar de min (aínda que agora iso xa non ocorre). Outra cousa é a sociedade. A miúdo escoito comentarios machistas, non só das persoas detidas, senón dos mesmos transeúntes. Recordo un día no que tiñamos que levar á comisaría a un home en estado ebrio; non quería que eu, unha muller, lle puxera as esposas. Sentía que lle danaba o orgullo ou algo… Incomprensible.

-Notas unha maior presenza da figura feminina dende que entraches a formar parte do corpo?

Sen dúbida, cada vez somos máis. Eu teño unhas compañeiras que aprobaron as oposicións hai 37 anos. Eran das primeiras de España. Hoxe en día ver a unha muller de traxe é moi normal.

-As probas físicas nas oposicións son diferentes para homes e mulleres. Paréceche correcto? Cal é a túa opinión ó respecto?

Si que son diferentes, pero tampouco é tan grande a brecha, por exemplo: os homes teñen que facer 10 dominadas e as mulleres 6. Creo que a muller tería que esforzarse máis ca un home para conseguir o mesmo resultado posto que as nosas condicións biolóxicas son diferentes, así que si que me parece xusto. O que non o é, é que se crea que porque nós teñamos que facer menos dominadas, haxa xente dicindo que o temos máis fácil e que somos unha privilexiadas.

-Cres que é igualitario o número de mulleres que ocupan altos cargos no corpo que de homes?

Non, non o creo. Igualitario aínda non o é, pero estase progresando. Hoxe hai moitas máis mulleres que fai 15 anos. Pero non creo que o número sexa equitativo, sexa o máis importante. O fundamental é que se nos respete e se nos trate como o que somos: axentes. Sen distinción ningunha de xénero.

As mulleres seguen sen chegar ós altos cargos

O que se debe destacar é a reducida presenza das mulleres nos postos directivos das Administracións Públicas. A medida que se ascende nos postos máis elevados das correspondentes escalas profesionais, redúcese a presenza das mulleres. A ensinanza e a sanidade  pública son moi representativas neste caso.

Do 76% de mulleres

que se adican a ensinanza

só un 15% son catedráticas

É certo que as mulleres van gañando terreo nos postos de responsabilidade na Administración, aínda que sexa levemente. No 2006, o 20% os principais órganos do goberno da Administración Xeral estaba nas mans de mulleres. No 2016 esta taxa só chegou ata o 22%. No caso das Comunidades Autónomas, a estatística é máis positiva: no 2006 a proporción de mulleres presidentas e conselleiras das comunidades era dun 33% , actualmente é dun 42%. Pero o que está claro é que pese os avances que experimentamos segue existindo unha situación favorable para o xénero masculino.

BIBLIOGRAFÍA:

 

-Vazquez Feijoo, I. (2017). [online] Available at: http://

http://www.revistadintel.es/Revista1/DocsNum02/PersAAPP/Vazquez.pdf [Accessed 28 Mar. 2017].

Ana Cuíñas Obeso (S2A1)

 

 

 

 

 

 

 

Advertisements

12 comentarios en “A situación da muller na Administración Pública

  1. Boas Ana! Ficando na situación que ten a muller na Administración Pública encontrei este artículo publicado no xornal El Mundo no que demostra que un de cada tres altos postos na Administración está ocupado por mulleres: http://www.elmundo.es/economia/2016/03/08/56ddde2dca4741506d8b465b.html
    Esta noticia non fai máis que indicarnos que o progreso neste ámbito é evidente. Non obstante como se pode leer no teu artículo aínda nos quedan moitas cousas que cambiar para mellorar a situación. Cal crees que son os principais cambio que debemos facer para correxir a situación? Un saúdo!

    Liked by 1 person

    1. Boas Juan.
      Interesante o artigo pero o que quería que se vise coa publicación do meu post era: que a día de hoxe, a pesar de tódo-los cambios e avances (como sepode comprobar no teu link) seguen existindo prexuízo con certas profesións como pode ser o exemplo da miña entrevistada. O que quería destacar é iso, o prexuízo e a discriminación que as mulleres seguen sufrindo nalgunhas profesións que aínda se ven como traballos masculinos. Deixoche aquí o enlace dunha nova que exemplifica o que trato de explicar: http://www.expansion.com/2008/07/09/mujer-empresa/1144093.html

      En canto a túa pregunta,penso que a clave de todo reside na educación. Ninguen nace aprendido de nada, teñenos que ensinar dende entón que o rosa é soamente unha cor,sen ningún tipo ded xénero, que unha muller pode ser unha gran piloto de avión e que un home pode ser mellor azafato. A educación que dende pequenos deben inculcarnos é a chave para un novo mundo.

      Agora unha pregunta para ti Juan,cresque mulleres e homes están en igualdade de condicións?

      Gústame

  2. Boas Ana, paréceme moi necesaria a labor que levaches a cabo neste post.
    Os datos que aportas son verdadeiramente tráxicos para as que imos estar buscando traballo nuns cantos anos, xa que a situación non da sinais de cambio.
    Na entrevista que fixeches, aparece un factor que baixo o meu punto de vista é fundamental á hora de entender a discriminación que sufrimos as mulleres, que é esta visión “paternalista” que os homes teñen en determinados momentos, xa que ao fin e ao cabo, a pesar de que non todo o mundo a interprete así, é outra de tantas formas de machismo.
    Gustaríame saber que opinas tú disto, e noraboa polo post!

    Liked by 1 person

    1. Boas tardes Laura e moitísimas grazas polos teus comentarios acerca do traballo!

      Na miña opinión non é unha forma de machismo o 100%, explícome.

      Cando penso en machismo, penso nunha serie de actos, palabras ou actitudes que danan a unha muller. Neste caso e falo soamente neste caso, a forma en que os máis homes maiores trataban a miña entrevistada non o considero machista. 1 porque ela, asegura que en ningún momento tiveron un comportamento, nin sequera comentarios machistas hacia a súa persoa. 2 Ela mesma facía incapé en que se iba a reflexar iste tem no post non o fixera dende un punto de vista onde ela e menospreciada e demais polo resto de compañeiros porque asegura que nunca o foi. E 3, penso que trataban desa forma por ser pequena e non por ser muller. Quero decir, se fose un rapaz xoven, tamén o farían con el, non vexo unha actitude machista porque creo e considero que neste caso (polas cousas que a miña entrevistada me contou) faríanno con ambos sexos.

      Gústame

      1. Por suposto Ana, pero ao que eu me refería non era a este caso en concreto, senón nun contexto xeral. A túa entrevistada, fai fincapé en que ademais esta actitude cambiou co paso do tempo, e esa “debilidade” da que fala seguramente tamén tivese que ver con que era máis nova e non tiña tanta experiencia, como ti ben dis.
        Sen embargo, dende o meu punto de vista si que é habitual encontrarnos con situacións nas que se da por sentado que determinadas actividades son mellor resoltas por un home, e que son eles os que “teñen que ensinarnos a facelas”.

        Liked by 1 person

      2. Sí, entendo. Nun contexto xeral, onsidero que o paternalismo é outra forma de machismo, suponse que estas actitudes de cara as mulleres veñen dadas porque nos ven máis debiles e teñen que protexernos. Protexernos de que? somos de todo capaces e autosuficientes non preciso de ninguén para conseguir algo que eu me propoña.

        Liked by 1 person

      3. Exacto Ana. Afortunadamente, cada vez a concienciación é maior con respecto a ese tipo de actitudes, e pouco a pouco isto fai que se vaian reducindo.
        Sen embargo, ás veces parece que a xente máis nova mostra actitudes máis machistas que unha persoa máis maior, cando cabería esperar o contrario. Por exemplo, é común encontrarte con alguén que mesmo non sabe o significado da palabra feminismo, e pensa que é a superioridade da muller. Non sei se ti tamén pensas así, se te das conta destas actitudes.

        Liked by 1 person

      4. Sí, estou dacordo contigo niso Laura, a xente da nosa xeración é menos respetuosa cas anteriores. Falaba isto co meu círculo e decían as mulleres coas que falamos que viron unha situación de retroceso dende a súa xuventude, e eu tamén o vexo.

        Somos unha xeración acostumada a que nos den todo feito, non nos falta de nada, dispoñemos de dereitos que os nosos pais ni en soños terían, non estamos acostumados a loitar polo que queremos e moito menos unidos. Eu igual co meu círculo considero que vamos en retroceso.

        Gústame

  3. Boas Ana! En primeiro lugar, quería felicitarte porque pesoalmente paréceme moi interesante ler testemuñas de primeira man sobre casos reais aos que afecta o pensamento machista, xa que abren os ollos moito mellor que as cifras.

    Tanto nos postos de traballo da Administración Pública coma en empresas privadas, as ideas socias están presentes dente o primeiro paso, xa na hora da contratación, e vanse facendo visibles en todas as fases e escalas laborais. Pero xa que falas das diferenzas entre sexos da Administración Pública gustaríame comentar contigo que é o que fai esta para mellorar a situación.
    Son moi aclamadas as medidas de “discriminación positiva” que leva a cabo o Goberno no eido laboral, sobre todo no acceso ao emprego. Unha das máis notables é o establecemento previo de x número de postos reservados para mulleres. Pódese pensar que en postos que normalmente se relacionan só con homes suporía un avance,por exemplo no corpo da Garda Civil que ti nomeas, pero de verdade unha muller querería optar un posto só por ser muller?
    Neste artigo, explícase moi ben como esta discriminación positiva non é máis que discriminación en si: http://omicrono.elespanol.com/2013/11/la-discriminacion-positiva-la-discriminacion-del-s-xxi/

    Liked by 1 person

    1. Boas Uxía e moitisimas grazas polo teu interese e os teus comentarios positivos!!

      Paréceme un tema moi interesante para debatir. Na miña opinión a propia medida de discriminación positiva é discriminación en sí. Unha vez acudín a un debate sobre este tema, e un dos postulantes en contra daba fin a súa intervención da seguinte forma: ”Alguen dixo una vez ‘pés para que vos queri, se teño alas para voar’ entón eu digo discriminación positiva para que te quero se teño recursos de sobra para chegar” e foi unha frase que me encantou e emocionou e que resume a perfección o que penso deste medida.

      Non nos fai falla porque somos capaces de cos nosos propios logros e méritos chegar onde nos propoñamos, e se algún día unha muller está nun posto de traballo que sexa porque foi a mellor opción para este, e non porque unha ley o dixese.

      Gustaríame saber tamén a túa opinión sobre o tema. Moitísimas grazas novamente, un saúdo.

      Gústame

      1. Pois estou totalmente de acordo contigo.A discriminación positiva en si mesma implica un pensamento previo de que as mulleres non son igual de capaces que os homes para obter certos postos de traballo, é dicir, é unha solución que non corta de raíz o problema senón que intenta tapalo superficialmente.

        A solución que eu vexo clara para este caso é o establecemento dunha meritocracia á hora de contratar personal que só xulgue polas capacidades e coñecementos das persoas, pero evidentemente teñen que desaparecer os prexuízos sociais previos que rodean a muller.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s