A visión de Composcleta

Promover a bicicleta como medio de transporte urbano e realizar actividades formativas, informativas, lúdicas, culturais, promocionais e divulgativas sobre mobilidade sostible en Santiago son os principais obxectivos da Asociación Cívica Composcleta. Reivindican condicións seguras para os ciclistas da nosa cidade a través da regulación normativa e das infraestruturas viais.

A súa proposta para mellorar a nosa cidade parte de catro pilares: a seguridade, a integración social, a prioridade ao máis lento e as normas de tráfico. Estes principios de mobilidade sostible teñen como obxectivo conseguir unha mobilidade máis humanizada, segura e accesible para todos e todas. Composcleta sinala que Santiago é unha cidade de servizos que ten máis usuarios ca habitantes, coma xa indicamos en anteriores posts. O Camiño de Santiago, institucións coma a Xunta de Galicia, polígonos industriais, comercios e a referencia cultural de Compostela fan que o ámbito de influencia supere ao municipio (sen esquecernos de que Santiago é tamén rural) e que sexa tamén unha cidade de tránsito (AP9, aeroporto, tren, etc.).

Pirámide bicicleta Ministerio de Vivienda y Urbanismo. Gobierno de Chile VIALIDAD CICLO-INCLUSIVA

Onde está o problema?

Segundo Vicente, membro de Composcleta e do noso círculo de reunións, un dos problemas que se atopan para establecer medidas de mobilidade sostible e de uso compartido do espazo urbano é a existencia de lexislacións obsoletas e contraditorias e a idea de que o coche privado ten dereitos que non teñen as persoas. A idea máis compartida por autoridades, condutores e incluso pola cidadanía é que o tráfico debe fluír e que un vehículo ten que poder acceder a calquera punto da cidade. Vicente explica que este crenza inflúe no deseño das cidades e infraestruturas, que busca a máxima comodidade para os vehículos a motor mentres que penaliza outras alternativas coma camiñar ou produce danos ambientais (grandes aparcadoiros en zonas naturais ou mortes por contaminación) e económicos; o custo para as entidades públicas dos vehículos privados por quilómetro percorrido supera ao euro e isto sen sumar a construción e mantemento de infraestruturas, gastos médicos, débeda externa, etc.

Esta permisividade social que se ten ante os abusos dos vehículos privados fai que sexan moi habituais situacións nas que coches invaden o escaso espazo peoníl. Vicente apunta ademais cara á permisividade das autoridades, xa que asegura que é máis probable que se multe a un vehículo por estar en dobre fila na calzada que se o fai sobre a beirarrúa. “A lexislación adáptase as necesidades das empresas privadas, principalmente aseguradoras, que cada vez teñen menos problemas cos atropelos xa que segundo as últimas actualizacións lexislativas son os atropelados (as vítimas) os que teñen que demandar para poder obter indemnizacións ao haber menos procesos penais”, asegura Vicente.

Que poden facer os xornalistas?

Vicente recorda que o xornalista é un reflexo da sociedade e que ao mesmo tempo pode favorecer cambios sociolóxicos e conductas. Por iso denuncia estes comportamentos xornalísticos:

  • Na maioría dos artigos búscase unha escusa para o condutor; despiste, deslumbrado polo sol, a chuvia que reduce a visibilidade…
  • Culpabilízase á vítima: non levaba chaleco, cruzaba por un sitio prohibido, non levaba casco, usaba o teléfono móbil, moitos peóns fano mal así que este tamén…
  • Búscanse responsabilidades compartidas: a maioría dos atropelos débense a despistes de peóns ou condutores.
  • Minimízanse, ou peor, glorifícanse condutas dos agresores: multas excesivas, sufridos condutores… cando en realidade falamos de imprudencias, delitos, homicidios.
  •  Mal uso da información estadística que leva a conclusións erróneas ou manipulacións.

Normativa municipal e o Pacto Local pola Mobilidade

O concello de Santiago, ao igual que calquera outro, debe cumprir a normativa de tráfico, pero posúe unha serie de dereitos en canto á ordenador do tráfico reflectidos nas distintas ordenanzas de tráfico e ordenación do uso do espazo público. O concello posúe tamén diversos plans e mecanismos de actuación, que non constitúen normas nin son de obrigatorio cumprimento, como é o Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Santiago de Compostela, ou recentemente o acordo firmado polos grupos políticos chamado Pacto Local pola Mobilidade.

Vicente opina que o Pacto Local “non deixa de ser unha declaración de intencións sen consecuencias nin feitos concretos”. Santiago pasou  dunha cidade pioneira en España respecto á mobilidade a comezos dos anos noventa a unha das últimas en adaptarse ás normas europeas e á contorna económica e social da actualidade.

As declaracións e medidas feitas polo grupo de goberno ante os atropelos reflicten os defectos citados anteriormente, como é o culpabilizar a víctima, minimizar os danos, medidas apresuradas contraditorias… Esta actitude non supón un cambio real para afrontar os problemas do tráfico na cidade senón un “continuísmo cunha pátina de declaracións de boas intencións e medidas cosméticas .”

Consecuencias atropelos peóns según velocidade

As diferentes accións que propón a Asociación Cívica son a adaptación do modelo de “supermazás segregando viais de convivencia (zonas 30) dos viais de tránsito (zonas 50), a prioridade do máis lento (peón) en ordenanzas, mellorar a intermodalidade do vehículo privado, optimizar o transporte público, reducir a accidentabilidade a 0 mortos, incluír criterios de sostemento no mantemento e deseño de infraestruturas, reducir semáforos e tempos de espera para peóns, impulsar transporte público e compartido no rural entre outras. En canto ó uso da bicicleta tamén teñen múltiples propostas aínda que, polo de agora, Santiago necesita por en marcha aquelas medidas máis urxentes, coma a de reducir a mortalidade por atropelos.

Advertisements

3 comentarios en “A visión de Composcleta

  1. Interesante post sobre os problemas de tránsito en Compostela. De todo esto, conclúo que me parece prioritario cambiar os modelos das cidades, pero para que isto se poda levar a cabo de xeito adecuado, é prioritario que a lexislación cambie. Porén, para que esta cambie, é preciso que as institucións deixen de manter ese negocio con, por exemplo, como mencionas, as aseguradoras.
    No caso das cidades paréceme que hai algo aínda máis chamativo: moitas veces a Policía Local prescinde de multar aos conductores que teñen os seus vehículos en dobre fila ou directamente nas beirarrúas porque existen “amiguismos” entre o concello e os negocios. É dicir, déixase de multar a un vehículo mal estacionado porque intúese ou sábese que o seu dono está a mercar na froitería. Aínda que a nivel persoal para o dono do automóbil é estupendo, non se ten en conta que afecta a toda a cidade.
    Por outra banda, estou a favor da peatonalización de moitas das rúas que conforman cidades como Santiago de Compostela, ou polo menos, que sexan semipeatonais. De calquera forma, penso que tamén é preciso habilitar zonas da cidade que sirvan como aparcadoiros, pero sen interferir na vida dos peóns.
    Un claro exemplo de reforma deste tipo aquí en Compostela é a da praza creada no cruce entre Montero Ríos e Xeneral Pardiñas, a cal causou polémica entre os veciños da zona.
    http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/plaza-sustituira-cruce-montero-rios-xeneral-pardinas/idEdicion-2016-11-03/idNoticia-1025171/

    Gústame

    1. Ola Nuria!
      Ademais dos problemas lexislativos que pode traer consigo un cambio de modelo dunha cidade debémoslles sumar as confrontadas opinións dos cidadáns. Unha cidade cambia cando o piden os seus habitantes, cando normalmente as situación é insoportable para vivir comodamente como estamos afeitos. Supoño que o día no que sexa imposible circular polo centro de Santiago polo atasco de vehículos se empezaran a tomar serias medidas. Sempre haberá xente a favor desas medidas e outros e contra, o caso é atopar un equilibrio que nos beneficie a todos e se o tema non preocupa demasiado, nunca haberá un diálogo serio.
      Para que algo cambie é tamén necesario que se comprometa o goberno da cidade. No caso de Compostela, os atrasos neste tipo de temas como é o caso do Plan Especial http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/04/22/concello-atasca-plan-especial/0003_201704S22C1992.htm tan só demostran unha vez máis que a mobilidade é un tema pouco valorado polos políticos.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s