A historia do sufrimento

O home de cada época enfrentouse ao problema da saúde mental en base á cultura, á política, aos coñecementos, ao avance da ciencia, etc. Segundo as necesidades socio-históricas, as civilizacións consideraban as enfermidades mentais como algo máxico ou debido a posesións demoníacas. Esta ultima crenza prolongarase durante toda a historia en diferentes sociedades, tanto occidentais como orientais. Non entanto, pola falta de coñecementos médicos, e a falta de profesionais no estudo da psique do individuo, leváronse a cabo verdadeiras atrocidades escudándose nas crenzas relixiosas, principalmente.

A historia non se pode borrar

Xa no séculos XIX e XX pasadas as revolucións industriais e científicas, os métodos de tratamento destes trastornos mentais foron mudando, pero non en todos os lugares de forma positiva.

Na Europa do século XIX proliferaron os Manicomios, semellantes a cárceres de tortura disfrazadas de recintos de curación. Por exemplo, no hospital de Charenton de París hai rexistros de “tratamentos” nos cales ás persoas se lles mantiña atadas, se lles sumerxía a cabeza en auga ou se lles golpeaba. Todo esto co obxectivo de alonxar as alucinacións que puideran ter.

Grazas ao avance da anatomía patolóxica apreceu o concepto de efermidade mental, xa que ata entón, a despeito dalgunhas intuicións médicas, máis ou menos esporádicas, a explicación que prevalecía nesa época en relación con tales fenómenos mentais era de carácter demonolóxico; é dicir, o que nós chamamos enfermidade mental, era a consecuencia dunha culpa, determinadora da posesión demoníaca.

Agora ben, no século pasado, cos avances da mediciña e o desenvolvemento dos tratamentos psiquiátricos non foi moito mellor. Os tratamentos que seguían a empregarse chegaban á tortura, dende a lobotomía, o electroshock, a terapias de inhibición do sono, entre outras. Practicadas todas elas durante e despois da Segunda Guerra Mundial.

Sempre existiron individuos cuxa conducta anómala respecto da habitual provocou a atención e foi obxecto das máis diversas calificacións, admirativas unhas veces, despreciativas as máis comúns. Por desgraza, aínda hai exemplos destas barbaries pouco antes do recén comezado século XXI, e que hoxe en día séguese a empregar en algúns psiquiátricos tratamentos de electroshock como terapia para epilépticos.

Os enfermos mentais sempre foron un foco de presión social, de illamento, e de criminalización, dende os comezos da historia por falta de coñecementos médicos e influenza relixiosa, até a actualidade por mor do estigma que aínda segue presente e se conserva. Moito máis agudizado, o problema témolo nas zonas illadas e desconectadas da urbe, como é a zona rural.

Unha ollada á realidade

Temos exemplos disto en aldeas de Galicia, trátase de Virtudes Blanco Hermida nacida en 1964 (atopada en 1979) e foi alcumada a “nena paxaro”, que viviu os seus primeiros 15 anos encerrada nunha especie de arcón sen poder vela luz e rodeada de espiños para que non puidera moverse. Os seus pais, ao decatarse de que tiña un retraso mental, decidiron agochala para que non fose vista por niguén. O cura da aldea decatouse do acontecido e conseguiu que os pais a internaran no Centro Psiquiátrico de San Rafael (Lugo), onde permanece dende fai dez anos coas mans atadas á espalda por arrincarse os ollos.

Actualmente, os profesionais da saúde mental están pedindo que xunto á usual terapia individual exista unha terapia estructural, na que necesariamente existan outros profesionais relacionados no estudo da sociedade, como poden ser os sociólogos, persoeiros fundamentais para deseñar un entorno humanamente constructivo e non deteriorante na personalidade do individuo doente.

Ademais dos esforzos que os profesionais na materia están levando a cabo para cambiar radicalmente a situación dos enfermos, é tamén tarefa dos xornalistas investigar e sacar á luz un problema que por desgraza aínda se mantén vivo. É impescindible a visibilización mediática en colaboración coas organizacións especializadas en saúde mental para acadar a igualdade, a través da consideración e do compromiso da sociedade con esta problemática.

Bibliografía:

  • Sharp, M. (1976) El Manual Merck de Diagnóstico y Terapéutica. Rahway, Nueva Jersey, EEUU: MSD.
  • García-Pablo de Molina, A. (2009) Tratado de Criminología. Valencia: tirant lo blanch.
  • Pinillos, J.L. (1975) Principios de psicología. Madrid: Alianza.
  • Delay, J. e Pichot, P (1974) Manual de psicología. Barcelona: toray-masson, S.A.
Advertisements

18 comentarios en “A historia do sufrimento

  1. É certo que as enfermidades mentais durante moito tempo achacáronse ás posesións demoníacas debido ás crenzas relixiosas que existían na antigüidade e que aínda hoxe, hai algunhas sociedades que seguen pensando nisto. A pesar de coñecer isto, chamoume moito a atención que ata non hai moito aínda se estaban empregando técnicas para “curalos” da era antiga, como algunha das que mencionas ti.
    Estou de acordo, en que hai que nas terapias participen expertos doutros campos, como pode ser a socioloxía, para tratar de averiguar de onde ven este problema e cales poderían ser as solucións. Tamén concordo en que os xornalistas deben documentarse sobre esta problemática e difundir calquera nova sobre este problema.
    Gustaríame que lle botases un ollo a este enlace http://sevilla.abc.es/sevilla/sevi-unico-psiquiatra-para-atender-165-reclusos-enfermos-mentales-prision-sevilla-201704010830_noticia.html e me dixeses a túa opinión sobre a escaseza de psiquiatras que hai e sobre como afecta ou afectaría aos enfermos mentais que haxa máis ou menos persoal especializado.

    Gústame

    1. O principal problema que existe entorno ás enfermidades mentais é a falta de concienciación sobre as mesmas. Podemos ver que nos centros de saúde de calquera barrio non existen psicólogos nin psiquiatras, o que amosa que os trastornos psicolóxicos non son considerados tan importantes como os físicos, a pesar de que este tipo de enfermidades teñen un gran reflexo no corpo, puidendo derivar en problemas que afectan aos dous ámbitos.
      A consecuencia que se deriva da falta de personal especializado é o autotratamento e a autocriminalización, entre outras moitas cousas.
      É preciso por tanto unha normalización destas enfermidades, xa que no mundo no que vivimos é case tan común padecer unha enfermidade física como por exemplo pasar nalgún momento da vida por espisodios de depresión. De feito, a depresión é a primeira causa de discapacidade segundo a OMS.
      Deixote aqui unha serie de datos sobre esta enfermidade: http://www.efesalud.com/noticias/las-cifras-de-la-depresion/
      Cres que é necesaria a existencia de personal especializado nestes trastornos nos centros de saúde?

      Liked by 1 person

      1. Eu creo que a existencia de persoal especializado deste tipo de trastornos nos centros de saúde é necesaria porque pode ocorrer que, como ben dis ti, que non se lles preste tanta atención a non ser que sexa un problema físico. Tamén, porque se pode dar o caso de que os médicos que se atopen no centro de saúde non sexan quen de tratar ao paciente por non ter os conocimientos necesarios e entón habería que desplazalo ao hospital máis cercano e podería ser moi tarde, nalgúns casos. Por todo isto creo que sería recomendadísimo ter varias persoas especializadas neste tipo de transtornos nos centros de saúde para así, asegurarnos que son atendidos correctamente, porque pode ser que algún día sexamos nós e imos querer que un médico especializado nos axude.
        Aquí te deixo un artigo que fala sobre a importancia dos médicos ou enfermeiros especializados en saúde mental: https://www.redaccionmedica.com/secciones/psiquiatria/-el-enfermero-de-salud-mental-es-el-profesional-mas-cercano-al-paciente–3765

        Gústame

      2. Moi interesante o artigo de redacción médica. É imprescindible incorporar persoal especializado en trastornos mentais nos centros de atención primaria. De feito, En España, está apunto de lanzarse un programa piloto para incorporar psicólogos clínicos en 150 ambulatorios do país co obxectivo de poder proporcionar tratamentos adecuados, así como motivar ás persoas enfermas a acudir con regularidade a revisións, evitar posibles recaídas, así como ofrecer apoio constante. Deixote aquí unha noticia sobre o tema: http://www.lainformacion.com/salud/psicologos-preparan-desembarco-atencion-primaria_0_953606371.html

        Liked by 1 person

      3. Moi interesante a noticia sobre a proba piloto de incorporar psicólogos clínicos nos ambulatorios. Penso que é un gran avance para saber como afectaría ao funcionamento dos centros de saúde. Tamén é un paso importante para tratar aos pacientes con trastornos mentais que os necesiten, pero para iso habería que aumentar os rescursos dos mesmos, cousa que se vai facer nos vindeiros ano según recolle esta nova http://www.latercera.com/noticia/minsal-proyecta-triplicar-2025-los-recursos-destinados-salud-mental/. Espero que lle botes unha ollada para saber os teus pensamentos.

        Gústame

      4. As cifras de afectados por algunha enfermidade mental en España son alarmantes, non entanto no artigo que enlazaches vése que hai perspectivas de cambio en este aspecto. O aumento de recursos é indispensable para o tratamento correcto destes trastornos, así como para previlos, cun seguimento constante tanto no ámbito laboral de cada un dos traballadores, como no ámbito escolar, onde os nenos e adolescentes están aínda na súa etapa de formación.

        Liked by 1 person

  2. As barbaridades que se realizaron para intentar “curar” ou ocultar a esas persoas que sufrian estas enfermidades mentais nos séculos pasados dan arrepíos en moitas ocasións.

    Aquí deixoche un caso concreto do século XVII para paliar esas enfermidades, daquelas calificadas de bruxería.
    http://www.cuatro.com/cuarto-milenio/programas/temporada-12/mascaras-locura_2_2257005083.html
    É un video explicativo e bastante informativo sobre a situación das persoas que viviron ese sufrimento, tanto mental, causado pola enfermidade, como físico, causado polo home.

    A ignorancia humana pode ser moi dañina e hoxe en día a desinformación en este tema a nivel cívico conleva que moitas enfermidades mentais como a depresión non sexa considerada tan grave como realmente pode chegar a ser. A “bruxería” de hoxe en día é o problema do castigo social. A pouca empatía que a veces temos como sociedade non fai máis que agravar estas situacións.

    Gustaríame preguntarche se crees que a través dos fortes medicamentos que hoxe se recetan – que a pesares de paliar o sufrimento mental destrozaron o corpo físicamente – son a solución e deberíamos continuar investigando con fármacos ou buscar un tratamento máis natural?

    Gústame

    1. A “bruxería” da actualidade á que ti te refires está estreitamente relacionada coa desinformación que impera na nosa sociedade. O descoñecemento crea prexuízos cuxa única vítima é a persoa que padece unha determinada enfermidade. Ao longo da historia este descoñecemente desenbocou en verdadeiras atrocidades como se exemplifica no vídeo enlazado. Non entanto, non hai ue afastase tanto no tempo para atopar casos de tortura a enfermos con motivo de curación. No século XX hai numerosos exemplos de tortura psiquiátrica, entre as cales debe apreciarse o emprego de fármacos sen control co obxectivo de anular ao individuo. Esta anulación implica, en moitas ocasións, a incapacidade de realizar as tarefas máis básicas dun ser humano, polo que teríamos que falar tamén non de tortura física, senón tamén mental.
      Dende o meu punto de vista, polo tanto, deberíanse buscar alternativas á medicación nos casos nos que esta non sexa estrictamente necesaria, posto que actuaría coma un parche. As enfermidades mentais son un ámbito moy complexo, no que interveñen factores como as circunstancias de vida do individuo que as padece, a herencia, ou calquera situación traumática experimentada. Desta forma, deberíase empregar a terapia ao cargo de varios expertos que poidan dar diferentes ópticas como primeira opción de tratamento. Aínda así, hai enfermidades nas que o tratamento farmacolóxico é imprescindible para estabilizar á persoa enferma. Aínda así, sempre debería estar vinculado cunha terapia constante.

      Gústame

      1. Eu creo que o tratamento, como ti ben dis, ten que ser personalizado porque a circunstancia que levan a desarrollar unha enfermidade mental están estreitamente vencelladas á situación da túa vida. Os tratamentos xenéricos que se fan hoxe, como se dunha gripe se tratase, en moitos casas non fan máis que agravar a situación, facendo que o paciente presente síntomas peores que a propia enfermidade mental.

        A nosa mente é un aparello moi sofisticado e aínda temos moito que aprender de él, pero creo que moitos dos métodos de estudo usado nos siglos pasados eran demasiado inhumanos, e nunca mellor dito porque os enfermos non eran tratados como tales. Eu creo que a relixión xogou un papel fundamental no descubrimento e estudo destas enfermidades mentales, pois a incultura da maior parte da poboación desenvocaba en medo pensamentos irracionales como era a bruxería ou a posesión.

        Crees que si a Iglexa non houbera adoctrinado a poboación a nosa realidade respecto as enfermidades mentais houbese sido diferente?

        Gústame

      2. Dende o meu punto de vista, non podemos especular sobre o que pasaría se non existise a Igrexa ou a relixión. As circunstancias históricas veñen determinadas polas relacións sociais e de produción de cada etapa. Porén, a sociedade de entonces permitía a existencia da Igrexa, que se fundamentaba nos escasos avances da ciencia e no descoñecemento da poboación.
        Ademais disto, a sociedade intentaba buscar explicacións que non semellaban ter resposta, polo tanto, a relixión solucionaba estas preguntas.
        A falta de avances científicos obriga a buscar respostas nas divinidades, no universo, ou en entes abstractos, como fixeron moitas sociedades ao longo da historia.

        Gústame

  3. Buscar respostas nas divinidades ou en entes abstractos é algo característico da raza humana cando non hai coñecementos para explicar un suceso, neso estamos de acordo. Pero é moi diferente cando unha poboación é adoctrinada por un dogma de fé absoluto que non deixa buscar outro tipo de respostas para eses sucesos que non teñan que ver coa relixión. En moitas sociedades históricas a relixión estivo estreitamente ligada coa ciencia e os avances médicos mais o cristianismo frenou o avance científico da nosa sociedade en seco. E no noso país aínda máis. A mau dura que impuxo a Inquisición e o retroceso cultura que sufrimos eu creo que aínda o arrastramos hoxe.

    A min non me gusta especular pero sí reflexionar no ben e no mal que nos provocou a relixión na nosa sociedade e creo que xusto neste tema, as enfermidades mentáis, a relixión xogou un papel moi malo desfavorecendo moito a situación das persoas que as sufriron, sofren e sufriran.

    Gústame

    1. Estou completamente dacordo en todo o que estás a dicir. En nigún momento dixen que a relixión non supuxera un atraso en todos os ámbitos da sociedade. No tema das enfermidades mentais causaron moito mal aos enfermos, xa que o adoutrinamento ao que estaba exposta a sociedade de entón facía que as propias familias dos enfermos denunciaran a situación ante a Igrexa, pensando que era un castigo divino cara os pais do enfermo por algo do seu pasado. As causas das enfermidades variaban en función da palabra do sacerdote. Así, podía ser un castigo de Deus para a familia, unha posesión ou calquera outra explicación que lle servira a Igrexa para continuar co seu adoctrinamento.

      Gústame

  4. Paréceme moi interesante o tema que tratas. Para comezar gustaríame destacar que considero que é unha cuestión que necesita moita máis visibilización de cara a sociedade, pois penso que esta moi pouco tratado. Máis ben parece que se oculta ou se esconde, provocando que as persoas que padecen enfermidades mentais esten estigmatatizas, e probablemente que se atopen marxinadas.

    É unha realidade o feito de que antiguamente esta enfermidade se achacaba a cuestións relacionadas con temas demoníacos ou como ti dis “máxicos”, eu considero que isto levou a que ocorresen duas cousas distintas. Dunha banda parte da poboación tiña medo destas persoas, e actuaba discriminandoas. Doutra banda estaría a parte da cidadanía que actua como os país de Virtudes na historia que contas, esta xente por puro descoñecemento decide apartar a estas persoas da sociedade. Con isto, a conclusión sería a mesma, sufrimento e marxinación para os individuos con enfermidades mentais.

    Pero isto lamentablemente segue ocorrendo na actualidade, quizais por falta de cultura na sociedade ou por falta de apoio das institucións, quen cres ti que ten a meirande parte da culpa? Te adxunto un enlace de La Opinión de A Coruña que mostra que sufrir trastornos mentais non é algo tan raro, senon máis ben habitual: http://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2016/10/04/25-personas-sufre-trastorno-mental/1112460.html

    Gústame

    1. O problema principal que ocorre actualmente é a falta de información sobre este tipo de trastornos, esto ven motivado principalmente polos medios de comunicación, que por unha banda ou non lle dedican ningún tipo de espacio informativo, ou por outra, estigmatizan as enfermidades mentais.
      Do mesmo xeito, esto leva ao illamento por parte da sociedade ao non entender aos individuos que as padecen. Non comprenden as causas destas enfermidades nin as enfermidades mesmas, polo tanto criminalizan as situacións que sofren os enfermos, como se non fosen persoas nin fosen capaces de levar a cabo unha vida normal por mor do padecemento destes trastornos.
      Estou moi dacordo co artículo que enlazas, de feito, a depresión é a primeira causa de discapacidade segundo a OMS, e moitas veces a maioría das persoas pensa que esta enfermidade é padecida polo individuo por vontade propia, como se tivera opción de escoller, cando non é así.
      Dende o teu punto de vista, cal sería a mellor opción a seguir para a concienciación colectiva?

      Gústame

      1. É triste pensar que o traballo dos xornalistas está tan mal realizado neste aspecto. Cando a súa labor debería ser analizar a fondo a cuestión e dinfundir como é realmente parece que máis ben a invisibilizan facendo que pase desapercibida ou sufra discriminacións.

        Con respecto á pregunta que me lanzas, eu persoalmente considero que o mellor modo de conseguir cambios e avances e a concienciación social e a loita. Por unha banda se a poboación trátase con normalidade ás persoas que padecen enfermidades mentais xa teríamos moito avanzado, pero con isto sería moi interesante que a cidadanía estivera disposta a realizar movilizacións en favor disto. Doutra banda que as instituncións e empresas procedesen ao apoio e contratación destas persoas axudaría a normalizar a situación.

        Por outro lado quixera destacar o feito de que en moitas ocasións as persoas con enfermidades mentais son etiquetadas como violentas, e en moitos casos acusadas de crimes. Hasta que punto esta situación é certa ou e esaxerada? Deixoche un enlace a un estudo que a analiza mito e realidade das enfermidades mentais: https://pendientedemigracion.ucm.es/info/nomadas/31/adolfovasquezrocca.pdf

        Gústame

      2. Estou dacordo contigo, sen concienciación non pode haber loita. Respecto á pregunta que me plantexas, a violencia non é unha das características dun enfermo mental cun tratamento axeitado. Sí é certo que en moitas enfermidades, xa sexa a esquizofrenia ou a bipolaridade, existen momentos de agresividade e poden chegar a ser violentos por mor do sufrimento que lles causa o trastorno. Non entanto á tendencia é ao illamento, segundo nos explicaban os membros do nosos círculo.
        O estudo resultoume moi interesante, non entanto, falar de locura non é do todo axeitado posto que son enfermos, non locos.
        Para evitar por tanto equivocarse no diagnóstico é preciso contar con diversos expertos que estuden as circuntancias do individuo en cuestión. Non só psicólogos ou psiquiatras, senón tamén sociólogos para aportar unha maior perspectiva sobre o tema, e cubrir aspectos que podan quedar baleiros.
        No caso dos enfermos que teñen cometido algún crime por mor da súa enfemidade, normalmente non estaban sometidos a ningún tipo de tratamento nin terapia, e porén tampouco poden ser procesados como persoas sás, senon que teñen que ser ingresados en centros especializados para persoas con trastornos mentais.
        Ti crees que esto é axeitado o teñen que ser procesados como calquera outro criminal?

        Gústame

      3. Penso que este é un tema complexo, porque cada persoa, tanto padeza unha enfermidade mental como non, é distinta. Isto implica que cada un deba estar analizado desde unha perspectiva diferente que teña en conta as características particulares, por exemplo eu opino coma ti, se unha persoa padece unha enfermidade mental da que poden desarrollarse conductas agresivas e dita persoa comete un delito sen estar debidiamente sometida ao tratamento adecuado non é para nada xusto que sexa procesada como unha persoa completamente sá; senon que tería que ser ingresada no centro debido e recibir os cuidados e métodos que concorden coa súa enfermidade e situación. Con isto penso que queda patente que aínda queda moito polo que loitar neste mundo para lograr tanto unha maior inclusión destas persoas como tamén o debido trato.

        Gústame

      4. Estou dacordo Sara, é preciso un tratamento particular en función das circunstancias de cada individuo, un tratamento personalizado para evitar riscos, e un grupo de diferentes expertos que poidan anticipar recaídas ou conductas perigosas tanto para o enfermo como para as persoas cercanas a el. Como dis ti, aínda queda moito traballo, pero no noso círculos deixáronnos claro que está nas nosas mans darlles voz e loitar por mudar esta situación.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s