Está nas nosas mans salvar os ríos galegos

O pasado mércores 22 de marzo tivo lugar o segundo encontro co noso círculo formado por María, Luís e Manuel. Persoas totalmente concienciadas e involucradas no problema que padecen actualmente os nosos ríos, e a verdade é que foi unha reunión que deu para moito e nos puxo a todos ao tanto da problemática, que de momento está lonxe de atopar unha soluciçon eficaz.

Como nos contaba María (integrante de ADEGA) nada máis comezar, as especies que habitan en augas contaminadas xa sexa de ríos ou de mares, sofren do mesmo modo esa contaminación, polo que xa se están dando consellos e recomendacións acerca do consumo dalgúns peixes, que están cada vez máis contaminados de metais pesados que son perigosos para a saúde dos que os inxerimos. Ademais, nas augas dalgúns ríos galegos coma o caso do Sar, foron detectados altos niveis de anticonceptivos que fan que a fauna sufra alteracións á hora de reproducirse. Son tristes realidades que reafirman a gravidade do asunto que estamos a tratar. Por se fora pouco, todo isto está influíndo tamén no mar, xa que nas desembocaduras dos ríos acumúlase moita desta contaminación, provocando que o marisco e outras especies que habitan nos mares galegos tamén estean expostos a estes problemas.

Cales son os problemas máis graves actualmente?

Unha cousa que aprendemos nesta reunión e que nos chamou moito a atención foi que, como nos contaba Luís, unha das maiores contaminacións que hai na cadena trófica dos animais é a que provén das microfibras de materiais biosintéticos que se atopan nas prendas térmicas que levan moitos deportistas ou incluso nós mesmos, e que se poden adquirir fácilmente en calquer tienda a pesar da alta contaminación que produce. Cada vez que se meten na lavadora, chegan a producir millóns de partículas microscópicas sintéticas que van a dar ao río e posteriormente ao mar, e son altamente contaminantes para os animais revertindo na cadea trófica, algo terrible que moitos fan a diario sen nin sequera saber o dano que están provocando.

María insistiu moito en que debemos ver o río non só como unha canle de auga, senón como un ecosistema” no que todo está conectado. A pesar de que o que chama a atención nun río contaminado é ver plásticos e auga achocolatada, ela explicounos que actualmente o problema máis importante atópase na degradación do bosque de ribeira, que debería actuar como un filtro nos ríos e non deixar que a contaminación chegue a eles en gran medida. Debido a esta grave degradación que sufre, os ríos recollen unha sobrecarga de productos contaminantes.

Os que máis perxudicamos somos nós

Despois do dito anteriormente, ben vemos que a maior parte da contaminación que hai nos ríos provén da actividade humana, e como afirmaba Manuel, “nós mesmos nos estamos matando, xa que moitas veces vas paseando pola beira dun río e atópaste con veciños que van botar o purín”. Outro exemplo son as cociñas de restaurantes cercanos aos ríos que verten alí todo os seus aceites e demais productos tóxicos que non fan máis que agravar a situación, pero claro, como din eles, “fíxose toda a vida”. Estas accións que moitos consideran insignificantes e inofensivas están a matar os nosos ríos e as nosas paisaxes das que sempre tanto presumimos. Chegados a este punto debemos abrir os ollos e darnos conta de que somos todos nós os que debemos actuar e poñer da nosa parte.

Advertisements

5 comentarios en “Está nas nosas mans salvar os ríos galegos

  1. Boas tardes, MD
    En primeiro lugar gustaríame recalcar unha das palabras que dixo María, a integrante de ADEGA: “debemos ver o río non só como unha canle de auga, senón como un ecosistema, no que todo está conectado”. Pois coincido plenamente, paréceme que se trata dunha problemática que acarrea moitas máis complicacións. Non só o mal estado do río (onde se detectaron grandes doses de anticonceptivos e ibuprofeno) senon o perigoso que resulta o feito de chegar a contaminar os mares galegos, que á súa vez provocarán o mal estado de todo tipo de peixes e moluscos que, finalmente, nos afectará a nós de novo.
    Ademais, como ti ben dis, o problema está nas nosas mans. Pois, se fomos nós quen o provocamos tamén seremos nós quenes o teñamos que resolver, ¿non é así?
    Con todo, deixoche este link http://www.ecoticias.com/medio-ambiente/111290/rios-espanoles-contaminados onde podes observar a gran morea de ríos españois que se atopan aínda en peor estado que o Sar, p.ex.
    Unha aperta!

    Liked by 1 person

    1. Moitas grazas polo teu comentario, Judit.
      Paréceme que o que dis é acertado, pois despois de todo o aprendido no tema durante estes últimos meses, non me cabe dúbido de que nós somos o principal motor desta contaminación que, dalgunha maneira, non nos preocupa. Menos mal que só se trata dos nosos ríos! O que quere decir María con esa frase, e que moita xente só se alarma realmente cando vé un río coa auga negra, ou cheo de plásticos e lixo, máis o problema non esta só ahí. Os bosque están bordeados por vexetación que, á súa vez, actúa de flitro para non deixar entrar no río gran parte de productos contaminantes. A día de hoxe esa vexetación está totalmente invadida por especies foráneas que o único que fan e acabar con ela, e iso non o podemos permitir. Debemos saber onde está o problema, para así saber onde está a solución.

      Gústame

  2. Boas Mara, tes razón no que dis: nós contaminamos e nós somos quenes sufrimos. O problema é que a xente non está concienciada e ademais está mal acostumada. Como ata agora sempre houbo auga de sobra, non somos conscentes da cantidade que se derrocha nin tampouco do que custa que cada día chegue á billa e despois corra polas tubaxes do edificio até regresar ao río do que un día saíu limpa e ao que volve máis sucia do que debera. Sobre todo en Santiago, onde os problemas de depuración, cunhas instalacións en Silvouta que xa quedaron pequenas e as filtracións que xera unha rede de sumidoiros obsoleta, dan lugar a episodios constantes de contaminación no río Sar que están en entremira pola UE, que xa ten ameazado en máis dunha ocasión con multas por ese concepto. O río está cheo de altas doses de ibuprofeno e medicamentos como atenolol ou anticonceptivos. Isto fai que se convirta nun dos ríos máis contaminados de Galicia. Ademais xunto cunha das tamén peores depuradoras, fai que todo repercuta en nós e na nosa saúde. Deberiamos nos replantear un pouco a nosa maneira de actuar co medioambiente se queremos que a situación dos nosos ríos mellore.
    Atopei esta noticia, que seguro xa comentáchedes co Círculo pero é interesante, trata a contaminación do Sar en Bertamiráns e as queixas dos veciños ao respecto.
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2016/04/21/bertamirans-gran-vertedero-santiago/0003_201604S21C1995.htm

    Gústame

    1. Asi é, en noticias coma esta quedanos claro que a depuradora de Silvouta é moi insuficiente http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/05/01/depuradora-silvouta-incumple-requisitos-ambientales-xunta/0003_201605S1C5991.htm ,e esta non chega para depurar a cantidade de auga que chega contaminada, o que á súa vez provoca que o río se contamine cada vez máis, xa que como comentaron os integrantes do noso círculo nas reunións, e como ben dis ti, “moitas veces sae peor do que entra”. A Xunta e o Goberno deixan un tanto de lado este tema, máis a xente non deixa de pedir axudas e subvencións para poder mellorar as instalacións.
      Con respeto á noticia que adxuntas, no noso círculo temos un integrante que reside alí, en Bertamiráns, e asegura que o paso do Sar pola pobo non é máis que un vertedoiro,onde vai a parar todo tipo de lixo e onde é unha vergonza saír a pasear. É unha pena que en Galicia pasen estas cousas, cando sempre nos caracterizamos polas nosas bonitas paisaxes naturais.

      Gústame

      1. É un problema moi grave que debemos comezar a tratar canto antes. Por isto gustaríame adxuntar unha entrevista á bióloga María José Servia, que fala de medidas para reducir a contaminación do Sar.
        http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/08/biologa-universidade-coruna-autora-estudio-sobre-contaminacion-sar-sistemas-depuracion-reducir-contaminacion-sar/0003_201603S8C12991.htm

        Da entrevista quixera destacar o seguinte: “Es un problema global y es un problema de todos. El paciente tiene que acostumbrarse a no tirar los medicamentos; es verdad que los restos que van en la orina son inevitables, pero si tratamos de no tirar sustancias contaminantes por el váter, algo estamos ayudando. Luego, por parte de los investigadores, se necesita un esfuerzo mayor para mejorar los sistemas de depuración, aunque hay grupos que ya lo están haciendo.”

        Ademais tamén fala da depuradora e da solucións con respecto á súa problemática. Polo demais semella que hai moita xente que se preocupa pola saúde dos nosos ríos, en concreto do Sar. Veciños dos municipios que atravesa o río crearon unha plataforma para demandar as súas necesidades e denunciar todo tipo de vertidos que entran en contacto co río e para iso xa puxeron en marcha unha recollida de firmas que busca apoio e adhesión á causa.

        “Una gruesa capa de espuma, acompañada de un desagradable olor, recorrió el río hasta Brión, y mató decenas de peces. Pero los vertidos, en verano o en invierno, no cesan. Ahora hay más agua y se nota menos, pero los vertidos son constantes, sigue habiendo contaminación.”

        A solución que buscan os veciños fronte a isto é clara, e nada nova, un tema que se repite con asiduidade pero todavía non se pechou: unha depuradora mellor.
        http://elpais.com/diario/2012/01/19/galicia/1326971902_850215.html

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s