A profesión na que domina o silencio

Si na anterior publicación se trataba a situación dos xornalistas galegos e as subvencións ós medios, neste abordarase en profundidade a precaria  situación de moitos comunicadores de medios galegos. Impagos de nóminas, despidos e incluso ameazas son algúns dos factores que toman valor nesta situación que sofren en silencio centos de traballadores de medios de comunicación.

Cómo empeza o proceso de precarización

Nas respectivas reunións que tivemos co círculo de lectores, Nicolás Navaza e Montse Dopico explicábannos como era o “proceso” de precarización que seguen a maioría dos medios de comunicación cando se encontran en números vermellos.

“O primeiro era a consagración salarial, despois empezaban a quitarche partes do soldo: deixabas de cobrar a colaboración por suplemento, unha parte da paga extra, despois xa che quitan toda a paga extra … ata acabar quitándoche unha parte do salario todos os meses”

“Todo isto era o argumento que che daba a empresa para non ter que botar xente, pero tamén empezaron a botala (…) despois xa empezan os ERES, e estes xa significan despidos masivamente” – Montse Dopico.

O problema deste proceso é que non é un caso illado entre todas as empresas de comunicación. Existen numerosos casos de redaccións galegas nas que se leva ou se levou a cabo esta práctica. Por exemplo, no medio El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Diario de Arousa, Atlántico Diario, etc.

Este tipo de accións son invisibles para a sociedade polo simple feito de que os propios medios se encargan de ocultalo. Así, as persoas que se dedican á comunicación viven esta situación en silencio, sen apoios nin respaldos.

“Non podes falar, non podes criticar á empresa polo tema da imaxe, polo que ti vas aceptando unhas condicións laborais cada vez peores” – Nicolás Navaza.

O caso de El Correo Gallego

Un exemplo destes despidos masivos que denunciaban no círculo foi noticia fai uns días no Galicia Confidencial, onde se detallaba que uns 40 traballadores de El Correo Gallego corren este risco. A empresa pertencente á Editorial Compostela, encontrase no seu terceiro ERE,  e espérase que entre agora no cuarto.

“Están botando xente, e moitos están pensando en marcharse. Os que se vaian agora non van a cobrar paro” –  Nicolás Navaza.

Fai unhas semanas tivo lugar unha manifestación en público dos traballadores afectados. Esta tímida acción, tivo repercusións negativas para eles. Poucas horas antes o propio director da empresa enviou unha carta ós seus traballadores advertíndolles das  posibles repercusións negativas que podería ter a protesta. Pero segundo a información que nos proporcionou o círculo, non é  unha práctica illada.

“As cartas do director son habituais. Bombas e contos chinos, non creo que ó final a xente lle faga caso. Son promesas e promesas, mentira tras mentira.” Nicolás Navaza

Para o seu cadro de persoal de aproximadamente cen traballadores, a situación é insostible. Moitos deles levan máis de seis meses sen cobrar as súas nóminas (máis concretamente, dende setembro do ano pasado). Cunha débeda de millóns de euros ás costas, especúlase nestes momentos sobre unha posible venda do medio de comunicación galego.

“Non sei a quen llo van a vender, a nave e a rotativa están moi ben, o que pasa é que eles teñen unha débeda que non o fai viable” – Nicolás Navaza

A falta de apoio, un problema clave

O problema deste tipo de situacións de precariedade laboral nos medios é que a profesión xornalística carece do corporativismo que pode haber noutro tipo de profesión. Cando se dan este tipo de situacións nas redaccións dos medios é moi difícil encontrar un sentimento de solidariedade ou apoios por parte doutros compañeiros de profesión.

“A profesión xornalística non é moi proclive a facer demandas en conxunto. Pero o problema de fondo é que a precariedade e a falta de traballo tamén fai que haxa menos solidariedade ” – Gonzalo Brocos

“É un sector que tradicionalmente non se une para nada” – Jesús Silva

Tamén é importante a ter en conta a inexistencia duns sindicatos fortes na profesión. A través da web do Sindicato de Xornalistas, podemos apreciar que a súa actividade (polo menos en canto a publicacións na rede) é mínima.

“Ó non haber sindicatos non tes información real sobre o que está pasando na empresa. Pode ser todo mentira o que che están contando” – Montse Dopico

“Canto máis grande se volve o grupo, máis opaco é todo” – Jesús Silva

Durante estas reunións, houbo un pensamento que compartían todos os xornalistas que integran o noso círculo de lectura. Moitas veces este pasa por alto, interpretándose dunha maneira errónea a figura destes traballadores. Por iso, cómpre recordalo para posibles reflexións: “antes de xornalistas, somos persoas”.

 

Advertisements

13 comentarios en “A profesión na que domina o silencio

  1. Boas. Unha pequena aclaración: O Correo non vai entrar nun cuarto ERE, xa non pode. O mesmo non era de extinción se non que de redución de xornada (ibas ao paro unha semana ao mes), e nestes tres anos os traballadores xa esgotaron o seu paro correspondente. É dicir, a empresa pagaba o 75% do soldo, e o 25% restante recibiuno do Paro. E o esgotar os dous anos, a empresa xa non pode solicitar outro ERE. Agora teñen que pagar o 100% das nóminas, polo que o recurso que teñen agora para reducir gastos e débeda é o despedimento. E os traballadores están máis desprotexidos, porque se agora protestan poden acabar na rúa e sen cobrar o subsidio de desemprego.

    Gústame

    1. O primeiro, moitas gracias pola túa aclaración Nicolás, é de agradecer xa que ti eres moito máis consciente da verdadeira situación do medio. En todo caso, o que queda claro co teu comentario é que os traballadores son os máis desprotexidos neste momento ó estar en risco de despido, sumándolle que non van cobrar o subsidio de desemprego. É unha vergonza que as malas xestións dos seus directivos os acaben perxudicando desta maneira.

      Gústame

  2. Moi bo post! Precisamente, os medios encárganse (ou deberían) das denuncias sociais dando voz ás persoas que habitualmente non a teñen. Cando son os propios medios os que teñen que facer autocrítica, esta denuncia social desaparece e os xornalistas, que son quenes dan voz, son quenes quedan sen ela. No caso de El Correo Gallego, é o xornal Galicia Confidencial quen da a exclusiva, pero se uns medios se cobren uns a outros, que queda para os xornalistas? Sobre isto hai una reflexión nun artigo de opinión que penso que debería lerse: http://www.periodistadigital.com/opinion/columnistas/2017/04/14/periodismo-y-miseria.shtml

    Gústame

    1. Boas Laura, moitas grazas polo teu comentario. Xustamente falamos sobre iso cos membros do círculo. Cando uns medios falan sobre a situación dos outros, tan só é por intereses económicos ou para desprestixiar á competencia. Un caso moi soado é o intercambio de noticias que teñen El Correo Gallego e La Voz de Galicia atacándose un ó outro. Despois de ler esas noticias, cabería preguntarse si esa é a maneira correcta de sacar a luz a situación dos medios.

      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/01/13/correo-gallego-perdio-sede-preguntoiro-poder-pagar-deuda/0003_201701S13C5991.htm
      http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/voz-desmantela-voz-television-retirarle-sus-socios-apoyo-economico/idEdicion-2017-01-14/idNoticia-1036288/

      Por último, moitas gracias por engadir ese artículo, xa que non tivera o pracer de lelo antes e está moi interesante.

      Gústame

  3. Boas! Resulta triste ver a situación que sofren os xornalistas na actualidade.
    Os xornalistas deberían ser persoas que transmitisen a información da forma máis obxectiva posible, pero desgraciadamente esto non ocorre así debido a actitude que toman os medios de comunicación. Como ben decías, os que traballan nesta profesión viven nun silencio continuo, sen apoios e cada vez o número de despidos é maior.

    Deixo o enlace a unha noticia na que Manuel Risco conta como foi o seu despido da SER, neste caso por tema da ideoloxía do medio http://www.elplural.com/comunicacion/2016/09/05/manuel-rico-nuevo-despedido-de-la-ser-es-una-tragedia-el-giro-en-la-linea

    Gústame

    1. Paréceme moi interesante a reflexión que se fai neste artigo. A ausencia dun movemento sindical forte no sector deriva nunha terrible precaridade laboral para as e os xornalistas, feito que, inevitablemente, inflúe na calidade da información.

      Neste contexto son vitais aquelas iniciativas que xorden nas marxes e que circulan por medios de difusión alternativos. Este é o caso do blog “Eu non manipulo” (https://eunonmanipulo.wordpress.com/), no que traballadoras e traballadores da TVG denuncian os abusos e a manipulación informativa do medio. Porén, ao xurdir e difundirse por circuítos non hexemónicos, o seu alcance é moito menor. Isto fai necesario o amparo do resto de xornalistas, así coma o do conxunto da sociedade.

      Gústame

      1. Moitas gracias polo teu comentario Antía. Tes toda a razón en todo o que expós. Tal como recalcas, o problema de iniciativas positivas para o sector como o blog “Eu non manipulo” é que ten un alcance bastante limitado, polo que a gran parte da sociedade non ten constancia sobre a súa existencia. Neste tipo de iniciativas o colectivismo entre xornalistas é vital, pero tal como recalcan moitos deles, desgraciadamente nesta profesión non é o máis habitual.

        Gústame

    2. Así é Lorena, tal como relatas no teu comentario, é imposible que o xornalista teña liberdade de facer ben o seu traballo cando existen presións e censuras por parte do medio. Ademais, se o xornalista se encontra nunha situación precaria laboralmente, isto acentúase. O feito de non poder dedicarlle o tempo necesario a cada noticia tamén repercute na calidade informativa do periódico.

      En canto ós despidos, desafortunadamente o caso que ti señalas non é aislado. O xornal ABC comezou este ano con redución de plantilla e recortes, ó que os traballadores do medio responderon con dúas folgas de firmas.

      http://www.elconfidencial.com/comunicacion/2017-02-14/huelga-firmas-abc-vocento-despidos-ere-salarios_1331849/
      http://www.infolibre.es/noticias/medios/2017/03/01/segunda_huelga_firmas_abc_tras_despido_otros_tres_trabajadores_61929_1027.html

      O peor de todo é que neste caso, os despidos corresponden ós xornalistas máis veteranos do xornal. Estes contaban cun salario digno e serán sustituídos por traballos precarios. Polo tanto, que futuro se nos augura a nós?

      Gústame

      1. Os xornalistas viven día tras día con maior medo na sua profesión. Día tras día os medios van reducindo o peronal tanto na televisión como na radio e a prensa e os soldos cada vez máis precarios.
        Neste enlace pódese ver o balance en canto a numero de despidos e medios cerrados nos últimos anos, unhas cifras terribles.
        http://prnoticias.com/periodismopr/442-un-ano-de-eres-1/20132555-11145-periodistas-despedidos-y-100-medios-cerrados-el-triste-balance-de-siete-anos-de-crisis-en-los-medios

        Respondendo a tua pregunta, penso que nun futuro próximo se a situación non cambia verémonos obrigados a cambiar a outra profesión, algo que realmente espero que non pase. Debe cambiar a actitude dos medios e entre todos facer un xornalismo mellor

        Gústame

  4. Dame pena dicir que o teu post é bo, porque iso significa que a situación que describes é a nosa realidade como xornalistas. Así e todo, fas unha moi boa exposición dos datos, outorgándolle a visibilidade da que carece este tema.
    O teu post recórdame a un tweet que vin fai arredor dun mes. Neste se mostraba diferentes xornais e axencias cos respectivos pagos de cada unha por crónicas ou reportaxes. Déixoche o enlace aquí mesmo:

    O caso máis impactante era o da axencia EFE. Este ofrecía solamente 18 euros por unha crónica ou un reportaxe. O mesmo prezo polas dúas, sen ter en conta a cantidade de traballo que hai detrás de cada xénero. É realmente triste a situación na que nos atopamos, pero ¿como podemos tirar para adiante? É unha pregunta da que non consigo atopar resposta. ¿Ti que pensas?

    Gústame

    1. Moitas gracias polas túas palabras Lucía. Eu tamén vin o tweet que adxuntaches fai unhas semanas… resulta desolador que un traballo que leva tanta dedicación e tempo como unha reportaxe sexa remunerada con esa mísera cantidade de diñeiro. Estarás de acordo comigo en que iso non é traballar, é sobrevivir.

      En canto as posibles solucións a esta situación de precariedade, o noso grupo realizamos como acción do grupo de traballo un código deontolóxico sobre como actuar nestas situacións. Un dos puntos deste é “non temas protestar cando hai motivos”. A través da difusión deste tweet e da repercusión que está tendo nas redes tamén se fai unha protesta.

      Existen artículos como este (http://www.lamarea.com/2017/03/13/verguenzas-ocultas-del-periodismo-espanol/) no que se explica esta situación con máis detalles. Perder o medo a contalo é o primeiro paso para avanzar.

      Gústame

      1. Estou moi de acordo contigo en que este tipo de situacións que existen no día a días dos xornalistas non forman parte de traballar, senón de sobrevivir. E resulta unha situación moi pouco esperanzadora para nós, uns proxectos de xornalistas. A acción que leváchedes a cabo co voso círculo penso que é moi acertada, deberíades sacala á luz para que moitos medios se den conta e comecen a aplicalo.
        Penso que a precariedade a que nos enfrontamos fai que as informacións que se producen perdan calidade. A maioría das veces isto ocorre porque non temos recursos. Deixoche aquí mesmo un informe que explica perfectamente esta problemática que leva como título “Con precariedad no hay calidad”
        http://www.revistalatinacs.org/12SLCS/2012_actas/037_Ufarte.pdf

        Moitas grazas polos teus enlaces e polas boas palabras!

        Gústame

  5. Espero que non sexa así Lorena, xa que sempre terán que existir xornalistas que poidan informar á sociedade. Xa na actualidade se falan de posibles vías de innovación para mellorar esta situación como poden ser, por exemplo, pagar ou financiar as novas aínda que estas sexan en formato dixital. Existe unha parte da sociedade que está disposto a facelo se recibe a cambio información de calidade. Aínda así, teremos que esperar uns anos para poder apreciar si esta ou outro tipo de posibles solucións son realmente factibles.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s