Na procura dunha Compostela máis accesible

A histórica capital galega é, para moitos, un exemplo de mobilidade e unha cidade centrada nas necesidades e comodidade dos peóns. Conta cun transporte urbano que custa un euro e con facilidades para residentes en Santiago e comarca, estudantes, xubilados, etc., que o deixan en sesenta céntimos. Pero isto non é todo, hai certos grupos cuxas facilidades de transporte non se cobren con autobuses, que precisan doutras vías, doutros servizos cos que aínda non contan.

Accesibilidade universal e convivencia cordial como obxectivo

Polo tanto, quedan aínda moitos aspectos que mellorar para lograr unha convivencia de máis óptima entre os diferentes usuarios da vía pública. Precisamente con ese obxectivo naceu o Pacto Local de Mobilidade, froito de meses de negociación entre os grupos políticos e os veciños que aportaron as súas propostas ó mesmo.

Despois de moitos anos de inacción nos que os sucesivos gobernos non foron capaces de dotar ó municipio, o rexedor Martiño Noriega conseguiu sacar adiante o que a sociedade reclamaba dende hai tempo: as medidas precisas para facer de Santiago unha cidade accesible para tódalas persoas. “Queremos que se nos trate por igual e que poidamos facer o mesmo que todo o mundo”, asegura Ánxela López, representante de Vida Independente. Ademais, denuncia as dificultades ás que a diario se enfrontan as persoas con mobilidade reducida para levar a cabo accións tan simples como subir ó autobus. O Pacto tenta ser “universal” e atender ás necesidades “de todos os colectivos”, pero Ánxela opina que a corporación municipal aínda ten moito traballo por diante se quere cumprir as súas promesas.

u

Aspecto dun tramo da Rúa do Restollal (Fotografía: Vicente Otero)

A día de hoxe, Santiago presenta numerosas deficiencias que dificultan o tránsito peonil, especialmente o transporte en bicicleta ou cadeira de rodas. Vicente Otero, membro da asociación Composcleta, pon como exemplo a Rúa do Restollal, constituída por ata dez carrís para os vehículos. Trátase dunha baixada que desemboca en rotonda e é a incorporación dende a autoestrada polo que, a pesar de estar a velocidade máxima limitada a 50 km/h —excesiva segundo Vicente—, os condutores acostuman superala. Ademais, as beirarrúas son demasiado estreitas e nalgúns tramos, como o da imaxe anterior, o tránsito é imposible. Todo isto xera un perigo maior para os peóns.

Unha cidade sostible

Entre as grandes propostas do Pacto é preciso destacar un termo: sostible. O obxectivo primordial é facer a cidade máis accesible, cómoda e cordial, pero partindo da base do sostemento e o ecoloxismo, unha Compostela “verde”. Para iso, dende o Concello consideran preciso reducir as emisións de CO2 dos vehículos, restrinxir o tráfico e dar prioridade a ciclistas e peóns, algo que xa se fixo nalgunhas cidades galegas como Pontevedra . Con isto preténdese diminuír os altos niveis de contaminación medioambiental e acústica e mellorar a calidade de vida das persoas residentes. Non obstante, o documento non esclarece as medidas a poñer en funcionamento para logralo, senón que sinala unha serie de directrices e metas básicas coma “promocionar o transporte público” ou “transformar os hábitos de desprazamento diarios”.

aaa

Numerosos vehículos estacionados en medio dunha rúa de frecuente tránsito peonil no casco vello (Fotografía: Vicente Otero)

Para lograr este obxectivo sería moi importante, como indica Vicente Otero, impedir que os vehículos poidan acceder por determinadas rúas e camiños do casco histórico —que deberían ser de uso exclusivo para peóns e ciclistas—, coa finalidade de mellorar a circulación dos transeúntes e conservar o patrimonio local, deteriorado pola ausencia de restricións. Como exemplo, destaca que as columnas que fan esquina en moitos dos edificios máis antigos da cidade están moi danados polo paso continuo de vehículos.

As intencións do Pacto de Mobilidade son moi positivas, agora queda por saber se se cumprirán os obxectivos e se logrará facer de Santiago de Compostela unha cidade accesible para todas as persoas, cordial, cómoda e sostible.

Advertisements

3 comentarios en “Na procura dunha Compostela máis accesible

  1. Ola Andrés,
    esta iniciativa preséntase coma unha boa oportunidade para correxir as fallas estructurais das rúas da cidade. Se finalmente cúmprese cos obxectivos, Santiago haberá dado un paso adiante para converterse nunha cidade verdadeiramente accesible e disfrutable por toda a comunidade. Especialmente, sendo como é unha cidade tan orientada ao tránsito de estudantes e ao turismo. Déixoche un link a unha noticia na que se expón un plan similar para A Coruña. https://www.adiantegalicia.es/costa-artabra/2017/04/02/buscando-el-consenso-en-movilidad-sostenible.html
    Un saúdo.

    Gústame

    1. Así é Pablo. A gran preocupación de todos os membros do circulo e que estas medidas nunca se leven a cabo e inda que aínda é moi cedo para sabelo, o certo é que de momento o concello estase tomando con calma a aplicación do plan.
      Canto a noticia que compartes, paréceme moi interesante, como moitas cidades, non só en Galicia, senón en toda España están intentando encontrar un plan de mobilidade o mais sostible posible, tomando como exemplo o aplicado no centro de Pontevedra. Estes plans non so, son unha boa forma de alixeirar o transito no centro das cidades, senón que ademais convértense en aliados económicos e ambientais.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s