Plumofobia, discriminación dentro do colectivo LGTBI

En moitas ocasións cando falamos de discriminación cara o colectivo gay tan só pensamos nas que poden chegar dende fora do ambiente, mais nas reunións celebradas co Círculo de Lectura Crítica tamén se tratou unha segregación existente dentro propio colectivo: a plumofobia.

Cando falamos de pluma temos que ter en conta que é un concepto subxetivo, en xeral soe asociarse con xestos, formas de vestir ou gustos que ten un home e son asociadas pola sociedade co xénero feminino. A plumofobia, polo tanto, é o rexeitamento a aqueles homes que polos seus xestos ou gustos teñen pluma. Traballando nas reunións co Círculo de Lectura Crítica coincídiuse en que hai que denunciar este polémico tema como unha forma máis da homofobia.

A plumofobia está moito máis extendida dentro da sociedade do que un pode pensar nun primeiro momento. Nunha sociedade na que a normalización da homosexualidade está avanzada, unha parte do colectivo visibilizado nos últimos anos ve aquelas identidades asociadas a “o gay” como axenas e perxudiciales para a normalización. Pablo Francisco, un dos compoñentes do noso grupo de traballo opina que a plumofobia é un producto do heteropatrircado e que produce unha discriminación dentro do propio colectivo.

O termo “plumofobia” aínda non está aceptado pola RAE nin pola RAG, non obstante xa é de frecuente uso dentro da xerga do colectivo LGTBI. Para indicar unha diferenza máis poderíamos dicir que a homofobia diríxese cara as persoas que se saen da heterosexualidade, pero a plumofobia vai en contra de aqueles se saen do seu rol de xénero: contra os homes que non adoptan o comportamento supostamente masculino e as mulleres que tampouco o fan co comportamento feminino.

O gran problema da plumofobia é que non é só unha discriminación que se fai dende heterosexuais como pode ser a homofobia, a plumofobia tamén existe dentro do colectivo e non precisamente en reducidos casos. Esta fobia é un símil da expresión “sí pero que non se note”, si un rapaz ten formas suaves, tíntase o pelo de cores e comeza a dar saltiños tildaráselle de “loca” e en moitos casos recibirá o desprezo de outros homosexuais. É incrible como este tipo de homofobia está extendida dentro do ambiente.

A plumofobia nas redes sociais

Os membros do noso círculo concordan en que as redes sociais mostran un verdadeiro reflexo da situación de plumofobia que está a vivir o colectivo. Especialmente din que pode notarse na xente que aínda ten unha certa homofobia interiorizada ou que quizais non acaba de aceptar a súa condición sexual. Un dos exemplos máis claros e sinalados no grupo de traballo é cando nas redes sociais adicadas a buscar parella como pode ser Grindr poñen directamente o término “mascxmasc” definíndose a eles mesmos como masculinos que só buscan unha parella masculinizada.

O representante da asociación Ultreia que nos acompaña no Círculo de Lectura Crítica, Alberto Hernández, mostrounos o seu xuízo do controvertido asunto deixándonos entrever que para el o feito de ter pluma ou non non é algo que mereza importancia. Insistiu en que como persoas temos o valor de ser diferentes e de encontrarnos cómodos cuns valores que pensamos que nos representan. Rematou decindo que a plumofobia está directamente asociada a pensamentos homófobos e machistas.

Movementos contra a plumofobia

Non existiu todavía en España ningunha manifestación pública por parte do colectivo LGTBI para loitar en contra da plumofobia. Posiblemente o mais parecido sexa o día da camiseta rosa que sí celebran en países coma Canadá e que movilizou incluso ao seu propio presidente, Justin Trudeau. Aínda así, Alberto, tamén nos sinala que os eventos  máis claros contra a plumofobia son os espectáculos de drag queens e travestis tanto en festas como en reivindicacións ou na propio Día do Orgullo Gay.

A nivel nacional o máximo que podemos encontrar é que dende grupos como COGAM, un colectivo de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais con sede en Madrid e de finalidade similar ao grupo Ultreia co que nos traballamos, si orgañizou debates que xiraban entorno a esta polémica. Quizáis o máis oportuno para acabar con esta fobia sexa apelar á “naive psychology” (psicoloxía do sentido común) que impulsou o psicólogo austríaco Fritz Heider para designar o proceso polo cal as persoas, nas súas relacións cos outros, construen unha imaxe do ambiente social que guía as súas accións.

BIBLIOGRAFÍA:

TRANS PRIDE, (2016) [online] Available at:  https://transprideworld.wordpress.com/2016/05/07/sabes-que-es-la-plumofobia/ [Recuperado 27 Mar. 2017].

Alejandro Durán, (2017) [online] Available at: https://www.vice.com/es/article/apps-gay-discriminacion-lgbt [Recuperado 27 Mar. 2017].

Andrea Pugelli, (2017) [online] Available at: http://blogs.20minutos.es/1-de-cada-10/2016/01/10/plumofobia/ [Recuperado 27 Mar. 2017].

Advertisements

21 comentarios en “Plumofobia, discriminación dentro do colectivo LGTBI

  1. Boas Juan,
    Este post paréceme realmente interesante, nunca escoitara como tal o termo “plumifobia” e considero que é un gran problema. Ademais, penso que toda a sociedade tivo a oportunidade de ser testemuña dalgún caso.
    É acertada a afirmación de que é un termo que surxe dunha sociedade heteropatriarcal, cuns roles de xénero totalmente arraigados. En xeral, adóitase catalogar ós homes con pluma como aqueles que teñen comportamentos que “casan” máis co rol da muller da sociedade. Non é raro, por tanto, ver como hai persoas que teñen que sentirse discriminadas só por ter unha serie de comportamentos totalmente respetables cuxa diferencia con respecto ó socialmente máis aceptado é pouco menos que mínima
    Adxunto aquí este enlace que fala deste tema: https://larealidadescondida.wordpress.com/2014/03/03/plumofobia-otra-ridicula-forma-de-discriminacion/

    Gústame

    1. Boas Diego!
      Como comento na propia post, o termo plumofobia igual non está moi extendido mais xa é frecuente no ámbito LGTBI. Proba de que vai en aumento son a cantidade elevada de resultados que nos atopamos se buscamos en Google dita palabra, ata podemos atoparnos con vídeos de youtubers falando sobre dita temática. O máis preocupante da problemática pode ser que se trata de unha discriminacion dentro dun colectivo que debería saber perfectamente o que se sinte ao ser apartado ou desprestixado pola sociedade. Deixoche algún enlace que sirve para comentar e ampliar información sobre o tema: http://shangay.com/plumofobia-¿mito-o-realidad

      Gústame

  2. Ola, Juan!
    En primeiro lugar gustaríame comentar que eu (ao contrario ca Diego) sí coñecía tal termo (plumofobia). Sendo outra ridícula forma de discriminación que non só afecta a homes, senon que, igualmente, ás mulleres pouco ou nada femininas (hombrunas), en contraposición ao que dicta a heteronormatividad do que unha muller “debe” ser.
    Paréceme absurdo e canto menos hipócrita, que a plumofobia se de dentro do propio colectivo LGTB+. Penso que é hora de poñer fin aos prexuizos, aos estereotipos e da inquisición do medievo. Basta xa de avergoñarnos do compañeiro e de impoñer límites, marxes e muros que nos dividan e separen.
    Deixoche aquí un enlace que vai directo a un vídeo de apenas dous minutos onde se recolle a opinión da xente na rúa acerca do tema: http://shangay.com/plumofobia-%C2%BFmito-o-realidad

    Gústame

    1. Boas Judit!
      Non é o teu caso pero o termo plumofobia non é coñecido por todo o mundo, por exemplo Diego manifestou no comentario anterior tampouco o coñecía. A realidade é que moitas persoas, especialmente as que teñen menos contacto coa temática LGTBI, non coñecen o término nin o seu significado polo que é difícil de solucionar o problema. Concienciar as persoas de que é unha discriminación máis formes parte ou non do colectivo é de vital necesidade. Hai que acabar coa marxinación de unha vez por todas. Adxúntoche este post escrito nun blogue denominado La Realidad Escondida no que podes informarte e leer unhas novas opinións sobre o tema:
      https://larealidadescondida.wordpress.com/2014/03/03/plumofobia-otra-ridicula-forma-de-discriminacion/

      Gústame

      1. Boas de novo, JD
        Sí, acabo de ler o comentario de Diego no que manifesta non coñecer o termo do que falamos. E sí, comparto a túa opinión en canto a que non moita poboación coñece o mesmo e por elo, penso que é necesario facelo publico mediante campañas ou achegándoo a terreo educativo no que xa dende novo poidas entender e saber o que é a plumofobia.
        Lin o post que me aconsellache (La realidad escondida) onde me parei a ler bastantes opinión sobre o tema, mais, ti cal crees que é a máis xeneralizada?
        http://blogs.20minutos.es/1-de-cada-10/2016/01/10/plumofobia/ deixoche aquí un artigo realizado por un activista italiano do LGTBI.

        Liked by 2 people

      2. Ola de novo Judit!
        A opinión que eu leín é creo máis correcta é que o gran problema que ten a plumofobia é a falta de empatía e egoísmo dentro de persoas do colectivo. Eles mesmos deberían de saber perfectamente o que é vivir unha opresión e vivir afastados dos medios de comunicación, non obstante dedícanse a desprestixar a outras persoas da súa mesma condición polo feito de que se comporten dun determinado modo.

        Gústame

  3. Boas tardes, JD
    A verdade e que máis dunha vez fun testigo dun caso de plumofobia, é dicir, ir pola calle ou estar nalgún sitio con amigos e que algún diga, “mirade ese, non podo ver á xente así, sácanme das miñas casillas”.
    É certo que cada un é libre de vestir como queira e actuar como queira sempre que non moleste aos demáis, pero si que é verdade que moita xente considera irritante a forma que teñen de comportarse algúns gays, aínda que eu non creo que isto esté
    ligado á homosexualidade, hai moita xente que sí o relaciona e de ahí esta fobia.
    Moita xente non nos cae ben independientemente da súa orientación sexual, pero parece que se a persoa que “non podemos ver” é homosexual, xa asumimos que os problemas veñen de ahí, cando en realidade non é así.
    Máis documentaión sobre o tema http://estoybailando.com/plumofobia-homofobia-colectivo-lgtb/

    Gústame

    1. Boas Mara!
      Coma ti ben dis moita xente expresa a súa marxinación cara as persoas que teñen certas formas de comportarse ou actitudes máis propias doutro xénero pero sin embargo non están en contra da liberdade á hora de escoller a tua sexualidade. Ese é o principal problema, o feito de que unha persoa se comporte dun xeito non nos da motivos para o odio nin para a discriminación. Debemos de ser respetuosos uns cos outros e respetar as liberdades de cada unha das persoas que nos rodean e aínda máis cando non interfiren na nosa propia liberdade.
      Como ben mostra este artículo do diario El Mundo http://www.elmundo.es/yodona/2015/11/11/562659e5e2704e6b0b8b45dc.html a plumofobia non é máis que unha nova forma de odio xerada dentro do colectivo. O odio non levanos ao sufrimento e este á dor polo que debemos evitalo, non crees?

      Gústame

      1. Boas, estou totalmente de acordo con que debemos evitar todo tipo de actitudes despectivas cara aos demais, xa que cada un é libre de elixir a súa sexualidade e comportarse como lle dé a gana sempre e cando non interfira na liberdade dos demais. Con todo, creo que os casos de homofobia e plumofobia son cada vez menos, xa que as mentalidades están cambiando. A xente maior todavía presenta rasgos propios da homofobia, máis os xóvenes cada vez somos máis abertos e comprensivos cos demais, e ojalá esto siga sendo así.
        Adxunto uns enlaces nos que se pon de manifesto esta descenso .
        http://www.mercuriovalpo.cl/prontus4_noticias/site/artic/20070221/pags/20070221001958.html
        http://www.infocajeme.com/general/2016/05/persiste-homofobia-en-sonora/

        Liked by 1 person

      2. Boas Mara! É certo que cada vez hai menos casos de homofobia pero non chega con que se reduzan, o que hai que facer é acabar con eles pola totalidade. Os enlace que me pasas conteñen moi boa información pero sin embargo que baixe non é suficiente, é unha cuestión de humanidade

        Gústame

      3. Así é, por suposto que non chega con reducilos. É un problema que non debemos deixar de lado en ningún momento , ata erradicalo ao 100%, posto que a marxinación social e o odio cara ós homosexuais e algo moi serio que ocasionou moitos problemas e incluso mortes no futuro e que, aínda que cada vez menos ,todavía os segue a ocasionar. Ninguén pode ser xuzgado e moito menos maltratado polas súas preferencias! A solución está soamente nun cambio de mentalidade, que debe empezar polos máis pequenos con talleres coma esta, implantados nos colexios e institutos. http://www.malaga.es/cultura/1315/com1_md3_cd-32185/diputacion-ofrecera-talleres-sobre-diversidad-sexual-contra-homofobia-fomento-habitos-saludables-institutos-provincia

        Gústame

  4. Ola Juan! Un post curioso. Está moi ben que reflexes a realidade desta forma pois, normalmente cando pensamos nunha fobia cara o colectivo homosexual é a homofobia e non a tratada por ti nesta publicación. Chamoume a atención o testemuño das persoas do teu círculo nas que dín que esta discriminación pódese atopar ata dentro do colectivo… paréceme de todo absurdo.

    Con respecto a plumofobia, teño escoitado moitos comentarios que insinúan que son un conxunto de actos sobreactuados por parte das persoas que se considera socialmente que teñen pluma. Cal é a túa opinión o respecto, é un acto sobreactuado ou a pluma é natural?

    Deixoche neste enlace outro post sobre a plumofobia por se tes interese e por se queres ver outra perspectiva: http://doctoraqueer.blogspot.com.es/2007/03/plumofobia.html

    Un saúdo!

    Gústame

    1. Boas Ana!
      Contestoche á pregunta que me formulas sen ningún problema. Para mín a pluma non ten que estar ligada a actos sobreactuados, cada un é libre de comportarse como quere e si os seus comportamentos son máis propios de outra sexualidade tampouco existe ningún tipo de problema. A xente que se encontra incómoda con este tipo de persoas está tremendamente equivocada posto que eles comportanse de dita forma respetando as liberdades de todos nós, por qué nos non deberíamos respetar a súa liberdade de comportarse como desexen?

      Liked by 1 person

      1. Totalmente dacordo Juan. Todos deberíamos respetarnos e saber onde comeza e onde acaba a nosa libertade. No teu círculo había alguen que sufrira este comportamento? Refírome a plumofobia.

        Gústame

  5. Bó día, Juan!
    Lendo o teu post teño que admitir que considero moi interesante a túa reflexión sobre a plumofobia. É unha das fobias máis comúns que afecta ao colectivo homosexual, que en ocasións é repudiado por cidadáns ignorantes que ademáis de non aceptar a súa condición social, tampouco respectan a súa forma de ser. Aínda que na actualidade aínda non exista ningún movemento que loite contra dita plumofobia, seguro non tardarán de crearse asociacións que reivindiquen todos e cada un dos dereitos do colectivo LGTBI, centrándose no que estamos falando. Non se trata dunha invención nin de unha problemática abstracta, senon que está comprobado que é algo real (http://www.dosmanzanas.com/2016/10/un-estudio-realizado-en-estados-unidos-y-reino-unido-pone-de-manifiesto-la-plumofobia-existente-dentro-del-propio-colectivo-gay.html). Ogallá cheguen a conseguir o seu propósito, sería un paso máis para lograr a igualdade.

    Gústame

    1. Boas Gorka!
      Entendo perfectamente a tua postura e si debería ser o camiño a seguir. Pero gustaríame engadir que nós, como membros e futuros membros dos medios de comunicación, deberíamos enfocar dito asunto dende un punto de vista moito máis amplo. É moi pouco común escoitar falar da plumofobia nos medios de comunicación e isto é un grave problema que temos que correxir de cara ao futuro. Non estás de acordo?

      Gústame

      1. Sí, Juan, estou dacordo. Quizáis un dos motivos polos que esta problemática non ten visibilidade na prensa é o que ti comentas, que non existe ningunha asociación que defenda a eliminación da plumofobia. A realidade é que parece unha concepción moi arraigada co colectivo LGTBI e que parece que tardará moito tempo en desaparecer. Antes de acabar con ela terá que desaparecer calquera actitude homófoba, e como digo na maioría destes casos, a clave está na educación. As futuras xeracións non poden sufrir o mesmo que as actuais, e debemos de comenzar a prepararnos para que non ocurra, aínda que parece que xa vamos demasiado tarde (http://www.elmundo.es/yodona/2015/11/11/562659e5e2704e6b0b8b45dc.html).
        Un saúdo, Juan. Moi agradable conversar con vostede.

        Gústame

      2. Boas Gorka, revisando o artículo que me pasabas publicado en El Mundo, lévame a comentarche unha das maiores problemáticas que eu vexo posto que fala da plumofobia nos colexios. Xa dende cativos nos colexios outros compañeiros mófanse cando un determinado alumno/a se comporta de forma que non corresponde co seu xénero e moitas veces estos actos pasan desapercibidos polos mestres. Na miña opinión isto debería de estar moito máis controlado posto que vanse creando unhos prexuízos a larga decisivos e que poden chegar a frustrar a moitas persoas, un saúdo Gorka.

        Gústame

      3. Por suposto, Juan. Tes toda a razón do mundo. E moito máis grave se cabe (sen desmerecer a importancia da plumofobia noutras idades) que o obxectivo da mofa sexa un cativo, pois atópase nunha idade crucial para o seu desarrollo e moi posiblemente o seu comportamento no futuro véxase influenciado polo que pasou na súa infancia. A plumofobia está moi achegada ca homosexualidade pero non só os homosexuais a sofren. Neste caso, moitos nenos son maltratados polos seus compañeiros de colexio tan só por mostrar unha postura máis “afeminazada” do que cren que deberían ser. Tristemente moitos mestres non solucionan esta problemática crendo que son cosas de nenos, pero é un feito que de non arranxalo, o futuro será moi negro en canto á tolerancia social. Adxuntote unha nova que se ben non se relaciona directamente ca plumofobia, sí é protagonizada por un colexio (http://shangay.com/el-director-de-un-colegio-compara-una-ley-lgtb-con-el-terrorismo). Este é o tipo de individuos que encargamos para a educación das novas xeracións.
        Un saúdo, Juan.

        Gústame

  6. Respondendo ao teu comentario, JD, desgraciadamente opino coma ti. Moitas veces a discriminación non só ocorre no exterior, senon que tamén é propiciada dende o propio colectivo: algo que me parece ridículo.
    Con todo, teño a esperanza de que cada vez sexa menor e poidamos tratarnos todos coma iguais, coma o que somos.
    Deixoche aquí un enlace no que podes ver un reportaxe feito por Semana, no que mostran cómo se vive esta situación noutros países (Neste caso Colombia). https://www.youtube.com/watch?v=p1F9p3rBg_I e ti, Juan, pensas que noutros países aínda se leva peor ca en España?

    Gústame

    1. Estudando o caso non sei contestarche si se leva concretamente mellor en algún país que en outros concretamente. Ben é certo que hai sociedades con mentalidade máis retrógradas e que aínda están afastadas de alcanzar a normalidade nestos temas. Pero nós, como futuros comunicadores temos que loitar por solucionar isto xa que temos nas nosas mans unha ferramenta decisiva, o poder sobre a información.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s