Compostela, Aberta? O caso dos Encontros ao Vivo

A democracia participativa é, en liñas xerais, un modelo de goberno que busca unha maior actividade dos cidadáns na vida política. Desta maneira, o pobo soberano non só elixiría aos seus gobernantes democraticamente, senón que estos tamén participarían directamente, presentando propostas e mobilizándose na toma de decisións trascendentes.
O partido político que agora tutela a alcaldía de Santiago, (Compostela Aberta) parece orientarse cara un modelo inspirado nas democracias participativas teóricas. O alcalde, Martiño Noriega, considera que o tecido asociativo constitúe unha parte fundamental no motor de funcionamento dunha cidade. O movemento cidadán (así se autodefine Compostela Aberta) deseñou un modelo de orzamentos participativos sen precedentes. Un mecanismo, que segundo o concello, fomenta a influencia veciñal e a democratización na xestión dos cómputos.

Os Encontros ao Vivo coas asociacións e os cidadáns supuxeron outro punto salientable (á par que controvertido) da administración de Noriega. Nestas xuntanzas cos veciños composteláns participan a totalidade dos concelleiros e concelleiras do Goberno e búscase un achegamento conxunto das propostas das diferentes parroquias e barrios da cidade recollidas no último ano e medio de goberno, así como o repaso do feito ata o momento. As reunións celebraríanse, en principio, mensualmente, os sábados pola mañá. Non obstante, o alcalde asegurou que o horario era flexible co fin de acadar a maior participación posible.
O Concello de Santiago propuxo un total de nove reunións (seis en áreas urbanas e tres en áreas rurais) para intentar abarcar a totalidade do territorio rexido polo concello.

O 25 de Marzo celebrouse o segundo encontro dedicado á zona Rural Norte, incluíndo esta as parroquias de Carballal, Enfesta, Cesar, Enfesta, Barciela, Marantes, Nemenzo, Busto, Verdía, A Peregrina, Grixoa, San Xoan e Santa Cristina de Fecha. A xuntanza tivo lugar ás 11:30 da mañá no Hotel Castro, en Formarís.

No Obstervatorio Cidadán de Comunicación, reunimonos con varios presidentes e presidentas das asociacións veciñais para coñecer de primeira man que opina este movemento cidadán organizado sobre os Encontros AO VIVO do Concello. Luis Matos (A.V. Doutor Maceira), Teresa Barral (A.V. As Brañas de Andrés) e Cruz Vázquez (A.V. Ponte Sionlla). Esta última, ademais, participou directamente na xuntanza.

É Compostela tan “Aberta” como di ser?

Referencias bibliográficas.

Rodríguez Burgos, K. E. (2015). Democracia y tipos de democracia. En Arango Morales, Xótchitl, A. Hernández Paz, Abraham Alfredo (2015) Ciencia política: perspectiva multidisciplinaria (p.53). Tirant lo Blanch, México D.F. Recuperado de: http://eprints.uanl.mx/8477

Advertisements

14 comentarios en “Compostela, Aberta? O caso dos Encontros ao Vivo

  1. Aínda que ben intencionadas, estas xuntanzas veciñais representan unha dificultade engadida no que respecta a ese “emponderamento” do que tanto se fala e que tanto se intenta outorgar á cidadanía. Se ben, creo que estas reunións responden a unha auténtica motivación por parte do Concello de favorecer un movemento asembleario local, o certo é que é moi difícil ensamblalo nun curto espazo de tempo e nun marco xeográfico tan amplo como Santiago. En todo caso, e a pesar das limitacións, este tipo de actos deberían ser realmente multitudinarios e motivar o diálogo dentro deles. Se o que se quere é buscar un bo exemplo a seguir, aí esta o caso que se leva dando dende fai décadas co asemblearismo de Marinaleda en canto a todo o que afecte á colectividade do municipio ou nos seus barrios:

    http://www.marinaleda.es/opencms/opencms/marinaleda/ayuntamiento/OrganizacionMunicipal/asambleageneral.html

    http://www.marinaleda.es/opencms/opencms/marinaleda/ayuntamiento/OrganizacionMunicipal/asambleadebarrio.html

    Liked by 1 person

    1. Coñezo o caso de Marinaleda como modelo ampliamente referenciado dentro do ámbito da comunicación veciñal e a democracia participativa. Non obstante a orfanización política do municipio basease na participación individual principalmente.
      O noso grupo de traballo explora as posibilidades da participación cidadá non como individuo senón por medio de movementos veciñais organizados. O problema na xestión compostelana pode ser a non distinción entre estos dous ámbitos, que se ben son combinables, son completamente distintos.
      Adxunto o enlace dun texto de Vicente Pérez Quintana que reapasa a importancia destas asociacións.

      https://www.fuhem.es/media/cdv/file/biblioteca/PDF%20Papeles/106/El_movimiento_vecinal.pdf

      Liked by 1 person

  2. Resulta moi interesante o caso das asambleas veciñais porque ao igual que os orzamentos participativos o que buscan é dar voz á veciñanza en cuestións fundamentais do día a día nos seus barrios. Quizais en Compostela aínda están comezando a arrincar e é por iso que non se ven polémicas máis aló desa citada no teu post por un diario de ideolóxía contraria ao goberno compostelán. Por poñer un exemplo próximo, na Coruña este tipo de actividade, chamada alí “Dillo ti”, foi denunciada polo Partido Popular municipal por tratárense de “actos electorais pagados polo Concello”. O resultado foi a suspensión dos mesmos e unha morea de procesos xudiciais entre goberno e oposición. http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/06/11/junta-electoral-rechaza-recurso-ejecutivo/1078369.html

    Chámame a atención pois, a reticencia tanto mediática como xudicial a que se celebren este tipo de actos cando non son nada novo na axenda política do país.http://www.lavanguardia.com/local/sevilla/20121028/54353596265/unas-4-000-personas-participan-en-el-encuentro-vecinal-2012-que-desborda-las-previsiones-del.html?facet=amp

    Como ben din os membros do voso círculo, o problema dos encontros veciñais non é propiamente a súa existencia senon que unha vez alí non sirvan como tal e non se escoite realmente os veciños. Pode que esta non sexa a solución e a cousa pase máis por referendos municipais máis pechados. O caso é que este tipo de iniciativas deberían existir e de existir deberían funcionar para o que foron pensandas.

    Gústame

    1. Coincido contigo, Uxía en que da a impresión de que existe un rechazo mediático e institucional a calquera medida política que poida acercarse a un modelo de democracia participativa ou directa. Tanto o Goberno de España como a Xunta de Galiza, lidearadas polo Partido Popular manteñen unha posición conservadora (como é lóxico) no tocante a estos temas.
      Prefírese unha democracia puramente representativa onde o cidadán e movemento veciñal organizado reléganse a roles puramente pasivos e ausentes da participación política.
      O caso de Ames pode sumarse a os exemplos que indicas no teu comentario. https://www.adiantegalicia.es/en-breves/2017/03/08/el-pp-de-ames-rechaza-unos-presupuestos-participativos-excluyentes.html

      Gústame

      1. Tes razón Víctor, a reticencia a realizar este tipo de actos dáse en moitos concellos do país. Porén, cada vez son máis os que intentan sumarse a estes actos a pesar de que os exemplos existentes non adoitan ser modélicos(os propios veciños quéixanse de non seren escoitados). http://www.carballo.org/participacionvecinal/novas.php?idioma=gl&sec=270
        http://abana.compromiso.gal/compromiso-quere-mais-participacion-vecinal/
        http://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/pontevedra/pontecaldelas/2016/03/01/ponte-caldelas-pide-participacion-vecinal-transparencia-abordar-fusion-concellos/0003_201603P1C8994.htm
        Cal sería a solución? Que modelo poderíamos implantar que agradase a todos? Diferencias ideolóxicas a parte.

        Gústame

      2. Durante o noso Debate no audiotorio unha das frases que persoalmente chamaron a miña atención foi “Todos coincidimos en que queremos unha cidade mellor, pero cal é esa cidad?” O gran problema é que o que se entende por unha cidade mais moderna non coincide en todas as ideoloxías. Non obstante existen certos puntos que independentemente da cor política de cada un, deben ser respetados e entendidos para mellorar a comunicación ca veciñanza.

        http://pabloraulfernandez.blogspot.com.es/2013/05/saskia-sassen-sociologa-de-la_20.html

        Aquí, un artigo sobre a coñecida socióloga Saskia Sassen. Unha das maiores expertas en comunicación veciñal e nos novos modelos de cidade.

        Gústame

  3. En primeiro lugar, Víctor, dicirche que me gustou moito o teu post, xa que expós o tema cunha claridade argumental que facilita a comprensión. O caso de Compostela Aberta, unido a os intentos de incluír á cidadanía nas decisións gubernamentais por parte das alcaldías tomadas pola chamada “nova política”, é un punto de partida para construír unha democracia participativa asentada. Outras alcaldías, tales como a do concello de Madrid, e a súa iniciativa “Decide plaza España”, invita á veciñanza a participar e decidir sobre as obras de reforma da devandita praza, pretendendo poñer en primeira liña a consulta cidadá como determinante na toma de decisións:
    https://decide.madrid.es/proceso/plaza-espana-resultados
    Dentro das democracias europeas, atopamos o caso Suíza como unha das democracias participativas máis cimentadas e fortes, onde se chegou a someter a referendum mesmo a limitación dos salarios dos grandes empresarios, entre outros exemplos.
    http://blogs.cooperativa.cl/opinion/politica/20130308113045/suiza-ejemplo-de-democracia-participativa/

    Pensas que estas pequenas medidas por parte dos concellos españois constituen un punto de partida para chegar algún día a equipararnos ao caso suízo, ou aínda ficamos moi lonxe deles?

    Liked by 1 person

    1. Persoalmente, Marta, considero que a democracia participativa suíza non e comparable co proxecto dos partidos maioritarios da esquerda española. Mentres que en España a participación cidadá soe asociarse con ideoloxías de entre anarquismo e comunismo ata a socialdemocracia, en Suíza a tradición política e predominantemente democristiana e liberal.
      Por outro lado, por desgraza, penso que a implantación de medidas que fomentan unha maior participación cidadá nos concellos españoles e galegos tan solo é un momento puntual e pasaxeiro na historia da democracia española. No meu parecer, tiramos cara un modelo cada vez máis presidencialista e pechado.

      Deixo un arquivo sobre o sistema político suízo. http://democracia-moderna.geschichte-schweiz.ch/sistema-politico-suizo.html

      Gústame

      1. Si Víctor, pero resulta canto menos curioso que, adoitando posturas tan polarizadas entre un país e outro, a democracia participativa sexa alí patrimonio da dereita liberal e aquí dos movementos de esquerda. Entón, con que ideoloxía se asocia un verdadeiro sistema participativo cimientado e funcional?
        Pensas, ao teu modo de ver, que a débil e desapercibida proposta de medidas que implementen a participación cidadá, non remata de se asentar e convertir en norma, máis que pola inacción dos gobernantes, pola mentalidade da sociedade española?
        Cres, pois, que somos a propia cidadanía a que non quere, ou non está preparada para se organizar a tomar decisións vinculantes?

        Liked by 1 person

      2. Eu penso que a cidadanía atópase nunha posición de comodidade absoluta e que en moitas ocasións, delega sen preocupación aos gobernantes a totalidade das decisións políticas. Penso que a pesares de que certos trazos de democracia participativa poden beneficiar a nosa sociedade, esta non está tan fortemente ligada ao noso sistema como ocorre noutros países.

        Liked by 1 person

      3. Non me resulta sorprendente que esa sexa a vosa postura, xa que a crise semella ser o estado natural da democracia. No que respecta a democracia representativa, esta falta de calidade adoitase citar como expresión desta devandita crise, a pobre realidade entre gobernantes e cidadáns máis alá dos procesos electorais, a erosión da confianza dos representantes e a escasa excelencia dos mesmos ou a súa excesiva simplificación das diferentes posicións.
        Gustaríame saber se a túa visión sobre o tema era compartida polos membros do voso círculo, cuxa experiencia puidestes compartir ao longo de todo o proxecto.

        Liked by 1 person

      4. O noso círculo sen dúbida demandaba unha maior participación veciñal en Santiago, algo que dende o noso grupo consideramos esencial para o correcto funcionamento da vida política da capital.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s