Para lograr unha mellora no Sar é necesario un cambio de mentalidade

Ao río Sar ben se lle pode aplicar o dito de que “calquera tempo pasado foi mellor”. Antigamente as augas deste río eran unha fonte de alimentación. Tan só fai falta ler o poema que lle dedicaba Rosalía de Castro á zona fluvial de Santiago para decatarse de que o río da súa época non ten nada que ver co que coñecemos a día de hoxe. Pero non empeorou el só, senón que a culpa está nas nosas mans. Os vertidos de medicamentos e outras sustancias seguen a ser frecuentes nas augas do Sar, e se a iso lle engadimos o feito de que chove moito durante todo o ano e que a depuradora que funciona na actualidade non cumpre correctamente a súa función, o que obtemos como resultado é a conclusión de que o río da capital galega leva o premio ao máis contaminado.

IMG_20170329_211058_590
O antes e o despois do río Sar

A concienciación é o primeiro

Como en toda situación que precise unha solución, o primeiro paso para conseguir ter un río máis limpo é concienciarnos do problema. Tan só os/as veciños/as que viven moi preto do Sar coñecen a fondo todo o que trae consigo a súa contaminación. Somos incapaces de ver e entender un problema se non se nos dan mostras puramente visuais e impactantes. Pero a ignorancia non só é culpa da poboación, e como dicía Manolo (do club Vía Láctea de sendeirismo) na nosa última reunión: “eu vería importante ter unha voz nos colexios polo menos unha vez cada mes ou cada dous meses e poderlle transmitir isto aos pequechos”.  Se dende os primeiros anos na escola se fala do medio ambiente como algo real, que vai máis alá dun tema nos libros de texto, a xente estaría concienciada e involucraríase dende nova.

Un río non só está contaminado cando arrastra auga sucia. Esta problemática engloba moitos outros factores que adoitamos deixar á marxe. Os xornais e a televisión adoitan acompañar as noticias sobre contaminación con imaxes impactantes de ríos marróns ou cheos de lixo, pero o problema vai moito máis alá da auga. Isto é o que dicía María (traballadora de ADEGA) na nosa última charla: “O río non é unha canle de auga, non é unha tubaxe pola que pasa a auga. Un río é un ecosistema onde está a auga, a vida que vive dentro mais todo o ecosistema que rodea o río. O bosque de ribeira é un filtro natural para que a contaminación non chegue ao río. Nos últimos anos estase degradando por infraestruturas. Se tes un bosque de ribeira espeso fai filtro e non vai a chegar tanta contaminación.”

A transformación do río en Bertamiráns

Durante a nosa última reunión co círculo saíu o tema dos cambios urbanos e de como estes lles afectaron ao Sar. O feito de que o río fose cambiando e empeorando co paso do tempo non se debe só a que os cidadáns vertan sustancias nel, senón tamén á época na que se comezou a construír masivamente na cidade.

Manolo, do club Vía Láctea de sendeirismo, viviu dende sempre en Bertamiráns, moi cerca de Santiago, e isto é o que nos conta: “Cerca da rotonda que vai cara Negreira hai unha aldea cun regatiño que viña dende o pedregal ata o Sar. Ese regato desapareceu cando foi esa loucura de empezar a construír enriba das carreteiras. O río era un gran obstáculo. Meteron uns tubos xigantes e aí quedou metido o río dentro de Bertamiráns. Buscando algún plano antigo vedes a desfeita que fixeron aí”.

“Os problemas ambientais non existen”

Nas charlas que fan dende ADEGA adoita dicirse que os problemas ambientais non existen, que o ambiente non ten ningún tipo de problema e que realmente deberían chamarse problemas socio-ambientais. María di que “é meternos nós e estropealo todo”.

A contaminación pode dividirse fundamentalmente en dous tipos: biolóxica e química. A biolóxica corresponderíase coas augas fecais e a química con todos aqueles materiais artificiais que van a parar ao río. En relación a isto tamén están os materiais non hidrosolubles, coma poden ser os aceites e as graxas. O feito de que en Santiago chova moito e a depuradora estea obsoleta fai que as augas pluviais e fecais se mesturen durante o proceso de depuración e o volume de augas con feces fecais se incremente.

Luís, da Plataforma en defensa do Sar, dicíanos o seguinte durante a pasada reunión: “A contaminación nace da actividade humana, dos colectivos humanos, da forma de organizarse as persoas e da forma de producir os bens de consumo. No Sar o que contamina é o feito de ter asentamentos importantes de poboación ao lado do río, como é o caso de Santiago, Bertamiráns, Milladoiro… As súas actividades (sanitarias, industriais, saneamento,…) é algo que vai parar ao río e o que non á atmosfera, pero fundamentalmente ao río”. Para conseguir algo tan simple como que ninguén tire polo desaugue da cociña o aceite, di Luís que se precisa unha educación ambiental, unha política de formación cívica.

Advertisements

20 comentarios en “Para lograr unha mellora no Sar é necesario un cambio de mentalidade

  1. Sin duda es una sensibilización imprescindible para cualquier ser humano tomar conciencia del problema que acarrea la contaminación de las cuencas fluviales y en general en el ecosistema. Con todo cabe destacar que los agentes contaminantes se clasifican en diferentes tipos: biológicos y físico químicos. Entre los cuales parecen más lesivos estos últimos, que se derivan de los procesos industriales, en los que la conciencia ciudadana no tiene cabida.
    También quisiera aclarar que la contaminación del río Sar es una realidad catastrófica, pero en toda Galicia hay más de 8000 puntos de vertidos y se han detectado purím y agentes radioactivos en las cuencas gallegas. Por tanto la conciencia del sector industrial es tanto o más importante que la ciudadana.
    http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2016/06/08/galicia-soporta-8600-puntos-vertido/1077400.html

    Gústame

    1. Gracias polo teu comentario e polo enlace á noticia! É certo o que dis sobre os contaminantes: teñen maior presencia e influencia os químicos, e por desgracia non se consegue unha gran mellora por culpa de que a xente non está realmente concienciada da situación. Dende o círculo estamos traballando para darlle voz aos afectados e aos coñecedores do problema e esperamos obter bos resultados.
      Por outra parte, tamén é certo que esta é unha situación que se dá por toda Galicia, non só no río de Santiago, pero o resto de ríos contan cunha mellor depuradora xa que pouco a pouco todas se foron renovando, sendo a compostelana a máis desfasada. Déxoche unha noticia na que se explica iso: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/05/08/depuradora-santiago-antigua-obsoleta-galiciadesaparecida-presupuestos/0003_201605S8C1995.htm

      Liked by 1 person

  2. Boas Esther. Moi interesante o teu post sobre a situación CATASTRÓFICA do río Sar! Chámame moito a atención, polas poucas iniciativas que vexo, o tema da concienciación dos máis pequenos. Como din algúns dos membros do voso círculo, é preciso comezar a educar aos nosos fillos. Se queremos cambiar algo, debemos empezar por eles, por conciencialos a eles, que son o futuro. Pero parece que non son moitas as iniciativas desta índole que acaban fructificando, non? Algún membro do voso círculo levou a cabo algunha acción deste tipo?
    Aquí che deixo unha desas iniciativas. Son todo un exemplo. http://www.laregion.es/articulo/ourense/contaminando-futuro-no-molara/20170127072408680793.html

    Gústame

    1. Gracias polo enlace á noticia, Eva! Si, esta iniciativa é todo un exemplo a seguir para comezar a concienciar aos máis pequenos. Respondendo á túa pregunta sobre se algún dos membros do círculo fixo algunha acción deste estilo: de maneira directa non, mais dentro de ADEGA (onde traballa María, integrante do círculo) existe o Proxecto ríos, de feito un dos colaboradores nese proxecto acudiu a unha saída ao río Sarela con nós hai unhas semanas. Aí céntranse na conservación e coidado das augas e do ecosistema. María informounos de que xa teñen dado charlas en colexios, pero quizais non o fan coa periodicidade necesaria para conseguir o resultado que se busca. Déixoche aquí o enlace á páxina deste proxecto dentro de ADEGA: http://www.proxectorios.org/
      Na nosa última reunión co círculo tratamos o tema da concienciación sobre o problema. Manuel, do club de sendeirismo Vía Láctea, opina coma ti e di que lles hai que recalcar un certo comportamento en relación coa natureza dende cativos xa que algún día serán adultos e que haxa ou non contaminación dependerá deles. Porén, María non lle daba totalmente a razón. Ela opina que hai que concienciar tamén aos adultos porque eles son o exemplo que seguen os nenos, e por moito que os pequenos coiden a natureza iso non servirá de nada se ven un comportamento contraditorio por parte dos maiores.
      Sexa como sexa, o que está claro é que é moi necesario concienciar á poboación, tanto aos nenos coma aos adultos, senón nunca veremos unha mellora.

      Gústame

      1. Boas Esther. Si, tamén é certo o que di María. É necesario concienciar aos adultos, que ao fin ao cabo son os responsables da educación das novas xeracións e o espello onde se miran estas. Penso que, dende uns anos cara aquí, foi crecendo a preocupación por este tema, sobre todo entre os máis novos. Por suposto podía ser mellor, pero estas cousas levan tempo. Notaron os membros do voso círculo algunha mellora no comportamento da sociedade nos últimos anos?
        Por outra banda, creo que este é un tema ninguneado pola política. Como ven eles este feito? Déixoche un enlace sobre as eleccións en Francia http://es.rfi.fr/francia/20170421-francia-la-ecologia-en-la-campana-electoral

        Gústame

      2. Pode ser que dende hai uns anos medrase un pouco o interese polo medio ambiente en certos sectores da poboación, pois actualmente existen diversas asociacións e grupos ecoloxistas tanto a nivel nacional como local. Aínda así, o que comentabamos nunha das nosas reunións co círculo é que o ecoloxismo non está de moda e, a este paso, nunca o estará.
        Grazas pola noticia sobre as eleccións francesas. É satisfactorio saber que varios candidatos á presidencia en Francia se preocupan pola natureza. Por desgraza, no noso país non podemos estar tan orgullosos. O tema da política e o medio ambiente debatémolo nunha ocasión co noso círculo. A conclusión que sacamos é que non interesa coidar a natureza. Ás veces sae máis económico pagar unha multa por contaminación que renovar unha depuradora ou facer limpezas cada certo tempo. É triste, pero dende a política só se busca o beneficio económico. Por unha banda, Manuel dicía que as cousas están cambiando e que nos aproximamos a unha mellora xa que antes a xente vivía cos ollos pechados sobre o que os políticos facían, pero a día de hoxe todos somos conscientes da realidade na que vivimos e iso vainos levar cara un cambio positivo. Por outra banda, María opinaba que iso é precisamente polo que íamos a peor, porque aínda que a xente saiba, os políticos seguen a actuar como queren diante das nosas narices.
        Dende a política a nivel local faise algunha que outra actividade a favor do medio ambiente. Déixoche unha noticia sobre unha iniciativa do Concello de Padrón para facer limpezas no río Ulla, Herbón e Sar: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/padron/2017/04/01/padron-aprueba-retirada-basura-cerca-sar-ulla/0003_201704S1C79913.htm Isto debería ser responsabilidade de cada un de nós, pero como a xente segue a tratar os ríos coma vertedoiros, téñense que levar a cabo medidas coma esta.

        Gústame

      3. Moi interesante a iniciativa do concello de Padrón. Por algún sitio hai que comezar! Respecto ao que mencionas da política nacional, véñenme á cabeza os típicos (que non abundantes) debates electorais onde, sistematicamente, obviase este e outros temas como a cultura ou a violencia de xénero. E na liña do que di María, creo que deberíamos facer máis presión neste tema. No tema dos debates, sempre hai algúns que nos queixamos pero quizais non o fagamos coa suficiente forza. http://www.lamarea.com/2015/12/18/el-medio-ambiente-en-segundo-plano/

        Gústame

      4. Tes toda a razón, Eva. Deberiamos facer moita máis presión para darlle voz a este problema e apurar unha solución.
        En canto á noticia que me adxuntas, a triste realidade é esa: poucos partidos inclúen o medio ambiente nas súas campañas, e cando o fan os medios non lle dan visibilidade.
        Pero isto non sucede só no noso país. Actualmente, o que máis me preocupa a nivel mundial é todo o que está levando a cabo Donald Trump, pois entre outras cousas está botando para abaixo accións a favor da natureza. http://www.milenio.com/firmas/hector_diego_medina_basave/trump-medio_ambiente-milenio_18_929487114.html

        Gústame

      5. Sí, Esther…esta é unha das moitas “iniciativas” se se poden chamar así que está levando a cabo Donald Trump e que, obviamente, encamiñan á nosa sociedade cara un situación moi negativa. Pero ese xa sería outro debate…
        O único que nos queda e seguir informándonos sobre este tema e facer todo o que estea na nosa man. Noraboa polo traballo!

        Gústame

  3. Boas Esther, como ben se explica no teu post e cas palabras dos máis imbolucrados neste asunto, o primordial nesta clase de problemas é comezar pola raíz. Neste caso, a raíz ou base é a educación, unha concienciación medioambiental desde que somos cativos pode facer cambiar a nosa forma de ver as cousas. Actos simples como o feito de tirar o aceite fervendo polo fregadoiro, por pura ignorancia do mal que ésto produce, poderían ser evitados.
    De todos modos, os adultos non debemos voltar a vista cara un lado e deixar o problema latente. É o noso deber informarnos para evitar esta clase de catástrofes naturais como as do río Sar. Os medios non axudan a patrocinar esta clase de temas controvertidos, pero nós como sociedade e cidadanía do século XXI debemos velar polo noso planeta e sacar a luz estas inxustizas.
    Aiquí adxunto un artigo onde segundo o CIS os españois suspendemos na ”asignatura de ecoloxía” http://www.concienciaeco.com/2011/01/27/los-espanoles-suspendemos-en-conciencia-ecologica-segun-el-cis/

    Gústame

    1. Como ben dis, o máis importante é comezar pola raíz do problema, é dicir: a concienciación. É importante educar aos nenos xa que se adquiren bos hábitos coa natureza dende pequenos, nun futuro conseguirán cambiar e mellorar a situación que temos a día de hoxe. Porén, tamén é importante concenciar aos adultos xa que son o exemplo que seguen os cativos e, por moito que eles saiban o que está ben ou mal, se ven unha mala acción nos maiores acabarán por imitalos.
      Destaco a seguinte frase do enlace que me pasaches: “El ciudadano español parece que está informado sobre los problemas medioambientales que le acechan, pero son pocos los que ponen remedio”. Os medios de comunicación non informan da mellor maneira pero é certo que ao cidadán lle chega algunha que outra información periódicamente. O problema é que son poucos os que se involucran xa que os problemas do medioambiente non nos afectan de maneira directa. Se nos saíse auga marrón pola billa do baño día tras día ou incluso non tivéramos acceso á auga talvez se activase algo na nosa mente e sería aí cando comezaríamos a facer algo pola natureza.
      Déixoche unha noticia bastante alarmante sobre o coste da nova depuradora, o cal é un gran obstáculo e retrasa o proceso todavía máis: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/04/02/depuracion-agua-santiago-precisa-inversion-cien-millones/0003_201704S2C3991.htm

      Gústame

      1. Ola Esther, pois sí, como ti misma dis si a auga comezase a sair de cor marrón ou deixásemos de tela quizáis nos daríamos conta do que está a acontecer.Pese a que os medios non informan do problema latente do Sar, entre outros ríos, é verdade que somos bastante reacios a admitir que o planeta está cambiando : contaminación , C02, cambio climático etc e aínda así non o queremos ver. Parece que ata que ata que xa non haxa volta atrás, non imos parar.
        Con pequenas aportacións como as vosas neste blogue, ponse o tema en contacto ca xente e chega aos nosos lectores.
        Fago un chamamento a que todos nos interesemos polo contaminación , porque está ocorrendo e traeranos graves consecuencias.

        Gústame

      2. Si, son diversos os problemas que está a sufrir a natureza dende hai tempo e son ben poucos os que fan algo porque isto cambie. Como ti dis, ata que non haxa volta atrás non imos parar. Isto é así porque, como dicía María na última reunión co círculo, “o ecoloxismo non está de moda”.
        Aínda así, é gratificante ver como pequenos grupos de xente toman conciencia do problema e comezan a levar a cabo accións importantes. Nesta noticia explícase que se está creando un observatorio dos ríos galegos: http://www.elidealgallego.com/articulo/galicia/xunta-creara-observatorio-rios-dotara-cada-cuenca-plan-conservacion/20170328224749327333.html O proxecto ríos xa formou a case 3.600 persoas, unha cifra moi positiva e que esperamos que siga a medrar para que cada vez sexan máis os que estean concienciados sobre o tema da contaminación.

        Gústame

  4. Boas tardes, EE
    En primeiro lugar gustaríame recalcar unha das frases que empregache nesta publicación: “temos que concienciarnos”. Estou totalmente de acordo, pois paréceme que a sociedade actual non está ao tanto (nin tampouco lle interesa estalo) de cal é a situación vixente dos ríos galegos, dos mares, das árbores… en fin, da natureza.
    Se non coidamos agora do que temos, cando o imos facer? cando non a teñamos? Penso que todos estamos cometendo un gran erro facendo coma que non sucede nada e deixando pasar o tempo. O mesmo tempo que vai acabar coas paisaxes idílicas das que tanto gozaban os nosos avós, nosos pais, nos… e… os nosos fillos? Debemos botar unha ollada ao que sucede e intentar frealo. Temos que movilizarnos.
    Cal crees que podería ser unha boa opción para comezar a facelo?
    Deixoche aquí un enlace no que podes ver unha proposta para deixar de contaminar as augas: https://www.ocio.net/estilo-de-vida/ecologismo/como-prevenir-la-contaminacion-en-rios/

    Gústame

    1. Grazas polo enlace á noticia, Judit! Si, o principal é concienciar á poboación do problema que está a sufrir a natureza. Como dis, cando queiramos facer algo xa será demasiado tarde. Debemos brindarlle ás xeracións futuras a oportunidade de desfrutar dos ríos, dos montes,… ao igual que a desfrutamos nós, pero nunha versión mellorada.
      Non sei cal sería a mellor idea para comezar un cambio, pero dende o noso círculo levamos a cabo unha acción que cremos que pode ser un pequeno paso cara adiante: fixemos unha saída ao río e analizamos unha pequena parte del. Nós, como xornalistas que somos, gravamos e sacamos fotos e finalmente con todo ese material realizamos un vídeo no que incluímos algunha entrevista aos membros do círculo. Cremos que un traballo audiovisual sempre vai ser mellor recibido pola xente ca un panfleto ou algo similar, pois chama máis a atención.
      Déixoche esta noticia que trata sobre unha iniciativa de limpeza das beiras do Sar antes de Semana Santa: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/padron/2017/04/08/concello-padron-limpia-orillas-rio-sar-villa/0003_201704S8C7992.htm

      Liked by 1 person

      1. Boas de novo, EE
        Comparto a túa opinión e penso que deberíamos reeducar á poboación para que entendan a importancia da natureza. Para elo, penso que se debería tocar o tema nas escolas, universidades e centros de formación. Non che parece?
        E, Esther, onde poido ver o vídeo que realizache cos membros do círculo? É unha proposta e unha acción moi interesante e de seguro que non ten perda.
        Ocórreseme tamén outra idea: comparar con fotografías a situación pasada e actual dos ríos que nos rodean, para concienciar á poboación. Cómo o ves?
        Por outro lado, lin a túa noticia e bueno, paréceme axeitado pensar en limpar e sanar as beiras do Sar, ao igual que de moitos outros ríos..
        Deixoche aquí a entrevista de Fernando Cobo, que me parece moi adecuada: https://xornal.usc.es/xornal/entrevistas/entrevista_0090.html

        Gústame

      2. Si Judit, totalmente de acordo. Penso que a educación medioambiental debería comezar xa nos primeiros anos de escola. Isto é algo que xa lle dicía a algún dos nosos compañeiros: o futuro da natureza está nas mans dos que hoxe son nenos. Porén, tamén vexo necesaria unha educación nos adultos, pois se estes realizan accións en contra da natureza os pequenos tomaranos como exemplo e nada do que aprenderan previamente servirá para algo.
        O vídeo está en Youtube e no noso post grupal: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/04/20/xuntos-pola-nosa-natureza/#more-26822
        A túa idea paréceme moi interesante tamén. Facer ese contraste de fotografías faría saltar unha alarma nas mentes de todos os cidadáns xa que é algo moi visual e chamativo.
        Grazas pola entrevista a Fernando Cobo. Se, como di el, en 28 anos houbo un gran deterioro na calidade das augas, non me quero imaxinar como estarán os nosos ríos dentro de 100 ou de 1000 anos.

        Liked by 1 person

      3. Boas de novo, EE
        Xa vin o vídeo ontes, atopeino na rede!! Paréceme unha idea moi interesante e salientable. (Ogallá todo o mundo actuase así!!) Con todo, é necesario moverse, non abandoar a causa!
        E sí, como ben dis, unha educación xeral: tanto nenos coma adultos… que uns aprendan dos outros, non si?
        Gustaríame facerche unha pregunta persoal e totalmente subxetiva, pois para mín trátase dun panorama bastante desolador… ti pensas que isto vai mudar a mellor? pensas que chegaremos a concienciar á poboación?

        Gústame

      4. Na miña opinión, Judit, penso que vai ser un camiño difícil, pero non imposible. É certo que a meirande parte da poboación dana a natureza directa ou indirectamente día tras día. Moitos deles non son conscientes pero outros si, e iso é o peor: saber que estás facendo algo mal e seguir na mesma. Así e todo, tamén hai que dicir que na actualidade están xurdindo moitas asociacións a favor do medio ambiente, o cal quere dicir que a xente sabe o que pasa e únese á loita. Quero aferrarme a isto último para poder dicir que á natureza lle espera unha mellora no futuro, aínda que, como xa dixen, non vai ser doado.
        Espero que o proxecto que levei a cabo cos meus compañeiros servise de algo e ogallá xurdan máis ideas así para ir avanzando pouco a pouco.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s