Que motivos nos levan a consumir comercio xusto?

Nos últimos anos puidemos presenciar un aumento considerable das vendas de produtos xustos e ecolóxicos.  Son moitas as razóns polas que adentrarse neste mercado, pero a maioría das veces o facemos baixo un pretexto de saúde, o cal non é o verdadeiro motivo da súa existencia.

Porén e en tanto que como consumidores temos o poder de cambiar as cousas, non deixa de ser un modo de consumir distinto ao actual.  Sexan cales sexan os motivos, apostar polo comercio xusto é apostar polo respecto á terra e a quen produce os alimentos.

Bibliografía:

Montagut, X. Vivas, E. (2006) ¿A dónde va el comercio justo?. Barcelona: Icaria.

Uxía Castro Martínez

Advertisements

10 comentarios en “Que motivos nos levan a consumir comercio xusto?

  1. Moi interesante o debate que se plantexa no teu vídeo, Uxía. Aumenta o comercio xusto por cuestións individualistas sobre a propia saúde ou os consumidores activos deste tipo de produtos son conscientes da loita por un cambio no modelo económico? Non podemos esquecer que tódolos alimentos que mercamos teñen unha orixe, e dende o meu punto de vista, debería retribuírse dito traballo cun salario xusto e sendo respetuosos co medio ambiente.

    Como ben di Xosé Manuel, todo pasa pola concienciación. A miña pregunta é: os responsables destes comercios visibilizan o motivo orixinal polo que se creou o comercio xusto? Loitar contra os baixos precios do mercado internacional foi o xerme deste movemento http://www.dicc.hegoa.ehu.es/listar/mostrar/35

    Se son conscientes de que unha parte da súa clientela consume nos seus establecementos simplemente pola súa saúde, sen ter en conta o demais, fan algo para abrirlle os ollos á cidadanía?

    Gústame

    1. Un comentario moi adecuado Paula. Si, os membros do noso círculo de lectura crítica son algo máis que produtores ou vendedores de alimentos de comercio xusto e ecolóxico. Cada un na súa asociación, cooperativa ou ONG traballa por difundir a mensaxe orixinal que propiciou o nacemento deste mercado. Deixote algúns links de campañas que leva a cabo o noso círculo http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_04/noticia_0014.html http://www.solidaridadgalicia.org/sensibilizacion/

      Organizan charlas, obradoiros, xornadas de sensibilización… ente outros. Así mesmo, tamén acoden aos medios. Aínda que como adoita ocorrer, os mass media pagados polas grandes cadeas de alimentación ignórannos e ocultan o seu labor. Nesta mesma reunión tratamos precisamente as súas demandas aos grandes medios de comunicación, nos próximos posts das miñas compañeiras poderalo ver. Así pois, a nosa acción de difusión foi a gravación xunta eles dun programa de radio no Mercado de Abastos, onte día 4 de abril, que poderás oír en http://www.radiocampusculturae.org/es/
      Neste programa nos contaban a necesidade da existencia de medios libres que difundan o comercio xusto e de axudas por parte de Administracón pública para chegar a máis xente.

      De todas formas e volvendo ao seu traballo diario, o trato cara a cara co cliente fai moito por informar sobre esta fin inicial do comercio xusto. É dicir, ao tratar directamente co cliente non se limitan simplemente a venderlle o produto, senon que tamén lle explican, como di Esteban no vídeo, que ademais da saúde ese alimento é bo por outras razóns. Para eles este tipo de comercio é máis que un traballo e así o demostran día a día.

      Liked by 1 person

      1. Grazas polos enlaces, Uxía. Ben é certo que todo este movemento debería ser máis visible nos medios de comunicación, pero coma xorde case sempre ante este tipo de situacións, os intereses económicos sobrepóñense aos intereses xerais que hai na cidadanía.

        Por outra banda, notaboa polo programa de radio. Moi interesante tódolos contidos, sobre todo a cuestión de que o comercio xusto loita por cambiar o modelo económico imperante no planeta, que durante toda a súa historia conlevou grandes desastres cara o medioambiente e a poboación mundial. É importante resaltar isto, xa que actualmente penso que a cidadanía non é consciente da defición real de comercio xusto.

        Gústame

      2. Moitas grazas polo comentario e polas felicitacións Paula! Se verdadeiramente tes interese en seguir indagando nas orixes e historia do comercio xusto recoméndote que sigas atenta aos nosos post, ou que visites os anteriores das miñas compañeiras. Neste de Eva, poderás coñecer os mitos que rodean ao comercio xusto e a súa verdadeira realidade. https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/01/que-sabe-a-cidadania-realmente-sobre-o-comercio-xusto/
        Se aínda así se che fai insuficiente, na web hai centos de recursos que abogan sobre a súa importancia, recalcando a súa fin en base á súa orixe. http://www.culturadepaz.info/economiayglobalizacion/comercio_justo_origenyevolucion.php

        Gústame

  2. Interesante a perspectiva que se amosa sobre os motivos que levan á xente a mercar produtos de comercio xusto. A pesares de que o motivo principal debería ser o de promover un modelo económico distinto, a realidade é outra. Mais estou totalmente de acordo co que di no vídeo Esteban González: aínda que nun primeiro momento sexa a saúde o motivo que leva á xente a consumir estes produtos, é un pequeno paso que pode levar finalmente a que se consuma por motivos políticos. Porque o comercio xusto xa non é algo que incumbe a nivel persoal, senón que tamén é importante porque asegura unhas condicións laborais favorables para os traballadores ademais dun salario adecuado, rexeitando a explotación e respectando o entorno natural, tal e como se denuncia no seguinte post: http://empresaytrabajo.coop/nacional/organizaciones-comercio-justo-recuerdan-la-importancia-conocer-origen-los-productos/
    Uns principios que moitos descoñecen pola falta de información. Hai moita xente na rúa que incluso descoñece por completo o significado do comercio xusto a todos os niveis. Cal sería a solución para que as persoas esten moito máis informadas sobre este tema e se animen a mercar produtos ecolóxicos?

    Gústame

    1. Moi boa pregunta Paula, pois precisamente eso é o que tratamos de resolver con este proxecto. Para empezar, algo vital son medios de comnicación libres, sen patrocinadores con intereses en vender os seus produtos. http://www.marketingnews.es/distribucion/noticia/1092703028805/asi-funcionando-carrefour-patrocinador.1.html http://www.riberaexpress.es/2013/10/31/asi-funciona-la-presion-a-los-medios-mercadona-intenta-comprar-el-silencio-de-el-economista/
      En segundo lugar, o apoio da Administración pública é fundamental. Pero como como adoita acontecer na maioría dos casos é nulo. Non lle dán ningunha visibilidade nin axuda, deixándoos en situación de desinformación fronte a outros modelos de alimentación.
      A solución, como respostei no comentario inmediatamente anterior ao teu é concienciacion, educación e difusión, mediante charlas, obradoiros e xornadas. Podes informarte máis nas páxinas dos compoñentes do noso círculo, organizan cousas ben interesantes. http://www.apega.gal/Actividades-e-Cursos.html
      http://www.acestadasaude.es/receitas.html

      Se queres ver as demandas que o noso círculo lle fai a medios e administración invítote a visitar http://www.radiocampusculturae.org/es/ onde este sábado se emitirá o programa gravado onte martes 4 de abril, no mercado de Abastos con eles, como parte da acción de difusión.

      Gústame

      1. Concordo coas túas palabras, a concienciación e difusión da mensaxe é fundamental. Mais moitas veces é moi dificil chegar ás persoas para que rematen por mercar produtos ecolóxicos. A xente adoita mercar o de sempre, xa que é moi dificil cambiar os seus costumes, sobre todo se o discurso non lles impacta. Penso que para facerlles comprender que esta alternativa é a mellor e comecen a experimentar distintos tipos de alimentación, a información e propaganda que se faga debe conmover aos consumidores. Porén, como dis ti, as institucións políticas non axudan nada neste proceso, algo que, por suposto, débese denunciar ante todo.
        Pola outra banda, grazas polos enlaces que me propuxestes. Parecéronme moi interesantes, sobre todo as receitas de “A cesta da saúde” con produtos ecolóxicos. Penso que é unha boa manira de promover esta alimentación.

        Gústame

      2. Efectivamente Paula, o que nos falta deste lado do Atlántico é concienciación. Parece mentira que enviemos a América Latina voluntarios e voluntarias que axuden a formar cooperativas agrarias xustas para que logo aquí o seu traballo sexa completamente invisibilizado. E todo iso pasa por educar e concienciar á xente, facerlle ver que con pequenos xestos podemos cambiar o mundo e axudar a aqueles produtores que non son tan distintos dos de aquí. Podemos chegar a facer consciente á xente de que o comercio local tamén debe ser xusto, que as explotacións das grandes superficies tampouco as debemos soportar aquí. Por iso parécenos moi importante esta iniciativa http://amp.farodevigo.es/galicia/2017/03/14/consumo-responsable-asignatura-proximo-curso/1640991.html e esperamos que chegue a bo porto. A concienciación dende a infancia podería axudar a cambiar moitas cousas que temos asimiladas e chegar a converter o comercio xusto no mínimo esixible. Como os membros do noso círculo dicían, a fin do comercio xusto é que chegue un día no que non sexa necesario.

        Gústame

      3. A verdade é que me parece unha grandísima idea a de que se imparta unha asignatura así na ESO. Penso que é unha idade crucial dentro dos rapaces, pois é nos momentos onde adoitan fixar o seu carácter e forma de ser, e polo tanto, creo que se adoitan este tipo de costumes dende ese momento, chegarán a telo interiorizado e practicalo cando sexan maiores.
        Pola contra, tamén penso que pode ser unha arma de dobre filo, pois se enfocan a asginatura dende unha perspectiva demasiado teórica pode que os rapaces a aborrezan e que o resultado que se consiga sexa todo o contrario ao que se quere. Na miña opinión, a asignatura debe ser dinámica e participativa para que os máis novos podan collerlle cariño e realicen as actividades con gusto.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s