Víctor García, con diversidade funcional: “os postos máis altos reservados a persoas con discapacidade non se cobren”

O pasado martes, 21 de marzo, tivo lugar un segundo encontro entre o noso grupo de traballo e o círculo. Tivemos a sorte de contar coa presenza de Mari Carmen Castro, Antonio Costoya e Víctor Andrés García, entre os que se propiciou un interesante debate que nos aportou moita información descoñecida.

Mari ten unha incapacidade laboral que lle obrigou a cambiar radicalmente de posto de traballo e volver a formarse, xa que todos os seus estudos estaban orientados cara un traballo que non podía exercer. Antonio foi vítima de varios diagnósticos equivocados sobre unha discapacidade que lle viña de nacemento pero que non se manifestou ata os corenta e cinco anos, polo que tamén se viu obrigado a cambiar de ámbito laboral. A discapacidade de Víctor débese a unha enfermidade ocular que vai empeorando pouco a pouco e que lle impide ver e percibir os obxectos.

Os estudos e a preparación laboral

Este tema xorde a raíz dunha afirmación de Víctor nunha entrevista publicada anteriormente: “as persoas con discapacidade funcionan mellor nos traballos intelectuais que nos físicos”. Antonio e Mari están de acordo con esta afirmación aínda que con matices, xa que “depende da discapacidade”. A xustificación de Víctor é que el non podería conducir nin ser albanel polo que “o único que queda é estudar”.

Aínda así, como o propio Víctor explica, “os postos altos da administración reservados para persoas con discapacidade non se cobren”. En contraste, nos postos baixos da administración hai unha maior demanda que oferta destas prazas reservadas polo que “cando se cobren as prazas reservadas para minusválidos, o resto de minusválidos entra na cota xeral”. Quizais, como reflexiona Mari, isto débese a que “antes ás persoas con diversidade dáballes medo facer estudos máis altos”.

Antonio, de acordo coa afirmación de Mari, pon a solución: “o primeiro que ten que facer unha persoa con discapacidade é ver as súas limitacións: primeiro tes que valorar ata onde podes chegar, o que podes facer, e despois prepararte para iso, buscar un traballo nesa liña”. Ponnos de exemplo un caso dun xuízo que tiveron hai pouco: un home, que tiña esclerose múltiple, rompera un brazo e unha cadeira porque no seu traballo facía cousas que non entraban dentro das súas capacidades.

_MG_3386+++.JPG
Antonio, Víctor e Mari (de esquerda a dereita)

“Se tes máis dun 65% de discapacidade podes chegar a non declarar 17.000€”

Víctor, avogado, explícanos os beneficios fiscais segundo os distintos niveis de diversidade funcional. Para el, “o Estado prefire que esteas traballando a que esteas cobrando unha pensión contributiva” polo que, como indagou Antonio, por ter empregados con capacidades alternativas a empresa pode chegar a desgravar ata un 100% na declaración da renda, se se trata dunha persoa cunha discapacidade do 65% ou máis.

Sobre isto, Víctor acláranos as tres categorías nas que se dividen as persoas con diversidade funcional para acceder a este tipo de beneficios fiscais: do 33% ao 64%, do 33% ao 64% cunha acreditación de mobilidade reducida e do 65% en diante. A Lei do Imposto sobre Patrimonio (LIRPF) permite deducir o mínimo persoal e familiar, unha cantidade que se adapta ás circunstancias segundo a persoa e as súas obrigas familiares. Dependendo das categorías establecidas anteriormente, as cantidades deducidas varían entre os 3.000€ e os 17.000€.

Estes beneficios fiscais son un bo estímulo para a integración laboral deste colectivo, pero aínda así, as empresas non as teñen todas consigo. Para Antonio, “o gran problema das persoas con discapacidade é a mobilidade”. Aquí, ademais dos prexuízos e o descoñecemento, ponse sobre a mesa outro conflito entre as empresas e as persoas con diversidade funcional: “para a adaptación do posto de traballo hai poucas axudas e chegan como máximo aos 900€”. Segundo explica Víctor, quizais isto débese a que “agora para que che concedan unha licenza algo que che esixen é que teñas o local adaptado”, inclusive, como el mesmo nos explica, nunha escola de formación de transportistas de mercancías perigosas.

Todas estas axudas cara a inserción deste colectivo poden semellar ser unha discriminación positiva, pero o certo é que para Víctor teñen o seu sentido porque “hai veces que temos que facer máis esforzos que outros, eu por exemplo, para chegar ao xulgado moitas veces teño que coller un taxi en lugar dun autobús”. En conclusión, aínda que quedan moitos aspectos que debater e queda un longo camiño para lograr a plena integración laboral, non se poden negar os avances que xa se levan feitos e, estas tres persoas -a pesar das dificultades que atravesaron e seguen atravesando- pódeno demostrar.

Advertisements

6 comentarios en “Víctor García, con diversidade funcional: “os postos máis altos reservados a persoas con discapacidade non se cobren”

  1. Boas Laura. Como ben se menciona no teu post, as persoas con certa discapacidade pensan e na maioría das veces están no certo, que funcionan mellor nos traballos intelectuais que nos físicos. Nunha das miñas publicacións, trato o tema da integración das personas con enfermedades mentais no mundo laboral e falo por una parte das poucas oportunidades que ten unha persoa discapacitada para a búsqueda dun traballo e por outra parte as barreiras que o entorno lle impón.

    A sociedade pensa que unha persoa por ter unha discapacidade xa non ten a forza e valentía suficiente para afrontarse a un posto de traballo igual que outra persoa , un concepto totalmente equivocado.
    Deixo aquí un enlace a un video no que distintas empresas e institucións se implican en propiciar a igualdade de oportunidades. Sen dúbida, un video realmente agradable de ver.

    Gústame

    1. Efectivamente. Son persoas completamente estigmatizadas ás que na maior parte dos casos non se lles da a oportunidade de demostrar a capacidade que teñen para desenvolverse nun posto de traballo. Sobre que funcionan mellor nos traballos intelectuais que nos físicos penso que é unha xeneralización que, aínda que se cumple en moitos casos, non en todos, depende do tipo e do grao de discapacidade. Creo que se trata de adaptar o posto de traballo á persoa que o vai desenvolver, independientemente de se é unha persoa con diversidade funcional ou non. En relación ao vídeo que adxuntas sobre a integración laboral hai outro bo exemplo dende a Asociación ÁMBAR:

      Gústame

  2. No video móstrase como realmente as persoas con diversidade funcional teñen ganas de aprender e son capaces de realizar traballos igual que os demais.
    Oxalá nun futuro, moitas máis empresas acollan a persoas con enfermidades para realizar prácticas ou traballos. Precísase que estas persoas teñan as mesmas oportunidades para a integración no mundo laboral.
    Neste enlace pódese ver o emprego das persoas con discapacidade no ano 2015, datos bastante impactantes http://www.ine.es/dyngs/INEbase/es/operacion.htm?c=estadistica_C&cid=1254736055502&menu=ultiDatos&idp=1254735976595

    Deixo ademais un enlace no que se responden a unha serie de preguntas sobre a discapacidade no ámbito laboral, pero que che resulte interesante
    http://www.discapnet.es/Castellano/areastematicas/derechos/faqs/Paginas/faq8.aspx

    Gústame

  3. Felicitacións polo teu post Laura, considero que está moi ben enfocado. Primeiramente, gustaríame facer unha pequena reflexión sobre o que di Antonio referente a valorar as limitacións e puntos fortes que ten cada persoa e prepararte para iso. Creo que se pode facer unha visión inversa: como empresa, valorar os beneficios que nos pode chegar a aportar a contratación de persoas discapacitadas e prepararnos para afrontalas. Xa non me refiro ó ámbito económico, cas correspondentes deduccións fiscais, senón noutros. Débese deixar de lado o prexuízo de contratar “por solidariedade ou caridade”, xa que unha persoa discapacitada unha vez contratada pasa a ser igual que o resto da plantilla.

    Por último, engadir o enlace dunha boa nova como esta. Aínda que resulta insuficiente para todos os que optan á praza, convocalas é un gran paso no proceso.

    http://www.20minutos.es/noticia/3007970/0/xunta-anuncia-convocatoria-33-nuevas-plazas-empleo-fijo-para-personas-con-discapacidad-intelectual/

    Gústame

    1. Moitas grazas e moi boa reflexión! É común a opinión de que son persoas polas que sentir mágoa pero a verdade é que son persoas capaces como o resto. Independientemente de ter diversidade funcional ou non, unha persoa terá diferentes habilidades e fallas ás que un posto de traballo debería adaptarse, precisamente como dis no teu comentario, para aumentar a produtividade da empresa. Á túa boa nova, sumo outra (http://www.atlantico.net/articulo/cultura/alumnos-instituto-audiovisual-ponen-voz-imagen-discapacidad/20170406095001582740.html) xa que considero que o cambio pasa pola educación, tanto no caso da integración dos alumnos con discapacidade coma no caso da contratación de profesores con discapacidade, aínda que só o 7% das plazas están reservadas para a contratación deste colectivo no ámbito educativo.

      Gústame

      1. Creo que noticias como as que ambas as dúas adxuntamos son necesarias para poñer fin a esta situación na que só unha de cada catro persoas con discapacidade se encontra traballando: (http://www.fsc-inserta.es/Actualidad/Noticias/Paginas/Solounadecadacuatropersonascondiscapacidadest%C3%A1trabajando.aspx).

        Poden chegar a ser igual ou incluso máis productivos ca o resto da plantilla dunha empresa. Gracias pola túa reflexión e polos teus enlaces que me serviron para saber moito máis sobre o tema!

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s