Desafiuzamentos: unha loita en unidade

No meu último post falei de como a situación actual é a consecuencia da burbulla inmobiliaria que estoupou nos anos 2000, e que deu orixe a unha crise da que o noso país aínda non se deu recuperado. Esa crise que provocou que máis de medio millón de persoas quedaran sen unha casa. Sen un fogar. Familias enteiras que onte vivían baixo un teito e que hoxe vense obrigadas a pasar as noites na rúa, como poden. Afortunadamente, como diciamos, as protestas cidadás en contra destas medidas non tardaron moito en xurdir.

Os primeiros movementos

Primeiro hai que volver uns anos atrás, a 2006. Nese ano xurdiu de forma espontánea un movemento na rúa chamado V de Vivienda. Creouse, recordemos, no contexto da abundancia, cando todo ía ben e a vivenda era unha inversión segura. E nese contexto de suposta abundancia e marabilla, os cidadáns (sobre todo a xente nova) tiñan cada vez máis dificultades para acceder á vivenda. A través das redes sociais, milleiros de persoas acudiron ás principais prazas do Estado para protestar. Aquilo pillou por sorpresa a todo o mundo, tanto a medios de comunicación coma a políticos. Aquel movemento espontáneo si fixo caso aos analistas que falaban dunha burbulla inmobiliaria.

O seguinte foi plantexarse que pasaría cando esta estalara. Foi poucos anos despois, en 2009, cando Ada Colau dicidiu crear a PAH (Plataforma de Afectados pola Hipoteca) e concretar moito máis a súa mensaxe. Xa non se trataba soamente de sinalar o problema da vivenda, senón de afrontar con medidas concretas o que crían que ía pasar en España.

Xurdía así a Plataforma de Afectados por la Hipoteca. Os activistas querían que a organización non fora só un lugar onde se dera asistencia aos afectados; querían movilizalos, que coñeceran os seus dereitos e loitaran por eles. E foi en 2010 cando a Prataforma creou a campaña Stop Desahucios, que pretendía impedir de forma activa que os afectados foran expulsados dos seus fogares. A Prataforma deu un paso máis e en outubro de 2010 impulsou unha Iniciativa Lexislativa Popular para que se admitise que os hipotecados deran a vivienda aos bancos como pago polo resto da deuda (agora chamado dación en pago). O procedemento da Iniciativa Popular, regulado por unha lei orgánica de 1984, permite que a proposta duns cidadáns sexa considerada polo Congreso dos Diputados, que decidirá se debe debatila e, nese caso, aprobala, algo que non soe ocorrer: das 66 rexistradas ata 2011, só nove chegaron a superar os trámites e só unha foi incluída no articulado doutra ley.

A loita

O obxectivo semellaba distante, pero os membros da Prataforma seguiron adiante. Conseguiron o apoio doutras organizaciónss, entre elas os sindicatos. Algunhas asambleas de barrio sumáronse ao movemento Stop desahucios. A Iniciativa Popular da Prataforma continuaba atopando seguidores. A proposta encontrouse con todo tipo de obstáculos burocráticos no Congreso. Primeiro co PSOE no poder e logo co PP. É, de feito, baixo o Goberno de Rajoy cando se celebra a Comisión de Economía do Congreso na que Colau chama criminais aos bancos. Un mes despois daquela comparecencia, a Prataforma empezou a recoller firmas na rúa para apoiar a iniciativa. Obtivéronse 1.402.854 rúbricas.

Para entón, a proposta xa se coñecía coma ILP, as siglas da Iniciativa Popular LexislativaO nome dun procedemento xeral para activar a democracia participativa acabou vinculado así unha proposta concreta: a do movemento contra os desafiuzamentos. O Partido Popular, que se opuxera radicalmente á súa tramitación, acabou cedendo o 12 de febrero de 2013. A imaxe que quedou de ese día, sen embargo, é a dos activistas da Plataforma sendo desaloxados do Congreso ao grito de “¡Sí se puede!”.

A sentencia

o 14 de marzo de 2013, Mohamed Aziz fixo historia. Xunto ao seu avogado, Dionisio Moreno, e ao xuíz José María Fernández Seijo, logrou vencer ao sistema usando tan só argumentos legais. O Tribunal Europeo de Luxemburgo sentenciou que as normas hipotecarias españolas non respectaban a directiva comunitaria sobre protección dos consumidores. A lei tiña que cambiar. A práctica xudicial tiña que cambiar.

Así, por fin xurdiu unha nova norma que prometía actuar ao respecto. A norma incorporou a posibilidade de que os xuíces poidan paralizar desafiuzamentos mentres se comproba se hai cláusulas abusivas; e dicir, impide aos bancos considerar vencido o contrato ata que non se pagasen tres mensualidades e retoca o código de boas prácticas para os bancos, entre outras medidas.

O camiño, como vemos, non se fai dun xeito sinxelo. Requírese moita loita, dedicación e compromiso para acadar os termos de xustiza que un cre axeitados. Pero a maior forza está na unidade, e por iso mesmo é que estes movementos logran abrirse paso na burocracia do goberno.

Advertisements

10 comentarios en “Desafiuzamentos: unha loita en unidade

  1. Un post moi importante Pablo, grazas. É moi necesaria hoxe en día a posta en valor deses pequenos heroes e heroinas anónimos que cada día loitan polos dereitos do resto. Este tipo de movementos sociais son desprezados e invisibilizados sistemáticamente polos medios en tanto que os grandes poderes non teñen interese en que a cidadanía se decate do seu verdadeiro valor e de como moita xente está hoxe aquí grazas a eles.

    O teu texto faime plantexarme unha cuestión: Os cambios lógranse lexislativa e xudicialmente, é dicir, mediante iniciativas e sentencias como as que citas ou mediante a loita nas rúas? Nos últimos anos vimos escoitando centos de paralizacións de desafiuzamentos grazas a este tipo de plataformas e a activistas que se encaraban ás autoridades á hora de realizalos. Estamos a falar incluso de condenas en firme a quen se atopou neste tipo de situacións. http://www.elmundo.es/espana/2014/11/27/5477090d22601de1348b457c.html

    Entón, vistos estes casos e vistos os que ti presentas supoño que non estaremos a falar dunha dicotomía burocracia-activismo nas rúas pero si que é certo que sempre hai quen se decanta máis por un ou por outro camiño. Cal dirías que é a solución? Loitar contra o sistema ou rematar con el dende dentro? Cal é a solución que ven os membros do voso círculo?

    Gústame

    1. Boas Uxía, alégrome de que o post resultárache interesante.
      Diches, creo eu, cun aspecto chave na problemática. Como ben dis, a loita pode ser enfocada dende dous puntos de vista: a loita interna contra a burocracia do sistema ou a acción cívica para atacar o problema dende a rúa. A resposta a iso é que ambas resultan ser complementarias e necesarias.
      Stop Desahucios leva a cabo por rutina un importante labor de concienciación cívica, tratando de que o maior número posible de xente saiba do problema dos desafiuzamentos e de que non son “casos aislados” coma podemos crer debido ao mal traballo dos medios no asunto. O máis importante é que esa xente saiba que, en caso de verse afectados, poden movilizarse e buscar apoios no seu problema, que hai alternativas e nunca deben deixar de loitar pola busca dunha solución. Sen embargo, a acción de SD chega tamén ás insititucións a través de xuízos nos que os seus membros acoden coma testemuñas a favor dos afectados. E máis que iso, todo o apoio cidadán logrado na rúa tradúcese coma presión ao sistema á hora de elaborar as sentencias e revisar a lexislación actual a favor dos afectados. Hai pouco a Audiencia de Málaga suspendeu os procesos de execución hipotecaria: http://www.diariosur.es/malaga-capital/201704/07/audiencia-20170406221922.html

      Como ves, esta loita é en realidade a dúas bandas, un aspecto que non adoita resaltarse e que me agrada que ti mencionaras.

      Gústame

      1. Tes moita razón Pablo, non estamos a falar dunha dualidade de loitas senon de complementariedade. Ao meu parecer a loita nas rúas é sempre necesaria, é unha mostra do poder da cidadanía máis aló de votar cada catro anos. Unha demostración de que temos voz e criterio propios e que se non estamos dacordo co sistema, non permaneceremos calados. http://datalab.ideal.es/mareas-granada-sacan-colores É un modo de facerlles ver que están aí por e para a xente e que se os puxemos no goberno, tamén os podemos botar. Porén, a capacidade de cambiar as cousas está nas leis e por iso é preciso contar con representantes que recollan as peticións que se fan nas rúas. https://www.diagonalperiodico.net/global/26995-stop-desahucios-desde-instituciones.html En conclusión, é unha loita sistémica, de arriba a abaixo, na que todas as posturas son importantes e como ben dicías, complementarias.

        Gústame

  2. Boas, Pablo. Sen dúbida, unha aportación moi interesante acerca da historia dun colectivo moitas veces esquecido e silenciado. Nestes tempos que corren é fundamental o apoio que se poida prestar a todas aquelas persoas, e moitas veces familias enteiras, afectadas por unhas leis que parecen favorecer ós grandes bancos e perxudicar á xente de a pé. Déixoche por aquí a historia de Alfredo, afectado pola burbulla inmobiliaria ó que a PAH pretende axudar http://afectadosporlahipoteca.com/2016/12/20/alfredosomostodas-en-apoyo-a-un-alquiler-vitalicio-para-alfredo/

    Gústame

    1. Boas, Andrés. Alégrome de que o post resultárache reveleador nese senso. Estou completamente dacordo coa túa opinión; semella que as leis miran máis por favorecer aos bancos que ás persoas, a miúdo empregando estratexias como letra pequena ou explotando a ignorancia da maioría de xente en temas legais. E moitas grazas pola historia que compartiches comigo, é un dos tantos casos que seguen ocorrendo e que precisan urxentemente unha maior visibilización na sociedade.

      Gústame

  3. Boas, Pablo. Felicítote polo teu post, porque recolle moi ben toda historia dos desafiuzamentos e de todo o proceso que se levou ao cabo para intentar reducir o número de afectados. Sen embargo, aínda quedan moitas cousas por conseguir para evitar os desafiuzamentos que seguen ocorrendo en grandes cantidades en España, como recolle esta noticia publicada en Playground: http://www.playgroundmag.net/noticias/actualidad/nueva-desahucios-familias-calle-Espana_0_1961803847.html.
    Pero, a pesar destas sombras, tamén semella haber luces como recolle está noticia do El diario (http://www.eldiario.es/canariasahora/politica/Cabildo-Canaria-Plataforma-Stop-Desahucios_0_637286955.html) na que se fala sobre como actuar ante a situación dun impago hipotecario. Gustaríame coñecer a túa opinión acerca das dúas novas e que me contestases a seguinte pregunta. Que más habería que facer para intentar evitar os desafiuzamentos?

    Gústame

    1. Bos días Iago, moitas grazas polo teu comentario.
      Efectivamente, esa noticia de Playground amósanos unha realidade que é a que non logra asimilar a xente: que os desfiuzamentos están á orde do día e non se trata de casos aislados. Stop Desahucios mantense en loita por concienciar e informar á xente de que a problemática aféctalles máis do que cren, e especialmente trata de que saiban actuar en caso de que se vexan no medio dun proceso de execución hipotecaria. Como lle dicía a Uxía no seu comentario, este labor de “preparación ante a calamidade” é un dos eixos do plan de actuación de SD, asegurándose de que as persoas saiban que, no caso de verse afectados, poden (e deben) mobilizarse e buscar apoios en prataformas coma SD.
      Respecto á túa pregunta, non hai unha resposta clara que eu te poida dar. Traballando con Stop Desahucios puidemos ver todos os seus esforzos, e o que si podo dicir é que se hai algo máis que se podería facer para combatir a problemática e non se pon en práctica, é porque resulta imposible para un colectivo das súas características. O labor de concienciación e a presión cívica semellan as dúas pedras angulares no asunto, se che serve coma resposta.

      Unha aperta grande!!

      Liked by 1 person

      1. O que está claro é que son as plataformas de axuda como Stop Desahucios, as que más fan polo afectados, as que máis se preocupan por eles e as que máis lles aconsellan. Eu penso que os medios de comunicación lles deberían dar unha maior difusión para que este tipo de plataformas e iniciativas que fomentan, tivesen un maior impacto na sociedade e que a xente se animase a colaborar e axudar ás persoas afectadas. Quizais a seguinte noticia, http://www.lavanguardia.com/vida/20170427/422090385646/el-gobierno-de-colau-celebra-que-los-desahucios-descienden-un-12-en-barcelona.html, debería difundirse máis, pois para min, é unha mostra de todo o que se avanzou respecto ao tema e do que aínda queda por facer. Gustaríame que lle botases unha ollada e saber que te parece.

        Gústame

      2. Diches no cravo, Iago, en canto á necesidade de difusión deste tema. E é certo que noticias coma esa representan os avances positivos na problemática, pero creo que a súa difusión debería ir parella á das noticias habituais sobre desafiuzamentos. É positivo que novas coma a que me pasaches sexan escoitadas, pero sempre, creo eu, deberán ir detrás das que falan dos casos en si. Se non se logra unha concienciación xeral sobre o problema, entón titulares coma ese probablemente fagan que a xente baixe a garda no tema e non se preocupe. O obxectivo é o asentamento da problemática coma real na mente da sociedade, polo que titulares coma “baixan un 12% os desafiuzamentos” poden actuar coma un arma de dobre filo se non se usan adecuadamente.
        Moitas grazas polo teu aporte!

        Liked by 1 person

      3. Completamente de acordo contigo, Pablo. Os medios deben publicar todo tipo de noticias sobre os desafiuzamentos, xa sexan boas como a que mencionei no comentario anterior, como malas, que desgraciadamente son máis abundantes cás primeiras. Destas noticias negativas que nós queremos saber delas, algúns medios non as queren difundir, porque moitos son financiados polos bancos ou por empresas constructoras. Aínda que hai medios que as seguen difundindo a pesar disto, como pode ser o xornal El Mundo coa seguinte noticia: http://www.elmundo.es/madrid/2017/04/24/58fda7af22601dc93b8b45b7.html

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s