A situación das Radios Comunitarias en América Latina

As radios do terceiro sector aparecen no panorama como un escape para a sociedade, como unha <> dedicada aos grupos que senten esquecidos polos medios convencionais e comerciais. Céntranse en defender e facer chegar ao público as situacións que os grupos de poder deciden obviar.
Abren os seus estudos de gravación á cidadanía e válense da participación de varias asociacións, organizacións ou individuos que loitan pola inclusión e aceptación das persoas en situación de vulnerabilidade. Así, este ámbito da comunicación está profundamente relacionado con outras temáticas do blogue: desigualdade ou saúde mental.
O rol e situación do terceiro sector en América Latina vive un momento diferente ao español. Alí, tendo un gran valor comunicativo e democrático e segundo o informe publicado por Reporteiros sen Fronteiras en febreiro de 2017, sofren situacións de presión política e ameazas, chegando mesmo a temer pola súa propia vida. Con todo, as radios comunitarias, polo seu baixo custo pero o seu alto compromiso, seguen sendo o medio por excelencia para conectar coa realidade dos lugares máis afastados. En resumo, vencen á censura e ao monopolio mediático nestes países. Considéranse lexítimas pola súa propia natureza e confían en que o seu esforzo e traballo cumpran o propósito polo que xurdiron.

Advertisements

25 comentarios en “A situación das Radios Comunitarias en América Latina

  1. A verdade, as palabras de Susana respecto ó trato das radios comunitarias no continente sudamericano soánme chocantes no sentido de que “non son molestadas polos outros medios nin polos gobernos” parece unha afirmación moi rotunda e que espero, xurdira no calor da conversa. Son moitos os exemplos da persecución cara medios desafiantes contra os poderes fácticos neste continente, especialmente cando os gobernos dos países que o conforman tornan cara a deriva neoliberal (Macri en Arxentina, Bachelet en Chile, Kuczynski en Perú, Temer en Brasil, Cortes en Paraguay, etc.):

    http://www.signisalc.org/noticias/radio/13-02-2017/radios-comunitarias-sufren-persecucion-de-autoridades-y-empresarios

    Gústame

    1. Estou segura de que foi así, é dicir, eu considero que ao que Susana referíase (a pesar de que non podo falar por ela) O que eu si podo defender é que as radios do terceiro sector teñen moita máis importancia (respecto ao peso e influencia na sociedade) e seguimento que no noso país, e talvez, isto é o que Susana relacionaba co feito de non ser molestadas. Tamén, gustaríame destacar que nesta reunión, comentáronnos varias persoas, que en certas ocasións o goberno ameaza con cesar o seu traballo, para dalgunha forma conseguir presionar, pero que ao final deixan pasar o tema.
      Déixoche a continuación un artigo que me parece realmente interesante referido ao que estamos a falar.
      https://radiomalva.org/tercer-sector/

      Liked by 1 person

  2. Ola Lucía, pareceume moi interesante o teu post acerca das radios comunitarias, plataformas de comunicación que a pesar de non gozar de grandes medios desenvolven un papel fundamental dentro de moitas comunidades en todo o mundo. Pola contra, discrepo coa idea exposta no vídeo por Susana sobre a idea de que non son molestadas polos gobernos, pois en países como Paraguay atopamos exemplos do contrario http://www.politicaymedios.com.ar/nota/9040/desde_enacom_el_gobierno_de_macri_podra_cerrar_medios_de_comunicacion/ . A pesar do lonxe que pode parecer que están estos países, debemos recordar que a situación en España tampouco é moito mellor, como reflicte a clasificación de países con máis liberdade de expresión http://www.rsf-es.org/grandes-citas/clasificacion-por-paises/ elaborado por Reporteros Sin Fronteras onde países como Chile, Costa Rica ou Uruguay atópanse por diante de nós.

    Gústame

    1. Ola Carlos,
      como dixen a un dos nosos compañeiros, estou segura de que Susana elixiu as palabras inadecuadas para expresar a súa opinión, pero a todos quedounos claro que coñecía a situación das Radios Comunitarias durante a reunión.
      Por outra banda, gustaríame preguntarche en relación á primeira parte do teu comentario, que opinas da Lexislación que envolve ás Radios do Terceiro Sector en España? Por aquí déixoche unhas ligazóns que poden axudarche a crear opinión:
      http://blogs.periodistadigital.com/jaimerodriguez.php/2012/02/18/las-claves-legislativas-de-las-emisoras-
      http://praza.gal/movementos-sociais/6936/a-radio-comunitaria-veu-substituir-o-servizo-publico-que-daban-as-radios-locais/

      Gústame

      1. Boas noites Lucía, alegrame saber que Susana saiba realmente a a situación das radios comunitarias en América Latina e todo fora unha confusión. Respecto ao eido lexislativo que regula a situación das radios comunitarias en España dende o 2012, que vexo coma innecesarios e inaxeitados. Non vexo axeitado a exclusión de organismos públicos coma as universidades públicas para poder montar unha destas radios, é despois de ver ligazóns coma a seguinte, vexo que non son o único https://radiomalva.org/tercer-sector/ .
        De tódolos xeitos, non todo van ser malas novas. O feito de que se produzan Encontros Europeos entre as Radios Comunitarias coma o de A Coruña ao que fas referencia, fala da boa saúde destas radios e das ganas da xente que traballa nelas de seguir mellorando. Unha maior calidade e sobretodo unha larga vida a esta ferramenta da que gozamos para exercer de altofalante. A celebración deste evento fala especialmente ben de Cuac FM, unha das radios coas que contactou o voso grupo, o que da aínda máis valor ao voso traballo.

        Liked by 1 person

      2. Moitas grazas polas palabras tan amables que dedicas ao meu grupo, teño que dicir que foi un pracer traballar con este tipo de medios e ver a outra cara á realidade.
        Como dis, é unha pena que non podamos considerar radios universitarias como comunitarias, pero o que si podemos facer é darlle un espírito máis social e conseguir centrar a atención da xente nos grupos marxinados:
        https://books.google.es/books?ide=n_IfpdhnES4C&pg=PA36&lpg=PA36&dq=espiritu+social+en+a+radios+universitarias&source=bl&ots=4DQ7xbx-B2&sig=44oZFkHnl3KsVldriCbDv32M4Sg&hl=é&sa=X&vede=0ahUKEwiay8ehhMzTAhXK0RoKHYgjBEQQ6AEIMzAC#v=onepage&q=espiritu%20social%20en%20a%20radios%20universitarias&f=false
        E si, cando estivemos en CUAC FM, falamos dese encontro, e puidemos comentalo con varios asistentes. Segundo nos dixeron foi un evento cheo de luz adicado a coñecer a outros grupos que se encargan dunha misión similar, dando a oportunidade para falar de problemas reais.

        Gústame

  3. Pareceume un post e unha temática moi interesante, é de resaltar o traballo deste tipo de medios comunitarios que sen grandes recursos, consiguen facer un traballo encomiable e ser fundamentais nas súas comunidades. Eso sí como os meus compañeiros gustaríame resaltar as palabras de Susana, dicindo que non son molestadas polo goberno pois a censura esta por desgracia á orde do día no continente sudamericano como e non cousa dun so país.
    https://noticias.terra.es/mundo/latinoamerica/venezuela-usa-la-censura-y-hostigamiento-para-controlar-a-la-prensa-dice-sip,0542c860b6175b58fcd458c2565ce1072ee72ncw.html

    Gústame

    1. Ola Daniel,
      resulta impresionante como a pesar de todas as noticias de persecución a este tipo de medios en America Latina, siga habendo centos deles que desempeñan o seu papel de defensa e voz dos grupos marxinados,sen importar as presións que fagan os grandes grupos de poder.
      Opinas que verdadeiramente é esta a esencia do xornalismo pola contra, velos como justicieros que talvez deberían moderar algo máis as súas posturas?
      http://elpais.com/elpais/2017/02/08/planeta_futuro/1486574255_264127.html
      http://amarcalc.org/

      Gústame

  4. Moi interesante o post o tratar o tema das radios comunitarias noutros países, e así ver as diferencias con España. O igual cos meus compañeiros, non estou de acordo co que di Susana xa que atopamos moitas noticias que desmiten as súas palabras http://www.resumenlatinoamericano.org/2017/04/27/argentina-decomisaron-los-equipos-de-dos-radios-comunitarias-y-detuvieron-al-responsable-de-una-de-ellas/ Parece que da igual onde te atopes, o poder non lle gusta este tipo de medios.

    Gústame

    1. Efectivamente Adrian, ao final, o problema reside no non respecto de lalibertad de expresión. Aos grupos de poder, xa non só ao poder político, non lles gusta que lles leven a contraria porque podería destapar o que estan facendo en realidade, e ofrecer unha postura delicada e debil ante a sociedade non é sinonimo de beneficio economico. Agora ben, destaca unha vez mais a estes valentes que non ceden ante presións e seguen facendo o seu traballo desde a palabra, sendo críticos cos sectores que máis dano poden chegar a facer e defendendo o que celebraremos os xornalistas o 3 de maio. Con todo, é curioso como a pesar de que teñan un rol tan relevante, apenas teñan éxito… Por que crees que é así?

      Gústame

      1. Comparto todas as túas palabras. Nunha das publicacións da miña compañeira Paula, fálase precisamente disto. De como os medios buscan descontextualizar e dar o que vende.
        Se reflexionas sobre iso é indignante que chegásemos ata esta situación, cando o xornalismo real e intenso naceu para actuar como “watchdog” dos grupos políticos… Agora é curioso que sexan as súas “armas” en diferentes frontes que teñan abertos.
        Pola miña banda, só quédame manter a esperanza de que chegado o momento da nosa incorporación á vida laboral, esta sexa o máis libre e sen presións de poder posible.

        Gústame

      2. Como podes ver na ligazón que che deixo, a situación no noso país xa era critica desde o ano 2006… Eu espero que o declive da liberdade de prensa debésese a que os medios se tivesen que “vender” aos poderes para así poder manterse á boia e que co paso do tempo todo isto mellore, e aos poucos, consigamos independizar a situación. É evidente que os medios de comunicación sempre vai tender a direccionarse cara un lado ou outro, agora ben, tentemos non comprometer a información que se de.
        http://www.elconfidencial.com/mundo/2014-05-02/la-libertad-de-prensa-en-espana-alcanza-su-nivel-mas-bajo-durante-la-democracia_124721/

        Gústame

  5. Boas Lucía, un post moi interesante, e máis aínda despois de traballar este tema en clase.

    Gustaríame saber se os xornalistas das radios comunitarias atopan os mesmos problemas en América Latina que os dos medios convencionais. É importante recordar que países como México ou Colombia ( https://www.las2orillas.co/152-periodistas-colombianos-han-sido-asesinados-en-los-ultimos-38-anos/ ) sofren unha das maiores tasas de homicidios contra os xornalistas.

    Gústame

    1. Bos días Victor,
      quedeime sen palabras tras ler o artigo que me recomendaches. Todos somos conscientes da situación existente en América Latina, pero ata que a vemos en números e nunha historia contextualizada non nos percatamos do risco que trae esta profesión…
      En canto a túa pregunta, e tras esta tempada traballando sobre as Radios Comunitarias, a miña resposta por desgraza é que si, efectivamente os xornalistas que sexan capaces de levar a contraria son só molestados na mellor das ocasións…
      http://www.clasesdeperiodismo.com/2017/02/12/la-riesgosa-situacion-de-las-radios-comunitarias-en-america-latina/
      https://rsf.org/es/noticias/radios-comunitarias-en-america-latina-un-medio-esencial-y-fragil-al-servicio-de-la-poblacion
      http://www.unmultimedia.org/radio/spanish/2013/02/obstaculos-que-afrontan-las-radios-comunitarias-en-america-latina/#.WQRqYPnyjIU

      Gústame

      1. A verdade é que os que intentan poder practicar o xornalismo con relativa normalidade neses entornos son auténticos heroes. Penso que un dos principais problemas que atopamos é que ademáis da represión sufrida, os propios medios e polo tanto, a sociedade, silencien estas historias http://www.lamarea.com/2017/04/17/palabra-silencio-colombia/

        Desexo que co novo proceso de paz en países como Colombia esta tendencia cambie, pero é máis dubidoso noutros países onde a conflictividade é permanente.

        Liked by 1 person

      2. Comparto as túas palabras, Víctor. Pero dende a miña pespectiva, atopo dous problemas fundamentais: o primeiro deles, é a mala visión que ten un alto número de persoas do xornalismo; sen ir máis lonxe, cando digo que carreira estou a estudar, é moi frecuente que me respondan cun “escravos dos politicos”. Isto faime pensar, en verdade, é esta a tesitura que nos están deixando outros compañeiros de profesión?
        E o segundo deles, o cal considero profundamente grave, a falta de tranquilidade para a nosa profesión… Non me refiro a que non recibamos ningún tipo de presión, pois o levar a contra a xente de poder ten as súas consecuencias pero, temer pola nosa vida? Paréceme demasiado.
        Espero que no futuro, có cambio de perspectiva das novas xeracións, as institucións tomen medidas máis esixentes para tentar paliar esta “epidemia”.

        Gústame

  6. A verdade é que a situación do xornalismo en América Latina non é nada alentadora. Se a iso sumámoslle que estamos a falar de medios comunitarios, que xa atopan dificultades en moitos lugares do mundo, o panorama agrávase.

    Estes medios enfróntanse día a día ás ameazas dos gobernos e outros poderes. E aínda que ás veces se despenalizan os delitos de prensa nestes países e apróbanse leis que supostamente amparan aos medios comunitarios, a realidade non cambia. http://www.elpais.com.uy/informacion/uruguay-cae-libertad-prensa.html

    Que, a pesar de todos os problemas que leva consigo exercer o oficio en Latinoamérica, os xornalistas sigan loitando, definitivamente resulta esperanzador e encomiable.

    Liked by 1 person

    1. Ola Xiana,
      dalgunha forma, penso neste tipo de xornalistas como heroes. Non responden a presións ou á violencia e escollen a palabra para defender esta actividade profesional con dignidade. Unha mágoa que compañeiros se enfronten a esta situación:
      http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/02/07/vidayartes/1328640028_975215.html

      Con motivo do día da Liberdade de Prensa que se aproxima, déixoche este enlace que resume moi ben a conmemoración:
      http://www.un.org/es/events/pressfreedomday/

      Liked by 1 person

      1. Os que decidimos incorporarnos a este oficio decidimos apostar polo exercicio do bo xornalismo (ou deberiamos). Eles (refírome aos xornalistas que exercen en Latinoamérica), dun modo ou outro, fano cunha dedicación plena e cunha actitude admirable ao loitar coa súa vida (literalmente) polo xornalismo no que cren. Por iso, como dis, teriamos que chamalos heroes.

        Son demoledoras as palabras do artigo que me recomendas, e desoladora a realidade que describe. Como sempre, as cifras que achegan os informes de Reporteiros Sen Fronteiras tamén nos deixan sen alento. Aquí tes outro exemplo do horror que viven os nosos compañeiros en América Latina: https://www.elsoldemexico.com.mx/mundo/631965-alarma-a-sip-asesinatos-y-hostigamiento-a-periodistas-en-america-latina

        Só podemos traballar e loitar por que a situación dea un xiro e acabar coa represión cara aos xornalistas e a liberdade de prensa.

        Gústame

      2. O máis triste de toda esta situación é, eu creo, o pouco recoñecemento que lle dan a este tipo de xornalistas, e a mala imaxe que podemos ter como oficio en xeral para o público.
        Con todo isto, xórdeme unha dúbida Xiana, mellorará esta tesitura na que nos atopamos? Ou pola contra, seguiráse violando a liberdade de expresión e de prensa como sucede hoxe en día?

        http://www.infolibre.es/noticias/medios/2017/01/16/os_xornalista_tve_contabilizan_casos_manipulacion_censura_os_ultimos_tres_meses_59833_1027.html

        Gústame

  7. Non hai que dalas Lucía, o teu grupo fixo unha moi boa labor.
    Por suposto que é unha mágoa, sería una gran ferramenta sobretodo para nós, os estudantes de xornalismo para contar cos nosos propios programas nos que ademáis axudaríamos aos que non teñen voz. Dariamos deste xeito unha verdadeira utilidade as leccións que aprendemos a diario na facultade ademáis de utilizar o oficio xornalístico polo ben dos que o precisan. Seriamos ao mesmo tempo, altofalantes dos necesitados e agasallados cunha grande oportunidade para facernos ao mundo radiofónico. Un bo exemplo no que estas radios axudan poderás ver premendo na seguinte ligazón: https://jovenesytercersector.com/2015/02/10/primera-reunion-en-sevilla-y-grupo-focal-del-proyecto-jovenes-y-tercer-sector-de-la-comunicacion/ pois un grupo de estudantes acudiron a unha radio comunitaria andaluza a falar dos avances nun dos seus proxectos.

    Gústame

    1. Esta conversación deume que pensar Carlos, e comentándoa cunha das miñas compañeiras do grupo, Paula Avendaño, chegamos á conclusión de que o Observatorio é unha especie de medio comunitario. Por suposto, salvando as distancias que establecemos pois é evidente que non chega á mesma cantidade de audiencia, pero respeta as liñas xerais dos medios comunitarios: centrarse nos problemas da xente.
      Probablemente, non sexamos conscientes do que facemos e da gran relevancia que ten para certos grupos de persoas, ata que finalmente vémolo todo como un conxunto capaz de dar voz a quen non a ten… Que opinas?

      Gústame

  8. Moi bo post Lucia, de gran contido, xa que pese a que todos coñecemos a realidade dos medios son moi poucos os que fan fronte a ela. É reconfortante saber que existe vida máis alá dos medios convencionais e por outra banda resúltame moi curioso que os medios comunitarios en América do Sur se atopen con menos trabas que os nacionais, pese a situación da liberdade de expresión neses países: http://elpais.com/tag/c/e29c1c2d29cd4515204369934a44283 ao final do vídeo a colaboradora Susana apunta que os niveis de audiencia dos medios comunitarios neses países son bastante elevados. Ao longo destes meses traballando ao seu carón, coñeces o alcance que teñen estes soportes a nivel nacional?

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s