Victor García: “Cando eu era pequeno só tiña que pedir que me sentasen na primeira fila, así solucionabase o meu problema, agora tería un ACIS”

O pasado día 21 de marzo tivo lugar a nosa segunda reunión co círculo, nela volvemos contar coa presenza de Antonio Costoya e Mari Carmen Castro. Ricardo Rivera ,o outro membro da xuntanza pasada non puido asistir, porén viu un novo membro: Victor García. Cada un deles concienciado e involucrado no problema que padecen e con novos datos que aportar.

A verdade é que foi unha reunión que deu para moito, mantivéronse temas da reunión anterior como a inxustiza do número de prazas en diferentes oposicións para persoas con diversidade funcional ou a pouca habilitación de moitos lugares de traballo. Pero fóra dos temas que xa trataramos e a pesar de que apareceu algún dato novo, quero destacar o que máis me chamou a atención, o ACI, que é o desencadenante de moitos dos problemas á hora da inserción laboral para estas persoas.

Que é ACI?

O ACI son adaptacións curriculares individualizadas. E é unha traba dende ben cativos/as. Actualmente, fronte a un paradigma baseado no alumnado como centro do problema nas dificultades de aprendizaxe educativa chegamos a un novo concepto onde  se fala de suxeitos con necesidades educativas especiais (NEE). Baixo este prisma, faise fincapé na idea de que é o sistema educativo é o que debe poñer os medios necesarios para dar resposta ás necesidades destes nenos e nenas. O contexto é agora máis amplo, non se considera que a orixe do problema está no/a alumno/a, senón que se analiza a interacción deste/a coa institución escolar para dar resposta ás necesidades.

O currículo dos suxeitos con NEE (Necesidades educativas especiais) non pode ser outro que o currículo ordinario do ensino obrigatorio, realizando nel as oportunas adaptacións, máis ou menos específicas, para atender ás diferenzas que presentan algúns suxeitos. Neste ámbito é no que se expón o concepto de adaptacións curriculares.

Adaptacións Curriculares Individualizadas (ACI) son todos aqueles axustes ou modificacións que se efectúan nos diferentes elementos da proposta educativa desenvolvida para un/unha alumno/a co fin de responder as súas necesidades educativas especiais e que non poden ser compartidos polo resto dos seus compañeiros e compañeiras. Isto contóunolo Víctor García, que engadiu que o sabe por un amigo seu que é mestre. Segundo as súas propias palabras  “Cando eu era pequeno só tiña que pedir que me sentasen na primeira fila, así solucionabase o meu problema, agora tería un ACI”

O problema de Víctor é retinose pigmentaria, unha enfermidade ocular que empeora co paso do tempo pero que a simple vista non te percatas de que a padece é por iso que di que intentaba disimulala e que agora mesmo aínda o faría máis “porque esas marcas no expediente repercuten para a vida universitaria”.

Repercusións da ACI

Hai varios tipos de adaptacións curriculares individualizadas, pero pódense deixar en dous grupos: as que non son significativas e as que sí o son. As que contan coa categoría de non significativas afectarán no currículo a elementos tales como a metodoloxía, o tipo de actividades e as técnicas de avaliación; non afectando pois aos obxectivos educativos, que seguirán sendo os mesmos que para o resto dos compañeiros cos que se atopa o alumno, polo que non haberá ningunha repercusión na avaliación e promoción do neno xa que isto non afecta ós obxectivos esenciais.

Pola outra banda, as que si son significativas son as que atinxen á xente con diversidade funcional ou capacidades alternativas, de feito, na propia reunión saíu un caso. Unha coñecida dunha das compoñentes do grupo sofre discalculiae foi no propio centro escolar onde lle dixeron que non pedise un aci polo seguinte: estas adaptacións son aquelas nas que  se modifican os elementos básicos do currículo debido a que as características que presenta o alumno en relación co ámbito escolar provocan que non sexa capaz de alcanzar os obxectivos propostos para o curso no que se atopa.

Isto repercute en que dependendo dos obxectivos que fosen propostos no seu Documento de Adaptación Curricular Individual (ACI) e de se os alcanzou o/a alumno/a ou non o promocione ou non o poida facer. No caso de que non se alcanzaran estes obxectivos daríase a permanencia dun ano máis no mesmo curso no que se atopaba para con iso chegar aos obxectivos ou á titulación correspondente.

O problema destas repercusións?

A obtención da titulación de graduado. A educación secundaria obrigatoria a través dunha adaptación curricular é importante revisala ben, posto que unha decisión errónea neste sentido pode prexudicar seriamente ao/á estudante nas súas posibilidades formativas de futuro, por exemplo,  imposibilitarlle o acceso a programas de garantía social ou da propia titulación.

Ademais por moito que avancemos, aínda queda moito camiño que andar, polo que unha marca, de momento, pode seguir impedindo o acceso a unha determinada carreira e por tanto, a unha formación laboral e ao acceso a un posto de traballo, no que loxicamente terán en conta ese expediente, facendo que a integración sociolaboral sexa máis complexa.

En conclusión, con todo o dito queda claro que as persoas con diversidade funcional, as persoas con mobilidade reducida, capacidades alternativas ou incapacidades, son persoas que se ben é certo que cada vez contan con máis visibilidade seguen tendo tamén moitas trabas.

Advertisements

6 comentarios en “Victor García: “Cando eu era pequeno só tiña que pedir que me sentasen na primeira fila, así solucionabase o meu problema, agora tería un ACIS”

  1. Boas Lucila. Moi interesante o tema das ACI. Seguro que moitos dos que lemos o teu post non tiñamos nin idea da súa existencia ou das súas repercusións na vida do estudiante. Chámame moito a atención o caso que citades no que se lle recomenda á estudante non solicitar a ACI, pois podería ser algo negativo que repercutise no seu expediente. Recórdame moito aos casos, máis que habituais, de acoso nos colexios e institutos. Que propón o teu círculo para solucionar este problema?
    Déixoche un enlace que penso que explica moi ben algunhas das características das ACI http://www.viu.es/la-atencion-educativa-en-alumnos-con-altas-capacidades/

    Gústame

    1. Boa tarde,Eva,graciñas polo teu comentario.
      O caso da discalculia deixóunos a todos abraiados pero máis sorprendente foi que mergullando na rede a hora de confeccionar o post atopei cunha noticia similar o que ti deixas, tamen falaba das altas capacidades e era o caso dunha nena que daba un coeficiente moito máis alto ca media “normal” da súa idade porén os profesores negábanse a cambiala de curso como se fose unha vergoña ser máis intelixente! Dicindolle que repercutiría negativamente na sua vida! En fin..xa ves que a discriminación haina para todos os tipos…
      En canto o caso que ti dis do acoso…sinxelamente estremecedor todo o que pode chegar a pasar nun colexio,nunha pequena aula, na facultade ou incluso no ámbito laboral. Sobre este tipo de situacións agora a cadea Netflix sacou unha serie que amosa moi ben a onde se pode chegar así,aquí che deixo o trailer: https://www.youtube.com/watch?v=JebwYGn5Z3E
      En canto as solucións no caso do ACI está claro que unha mellora na normativa que xa se ve o pesima que é, no que ó acoso se refire..está complicado pero como todo nesta vida habería que ver que falla na educación xa dende infantil e por tanto tamen nas casas e correxir xa dende aí

      Gústame

      1. Boas Lucila. Abraiante o caso da nena. Un coeficiente alto debería ser un motivo de ledicia, non de vergoña. Terá iso algo que ver co esforzo do sistema por “igualarnos” a todos, tratanto de evitar que alguén destaque…Pode ser, pero iso xa sería outro debate.
        Respecto ao que falas do acoso, creo que o primeiro paso debe darse na casa, cunha boa educación por parte dos pais. Esta actitude debe reforzarse na escola que, en caso de decatarse dalgún caso, debería actuar de inmediato, non como en moitos casos (o da serie que mencionas, por exemplo). A serie de Netflix á que fas referencia paréceme unha moi boa iniciativa. Deberían vela non só os nenos, senon pais e profesores para comprender precisamente o que NON debería facerse.
        Déixoche este vídeo que creo que amosa moi ben onde debería comezar a solución ao problema https://www.youtube.com/watch?v=t5CIQhK2suE

        Gústame

      2. Certamente é abraiante, igual que o caso que falamos do acoso escolar,por sorte non son abraiantes no mesmo sentido, por dicilo dalgún xeito,o caso da nena sería o mal menor e xa se sabe que dentro dos males…
        En canto o que propós de que debería remediarse este tipo de comportamiento cunha boa educación por parte dos pais e ademais reforzala na escola non podo mais que estar en completo acordo contigo.
        E a serie sen dubida debería vela todo o mundo. Sobre o teu vídeo destacar que é moi sinxelo facer un montaxe no que se inclua a diversidade e pondo nenas con camisetas de frases tales como “be kind” polo que a miña pregunta é,se a eses rapaces,tan sinxelo lles resulta gravar ese spot,por que lles custa tanto evitar situacións como esta https://www.google.es/amp/www.elperiodico.com/es/amp/noticias/sucesos-y-tribunales/nina-suicida-murcia-tras-supuesto-acoso-escolar-5738588 ou esta https://www.google.es/amp/amp.20minutos.es/noticia/2880506/0/investigan-suicidio-nino-12-anos-eibar-es-consecuencia-acoso-escolar/ é dicir, da ficción á realidade debería haber un paso moi curto pero está claro que algo falla posto que non é así. Xa sea un ACI, un coeficiente alto, un cor de pelo diferente,calquer cousa é válida para exercer unha discriminación e ser é unha mágoa.

        Gústame

      3. Estou dacordo contigo Lucila, pero por algún sitio hai que comezar. Se con ese spot conseguimos remover algunha conciencia, aínda que só sexa a dun neno, xa temos algo gañado. Lendo os artigos que me deixas, pregúntome: Onde estaban os profesores, orientadores, etc do centro escolar? Porque non creo que non coñezan ningún dos casos dos que oímos falar (e dos que nós non temos coñecemento…) http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/04/25/tdah-salnes-advierte-institutos-colegios/1666802.html

        Gústame

      4. Os profesores…en fin xa sería entar noutro debate porque moitisimas veces vese xente a que se lle chama profesor porque ten a praza pero sen dúbida non a vocación e é unha mágoa pero iso podería aclarar porque non estaban nestes momentos,estarían pensando en por que non traballan de calquer outra cousa…en fin,o dito,unha lástima.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s