Vivir cunha enfermidade mental

Sara Pérez Peral

As enfermidades mentais non afectan a todos por igual. Os xeitos de manifestarse e a maneira de proceder de cada unha é moi diferente, aínda que gardan similitudes entre si. Non estamos a falar de diferentes patoloxías: falamos da mesma enfermidade que se exterioriza, dependendo de cada un, dun xeito particular. 

Cloe vive tódolos días baixo un trastorno depresivo. Hai xa catro anos que lle diagnosticaron unha depresión profunda con trastornos de ansiedade: dúas enfermidades á vez. Ela é unha rapaza de vinte anos cunha vitalidade impresionante que transmite unha enerxía positiva, mais é consciente de que durante todo este proceso sucédense períodos bos e períodos non tan bos. E ela atópase nun bo.

Cada depresión é distinta, cada persoa enténdea dunha maneira distinta e cada persoa quere verse reflectida dunha forma distinta. Algúns veno dunha forma moi catastrofista e outra xente di que todo se cura dando paseos polo bosque“, explica. 

Para Cloe é moi importante que se admita a depresión como unha enfermidade: moita xente chega a dicir que iso é porque non fas deporte, ou non saes o suficiente. A verdade é que pode ser que teñas un momento no que estés un pouco triste, pero se un médico che diagnostica depresión, iso é que tes depresión.

Afortunadamente pode dicirse que isto xa é cousa do pasado. As persoas están moito máis concienciadas; entenden e tratan de poñerse na situación. A Televisión Española (TVE) adicou un dos seus programas de “Concienciados” ás enfermidades mentais. Cando alguén escribe algo, sentirte identificado co que está escribindo é importante.

Estudos e amizades

Un dos problemas de Cloe foi o de deixar os seus estudos a un carón. O seu nivel intelectual era moi alto, así como a súa capacidade para sacar boas notas. Pero tivo que deixalo: non podía levantarse da cama. “Chegaba un momento no que dicía que si, que quería ir, que quería aprender, que quería facer cousas, pero non podía porque non era capaz de saír da cama”, recorda apenada. “Cando me erguía da cama pensaba que tiña que saír pola porta. Son bloqueos que tes aí e a xente non o entende. Era algo como: vou a morrer se saio por esa porta. E se ti queres que salga por esa porta entón ti queres que morra”, trata de explicar Cloe, decatándose ela mesma do complicado que chega a ser explicar o que sente. É por isto polo que ela foi incapaz de seguir estudando e de facer certas cousas da súa vida cotiá.

Cloe tomou moita medicación dende que todo deu comezo, hai xa catro anos. Foi así polas súas tendencias suicidas. “A xente pensa que as persoas que tentan suicidarse son unhas covardes. Non é unha decisión covarde, se queres suicidarte non é por ti, non é que non soporte máis esta vida. Quero morrer porque a mera existencia miña é molesta”, di Cloe, mentres analiza unha das situacións máis complicadas que pode chegar a vivir unha persoa. “Quero acabar con todo porque non merezo estar viva. Porque se o fago eles estarán tristes un tempo, pero á larga estarán mellor. A depresión cómeche tanto a cabeza que ti pensas que se desapareces, a xente estará moito máis feliz”, explica.

Ela cambiou de instituto xusto neste momento e perdeu a relación coas súas amigas de toda a vida. Durante moito tempo estivo illada, porque aínda que lle dicían sempre de quedar ela dicía que non podía. “Ao final boicoteas esa relación, porque eles non serán capaces de ser felices contigo ao lado”, tenta razoar. Na Universidade de Michigan estudaron como reaccionan persoas con e sen depresión no momento de rexeitamente ou aceptamento social.

“Non queres ter relación sociais porque pensas que só vas a molestar”: o seu pensamento residía en non facer novas relacións de amizade porque non quería involucrarse nelo. Porque todo era negativo. Non quería que a invitaran a ningún sitio porque se o facían, “era por pena”. Isto afecta ás relacións sociais porque as fai inexistentes. 

Moitas das súas amizades non entenderon que non estaba preparada para saír á rúa. “Tampouco podes forzar a ninguén para que quede contigo. Ás veces neses momentos unha mensaxe é algo que che vai a facer ben”, refire Cloe.

Apoio familiar e apoio terapéutico

Unha persoa soa, sen a axuda e o apoio, non pode saír diso. O apoio familiar é necesario e imprescidible na recuperación. Non obstante, a terapia xoga un papel fundamental nesta loita. O feito de contar cunha figura neutral, como pode ser un psicólogo ou un psiquiatra, é necesario. En palabras de Cloe, “a longo prazo as pautas dun profesional son necesarias”.

Admite que “a familia vai estar sempre”; porén, para Cloe é máis importante a axuda terapéutica: “A túa familia ten a súa vida, e é un problema teu. Eres ti o que vai a precisar combater e vivir con elo. E por moito que os teus amigos te apoien e a túa familia te impulse, se non tes unha axuda externa e que esté especializada niso, non vas a conseguilo, porque necesitas pautas, axuda e terapia”. Para Cloe o apoio especializado é incluso máis importante que o da familia, “que tamén é fundamental” —unha terapia proposta polo doutor Beck era a Terapia Cognitiva para a Depresión—. A familia aporta emocións, aporta cariño, apoio e protección; a axuda terapéutica, o verdadeiramente necesario para poder seguir adiante. Da mesma maneira ca o fixo Cloe.

Advertisements

19 comentarios en “Vivir cunha enfermidade mental

  1. Realmente unha historia desgarradora Sara. Non existen comentarios que podan chegar a describir o que se sente ó ler isto. Aínda así paréceme moito máis difícil explicar unha enfermidade como a de Cloe con tanto detalle e tentando que a súa voz vaia por enriba de todo como o estás facendo ti.
    Gustaríame centrarme na declaración na que Cloe di que unha mesma enfermidade vívese de maneiras moi diferentes. Desta declaración eu saco a conclusión de que non se debe xeneralizar ao falar da depresión. Pero entón, como os xornalistas podemos tentar romper mitos sobre esta enfermidade sen xeneralizar? Só se pode falar de casos particulares para que o lector interprete ou chegue a unha conclusión clara?
    Por outra banda, tras ter o testemuño desta rapaza, pensas que o xornalismo / comunicación comunitaria pode servir da axuda como a terapia ou a familia? No sentido da difusión de estudios (como os que no post se propoñen) ou para compartir experiencias que axuden á liberación do estigma dos enfermos?

    Gústame

    1. A primeira condición que me impuxen a min mesma na elaboración deste post, e a que creía máis importante, era a de que a voz de Cloe prevalecera por riba de todo. Creía e creo que iso debe ser así porque non vamos a poder entender algo se non escoitamos e permitimos que nos conten como é unha cousa. Aí é onde, penso, está a clave. Como xornalistas temos que deixar falar, tamén investigar, pero deixar falar, para que iso que as demáis persoas precisan saber poida resultar fructífero.
      Non atopo unha solución clara a pregunta que me formulas. Non sei se se pode cambiar a visión dunha enfermidade xeralizando. Creo que non, polo mesmo de que ningunha será igual a outra, e xeralizando o máis posible é que se chegue a contradicións. De todas formas, sempre me impresionou, a min e a moita xente máis, e xerou unha cantidade maior de emocións un caso particular que falar dun tema cunha visión xeral. Quizáis aí resida a clave: contar e difundir casos persoais, todos diferentes entre eles, para poder chegar a entender o que é.

      A relación entre xornalistas -medios de comunicación- e a recuperación da persoa é super importante, porque que a visión dunha enfermidade sexa clara e digna poderá chegar a trocar a mentalidade tan inxusta que ás veces temos que escoitar e iso fará que ese individuo se sinta mellor; non será considerado “raro”. Polo menos eu sentiriame mellor. Cando te machacan a todas horas rematas pensando que algo malo terás/serás para que todo o mundo pense cousas tan feas de ti. E neste caso non é así: non pode ser así.

      Gústame

      1. Como ben dis, darlle a voz a Cloe é a mellor decisión que puideches tomar. No libro: “Nosotros y los otros” trátase a comunicación humana dende un punto de vista que ti reflictes moi ben aquí, á marxe da túa función como xornalista. As autoras deste libro din que: “No hay ámbito humano sin comunicación. No hay anvance sin código compartidos, no evolucionamos como humanidad sin significados comunes”. E penso que aquí tratas moi ben esa perspectiva de establecer significados comúns – neste caso dunha enfermidade mental – para evolucionar como sociedade.
        Por outra banda eu tamén estou dacordo contigo no tema de que é mellor non xeralizar e optar por casos particulares para crear un imaxinario máis claro e, en certo modo, abrir mentes.
        Isto último creo que está moi relacionado co que expós no último punto. Os medios de comunicación, ao crear unha opinión pública son capaces de abrir mentes a través dunha información ben distinta á que estamos acostumados a ver sobre estes temas. No libro que citei antes tamén se di que: “la mayor parte de los problemas que nos rodean tienen su origen en la falta de comunicación”. É aquí onde creo que reside o maior problema. Pensas que a mala ou inexistente comunicación é a que crea “prototipos” errados sobre os enfermos mentais?
        Deixo por aquí o libro que consultei, igual pode ser útil para outras ocasións: https://comunepersoal.files.wordpress.com/2015/04/scaneo-libro-nosotros-y-los-otros-2.pdf

        Gústame

      2. Totalmente dacordo que na falta de información é onde reside o maior problema, porque cando non temos coñecementos suficientes dun tema o único que podemos facer é especular e falar sen saber.
        Sempre pensei que cando non se fala dalgo en concreto é ben porque non lle importa a ninguén ou ben porque non resulta beneficioso que a sociedade saiba diso. E isto é o que pasa coas enfermidades mentais: ou non queren falar delas porque iso é problema dos enfermos e ao resto non ten por que importarlle ou non queren falar delas porque non queremos que se den conta de que non pasa nada por ter unha enfermidade mental: o rexeitamento social non debería darse e moito menos a ignorancia sobre estes temas.
        Non sei se terás a mesma idea ca min nesto, e se non é así, que pensas ti sobre a falta de información e o que crea na sociedade?

        Grazas polo libro, ben seguro que lle botarei unha ollada.

        Gústame

      3. Estou de acordo contigo nun dos motivos polos que existe a falta de información, pero discrepo no feito de que esta carencia se deba a que non lle importa a ninguén un tema tan relevante como o son as enfermidades mentais. Para min, o único motivo polo que creo que aos poderoso non lles interesa sacar este tema a coalición, formar debate en si, é porque non é beneficioso coñecer as necesidades que poden ter este tipo de persoas, xa que nalgúns casos poden supoñer grandes custos para facilitar a vida dos enfermos mentais, como podería ser o apoio pedagóxico ou psicolóxico e tamén a creación de talleres ou espazos públicos que outorguen presenza a este tipo de persoas. Este sería o único motivo que atopo para “entender” por que o silencio e a ignorancia seguen sendo as dúas características máis fortes cando falamos de enfermidades mentais.
        Dende a nosa postura o mellor que podemos facer é concienciarnos individualmente para, de certa forma, “educar” ou dar unha visión educativa a quen nos lea cando falemos de enfermidades mentais. Intentar abrir o círculo que pechamos coa ignorancia e o silencio, non cres?

        Gústame

      4. A concienciación individual é o primeiro paso para unha sociedade concienciada. Baixo o meu punto de vista, si podo entender que existan certas persoas que dende a súa visión de superioridade e comodidade absoluta non lles interese en absoluto as dificultades polas que pode pasar unha persoa con algún tipo de enfermidade mental. Isto non implica que todo o mundo caia dentro do mesmo saco, quizáis me excedin coa frase “non lle interesa a ninguén”.

        Está claro que o único que interesa son os beneficios, e que cando algo tan só proporciona son gastos, deixa de interesar no momento.

        Gústame

  2. O exemplo de Cloe paréceme o idóneo para falar do duro que é e das consecuencias que provoca ter unha enfermidade como esa. Gústame que remarques a idea de que as enfermidades mentais non afectan a todos por igual, que en cada persoa maniféstase de maneira diferente. Solo polo simple feito de ser home ou muller xa cambia a incidencia na que unha enfermidade mental afecta nunha persoa, tal e como podemos ver no seguinte enlace: http://holadoctor.com/es/trastornos-mentales-y-de-comportamiento/la-enfermedad-mental-afecta-a-hombres-y-mujeres-de-forma-distinta
    Que a vida social dunha persoa se vexa afectada é inevitable, pero debe vixiarse bastante. O feito de non ter a ninguén ou non querer falar con ninguén é moi perigoso e pode chegar a producir non peores casos, ganas de quitarse a vida, como ben dis no texto. Paréceme fundamental o apoio familiar e terapeutico, pero quizais discrepo na idea de Cloe en pensar que polo feito de que a familia vai estar sempre, non lle vamos a endosar en certa maneira o marrón de estar pendente dela, porque por iso mesmo, polo feito que sentir un cariño que un profesional non ten, un familiar vai estar máis preocupado por ti. http://valenciaplaza.com/el-apoyo-de-la-familia-esencial-para-los-pacientes-de-trastornos-mentales

    Gústame

    1. Así é: nada ten que ver unha mesma enfermidade en persoas diferentes. Quizáis aí resida a problemática: ao non seguir os mesmos patróns non vai a ser doado unha axuda rápida e eficaz.
      No tocante ao apoio da familia, é certo que, dende unha visión obxetiva, pensar que tan só eres unha molestia para os teus pais non ten sentido. Coido que ese pensamento non é de Cloe, senón que provén dunha persoa que no seu momento non se atopaba ben e o único que se lle podía pasar pola cabeza era “son unha molestia para todos”. É por iso polo que para ela, e para moitas persoas con enfermidade mental, a familia é o máis importante no proceso de recuperación, tal e como ti comentas a través do último enlace.

      Gústame

  3. Nun primerio lugar, quero destacar o que me sorprende a forma que ten Cloe para contar a súa vida dunha forma tan clara e valente. Eu non sei se tería a entereza para falar de temas tan complicados e persoais tan directamente. Ademais dar voz a algúen que ten que lidiar día a día cunha enfermidade mental pareceme unha forma moi boa de mostrar directamente o tema que estades a tratar nos vosos posts.
    Algo que me chama a atención é a forma na que describes a Cloe, falas de que é unha moza alegre e vital, sen embargo, cando alguén pensa nunha persoa que ten depresión, pensa nalguén triste e afundido. Esto demostra o pouco que sabemos deste tipo de enfermidades e do pouco que están presentes nos medios de comunicación. Por exemplo eu non sabía que existían fases na depresión. Esto é o que quero dicir, débese dar maior prioridade a estos temas para que a sociedade comprenda que non hai nada malo nelo, que perda o medo e deixe de rexeitar, ás veces inconcientemente, as persoas con este tipo de patoloxías.
    Por outra banda, cando se tarten estos temas nos medios de comunicación, hai que ter moito coidado coa forma de contalo, non falo do teu post, que está perfectaente escrito, refírome a certos termos e expresións que se utilizan e que dan a sensación de estra trantado de tolo á persoa, cando no ten nada qeu ver e resulta moi ofensivo.

    Gústame

    1. Así é Jesús, Cloe contou coa forza suficiente como para descartar todos eses pensamentos negativos para rematar por ser unha muller valente, vital e feliz.

      No tocante aos medios de comunicación si que é verdade que se precisa unha cautela xigante para falar de certos temas, e este é un deles. Non recordo ahora cando lin como nunha noticia se tildaba de “tolo” a unha persoa que tiña unha enfermidade mental. Esa non é a forma na que teñen que dar a coñecer estas historias; esa é unha maneira ruin e pouco representativa.

      Gústame

      1. É moi importante que os xornalistas de hoxe en día saiban como tratar os temas dunha forma correcta e ser ferir o sentimentos de ninguén. Teñen que ter moi claro as palabras qeu queren utilizar. Aquí deixo unha ligazón a un artigo sobre o tratamento das enfermidades mentais nos medios de comunicación e a súa problemática http://www.infosalus.com/actualidad/noticia-tratamiento-hace-prensa-enfermedad-mental-favorece-estigmatizacion-20130430175110.html
        Outro temas dos que fala Cloe é da súa relación con seus amigos e a súa familia. Creo que é importante que a persoa sinta, ainda que as veces crea que non é certo, que os seus seres queridos a apoian. Pero deben ter coidado en non atosigala, non afogala para que se sinta cómoda.
        Ela fala da importancia do terapeuta na súa recuperación, cousa na que estou completamente de acordo, pero que pensas ti sobre o uso de medicación para tratalas? Cres que se fai un sobreuso de elas ou que son necesarias?

        Gústame

      2. Efectivamente, a familia resulta un apoio fundamental e básico para a recuperación da persoa, neste caso, Cloe.

        No tocante a inxesta de medicamentos, coido que é algo necesario: a medicación poderá, nun primeiro lugar, axudarche a rebaixar as consecuencias negativas que pode xerar unha enfermidade. A longo prazo non creo que sexa algo que deba proseguir; a terapia a longo prazo semella máis efectiva.
        É posíbel que nalgúns casos, o emprego dos medicamentos apareza como a solución rápida e sinxela a un problema real. Pola miña parte, creo que é algo co que se debe ter moito cuidado e prestarlle moita atención, e tan só medicarse cando un doutor o recete, e non unha automedicación.

        Gústame

      3. Eu penso igual ca ti, moistas veces úsase a mediación como vía rápida para superar os problemas, sen mergullarse na raíz da cuestión e sen arranxalo. Ese é o problema, por eso eu tendo a desconfiar da medicación. Si que é certo que en moitas ocasión esta é necesaria, pero o seu uso prolongado é dañino para o corpo e incluso pode acabar en drogodependcia.
        Como di Cloe e reafirmas ti, a terapia é a parte esencial á hora de tratar unah enfermidade mental.

        Gústame

    1. Estou totalmente de acordó. A reflexión do enlace que compartes é mío acertada. Neste sentido creo que os xornalistas debedes ser moi coidadosos á hora de redactar as novas que se refiran a persoas con enfermidades mentáis. Sen querelo podedes contribuir a afondar ese estigma

      Gústame

  4. Boas Sara, o certo é que deberíamos dar a noraboa e unha forte aperta a Cloe polo seu relato e a súa valentía. É curioso como o contaxio desta patoloxía se expande cada vez cunha noticia sae nos medios. Ademais en España, un pais cunha taxa de suicidio entre media e baixa.
    Gustaríame presentarche datos sobre o suicidio nun país europeo e que é un grave problema: Suecia. Estos datos clarifican o trauma que supón na nación nórdica e fan que me pregunte que puido haberlle ocurrido a Cloe se chegase a vivir aló.

    Enlace: http://www.sweetsweden.com/economia-y-sociedad-sueca/suecia-pais-de-suicidas/#.WQXsbNLyjIU

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s