Muller e discapacidade: unha doble discriminación

Marta Otero Mayán

Como xa espuxemos en anteriores entradas, a saúde mental non sempre resulta representada de xeito correcto nos medios de comunicación. A tendencia sensacionalista e morbosa que se adoita seguir nestes casos é o camiño inevitable cara a creación dun estigma negativo arredor destas enfermidades. Porén, dentro deste colectivo xa perxudicado de por si; atópase un suxeito que ten unha porcentaxe maior de desventaxe: a muller discapacitada.

Resulta bastante evidente que o tema “da muller” dentro de calquera colectivo é algo que non interesa, que non existe, e menos aínda se falamos de discapacidade. Muller e discapacidade, unha doble discriminación (por xénero e por neurodiverxencia) que debe ser dada a coñecer á sociedade, e sobre todo aos responsables políticos que teñen a obriga de evitar desigualdades nalgúns sectores da poboación. Os responsables dos medios de comunicación tamén debemos adquirir o compromiso de dárlle ao tema o tratamento que require; xa que, se ben o colectivo de persoas con discapacidade ve a súa imaxe distorsionada nos medios, a muller con discapacidade resulta totalmente invisibilizada nos mesmos. 

discapacidad
Cartel do Día internacional das persoas con discapacidade || Fonte: Blog lucasriendo

A muller discapacitada non só ocupa unha posición de desvantaxe no seu tratamento mediático; senón que presenta moitos outros hándicaps: as pertencentes a este colectivo son máis propensas a sufrir violencia de xénero que unha muller mentalmente sa. Falando en cifras: segundo denuncia a fundación Cermi Mujeres no seu informe “Violencia de género hacia las mujeres con discapacidad”, unha de cada tres mulleres con discapacidade sufriu violencia machista nalgún momento da súa vida. A violencia psicolóxica emocional, entendida como insultos, menosprezo, intimidación ou ameazas verbais recibidas é o tipo de agresión máis recorrente; malia que as violencias física, económica o sexual tamén teñen unha forte presenza.

Factores que propician a vulnerabilidade 

Non é casualidade que este colectivo sexa máis propenso que outros a sufrir estes tipos de violencia, xa que existen unha serie de factores que potencian a súa vulnerabilidade. Algúns destes factores poden ser a dificultade da vítima por ser crida se denuncia o abuso; o menor risco de ser descuberto por parte do agresor, unha educación sexual insuficiente ou o asolamento emocional ao que a súa enfermidade as enfronta.

De acordo a un dos estudos cualitativos realizados por CROWD,  (Center for Research on Women. Disabilities) as principais barreiras para obter axuda incluían o medo á vinganza do agresor, ou a falta de intervencións para axudar ás mulleres con discapacidade a recoñecer o abuso e a protexerse e alonxarse del. Aquí reside a función principal que os medios de comunicación deberiamos exercer nestas situacións: a de actuar como  informadores para axudar a estas mulleres a recoñecer situacións de abuso; visibilizando a súa condición e dándolles voz a elas mesmas para que poidan levar a cabo a súa denuncia.

Feminismo e diversidade funcional

Sobre a necesidade de actuar como altofalantes para as persoas afectadas, deixando que sexa a súa voz a que se escoite; adoita incidir a activista feminista e discapacitada Sol, dende a súa conta de tuiter (@_Missmovin0n) e dende o seu blogue pensandoenlila.blogspot.com. Nun dos artigos deste último, titulado “Feminismo e diversidade funcional”, a activista leva a cabo unha denuncia, breve pero poderosa, do tratamento social que a súa condición recibe:

Seguro que al leer el título muches os habéis preguntado ¿qué es eso de diversidad funcional? Pues bien, el término de diversidad funcional se utiliza para las personas discapacitadas, este término que se ha utilizado durante mucho tiempo a mí no me gusta…  ¿por qué yo soy menos capaz que cualquier otra persona? ¿por estar en silla de ruedas? ¿por qué es menos capaz una persona neurodivergente, sorda, ciega…? Sin embargo, “diversidad funcional´´ me parece una manera preciosa de llamarnos, porque somos una diversidad y siento que no se nos discrimina como con las palabras “discapacitade´´ “minusválide´´, etc.  Yo, como mujer, lesbiana, diversa busco la igualdad tanto por ser mujer como por ser diversa y lesbiana.  Sinceramente, siento que esas luchas muchas veces van por separado y no entiendo el por qué, […] creo que es por la discriminación que sufrimos incluso en espacios seguros, porque se nos cuestiona o simplemente piensan que no somos capaces. Chiques, todes somos válides y desde aquí os animo a que nos unamos como si fuéramos une, debemos acabar con toda la discriminación y demostrarles a les demás que incluso teniendo todas las dificultades del mundo podemos con todo, nosotres somos quienes nos ponemos los límites: no dejemos que les demás lo hagan y aunque no lo creáis ya hacemos muchísimo simplemente con levantarnos cada día y seguir aunque tengamos demasiadas ganas de tirar la toalla.”

WhatsApp Image 2017-04-04 at 22.22.30

Un incremento eficiente de información por parte dos medios, que poña á disposición das afectadas programas de intervención para mulleres con discapacidade, (que inclúan información para recoñecer o abuso, protección a elas mesmas nestas situacións que lles permitan rexeitalas de xeito autónomo) supón un primeiro paso esencial cara a liberación e integración da muller discapacitada na sociedade. O movemento feminista, asimesmo, debe ostentar un papel preponderante no camiño cara esta liberación: a sororidade entre mulleres debe ser un elemento presente en primeira liña en todas as loitas que nós protagonicemos. 

Bibliografía empregada:

RAMALLO, Pilar. Ararteko. Mujer y discapacidad: doble discriminación. Euskadi. Recuperado de: http://www.ararteko.net/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_401_1.pdf

Sol. Pensando en lila (28/11/2015) Tres poemas, feminismo y diversidad funcional. Recuperado de: http://pensandoenlila.blogspot.com.es/2015/11/tres-poemas-feminismo-y-diversidad.html

Plena inclusión Madrid (2015) Manifiesto mujer y discapacidad 2015. Madrid. Recuperado de: http://www.plenainclusionmadrid.org/wp-content/uploads/2015/08/ManifiestoD–aMujer.pdf

FEAPS Madrid. (09/12/09) Plena inclusión Madrid.  Violencia de género y mujeres con discapacidad intelectual. Madrid. Recuperado de: http://www.plenainclusionmadrid.org/wp-content/uploads/2015/08/LF_guiaviolencia.pdf

Advertisements

25 comentarios en “Muller e discapacidade: unha doble discriminación

  1. Ola Marta, primeiramente gustaríame felicitarte polo teu post, esperaba que alguén do voso grupo se centrase neste tema. Paréceme moi interesante o apunte que fas de que as mulleres con discapacidade son máis propensas a sufrir a violencia de xénero. Deixo por aquí un informe da ONCE moi interesante sobre isto, non sei se o coñecías: http://www.fundaciononce.es/sites/default/files/docs/Mujer%2520Discapacidad%2520y%2520Violencia_2.pdf

    Ti crees que existe unha discriminación maior, nunha muller, dependendo do tipo de discapacidade que teña? Sexa física, intelectual ou sensorial? Pode darse o caso, como falamos nunha das reunións co noso círculo que as mulleres non se decaten sendo discriminadas, porque non todo o mundo é igual de sensible á hora de certas actitudes/comentarios, sería interesante investigar sobre este tema no voso campo.

    Pregúntome tamén o que acontece é que non temos as ferramentas precisas para paliar a segregación, ou é máis ben que non queremos utilizalas?

    Gústame

    1. Boas, Claudia! Alégrome de que che gustase o post. É necesario comezar a focalizar certos temas na figura da muller dentro de colectivos en desventaxe, xa que nós sempre imos ter en calquera ámbito máis obstáculos. Á pregunta de se creo que pode existir unha discriminación maior dependendo da discapacidade sufrida, bueno; considero que non deberiamos “minimizar” nin comparar tipos de discriminación entre diferentes colectivos; xa que estes deben traballar unidos para finalmente eliminar as barreiras que a sociedade lles impón. Persoalmente, si que penso que a muller discapacitada mental pode estar nunha situación de maior vulnerabilidade que a discapacitada física; xa que a posibilidade de ser manipulada ou violentada se incrementa cando o teu estado mental ou anímico non é o axeitado. Se quixeras ampliar información sobre o tema en concreto, invítote a botarlle un ollo ao post que recolle oa testemuña en primeira persoa de Rosa, unha das membras do noso círculo que fala da súa situación como muller e ama de casa con trastorno depresivo.

      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/04/19/a-saude-mental-contada-dende-dentro/

      Gústame

      1. Interesantísima a testemuña de Rosa, sen dúbida. Persoalmente ti cres que existe maior discriminación e desatendemento nas mulleres do rural?
        Como di Rosa, os medios teñen que cambiar o seu discurso, pero penso que non só eles deberían facelo. En moitas ocasións cando as series de televisión necesitan alongar a tramas trivializan as enfermidades e caen en estereotipos como cando en Homeland alguén lle quita as pastillas a Carrie e esta se descompensa. Isto fai imposible deixar atrás os prexuízos. Porén, é certo que moitas series, como as que che deixo a continuación, serviron para desestigmatizar certos trastornos. Eu persoalmente non pensara que os trataban ata agora.
        http://www.elmundo.es/salud/2016/12/29/5864276eca4741622d8b45b6.html

        Gústame

    2. Boas, Claudia! Efectivamente, penso que a situación das mulleres con discapacidade ou enfermidade mental no rural resulta, se cabe, máis estigmatizada e ignorada socialmente, o cal inflúe moito na convivencia e a superación da enfermidade. No caso de Rosa, por exemplo: ela traballou toda a súa vida como ama de casa nunha poboación pequeniña como é Dodro, polo que as súas opcións para mellorar na súa condición, ata a chegada da asociación Andaina á súa vida, estaban moi limitadas. En canto ao artigo que presentas sobre o tratamento do tema na televisión, estou totalmente de acordo contigo: non só somos os medios de comunicación os que contribuimos á creación de estigmas, senon tamén os productos recreativos e de ocio como as series e as películas. A min, persoalmente, non me gusta o ton cómico e distorsionado co que se trata o asperger na figura de Sheldon Cooper, ou no caso da cinta “Múltiple” (2016), onde se transmite unha imaxe violenta e psicópata do trastorno de personalidade. Déixote a crítica da mesma levada a cabo por unha psicóloga:
      http://www.ecartelera.com/noticias/37164/criticashaciashyamlan/

      Gústame

      1. Falando sobre cine e series, quizais non podemos xeneralizar. O que vimos falando ata o de agora versa sobre as producións estadounidenses, mais que pasa co resto do mundo? E co cine español? Están igual de estigmatizados os trastornos ou discapacidades en todo o mundo? Te doy mis ojos, é un filme español onde Luis Tosar, é presentado con unha personalidade paranoide. http://www.monografias.com/trabajos84/psicologia-criminal-violencia-intrafamiliar/psicologia-criminal-violencia-intrafamiliar.shtml

        Gústame

      2. Penso que, cando se trata de estigmatizar e de reflectir de xeito incorrecto estas patoloxías nos grandes medios de masas, nin as produccións españolas, nin as estadounidenses, se libran de caeren nestes estigmas perxudiciais. A busca do sensacionalismo, do click fácil, e de suscitar interese caendo en tópicos morbosos arredor da saúde mental, é unha potente fonte de atracción de ingresos. Non penso que exista, ata o de agora, unha verdadeira vontade de virar o rumbo marcado ata agora sobre este tratamento erróneo.

        Gústame

  2. Boas Marta. Paréceme moi interesante este tema, xa que o certo é que na sociedade na que vivimos ser muller tórnase moito máis difícil se ademais tes unha discapacidade. Gustaríame saber que opinas sobre o trato que se da a estas mulleres nos medios de comunicación, xa que é un tema bastante recorrente e que sae con frecuencia nas reunións do noso Círculo de afectados. Alí Sofía e Ánxela, dúas mulleres con mobilidade reducida, soen facer referencia á falta de sensibilidade por parte dos medios de comunicación que se resisten a utilizar unha linguaxe inclusiva.
    Por aquí déixote unha guía que quizais moitos medios deberían consultar antes de redactar as noticias. http://www.discapacidadesecuador.org/images/stories/File/lenguaje%20positivo.pdf

    Gústame

    1. Boas Yuri! Pois efectivamente, os medios de comunicación non sempre levan a cabo unha labor respectuosa cando tratan novas nas que se ve involucrado o tema da saúde mental. A ausencia, como ben dis, dun uso axeitado da linguaxe inclusiva e outras fórmulas que contribúan a manter a dignidade e a imaxe deste colectivo, non deixa de ser un reclamo morboso da prensa sensacionalista co fin de atraer ao público cara as súas noticias. Se ben o tratamento non é o axeitado no caso do colectivo en xeral, a visibilidade da situación da muller destaca pola súa ausencia. Resulta lamentable, por non dicir perigoso, que os medios de comunicación non estén difundindo as altas taxas de violencia de xénero que sofren as mulleres con discapacidade; o cal desemboca en que elas mesmas non saiban poñer os medios para detectar e terminar con estas situacións de abuso. Porén, asociacións como FEAPS están a levar a cabo a labor que tería que ser responsabilidade dos medios, a de elaborar e distribuir guías como a seguinte, que ensina as mulleres discapacitadas a enfrontar e denunciar estas violencias
      http://www.plenainclusionmadrid.org/wp-content/uploads/2015/08/LF_guiaviolencia.pdf

      Gústame

      1. Ola Marta! Moi interesante a túa achega. Penso que iniciativas coma esta son fundamentais para vencer ós estereotipos e, sobre todo, para gañar valores en materia de respecto. Hai que concienciar e educar á sociedade nestes eidos e ahí xogan un papel fundamental as institucións públicas. Deberíanse promover este tipo de actuacións e mesmo impartir coloquios informativos nos centros escolares. Así e todo, non cabe dúbida de que outro dos piares básicos para lograr a devandita concienciación cidadá é a actuación dos medios de comunicación, e como traten este tipo de informacións. Adxúntoche o enlace ao documental #Di_Capacitados que pretende concienciar á sociedade actual: http://www.amafe.org/evento/largometraje-di_capacitados-2/

        Gústame

      2. Sen ningunha dúbida, foi certamente frutífera a nosa conversa e intercambio de informacións, creo que agora teño unha opinión máis fundamentada ao respecto, grazas a ti tamén compañeira!

        Gústame

    2. Creo que co teu comentario deches no clavo: a toma de conciencia da sociedade nace irremediablemente de formar e informar aos máis novos. Os coloquios e dinámicas de aprendizaxe en institutos e institucións educativas me parecen unha medida necesaria para que a nosa sociedade vaia cambiando e medrando dende a raíz. Penso que se a nosa xeración tivera adquirido unha correcta formación sobre o tema dende o principio, a nosa visión e actuación cara as enfermidades mentais sería totalmente diferente, lonxe de prexuízos e ideas preconcibidas. Ti que opinas? Pensas que na nosa xeración se escomeza a apreciar un cambio de perspectivas e unha apertura maior de mente cara estes temas delicados? Ou estamos condedos a seguir a liña lamentable que seguen os medios actuais de cara ao tratamento das informacións nas que se ve implicada a saúde mental?

      Liked by 1 person

      1. Boas, Marta! Trátase dun tema que non ten unha resposta sinxela e que require dunha análise previa para afondar correctamente no asunto. Persoalmente, creo que temos aínda moito traballo por diante e que esta lacra non se vai solucionar nun curto período de tempo.
        O principal problema é que durante moitos anos se crearon acerca das enfermidades mentais unha serie de prexuízos que, por desgraza, arraigaron na nosa sociedade e aínda perduran a día de hoxe. A única forma de cambiar as cousas é dende a acción propia, e neste eido cómpre salientar a grande importancia que teñen os coloquios e charlas impartidas nos centros escolares, xa que os mozos de hoxe serán os adultos de mañá e, polo tanto, é crucial que dende moi cedo aprendan o significado das palabras “respecto” e “igualdade”.
        Porén, aínda que si percibo un cambio considerable na nosa xeración, queda moito por facer. E iniciativas coma esta de Lady Gaga e o príncipe William de Cambridge resultan realmente enriquecedoras e frutíferas: http://www.jetset.com.co/famosos/articulo/lady-gaga-y-principe-william-juntos-contra-prejuicios-hacia-enfermedades-mentales/156780

        Gústame

      2. Grazas por darme a coñecer este enriquecedor proxecto de Lady Gaga. Sen dúbida, que as persoas influíntes na sociedade dos medils de consumo de masas actúen como altofalante pars denunciar e dar visibilidade aos grupos oprimidos é determinante para a súa normalización e posterior tratamento. Coincido contigo en que estes prexuízos están moi arraigados na sociedade, e resulta complicada a súa progresiva eliminación. Porén, coido que o primeiro paso para destruílas pasa necesariamente pola toma de conciencia individual que parta de cada un de nós a título persoal, e que estou segura de que tanto ti coma min acadadamos mediante proxectos coma estes.

        Liked by 1 person

      3. Sen ningunha dúbida. O que todos debemos facer é fomentar este tipo de iniciativas e darlles voz e difusión para axudar a crear conciencia social acerca do que é un problema moi serio. E en Santiago de Compostela hai xa en marcha moitos proxectos que loitan por conseguilo. De feito, eu coñezo de primeira man un deles, a Asociación Fonte da Virxe, que defende a integración das persoas con enfermidades mentais a través de varias iniciativas. Déixoche o enlace á súa páxina web por se che apetece coñecela e afondar nos teus coñecementos neste eido: http://fontedavirxe.org/. Espero que te sirva de axuda, un saúdo!

        Gústame

      4. Grazas polo interese, Yuri. Coñeciamos a asociación con anterioridade xa que estivemos a piques de colaborar con eles, e aínda que ao final esta colaboración non se fixera efectiva, sabemos da súa labor institucional. De novo grazas pola túa reflexión e compromiso co tema, agardo que a lectura e intercambio de impresións supuxera para ti unha aprendizaxe!

        Liked by 1 person

  3. Paréceme un tema moi interesante o tema que tratas. Tras ler o teu texto xórdeme unha dúbida que agardo me podas respostar. Existe tal e como está artellado actualmente o movemento feminista unha axuda neste eido? Interésame máis aínda, se o coñeces, o caso en Galiza xa que existen organizacións horizontais de mulleres como pode ser a Plataforma Feminista Galega (PFG).
    Déixoche aquí un enlace a diversas noticias relacionadas coa organización por se non a coñeces publicadas, neste caso, no Faro De Vigo. http://www.farodevigo.es/tags/plataforma-feminista-galega.html

    Gústame

    1. Boas, Brais. Tentando respostar á túa pregunta, na miña opinión o movemento feminista, alomenos na teoría, tería que estar encamiñado, dun xeito interseccional, a loitar por derrubar todas aquelas discriminacións que sofren, sexa cal sexa a súa condición, todas as mulleres. Explícome: moitas veces a voz do feminismo universal está exercido por mulleres brancas de clase media, cuxa desventaxe reside únicamente na opresión de xénero. Moitas veces, este feminismo se esquece da muller negra, que sofre ademáis discriminación racial; da muller transexual, que a sofre por identidade de xénero, ou da muller pobre que a experimenta mediante a opresión de clase. O mesmo ocorre coa muller discapacitada, claramente en desvantaxe con respecto a muller sá, e que non termina de ficar correctamente representada no feminismo hexemónico. Porén, se ben se está a intentar dar pasos neste eido, tentando incluír na loita as necesidades das mulleres neurodiverxentes, parece que non remata por dar ese impulso necesario para cambiar as cousas.
      Gustaríame compartir contigo este ensaio que trata precisamente sobre isto: a necesidade dun esforzo por parte do feminismo por acoller e dar voz no movemento as mulleres con diversidade funcional:
      http://bvirtual.ucol.mx/descargables/484_teoria_feminista_discapacidad_51-72.pdf

      Gústame

      1. Respecto ao movemento feminista interseccional, estou en total dacordo contigo. De feito, no me derradeiro post tratei o tema respecto ao colectivo LGTB https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/04/12/ser-bisexual-e-poc-invisibel-ao-espello/comment-page-1/
        Respecto ao ensaio, concordo co contido do mesmo pero tamén me chama a atención a utilización de termos como “Discapacidade”. Non sei ata que punto é convinte o uso de termos coma ese e máis nun ensaio entendo que pretende adoptar un tono académico.

        Gústame

      2. Boas, Brais. En primeiro lugar, dende o que eu sei, o termo “discapacitado” non é ofensivo nin pexorativo, simplemente se adica a designar a total ou parcial ausencia dunha capacidade entendida como normativa nun ser humano. Non hai que esconder que existe xente con diversidad de capacidades, todo o contrario, hai que dar a coñecer estas limitacións á sociedade co fin de crear conciencia e aportar solucións colectivas ás mesmas. Si que resulta ofensivo, ao meu modo de ver, o termo “disminuído”, palabra que xa fica totalmente desterrada do vocabulario de quen está concienciado sobre o tema.
        Pareceume realmente interesante o teu post, xa que lle dá voz a persoas afectadas por unha dobre ou incluso triple discriminación: por orientación, raza e mesmo xénero. Que medios cres que debería adoitar o movemento feminista e outros movementos sociais para facer visible esta diversidade existente dentro dos grupos oprimidos?

        Gústame

  4. Boas Marta! Antes de nada gustaríame felicitarte polo teu post. A verdade é que estou moi contenta de ver neste blogue varias publicacións sobre a situación da muller, o feminismo, o acoso, etc. Como non, a túa tamén me gustou lela.
    É moi certo iso de que por ser muller e discapacitada, estas están sometidas a unha dobre discriminación. Isto, ademais, moitas veces oculta o maltrato machista. Aquí che deixo un enlace no que se explica tamén que estas mulleres son máis vulnerables de sufrir maltrato, xa que dependen máis dos agresores e apenas denuncian.
    http://www.eldiario.es/sociedad/discriminacion-mujeres-discapacidad-maltrato-machista_0_331417507.html
    Por outra banda, quería ensinarche un estudo de Pilar Ramiro, Secretaria Xeral na Cordinadora de Minusválidos Físicos de Madrid, no que intenta reivindicar a dobre discriminación que supón ser muller e ter unha discapacidade, sexa física, intelectual ou sensorial.
    Marta, gustaríame saber un pouco, cal crees que é a ferramenta principal para erradicar esta situación? É dicir, se é complicado para unha muller sen discapacidade, como crees que reacciona a sociedade ante alguén con este tipo de enfermidades? Non só vivimos nunha sociedade machista, senón que somos un país que, en canto a estas temáticas, ten demasiados prexuízos

    Liked by 1 person

    1. Bos días Sandra. En primeiro lugar, alégrome moito de que che gustara o post, e agardo que soupera transmitirte a súa idea principal. Se ben a cantidade de casos de violencia de xénero en mulleres discapacitadas é alarmante, o feito de que este dato sexa invisible nos medios de difusión resulta máis perigoso aínda.
      As mulleres discapacitadas non existen nos medios xeneralistas, non se fala delas, o cal leva ao descoñecemento e vulneración das súas problemáticas e por conseguinte, dos seus dereitos.
      Penso que, de entre as moitas solucións que os gobernos e poderes fácticos deberían pór en marcha, unha grande parte da responsabilidade a temos os medios de comunicación. Como quinto poder, somos os encargados de divulgar e dar a coñecer, tanto ao groso da sociedade como ás propias mulleres vulnerables, que esta situación existe e que se lle pode poñer remedio.
      O problema é que non o facemos, porque este tipo de noticias sás e carentes de morbo e sensacionalismo, non “venden”. Non potencian as visitas á paxina por parte do público xeral.

      Gústame

      1. Non podo estar máis de acordo contigo, Marta. Co que máis me gañaches foi co último parágrafo, no que me dis que este tipo de noticias non “venden”, xa que iso é unha reflexión moi acertada dende o meu punto de vista.
        Digo que me parece acertada porque agora mesmo cada vez os xornalistas pretenden dar ese morbo en case tódalas noticias; asasinatos, roubos, pelexas, etc.
        Aquí vai un enlace sobre a porcentaxe de mulleres con discapacidade que sufriron violencia machista.
        http://www.compromisorse.com/rse/2017/04/05/el-31-de-las-mujeres-con-discapacidad-ha-sufrido-violencia-machista/
        O que tamén me parece moi forte é que a muller nestes casos permanece, en gran medida, invisible para a sociedade, aínda por riba de que son estas mulleres as que sofren discriminación, entre outras cousas, por ser discapacitada e muller. É mesto onde volvemos a falar da sobre a dobre discriminación. Deixoche aquí en enlace a un estudo que explica bastante todo isto, aínda que ao mellor xa o leches. http://repositoriocdpd.net:8080/bitstream/handle/123456789/746/Pon_SolerA_DiscapacidadDependenciagenero_2008.pdf?sequence=1
        Espero que lles botes un ollo e que digas o que pensas, xa que me gutsaría coñecer un pouco máis o teu punto de vista. Saúdos, Marta!

        Gústame

      2. Interesantes e alarmantes son as cifras que plantexas no enlace que presentas, que non fan máis que confirmar que existe un problema e que é necesario buscar de xeito social e colectivo unha solución efectiva.
        Porén, non todo é silencio. Malia que moitas das iniciativas de cambio partan de asociacións adicadas precisamente ao tratamento desta problemática, sí que existen, tales como o ensaio que propós no enlace, algúns intentos de paliar esta lacra da sociedade, tales como a Guía contra a violencia de xénero para mulleres con discapacidade intelectual, elaborada pola asociación Feaps Madrid, e que está destinada a axudar a estas mulleres vulnerables a detectar e denunciar este acoso.
        Déixocha e xa me dis que opinas
        http://www.plenainclusionmadrid.org/wp-content/uploads/2015/08/LF_guiaviolencia.pdf

        Gústame

      3. Gustoume a guía, a verdade. Explica as cousas dunha maneira moi fácil para que todo o mundo o poida entender a linguaxe é directa. As guías así son moi necesarias. Sabemos que estas mulleres son persoas moi vulnerables e fáciles de manexar e, con axudas como esa guía, as cousas poden cambiar.
        Quería ensinarche tamén o informe final dun estudo sobre a vulnerabilidade das mulleres con discapacidade vítimas de calquer manifestación de violencia machista.
        http://www.once.es/new/plan-de-igualdad/estrategia-de-lucha-contra-la-violencia-de-genero/Estudio%20especial%20vulnerabilidad%20mujeres%20con%20discapacidad%20-Gobierno%20Vasco%202012.pdf
        Espero que na vosa proposta de acción haxa incluido algo sobre esta temática, xa que non me cabe dúbida de que contribuiredes moito a axudar a estas persoas que o necesitan por parte dobre.
        Un saúdo!

        Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s