A involucón do factor traballo na emigración

Logo de haber celebrado todas as reunións co noso círculo de lectura, un dos temas máis recurrentes era o laboral, os participantes deixaban ben claro que as condicións nas que eles emigraron eran as prometidas e que non atoparon problemas no país de acollida. Tamén deixaron bastante claro que hoxe iso xa non é así.

Nas migracións non so inflúen factores obxectivos (demográficos, sociaies ou económicos) senón tamén subxectivos como a procura de actividades laborais máis atractivas ou a existencia dunha dinámica migratoria consolidada. Esto explica as tendencias migratorias continuadas ao longo dos siglos XIX – XX en Galiza, a pesar de que houbese máis terra a disposición dos que quedan ou de que aparezan novas ocupacións laborais en ámbitos urbanos.

Os participantes do noso círculo emigraron durante o franquismo e a transición. Eles comentan que a súa emigración foi posible gracias a que o traballo xa o levaban de aquí. Esto foi debido ao Instituto Español de Emigracion (IEE) e os seus precedentes: A lei de emigración de 1907 dirixida a protección do emigrante e as suas modificacións en 1924 ademais a abolición das leis restrictivas de finais do século XIX. Eles insisten que todo canto acordaran previamente cando chegaron aos seus destinos (Suiza, Francia e Inglaterra) cumpriuse e os contratos laborais cumplian o acordado.

Un deles, Evaristo, o máis maior e primeiro en emigrar do noso círculo, falounos de como primeiramente os traballos eran de temporeros, de entre seis e nove meses, e como co tempo os contratos foron evolucionando e progresando, pasando a ser anuais e incluso indefinidos. María, quen emigrou a Francia e traballou alí durante máis de dúas décadas, comentábanos que no seu traballo (nunha empresa de costura) cobraba por horas sen irregularidades salariais, insistía moito en que cobraba todas as horas extras sen excepción.

Pero todo o bo que falaban dos seus traballos fóra, non o dicían dos traballos que tiveran previamente aquí. María comentaba que cando traballou en Madrid foi explotada, cobrando unha miseria e como non lle pagaban nin sequera o salario íntegro e queixándose das condicións de traballo.

A raíz das súas experiencias, nós preguntamoslle que opinaban da inmigración que recibe España e a súa resposta radicou en que a eles tratáronos ben alí, a día de hoxe inda teñen prestacións e pensións deses países, mentres que IMG_2765.JPGnos tratámos fatal aos que veñen a traballar aquí, a buscarse a vida igual que o fixeron eles. Comentan que nos primeiros anos da inmigración a España, eses inmigrantes realizaban os traballos que os Españois non queríamos. María fai fincapé en que esas personas marchan dos seus países porque alí as condicións non son as mellores e veñen aquí a traballar e buscarse unha vida mellor e merecen respeto pois, o noso país levantouse cos cartos da emigración e “debémosllo“.

Tamén criticaron a influencia que exercen os medios de comunicación na xenofobia e no racismo que vemos na nosa sociedade, pondo un exemplo de como cada vez que se comete algún delito se especifica claramente cando son inmigrantes, e cando son españois non ten tanta repercusión. Este comentario desencadenou comentarios acerca dos compañeiros de traballo deles, de como cada un era dun país diferente e mantiñan unha boa relación. Todos coincidían en que a nacionalidade non incide na personalidade.

Durante a época do IEE había que controlar a emigración e de feito viuse como unha solución parcial ao desempleo que había en España, mais emigraban as persoas pouco preparadas, coma os participantes do noso círculo que non tiñan estudos. Acerca desta situación Evaristo, María e Sara coincidían en que se non houbesen emigrado, non houberan tido nada, nin sequera posibilidade de evolucionar como persoas. A todos lles pediu o corpo dar ese paso para continuar ca súa vida.

Hoxe a España chega ese tipo de inmigración, persoas pouco formadas procedentes de países con peores condicións e emigran as persoas máis formadas. Esto implíca que os traballos que requiran unha menor formación sexan disputados entre españois e inmigrantes. Os comentarios de “os inmigrantes veñen a roubarnos o traballo” ofenderon aos participantes. Os inmigrantes, como ben mencionamos antes, realizaron os traballos con peores condicións durante a época previa a crisis mais agora somos nós os que queremos eses traballos que antes desbotábamos creandose así un conflito social reforzado pola influencia mediática.

Os retornados merecen difusión para que todos poidamos escoitar as súas historias e opinións, todos deberiamos ser conscientes do que viviron para poder saír adiante na vida pois é o que están vivindo moitos inmigrantes hoxe aquí. Deberíamos ser máis consecuentes coa nosa historia, pois é unha historia de emigración, traballo duro e respeto, o que tiveron por nós e o que deberíamos ter nos por eles.

ENLACES RELACIONADOS

http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/843

González Lopo, Hernández Borge; Domingo Luis, Julio (2015): Emigración y Literatura: Historias, experiencias, sentimientos.

https://xornal.usc.es/xornal/publicacions/publicacion_0420.html

Varios, Estudos Migratorios. Revista galega de análise das migracións. Vol. II Núm. 2 (2010). Consello da Cultura Galega e Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2017/02/24/denuncian-vigo-perdera-mes-punto-atencion-migrantes/00031487954746673460754.htm

– El faro de Vigo. 24/02/17 Denuncian que vigo perderá este mes o punto de atención a migrantes.

Advertisements

19 comentarios en “A involucón do factor traballo na emigración

  1. Boas compañeiro! Sen dúbida resulta curioso o fincapé que fan todas as persoas do voso círculo nas condicións de traballo que tiveron no estranxeiro, aínda que non se pode xeneralizar (variará, imaxino, en función do traballo que desempeñe cada un e do país ao que emigraron), non deixa de resultar rechamante como se desterran a maioría de mitos en canto ás condicións de traballo e aos salarios, non tendo problema a maioría deles e sendo respectados como traballadores (pois como din cumpríanse as promesas feitas antes de partir ao estranxeiro). Por contra, resulta lamentable a situación actual, onde nós somos incapaces de asegurar esas mesmas condicións aos traballadores que chegan de fóra ao noso país, esquecendo todo o que nos deron cando nós eramos os inmigrantes. Resulta aínda máis preocupante o feito de que os traballadores tivesen peores condicións quedándose en España que indo ao estranxeiro; respectábaselles máis fora onde non eran explotados como en cidades como Madrid ou Barcelona.

    No seguinte artigo que che deixo (http://economia.elpais.com/economia/2015/07/02/actualidad/1435830599_488659.html) fala sobre a problemática actual no noso país, onde os estranxeiros que chegan para intentar labrarse unha vida mellor non reciben máis que trabas e castigos. Resulta alarmante o feito de que no noso país a taxa de pobreza entre os inmigrantes é a segunda maior trala de Grecia e o nivel educativo é o segundo máis baixo só por debaixo de Italia.

    Gústame

    1. Así é, David. O tratamento que nos damos aos inmigrantes que chegan ao noso país deixa moito que desexar, tanto por parte do estado como da poboación.
      Neste país existen poucos inmigrantes que desenpeñen postos públicos mentres que noutros países do noso entorno están outro a nivel de integración con respeto ao ámbito laboral. Aquí pouca xente quen non sexa española ten traballos que requiran unha alta especialización pois as trabas que atopan (a raíz de prexuízos) non os fan sentir cómodos, ademáis de que a situación agravada pola crise económica fai que as condicións laborais non sexan as máis óptimas.

      Aquí deixoche unha noticia con datos sobre as emigracións dende España no 2016, http://www.farodevigo.es/galicia/2017/03/15/galicia-sigue-region-espanoles-residentes/1641668.html

      Como verás, a maioría son inmigrantes con doble nacionalidad que ou ben volven ao seu país de orixe ou marchan a outro distinto pola precariedade laboral, que se acentuou dende o comezo da crise.
      O número de españois nacidos aquí que emigra, aínda que é menor, tamén é preocupante e non ten pinta de que vaia ir a menor.

      Gústame

      1. Parte da culpa neste asunto téñeno os prexuicios sociais, pois moitos dos inmigrantes nada máis chegar sofren de marxinación polo mero feito de ser diferentes. A mellor proba diso foron os poucos refuxiados sirios aos que se lles abriron as portas do país e iso que estamos falando de xente que foxe dunha guerra (ergo xente en caso de extrema necesidade). O cambio de mentalidade é máis que preciso, non podemos ser un país tan pechado. Parece que esquecemos o pasado.

        Con todo, no enlace que abaixo che deixo, unha noticia sobre un estudo da OCDE e a CE, afírmase que o noso país ten boa visión dos inmigrantes.
        Tamén se fala sobre a horrible situación de pobreza pola que pasan moitos deles, cunha alarmante porcentaxe do 40%. Gran parte da culpa é que non presentan un nivel elevado de estudos, pero tamén é polas escasas oportunidades que teñen. Destaca que os mozos inmigrantes en España presentan a taxa máis alta de toda a OCDE de mozos inmigrantes que nin estudan nin traballan e teñen, á súa vez, un nivel educativo baixo. Un 26% de media en España fronte ao 8% de media de da OCDE.

        http://www.elmundo.es/espana/2015/07/03/559593c8e2704e5a7b8b459e.html

        Gústame

  2. Exactamente a situación á que fas referencia é unha das partes que máis me impactaron a min a hora de falar co noso círculo. As persoas que chegan ao noso país sen estudos son como as que emigraban do noso, persoas que recibiron axudas e un trato favorable. Mentres que nós, a pesares do que digan os estudos, actuamos de forma egoísta e moi racista. A nosa actitude fronte aos desfavorecidos é pésima, tanto se son españois como inmigrantes. Nin o estado os axuda nin a poboación en xeral ten unha boa visión sobre a xente que chega de fora a buscar unha vida mellor aquí.

    Respecto aos nosos retornados, a situación non é mellor por culpa das medidas impositivas que se están tomando respectoas pensións compensatorias, aquí che deixo unha noticia acerca da Asamblea Comarcal de A Estrada e da posterior manifestación organizada pra o 26 deste mes.

    http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/03/18/asamblea-comarcal-emigrantes-retornados/1643464.html

    http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2017/04/20/protesta-emigrantes-retornados-santiago/1663696.html

    Gústame

    1. É o máis “irónico” da situación, pois nós emigramos nas mesmas condicións . Na miña opinión o que pasa é que nun mundo tan global como o noso e tan avanzado (nalgunhas cousas e en segundo que países) pesa demasiado a formación académica. Explícome. No pasado, cando a xente marchaba de España ía sen estudos nin apenas preparación porque daquelas non era tan sinxelo conseguir formarse. E hoxe en día a xente que vén vén nesa situación pero atópase cun mercado moito máis competitivo, no cal posiblemente cústelle máis atopar un posto. Logo tamén se suma o feito de que hai pouco traballo, que unido ao racismo da sociedade cárgalles a losa de que “quitan” o traballo, cando é traballo que non quere facer ningún español.

      No artigo que che deixo abaixo, que trata sobre o tema dos refuxiados sirios, inténtase atopar a solución de todos eses clichés tan comúns sobre os inmigrantes e aporta un pouco de realidade á situación. Aínda que non fala en xeral, e un bo exemplo aplicable a moitos outros inmigrantes. A poboación non coñece a verdade dos inmigrantes, en parte porque non quere e en parte porque está ou pouco ou mal informada sobre o asunto.

      http://www.elconfidencial.com/mundo/2015-09-16/hay-algun-pais-con-mas-inmigrantes-que-espana_1018061/

      Gústame

  3. Eu comparto o teu punto de vista, David, pero non toda a poboación ve estes problemas, e quedanse no superficial e neses clichés que mencionan no link que me deixaches.

    Como ben dis “porque está ou pouco ou mal informada sobre o asunto”; aquí radica o noso traballo, o xornalismo e como dende a nosa profesión temos que loitar contra os prexuízos e a desinformación. Pero non só nos temos que traballar nesto. A educación é un punto fundamental hoxe en día para formarse a nivel académico pero tamén ten que funcionar como ferramenta para erradicar pensamentos racistas, machistas, homofobos… dende cativos.

    Aquí deixoche un link que use no post sobre unha actividade que se realizou en Burela para rematar coas conductas racistas.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/burela/2017/03/27/burela-juegan-oca-inmigrante-prevenir-conductas-racistas/00031490609805808270262.htm

    Gústame

  4. Bo artigo e ben tratado o tema Bruno. Sobre o conflicto social pode haber unha resposta clara, algo que ti abordaches no texto, os españois pola nosa nacionalidade de país do primeiro mundo dentro da cadea de países do imperialismo. Así, os países africanos son países que a súa posición de explotados é necesaria para o funcionamento do capitalismo monopolista.
    Ademais, o feito de que africanos emigren cara aquí e no caso de conseguir o noso modo de vida, significaría máis persoas disfrutando do estado de benestar, o que está baseado en explotar certa parte do mundo para que outra viva mellor, polo tanto perderíanse persoas a explotar a prol de persoas estándoo moito menos, onde habería pérdidas. Polo tanto, non interesa (aos gobernos) que os inmigrantes ”diminúan” a nosa clase social, facendo así que reproduzcamos a súa ideoloxía e creemos os prexuízos e as mentiras que eles mesmos nos conta.
    Cabe destacar tamén que a eles idealízanlles Europa, alienándoos e facendo así que está sea a súa máxima aspiración e non ter idea de que haxa posibilidades de cambiar o seu. Pode verse reflectido neste artigo http://www.eldiario.es/desalambre/16zemos98/intentara-Africa-verdadera-Europa-idealizada_0_249525677.html
    Ti que opinas disto?
    Raúl Novoa González, S3D3

    Gústame

    1. O punto de vista que aportas ti Raúl é moi interesante: Para que uns poidan vivir coma reis, outros teñen que vivir coma escravos. Esto evolucionou, dende os feudos hasta o que hoxe conocemos estado. O estado en teoría ten que garantizar unhas proteccións minimas (carta dos dereitos humanos da ONU) que en ningures se cumpren. No noso país, un país do primeiro mundo, hai un alto grado de pobreza, de xente sin estudos, de xente sin casa sequera… E o estado o único que fai e seguir castigándonos con leis abusivas. Pero esto non ven de nós.

      Como ti ben dis, o primeiro mundo (a parte norte do planeta) vive ben, menres que o terceiro mundo (a parte sur do planeta) ten que enfrentarse en moitos casos a que os seus países sexan arrasados por intereses materiais. O caso máis claro que vemos é como o noso mapa mundi está debuxado (mapa de mercator) restaselle impotancia ao sur do noso mundo, representandoo moito máis pequeno en tamaño do que é en relación ao primeiro mundo. (http://www.muyhistoria.es/h-moderna/articulo/mercator-y-gall-peters-un-mismo-mundo-con-visiones-distintas-361425573523) Esto fai que nós non sexamos capaces de crear relacións espaciais correctas e pensandonos superiores a eles, cando en realidad a parte rica do mundo debería ser a sur por estar chea de recursos naturais.

      Gústame

      1. Así é o funcionamento do capitalismo, para que uns vivan na súa burbulla de luxos de poder, teñen que sustentarse na ampla masa da sociedade que hai.
        Tes razón, os occidentais fumos no pasado ao Sur do planeta en búsqueda de recursos naturais, xa que os nosos non chegaron a abastecer a población. Debido ás guerras, belicamente estivemos sempre máis desenvoltos que eles, o que fixo que os colonizaramos, invadiramos e roubaramos. Logo, collimos unha escuadra e un cartabón e repartiuse o Sur coma un pastel entre os diferentes países. A verdade que é moi inxusto e moi egoísta que a día de hoxe e despois de todo iso, eles que van en búsqueda dunha mellor vida, sexan tratados de forma tan marxinal (chegando ás veces ao odio) por gran parte das sociedades ás que emigran.
        Ademais estes inmigrantes moitas veces acaban explotados e traballando na economía sumerxida, tal e como se sinala ao final deste post https://www.seguridadpublica.es/2008/10/el-fenomeno-de-la-marginacion-causas-efectos-y-problematica-social/

        Gústame

  5. O capitalismo aportou cousas boas e cousas malas a nosa sociedade. O capitalismo, se o consideramos dende todos os seus campos (económico, político e social) é un sistema que opta por a competitividade entre individuos e a supremacía do máis competente. Esto fixo que as empresas busquen a maior rentabilidade para ser a que máis beneficio teña. A raíz de esta situación eu creo que apareceron os primeiros problemas políticos e sociais. Cando as empresas comezaron a traer os recursos dende o terceiro mundo a mau de obra veu con eles. Unha mau de obra que era barata aquí pois eran inmigrates e non tiñan unhas leis que os protexeran. Cando estas leis apareceron as empresas simplificaron o negocio: moveron as fábricas á zonas do terceiro mundo onde abundaran os recursos que necesitan, abaratando os custos de transporte. Esto debería facer enriquecer a esa zona, pero nada máis lonxe da realidade. O empresario continua explotando a mau de obra e collendo eses recursos naturais coma se fosen seus.

    Como vemos, a explotación infantil é un dos resultados deste sistema competitivo que chamamos capitalismo, onde, por rascar un beneficio maior ata se fan traballar a nenos. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2015/05/05/contra-explotacion-ninosbr-/00031430856679052143491.htm

    Gústame

    1. Así é, ou en palabras do filósofo alemán Karl Marx, o capitalismo serviu para desenvolver cualitativamente as forzas productivas, mais o seu modo de producción, baseado na propiedade privada dos medios e da compra da forza do traballo ao proletariado, fixo que uns viviran co poder e roubándolles o traballo (plusvalía) a outros, quedando estes últimos totalmente explotados.
      Coma xa sinalei, o capitalismo avanzou e precisou de expandirse, así, se creou o imperalismo, onde occidente se apoiou e explotou a oriente para o seu benificio. As empresas nos países pobres eran moito máis baratas de explotar, xa que ahí apenas houbo movementos pola emancipación do proletariado e loitas parciais para mellorar as súas condicións de vida. Así, temos nenos sirios, coma indica este artigo, traballando para inditex. http://www.publico.es/internacional/refugiados-sirios-proveedores-mango-y.html

      Gústame

      1. Así é Raúl, o capitalismo levou ó imperialismo e a “regularización” do imperialismo á globalización.
        A globalización non é, para min, máis que outra forma de controlar e poboación e facernos iguais ante un sistema que nos explota. O sistema leva anos engañandonos decindo que os cartos nos dan felicidade e liberdade, mentres que perdemos a vida realizando traballos que moitas veces non nos realizan por o mero feito de gañar máis. Ademáis de que, tanto os medios como o sistema educativo, diríxennos para que satisfagamos as nosas necesidades máis primarias a toda costa, convertíndonos en persoas egoístas e sen empatía que só miramos por o noso. Eu creo que esto vese claramente cando moitas persoas deciden, por exemplo non ter fillos porque “quítanlle moito do seu”. E como esta mentalidade outras moitas: non ter moitos amigos ou coñecidos porque hai que ter tempo para eles, perder o compromiso ca túa comunidade máis cercana, e incluso perder o interese pola política porque “eles non miran por nós”. Este “yoísmo” que vive o mundo actualmente é o que nos fai ser unha sociedade precaria en valores.

        Gústame

  6. Moi boas Bruno, pareceume un artigo moi interesante. Botaba de menos este tipo de artigos sobre a emigración. Aos españois olvídasenos que nós tamén tivemos que emigrar por causas políticas e económicas nos anos da dictadura e mesmo da crise. Miles de estudantes do noso país tiveron que emigrar buscando un traballo que se adaptase aos seus estudos porque aquí era imposible. Porén a memoria do noso país semella, canto menos, selectiva.
    A culpabilización aos inmigrantes no noso país radica no racismo e na xenofobia, feito que se agudiza en situacións de crise económica. Cando hai traballo da igual compartilo con inmigrantes, pero cando non o hai a culpa é deles que nolo rouban. Esa é a mentalidade que impera actualmente, cando a culpa é do patron que prefire ó inmigrante para pagarlle unha miseria aínda máis grande da que lle podería pagar a un nacional.
    Por desgracia os medios de comunicación, como ben dis ti, tamén teñen un papel determinante no tratamento do racismo e da xenofobia. Deixote aqui un enlace que me parece interesante para o tema a tratar: http://www.observatorioproxi.org/index.php/informate/infografias/item/234-racistas-o-tolerantes-como-somos-los-espanoles-frente-a-los-inmigrantes

    Gústame

    1. Moitas gracias polo teu comentario Susana. Unha infografía moi clara e moi informativa, revela o punto de vista que temos os españois en xeral dos inmigrantes. Bastante malo, por certo.

      Como ti ben dices, hoxe por hoxe no contexto de crise económica que vivimos moitos estudantes españois estamos inmigrando e mesmo recurrindo a saídas como a prostitución. Deixoche aquí o caso de dous españois: http://www.elespanol.com/reportajes/20170428/211979322_0.html. Ainda que o medio que publica a información non comparte a miña opinión política, sí que reflexa a situación de estudantes licenciados que se ven forzados a traballar do que sea. Ao sur de Europa, o norte refírese de forma despectiva chamándonos os países PIGS (os porcos): Portugal, Grecia, Italia e España (Spain). Así o racismo que profesamos nos cara os inmigrantes no noso país, tamén o sufrimos nós. Isto débese a unha volta atrás na sociedade, o egoísmo está de volta fronte a solidaridade.

      Hoxe a Unión Europea, ao meu parecer, deixou de funcionar. A pesares de estar máis conectados gracias ás politicas de migración, ao internet, á presa global… temos menos unión que nunca. Vese claro que a UE é racista cando un dos motivos para non deixar entrar nela a países como Turquía é a relixión.

      Gústame

      1. Completamente dacordo co que comentas. A noticia que enlazaches é impactante pero é a realidade que estamos a vivir. Temos que ter en conta que a UE non existe por motivos humanitarios senón por motivos económicos, e dentro destes o racismo faise patente nestes intereses. Non podemos pretender que unha comunidade que se rixe por uns valores que non son os que proclama vele polos dereitos dos estados que nin se quera se inclúen en dita comunidade.
        En tema de inmigración xoga tamén un papel moi importante os recursos que teñan os individuos, cando máis alta sexa a clase social e máis estabilidade económica teña o inmigrante, menos impedimentos se lle esixen para os visados, os contratos e a residencia en outros países da UE.

        Gústame

  7. Como ti ben falas, a Unión Europea era antes a Comunidade Económica Europea, un nome moito máis axeitado para o papel que desempeña como organización. A pesares disto, hoxe a UE controla moitos aspectos políticos, a nivel nacional directamente e a nivel local a través de acordos de subvencións e financiamento.

    O “clasismo” do que ti falas é algo que leva sendo así dende que os cartos existen. Ter cartos abreche moitas portas porque a xente respeta eso máis que calquer outra cousa. E os cartos non son máis que unha invención humana, non é nada que non se poida cambiar ou equilibrar se os que dirixen o mundo quixeran, pero non queren. O mundo, como lle comentaba á Raúl, é coma un teatro e os guionistas das obras deciden que países teñen papeis importantes e cales non a través do peso económico destes. E así coa poboación tamén.

    A xente migra para buscar unha vida mellor e non é fácil nun mundo que te “clasifica” en todo e, por desgracia, rexeita os que están fora da norma.

    Gústame

  8. Así é, dende o meu punto de vista, vivimos na fase imperialista do capitalismo, e é porén que existen países cunha taxa de paro moi próxima a cero, cun estado de benestar que non presenta ocos e ofrece unha covertura para toda a poboación. Do mesmo xeito, para que isto sexa posible tamén ten que haber países que carezcan dos dereitos que implica este estado, e se alimenten das migallas que sobran do pastel imperialista repartido entre os países con maior peso económico. É así como estas desigualdades fan que se reflictan no ambito laboral e como consecuencia, nos procesos de inmigración.

    Gústame

    1. Totalmente dacordo co que comentas Susana. O desequilibrio económico que existe a nivel mundial fai pensar mal acerca do xeito no que o noso mundo está repartido. É moi diferente haber nacido no primeiro mundo e ter todas (ou case todas) as coberturas sociais mentres que se nacicheno terceiro mundo vas ter que loitar moito para intentar acadar o nivel de vida base do primeiro mundo -e quizáis nin o logres-.

      Eu teño amigos que son inmigrantes e veñen de países fora da UE e teñen pasado tratos inxustos dende o profesorado ata a atención sanitaria, tendo que aguantar comentarios racistas ou clasistas. Mentres que tamén teño amigos que emigraron e reciben un trato desfavorable no país de orixe. Esto a min dame a entender que a xenofobia ven impartida sistemáticamente.

      Deixoche por aquí o post da miña compañeira Lucía Martínez onde sinala e desminte moitos destes comentarios aos que me refiro, ben coñecidos por todos: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/04/14/mitos-e-lendas-sobre-a-migracion/

      Gústame

      1. Gustoume moito o post de Lucía desmentido moitos dos prexuízos dos que viñamos falando. Fixeime sobretodo no tema da criminalización dos inmigrantes. É certo que se lles achaca ser delicuentes, pero hai que ter en conta que na maioría das nosas cárceres os que están son españois. Non nego que existan delincuentes procedentes doutros países, pero hai que pensar en cales son as circunstancias que lles levaron a delinquir. Nunha sociedade no que predomina o racismo e a xenofobia, aínda queda moito por facer por unha concienciación colectiva

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s