A integración das persoas con enfermidades mentais no mundo laboral

Lorena Rey Landeira

A análise da situación das persoas con discapacidade no mercado laboral ten especial relevancia nestes últimos anos, como unha parte esencial de calquera intento por aumentar a integración social deste colectivo.

Na actualidade, a situación no mercado laboral sofre unha crise que afecta a gran parte da poboación. As dificultades  que existen á hora de encontrar un traballo increméntanse no caso das persoas con certa discapacidade mental. Deben superar unha serie de impedimentos que o propio entorno lle impón de maneira inxusta. En moitas ocasións sofren rechazo, limitación de oportunidades e marxinación social. Ademais, existen barreiras físicas que lles limitan ou impiden a movilidade, acceso ou comunicación. A todo isto, hai que engadirlle as deficiencias educativas e formativas, a falta de información e orientación profesional e o máis importante, a desmotivación tras a serie de desprecios que escoitan día tras día.

A maioría dos cidadáns só ven as deficiencias destas persoas  pero non coñecen as súas capacidades, xa que lles falta moita información sobre elas.  Dolors, afectada por un trastorno mental, definía así o seu sentimiento de exclusión: “É verdade que nos automarxinamos e que necesitamos certa axuda para romper as barreiras. Sería agradable que a xente deixase de vernos como algo estraño e potencialmente peligroso”.

Poucas oportunidades de traballo

Como observamos, por uns ou outros motivos, as posibilidades que ten unha persoa discapacitada para a pescuda dun traballo vense moi restrinxidas. Isto provoca unhas taxas de emprego baixas en comparación co resto da sociedade.  Segundo datos do Atlas Laboral de Discapacidade, os discapacitados intelectuais en España non só presentan as taxas de emprego máis baixas dentro do colectivo (soamente o 27,5% traballa), senón que perciben un menor salario.

Un dos grandes retos que teñen hoxe en día tanto as empresas públicas como as privadasé asumir dende o primeiro momento que ademais de ter unha función económica ou produtiva, teñen unha función de carácter social. Social, en canto a que deben de ter unha responsabilidade coa sociedade. Así, as persoas con discapacidade deben dispor de máis facilidades e vías para a inserción no mundo laboral que lles permitirán fomentar principalmente a súa autoestima.

Hai un gran número de persoas que teñen unha enfermidade mental e que en moitos casos silencian esa patoloxía por medo a un despido ou a unha redución do soldo. As empresas non deben deixarse levar por estigmas e estereotipos asociados coa enfermidade mental; é dicir, non existen motivos para apartar a estas persoas do mundo laboral, posto que existen tratamentos moi eficaces.

En reiteradas ocasións as persoas con algunha enfermidade mental poderían vivir coas prestacións que reciben, pero deciden aportar o seu talento ao mercado laboral realizándose a través do emprego. A sociedade debe ter claro que o seu nivel de competitividade é igual ao do resto dos traballadores. E é máis, moitas veces ven reforzados valores como o esforzo  e a superación.

A outra cara da moeda

Basilio García ía para xornalista, pero un brote de esquizofreina alonxouno do seu obxectivo. Retrocedeu os 700 kilómetros que separan Madrid da súa Ceuta natal e encerrouse na súa casa e en si mesmo. Alí pasou por todas as etapas. “Ao principio sínteste raro, desorientado. Despois ven o deterioro, a crise, o rechazo… O peor e levantarse cada mañá sen ter un lugar a donde ir, sin ter un rol social”, explica.

Hoxe en día pertence a ese escaso 5% de persoas con enfermidades mentais que ten un traballo estable, en concreto, como funcionario en Ceuta. “O meu caso é un triunfo. É só cuestión de oportunidade. O problema é que o 95% non a ten”, afirma Basilio, rogando por un maior abanico de posibilidades para o seu colectivo.

En definitiva, os familiares e a xente do entorno destas persoas deben animalas a buscar traballo, aínda que resulte difícil o feito de atopalo. A calquera persoa lle angustia o feito de enfrontarse a unha entrevista de traballo. Cando se posúe unha condición na que o estigma segue vixente, o reto é aínda maior. Aínda así, os especialistas recomendan que no momento da entrevista  se recoñeza o  trastorno mental de entrada, sin enganar, pero á vez poñendo por bandeira as fortalezas de cada un.

Bibliografía:

Advertisements

12 comentarios en “A integración das persoas con enfermidades mentais no mundo laboral

  1. O gran problema que ten a sociedade coa inclusión laboral de persoas con discapacidades metais ou físicas é a falta de confianza, incluso chegar a pensar que calquera persoa pode facer ese traballo mellor que unha con discapacidade. Existen unha serie de crenzas que moitas veces levantan grandes muros imposibles de saltar.
    Onde hai unha discapacidade, hai en contraposición mil capacidades diversas que convirten a unha persoa en idónea para un posto de traballo ou outro, dependendo de cales sexan esas capacidades.

    O que non podemos facer é montar unha empresa, colocar as oficinas nun terceiro sen ascensor e dicir que unha persoa en cadeira de rodas non pode traballar para ti; igual que non hai lugar a dicir que non contratas mulleres. Parece mentira, pero a falta de acondicionamento do lugar de traballo é unha gran barreira que deixa sen traballo a miles de persoas.

    http://sid.usal.es/idocs/F8/FDO17241/manualparaunentornoaccesible.pdf Este manual do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales contén algunhas chaves básicas que todo lugar de traballo debería cumplir para lograr un bo e inclusivo clima de traballo.

    Gústame

    1. Estou dacordo contigo Lucia. As persoas con enfermidades mentais ou discapacidades están expostas a moitas barreiras para inclusión nun traballo. Estas barreiras xunto con outras dificultades apares provocan as altas tasas de paro neste colectivo.
      Resulta moi interesante a información contida no manual que facilitaches. Pensas que nun futuro próximo as empresas terán en conta ese tipo de claves para que o traballo sexa accesible para unha persoa con dificultades?

      Por outra parte recalco que unha barreira moi presente na actualidade, a cal se debería eliminar é a visión negativa da sociedade antes as persoas con enfermidades mentais. Sería interesante que se coñecese a intelixencia destas persoas, que dunha forma ou outra son capaces de realizar actividades e traballos como os demais.

      https://www.youtube.com/watch?v=9HwAiBIYWhA Neste caso unha asociación trata de evitar a exclusión social e facilitar a vida dos enfermos mentais

      Gústame

      1. As empresas están xa obligadas por lei (http://www.mldm.es/BA/n9.shtml) a dispoñer dun lugar de traballo accesible, camo sinalan desde Barreras Arquitectónicas, un espazo para arquitectos responsables co seu entorno social. Porén, que sexa unha lei a que dictamine que iso debe ser así deixa moito que desexar desta sociedade. Avanzaremos de verdade cando tomemos conciencia de que é a nosa mentalidade a que debe cambiar e non as leis (que nunca sobran, ollo).

        Liked by 1 person

      2. Moi claro o que explicas ,Lucia. Somos os cidadáns os que nun primeiro momento temos que cambiar o noso pensamento das persoas con enfermidades mentais. Nun segundo plano entran as empresas , que como dis, xa están suxeitas a leis para un traballo accesible aínda que moitas delas non as cumpren.
        En definitiva, a reflexión cidadá sobre este tema sería favorable para a integración laboral deste colectivo afectado.
        Xa que falamos de empresas, deixoche un enlace a unha noticia, onde se fala no seu comezo dunha asociación que lle da formación e experiencia a persoas con discapacidade
        http://www.compromisoempresarial.com/rsc/2014/12/las-empresas-se-implican-en-la-insercion-laboral/

        Gústame

  2. Es de orgullo contar con personas como Basilio que hoy en día son referentes y modelos a seguir por todas las personas que han tenido o tienen el infortunio de sufrir algún tipo de discapacidad mental.

    Es responsabilida del gobierno, el incluir planes de promoción, difusión y conciencia de cómo deben ser tratadas estas personas y que en la mayoría de los casos no causan ningún problema, sino todo lo contrario. Pueden llegar a enriquecer nuestra sociedad.
    Pero no nos olvidemos del papel que jugamos nosotros. Es necesario eliminar rápidamente todos los rastros de discriminación que puedan existir, ya sea en jóvenes o en personas mayores y en las más multiples capas sociales de nuestro país.

    Adjunto un archivo en formato PDF, del Servicio Público de Empleo Estatal donde se habla de la integración al mercado laboral de estas personas.

    https://www.sepe.es/contenidos/que_es_el_sepe/publicaciones/pdf/pdf_empleo/integracion_laboral_discapacitados.pdf

    Gústame

    1. Boas Victor! Como todos sabemos estas persoas enfróntanse a unha discrimación por parte da sociedade. O obxectivo que temos as persoas que formamos este grupo de saúde mental e concienciar á poboación da realidade deste grupo on enfermidades mentais. Deixar claro que estes individuos teñen capacidades que deben ser valoradas e evitar o reixeitamento continuo.
      Por outro lado, en canto ao tema tratado, para a integración no mundo laboral deben contar cas mesmas ofertas e oportunidades ca os demais.
      Deixoche un enlace a unha noticia que conta proxectos de inserción laboral https://www.youtube.com/watch?v=9HwAiBIYWhA

      Liked by 1 person

  3. Gracias Victor. Moi interesante toda a información contida no Boletín Oficial do Estado. Todo deberían leer este documento e cumplir coas premisas que nel aparecen. Destacar o respeto a autonomía das persoas con discapacidades e o dereito a igualdade recollido no artículo 7, apartado 1 ” Las personas con discapacidad tienen los mismos derechos que los demás ciudadanos conforme a nuestro ordenamiento jurídico”. Algo que a sociedade debe ter claro e así respetar

    Gústame

  4. Boas! A verdade é que a historia de Basilio supón un gran avance, pero tal e como te explicas isto ocorre poucas veces.
    Eu penso ao igual que moita xente (ou iso quero supoñer) que este problema rematará algún día, e que se romperán dunha vez as barreiras que se manteñen hoxe en día.
    Existen plans como programa “Más Empleo” financiado polo Fondo Social Europeo e a Fundación Bancaria La Caixa, que escolleu o proxecto “Horizonte” entre 600 candidaturas, para recibir unha subvención de 600.000 euros coa que mellorar o emprego en persoas con discapacidade intelectual na Part Forana.
    Deixoche aquí o enlace da noticia onde explica mellor o proceso para que lle botes un ollo: http://www.lavanguardia.com/vida/20170428/422122256209/un-proyecto-de-insercion-laboral-para-discapacitados-intelectuales-en-part-forana-gana-una-subvencion-de-600000-euros.html

    Gústame

    1. Moitas gracias pola aportación desta noticia Judith. Está claro que proxectos como este son necesarios debido as altas tasas de paro deste colectivo.
      Como xa dixen noutras ocasións, o gran problema da sociedade en canto á inclusión laboral das persoas con enfermidades psíquicas e tamén físicas é a falta de confianza nelas. Os prexuizos deben ser eliminados e cada cidadán debe cambiar a súa mentalidade e aceptar a situación destas persoas.

      Gústame

  5. Boa reflexión Lorena, paréceme unha moi loable acción pola túa parte tomar cartas no asunto e realmente contar a realidade sobre as persoas enfermas. O tema do emprego é complicado a día de hoxe para todo mundo pero, en canto as barreiras individuais se antepoñen á necesidade, atopámonos con casos así.
    A autosuperación ou historias como a de Basilio espertan admiración e dor a partes iguais.
    A cuestión que quero afondar é outra, no artigo relatas a dureza da pescuda de traballo post diagnóstico pero, coñeces algún estudo ou algo similar sobre os casos de enfermidades mentais que se dan á raíz do desemprego? É un tema que me resulta chamativo e non atopei máis información que este artigo de El País: http://blogs.elpais.com/alternativas/2016/06/el-paro-y-la-salud-mental-de-los-españoles.html

    Espero che resulte útil e me resolvas estas dúbidas xa que considero un punto moi interesante sobre o que non é frecuente incidir. As débedas non son o único que xeran as crises.

    Gústame

    1. Boas Nico. Pois a verdade e que nunca reparei na cuestión que ti formulas. Estiven lendo varios artigos e polo visto hai enfermidades mentais que se dan a raíz do desemprego.
      Deixoche aqui outro documento que podes consultar no que se realiza un estudo da influencia do paro nos problemas de saúde mental http://www.elsevier.es/es-revista-atencion-primaria-27-articulo-influencia-del-paro-sobre-los-14378

      Está claro que o tema da inserción laboral destas persoas é moi importante para elas, polo que espero que nun tempo todos os prexuizos e barreiras sexan eliminados

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s