As prácticas como paradigma da precariedade

Noo anterior post falábamos das condicións ás que estaban expostos os xornalistas cando exercen despois de rematar a carreira. A pesar da hostilidade imperante que hai no mercado laboral, no caso do xornalismo é máis preocupante pola súa condición de servizo social, pero acaba por asumirse como un fallo máis do sistema. Pola contra, esta situación non é exclusiva dos estudantes xa graduados e con experiencia laboral.

Esta precarización resulta máis sangrante no caso das prácticas levadas a cabo durante os últimos anos de carreira que, baixo o suposto amparo e protección da Universidade, ocorre xeración tras xeración. A semana pasada reunímonos de novo cos membros do noso Círculo, coa fichaxe desta vez de Jesús Silva Vilas, alumno de Xornalismo graduado hai 2 anos. Jesús, a diferencia do resto dos membros, pertence as promocións xa afectadas polo Plan Bolonia, con todo o que iso conleva: reducción dos anos de carreira, maior importancia das clases interactivas, ou o novo peso dos másters. Entre 2009 e 2015, o número de alumnos que optaron por estes estudos creceu un 140%, co conseguinte aumento do custo dos estudos. “Máis da metade da miña promoción optou por facer o Máster ou segunda carreira. Tíñamolo máis ou menos claro porque non che queda outra” asegura.

Pasan os anos, seguen os hábitos

Se Nicolás Navazas apuntaba na anterior reunión que durante as prácticas hai 15-20 anos, non existía na realidade a figura do titor das mesmas, e un acababa traballando como un redactor máis. “Traballas como un máis, recibes presións como un máis…pero non cobras coma eles nin tes os mesmos dereitos”. Txus lémbranos a súa experiencia e as condicións salariais:

“A min me parece moi sintomático, según sae as prazas para as prácticas ves cal é a situación de cada medio. Ves que La Voz de Galicia a través de tódalas súas edicións saca 40 prazas, ou a CRTVG saca 30. Chegas alí no verán e daste conta de que o 80% dos traballadores son os compañeiros de clase como becarios, máis os catro que lles toca traballar en verán. Hai moitos casos de compañeiras sacando elas soas adiante as seccións sendo estudantes de prácticas, sen axuda.

No caso da FEUGA  é de risa. Logo no contrato de prácticas, se o consigues, cobras inicialmente un 70% do soldo e despois un 80-90%.”

O longo camiño no mundo das prácticas

As prácticas, que serven de ponte entre as aulas e o mundo laboral, son un longo camiño no que as súas principais características son a precariedade, una criba constante e a temporalidade. Jesús fala do caso da súa promoción de novo para ilustralo:

“Prácticamente todos os meus compañeiros fixeron as prácticas curriculares. Destes, tan só un 20% conseguen acceder despois ás prácticas da FEUGA (Fundación Empresa-Universidad Gallega). Estas son dunha duración máxima dun ano mediante prórrogas. Despois, con sorte, un 5% final accede cun contrato de prácticas, de 2 anos como máximo. Despois diso, o baleiro. A miña promoción está agora nese momento e nótase moito.”

As principais saídas hoxe en día

Agora mesmo a industria galega da comunicación non é capaz de absorver a cantidade de graduados que hai. As posibilidades de facer televisión están limitadas á TVG, e esta non colle estudantes máis alá de 4º de carreira. A radio é prácticamente o único exemplo onde se ofertan postos cunha menor precariedade. Jesús nomea tamén os departamentos de comunicación como a saída máis codiciada agora mesmo, pero moi escasa en prazas.

“O ano pasado as Deputacións de Lugo e A Coruña convocaron  entraron varios compañeiros, pero aínda así. Hai xente que incluso marchou de au pair mentres non atopaba nada.”

A oportunidade dos Erasmus+

Ademáis das prácticas na Revista da TVG, Jesús tivo a oportundidade de acceder a unha beca Erasmus+ de prácticas en Bélxica. A súa experiencia permítenos ver que hai casos nos que as prácticas si que son nunhas condicións axeitadas.

“Tiven bastante sorte porque eu traballei nunha revista cultural, sobre cine europeo. O meu editor resultou ser un rapaz de Porriño que gradouse tamén en Santiago hai uns 7 anos, e chegara alí a través das extintas becas Leonardo. Estivo un ano alí e ao marchar o seu xefe, quedou el como director. A redacción era unha mezcla de estudantes de traducción por estar editada en varios idiomas e de xornalistas, polo que eu tampouco tiña moitísimo traballo. A empresa non pon un duro porque tes a beca Erasmus, pero si que nunca me esixiron máis horas das estipuladas nin considereime explotado. En resumo, foi unha boa experiencia a diferencia da de moitos dos meus compañeiros.”

Advertisements

15 comentarios en “As prácticas como paradigma da precariedade

  1. Ola Víctor, lendo o teu post viñéronseme varias cuestións á cabeza:
    Pregúntome se a precariedade é síntoma da falta de axudas e subvencións para os becados. Adxunto aquí a Orde do DOG, da Xunta que pode servir para a reflexión: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160825/AnuncioG0424-090816-0007_es.html

    Terá algo que ver nas prácticas e na precariedade das mesmas o chamado “enchufismo” que todos coñecemos? Lembro o caso persoal de Rodrigo Vazquez, que nos contara naquela charla que organizamos, que el comezou de prácticas na radio e pasou á TV, e tivo a sorte de chegar a ser presentador da TVG; digo sorte porque creo que se necesita, e máis sabendo o que hai.

    O tema dos Erasmus que tocas paréceme moi interesante e gustaríame coñecer máis casos reais, experiencias de alumnos e alumnas sobre as prácticas. Non vexo que se fale moito do asunto e estaría ben que quen queira optar a unha praza Erasmus coñecera o que se lle vai ofrecer fóra (máis aló dos plans inmensos das asignaturas, que moitas veces pouco teñen que ver co real).

    Como reflexión eu penso que as prácticas non remuneradas deberían de restrinxirse só ó período formativo.

    Liked by 1 person

    1. Boas Claudia.

      A precariedade non é tanto como unha falta de axudas ós estudantes en prácticas. A realidade é que as empresas incumplen sistemáticamente os acordos sobre as prácticas (punto 21 da última convocatoria efectuada na nosa facultade, http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/cc_comunicacion/descargas/PR-16-17-Veran-2.0-Convocatoria-de-Practicas.pdf)

      Non coñezo moitos máis casos de alumnos que cursaran a Erasmus+, pero podo facilitarche o número e correo de Txus, así como algún nome máis de alumnos da facultade.

      Nas prácticas non remuneradas penso coma ti. Se non son remuneradas é porque deben ser en períodos de formación, e polo tanto non estás “traballando” de forma plena.

      Gústame

      1. Foi sonado o caso de Robaina, un alumno de Xornalismo da Complutense que lanzou baixo o lema #GratisNoTrabajo unha protesta en change.org en defensa dunha prácticas dignas para os estudantes de Xornalismo.
        http://www.europapress.es/campusvivo/actualidad-universitaria/noticia-practicas-no-remuneradas-explotacion-formacion-20160219133219.html

        As universidades son as causantes desta explotación, porque non rexeitan ás empresas cuxas propostas son inadecuadas para realizar as prácticas. Isto mesmo coincide co criterio da Federación de Sindicatos de Periodistas (FeSP), que «siempre ha pedido a las universidades que no envíe alumnos a las empresas que no respeten los derechos de los estudiantes».

        Gústame

      2. Se non loitamos non somos ninguén e non conseguimos nada, por iso non serve renderse. Os axentes teñen que dialogar e chegar a un acordo, porque a situación vaise facer cada vez máis insostible. Así mesmo, está tamén da man dos que teñen máis poder ca nós (falo dos docentes), axudar. Son moitas as adversidades que se nos presentan pero é o noso deber esixir un cambio.

        Gústame

  2. Está claro, como ben dis, que a situación laboral do país leva en recesión varios anos, pero non só para os xornalistas, senón para todos os estudantes en xeral. O Plan Bolonia (http://www.20minutos.es/noticia/492210/0/plan/bolonia/ya/) é un dos culpables. Este plan rebaixou de 5 a 4 anos as carreiras, cambiaron as licenciaturas por graos, tamén o sustema de créditos e becas e moitos outros máis cambios, que, aparentemente, solo sirven para crear unha canteira de estudantes que serán explotados polas empresas, se teñen a sorte de ser contratados. Como sinala Jesús, o integrante do teu círculo, unha vez rematas a carreira, non tes nada máis que un título xa que o que piden as empresas hoxe en día é experiencia, cousa que non se ten cunhas simples prácticas. Por ese motivo, a maioría dos xoves que rematan unha carreira, fan outra, un máster ou mesmo marchan de au pair para aprender idiomas mentres non atopan traballo. Tamén é moi frecuente na actualidade mudarse a outro país en busca dun traballo cun soldo digno, xa que no noso país, desgraciadamente, é moi difícil atopar algo que che permita vivir.
    http://www.elblogdeidiomas.com/2013/04/10-razones-para-trabajar-de-au-pair-en.html

    No caso das prácticas, estou de acordo con que sirven para que unha empresa se aproveite de xente xoven e con ganas de traballar para cargarlle todo o traballo en vez de obter coñecementos e boas sensacións cara a nosa futura profesión.

    Liked by 1 person

    1. Boas Laura.

      A realidade como ben dis é prácticamente igual antes desta reestructuración “á boloñesa” como despois da mesma. Isto xa foi comentado en posts anteriores coas experiencias dos licenciados de hai 15 anos.

      Son moitos os estudantes que, unha vez rematada a carreira e as correspondentes prácticas, atópanse primeiro desorientados e despois frustrados (https://www.vice.com/es/article/que-hacer-al-acabar-la-carrera). Tanto que moitos deles rematan por esquecer os seus soños, polos que fixeron un Grao e traballaron durante moitos anos para entrar nel e rematalo. O auténtico drama é que isto ocorre a mozos de 25-30 anos que noutros países son os mellor valorados no mercado laboral pola súa vitalidade.

      Penso que esta tendencia xa non é só un problema para os estudantes de Xornalismo ou calqueira universitario en xeral, senon que o é para toda a sociedade polo seu fracaso como tal.

      Gústame

  3. A realidade é practicamente igual no sentido de que non hai traballo unha vez finalizada a carreira, ao que me refiro son aos cambios estructurais e internos das carreiras, que nos afectan a nós en primeira persoa. E estou de acordo en que ersta realidade vai máis aló dos estudantes de xornalismo, e é algo que nos afecta a todos. No noso país o paro xuvenil é un problema moi presente na actualidade (http://www.vozpopuli.com/economia-y-finanzas/drama-juvenil-Espana-Sigue-doble_0_959304512.html), o que provoca esa desgana por seguir traballando e loitando pola mosa profesión deseada.
    Desde este punto de vista, cres que esta situación pode arranxarse?

    Gústame

    1. Son pesimista porque penso que non se lle está a dar a importancia necesaria a este problema. Despois da frustración e a precariedade chega a pobreza, e o peor e que os medios a silencian. Casos como o de El País, maquillando estes problemas ( http://www.publico.es/tremending/2017/03/28/la-prensa-seria-si-eres-pobre-el-pais-te-da-consejos-para-tomartelo-con-humor/ ) fai que a xente non sexa consciente do seu problema, e que a sociedade peche os ollos ante un problema que pode ser moito máis grave no futuro.

      Gústame

      1. Obviamente, comparto a túa opinión e pesimismo ante a precariedade da situación que nos toca vivir no país. Esos artigos contribuen a ensuciar a imaxe do xornalismo e a fomentar o sensacionalismo e a insensibilidade da poboación. Non podo entender como deixan que se publiquen esas cousas. Ademais, no xornalismo actual, priman as noticias de corazón e salsa rosa que, as de por exemplo, catástrofes naturais. E isto o vemos día a día en calqueira medio.
        Que se invirta tempo e diñeiro en publicar a vida privada de xente ata tal punto me parece vergonzoso. Un claro exemplo:
        http://www.abc.es/estilo/gente/abci-david-bustamante-reaparece-instagram-y-paula-echevarria-gusta-201704261053_noticia.html

        Gústame

    2. Nese aspecto penso que a crise dende 2008 (económica e xornalística) tivo algo positivo e é que nos medios a “prensa rosa” perdeu bastante peso, polo menos relativamente. Dende entón, a información política e económica volveu a ocupar as partes máis importantes da información. Haberá que ver ser é unha moda pasaxeira.

      Gústame

  4. Paréceme unha realidade lamentable o feito de que persoas con formacións acádemicas moi boas se vexan explotadas laboralmente. E aínda pode considerarse peor no caso de estudantes realizando prácticas, que como ven indicas deberían atoparse baixo o amparo da Universidade correspondente, cando logo a realidade é que na maioría dos casos ditos estudantes atópanse en situacións que case se poden considerar de explotación.

    Este artigo referido a Castela e León mostra a situación de gran explotación laboral que sofren os xornalistas: http://www.20minutos.es/noticia/84306/0/explotacion/laboral/periodistas/ Segundo as túas experiencias esta situación reflicte a realidade? Tamén en Galicia ocorre da mesma forma?

    Con respecto as prácticas realizadas por Jesús, integrante do teu círculo nunha revista de cine europeo en Béxica, chámame á atención que precisamente o caso destacable polo bo trato é funcionamento tivera lugar no extranxeiro. Desto pode extrapolarse que o problema ten lugar so no noso país? No exterior esta situación é diferente?

    Gústame

    1. Boas Sara, moitas grazas polo teu artículo! É bastante interesante e non o atopáramos para realizar o traballo aínda que vai nas liñas do mesmo. Por desgraza, a páxina web do Colexio de Xornalistas de Galicia non está tan actualizada ( http://www.xornalistas.com/biblioteca/ ) polo que non puidemos ter tanta bibliografía.

      No caso de Jesús pode ser porque a cultura laboral de Bélxica, ou mesmo soamente de aquel medio, sexa moi distinta da que temos en España. Sería interesante coñecer máis casos noutros países para poder extrapolalo, aínda que o feito de que o director fora tamén galego puido influir no seu “bo trato”.

      Gústame

  5. Coincido contigo en que o feito de que o director fose galego puido influir considerablemente no trato que recibiu Jesús. Pero non por isto deixa de chamarme a atención dita situación, posto que el mesmo conta tamén, segundo ti nos relatas, o caso que están vivindo actualmente de desemprego, dado que despois de conseguir as prácticas curriculares e unha posterior prórroga destas non conseguen unha contratación digna. Sería interesante coñener se esto mesmo ocorre tamén no extranxeiro.

    Por outra banda, tamén podemos ver no teu post o caso de Nicolás Navazas, do cal se pode destacar que hai 15-20 anos a situación non era mellor, xa que malia a traballar como un máis non cobraban como un máis. Como é posible que co paso dos anos estas circunstancias non cambien? A culpa é das institución ou quizais tamén da sociedade por falta de iniciativa?

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s