Comercio xusto: o que se publica VS o que se debería de publicar

O comercio xusto e o consumo responsable é un deses temas que, hoxe en día, é dificil atopar nos grandes medios de comunicación. Soterrados por novas de carácter político e económico, temos que rebuscar con paciencia para dar con algunha. Cando por fin o conseguimos, decatámonos de que esta temática é tratada sempre dende o mesmo prisma: as pequenas accións de visibilización que realizan as distintas asociacións.

Dende o Observatorio Cidadán de Comunicación propoñémonos intentar transmitir a realidade que hai detrás desta corrente, afondando nas súas razóns de ser e os seus obxectivos. Falamos do que se debería contar e non se conta.

Advertisements

35 comentarios en “Comercio xusto: o que se publica VS o que se debería de publicar

  1. En primeiro lugar, Eva, moitas felicidades polo traballo. Creo que está moi ben conseguido, e mostra á perfección a realidade do comercio xusto.
    Como queda recollido neste vídeo, considero que os medios de comunicación apenas tratan o tema, restándolle importancia a algo de gran trascendencia para a sociedade. Como din os membros do voso círculo de traballo, as poucas noticias que se publican sobre isto adoitan producirse en momentos puntuais e moi esporádicos, como cando se celebra algún evento, iniciativa sempre dos propios comerciantes, para promover e incitar o consumo dos seus produtos.
    Unha cousa que descubrín mentras buscaba información sobre o tema e que me gustaría destacar, xa que me parece bastante surrealista, é que nalgúns xornais as noticias vencelladas ó comercio xusto aparecen baixo a etiqueta de “moda alternativa”. De verdade hai medios de comunicación que, en pleno século XXI, publican estas cousas? O comercio xusto, baixo o meu punto de vista, non é para nada unha moda alternativa. Por suposto que hai xente que o pode considerar así, pero a realidade é que se trata dunha ALTERNATIVA DE COMERCIO máis equitativa e respetuosa cos dereitos humanos, non unha moda pasaxeira como pode ser a maneira de vestir. Este é un tema moi serio, e debería ser tratado como tal, especialmente nos medios de comunicación, que son a fonte de coñecemento principal da cidadanía. Se a xente non toma en serio o comercio xusto é, na gran maioría dos casos, polo tratamento que os medios fan do mesmo. Non lle conceden a relevancia que ten e, por riba, relégano a un segundo plano en todas as súas publicacións, o que acentúa a baixa consideración que a xente ten do mesmo. A ignorancia e o descoñecemento son os principais piares nos que se basea a indiferencia que suscita este tema entre a xente do común.
    Falaba antes da “moda alternativa” na que se recollen algunhas das publicacións relacionadas co comercio xusto pero, se hai un termo que me gusta especialmente para definir este tipo de comercio é CONSUMO RESPONSABLE, xa que na súa definición se encontra a esencia do que debería ser o comercio xusto.
    Teño que recoñecer que me resultou moi difícil atopar noticias relacionadas co tema, polo que adxunto estes dous enlaces e, se encontras algún máis que che gustaría compartir comigo, estaría encantada de recibilo.
    http://blogs.lavozdegalicia.es/nomepidancalma/tag/comercio-justo/
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/11/04/viguesas-cuarenta-cincuenta-anos-mayores-consumidoras-comercio-justo/0003_201611V4C5993.htm

    Gústame

    1. Boas Lidia. Estou totalmente dacordo contigo. Ás veces deberiamos sentir vergoña por algunhas publicacións dos medios de comunicación. Como xa falamos nalgunha das nosas reunións e nalgúns dos nosos vídeos, o comercio xusto non é, para nada, unha moda. Comeza a falarse deste tipo de consumo nos EE.UU, nos anos 40. Aquí en Galicia, a primeira tenda aparece en Lugo en 1975, polo que podemos concluír que non é algo pasaxeiro.
      Como ben apuntas, é moi complicado atopar novas sobre comercio xusto que vaian máis alá de acontecementos puntuais, que profundicen no tema. Iso é o que estamos intentando cambiar nós. Alégrame saber que este post che resultou útil e interesante. Déixoche un enlace sobre o aniversario dunha das cooperativas máis coñecidas de comercio xusto, onde se explica bastante ben o seu traballo.
      http://blogs.20minutos.es/capeando-la-crisis/2017/04/05/ideas-20-anos-trabajando-por-el-comercio-justo/

      Gústame

      1. Alégrame saber que o consumo xusto en Galicia segue a ter certa presenza e continúa manténdose a pesar das enormes trabas que (intúo) as empresas privadas e as grandes multinacionais lles deben poñer constantemente. Con todo, penso que o noso país é o lugar perfecto para que este tipo de comercio prospere, xa que contamos con todos os recursos necesarios para que isto suceda.
        Por outra parte, espero que teñades éxito co voso traballo, e consigades que a xente tome consciencia da importancia dun comercio solidario como alternativa ó tan expandido consumo de masas, que non toma en consideración o medio ambiente e as condicións de vida dos traballadores.
        Por último, moitas grazas polo enlace. Pareceume moi interesante e explica á perfección todo o que implica o tan necesario comercio xusto nunha sociedade como a nosa.

        Gústame

      2. Boas Lidia. Moitas grazas polos ánimos, espero que vós teñades tamén moita sorte co voso proxecto. Como dis, este país podería aproveitarse (moito e ben) desta alternativa ao comercio convencional pola gran cantidade de pequenos productores cos que contamos. Todo será ir abrindo camiño e concienciar á sociedade pouco a pouco.
        Déixoche o enlace do programa de radio que fixemos no mercado de Abastos, por se queres escoitalo. ‘http://www.ivoox.com/player_ej_18120205_4_1.html?c1=ff6600

        Gústame

  2. Boas Eva. Neste post explicas de maneira clara a realidade do comercio xusto e da alimentación hoxe en día. Como ben dis, é un tema que pasa bastante desapercibido polos grandes medios de comunicación. Normalmente queda eclipsado por noticias “máis importantes” e cando se dá a oportunidade de aparecer nos medios faise tan só mostrando unha pequena parte desa realidade, é dicir, dunha maneira insuficiente e inxusta, tal e como se explica no vídeo.
    Chámame a atención o que di María Paz nesa reunión co círculo: debería expoñerse como unha resposta alternativa a todos os problemas que son portada día tras día. Os medios teñen que deixar de velo como algo irrelevante porque o que consiguen con iso é taparlle os ollos á poboación.
    Déixoche unha noticia sobre unha feira en Burgos na que se defende o comercio xusto: http://www.elcorreodeburgos.com/noticias/burgos/feria-tapas-defiende-comercio-justo-creatividad_149018.html Paréceme unha boa forma de chamar a atención dos medios e da poboación, e todo un exemplo a seguir.

    Gústame

    1. Boas Esther. Creo que esa declaración de María sería a resposta ideal ao título do vídeo: o que se publica e o que se debería de publicar. Tal e como di ela, o comercio xusto pode ser a solución (ou polo menos parte dela) de moitos dos problemas socioeconómicos actuais. Coincido contigo en que a feira de Burgos que citas é unha moi boa proposta para dar a coñecer este tipo de comercio, pero se os grandes medios continúan a darlle o mesmo enfoque…nada cambia.
      Déixoche o enlace a unha noticia que me chamou moito a atención. Os trens alemáns Deutsche Bahn apostarán polo café de comercio xusto. Que as grandes empresas comecen a apostar por este tipo de comercio podería ser unha boa maneira de comezar a cambiar o enfoque.
      http://www.diariovasco.com/agencias/201704/03/deutsche-bahn-apuesta-comercio-931288.html

      Gústame

      1. Estou totalmente de acordo con que esa frase de María é a resposta ideal ao título de “o que se publica VS o que se debería publicar”. Dende os grandes medios intentan deixar nun segundo plano estes temas sen decatarse de que a solución a moitos deses problemas están aí, no que eles “silencian”.
        Paréceme moi interesante a noticia que me adxuntaches. Ao igual que a feira de Burgos, o do café nos trens alemáns é unha acción importante. Aínda que non todo o mundo lle vaia prestar atención, é un gran paso cara adiante. Con ideas coma estas comeza a dárselle voz á temática e ademais pode ser que estas ideas inspiren a moitas outras. Esperemos que así sexa e pouco a pouco se lle vaia dando a importancia que debe ter o comercio xusto.

        Gústame

      2. Boas Esther. Totalmente dacordo. A iniciativa do café pode parecer unha tontería, pero é un bo sitio polo que comezar. Pode que alguén se interese polo lugar e a forma de produción dese artículo e así poidamos ir visibilizando esta iniciativa.
        Aínda así, o problema do tratamento cos medios segue aí, esperemos ir cambiando esa situación pouco a pouco. De momento comezamos por un programa de radio sobre o comercio xusto e consumo responsable. Déixoche o enlace a Campus Culturae, onde podes escoitalo http://www.radiocampusculturae.org/es/

        Gústame

      3. Grazas polo enlace! Quédome co que di Esteban: “Os medios de comunicación hoxe en día están dentro deste modelo económico. Esixiría medios de comunicación libres, donos de si mesmos, e non en mans de multinacionais. A partir de aí podería haber unha modificación total”. Este traballador de Panxea leva toda a razón. A visibilidade que se lle dea ao comercio xusto e a información que se poida transmitir sobre este tema dende os medios sempre vai depender dos que mandan neles e dos seus ideais. Non podemos permitir que isto siga a ser así. A función dos medios debería ser informar sempre de maneira transparente.
        Aínda que nós non podemos cambiar directamente nada nos grandes medios, as cousas conséguense comezando con pequenas accións. Noraboa polo traballo que fixestes con este programa de radio, ogallá cheguedes a moitas persoas.

        Gústame

      4. Totalmente dacordo Esther. Obviamente, non temos a capacidade de cambiar a perspectiva que ofrecen os grandes medios, pero dende o observatorio podemos intentar ampliar e mellorar a información que recibe a sociedade. Iso é o que estamos intentanto facer. Moitas grazas polo teu interese Esther!

        Gústame

  3. Moi bo video. Igual que Esther quédome co que di María Paz, é unha reflexión moi interesante e destacable que resume moi ben a esencia e os problemas en termos de comunicación que pode ter o comercio xusto.
    Gustaríame preguntarte, a ti e aos membros do círculo, se consideran que hai presións económicas para que o comercio xusto sexa tan invisibilizado? Quizás a grandes empresas alimentarias con filosofías de traballo moi diferentes non queren que o comercio xusto sexa unha alternativa destacable e viable aos seus métodos.
    En referencia ao que comentaba María Paz nos últimos días hai unha noticia sobre alimentación da que todos os medios falan, o aceite de palma (http://www.eleconomista.es/distribucion/noticias/8268621/04/17/Alcampo-y-Eroski-retiraran-de-sus-productos-el-aceite-de-palma.html) Segundo teño entendido emprégase sobretodo en productos industriais polo que, supoño que a sua presenza en tendas de comercio xusto é moito máis reducida. Como vemos nas noticias grandes supermercados eliminarán os productos que conteñan este nocivo aceite, podría ser o comercio xusto, novamente, unha solución a un problema que xa é portada? Eu penso que si pero, como comentan os protagonistas do video, por algunha razón os medios non ofrecen este punto de vista.

    Gústame

    1. Boas Carme. Antes de nada, moitas grazas. Alégrame que o vídeo che resultase interesante.
      Como lle comentaba a Esther, María resume moi ben o problema de enfoque que vive o comercio xusto nos medios. Preguntas se existe algún tipo de presión económica para que se “tapen” certas informacións e, por desgraza, a resposta é si. Tamén falamos disto nas reunións e todos os membros coincidían na análise: hai que recordar que entre os accionistas dos grandes medios abundan coñecidas marcas alimentarias. Como ben dis, non lles interesa que o comercio xusto se presente como unha alternativa plausible. E si, os productos de comercio xusto tamén poderían ser unha solución a toda a problemática do aceite de palma. Este tipo de aceite está presente en gran parte dos produtos procesados, polo que o consumo responsable sería unha alternativa moito máis sana.
      Falando deste tipo de produtos, déixoche un enlace onde se explica dunha forma moi clara como distinguilos. http://www.sellocomerciojusto.org/es/productos/

      Gústame

  4. Bo día, Eva. Antes de nada felicitarche polo vídeo,ten un contido moi claro e comprensible,e dentro del igual cas outras dúas compañeiras quedome coa frase de María Paz que deixa perfectamente claro a diferencia entre o que se publica e o que se debería contar. Ademais mostra nela mesma e en todo o voso círculo o esgotados que están de que sempre se saque o mesmo sobre as súas accións, de feito, mergullando na rede atopei o exemplo perfecto disto, é un blog sobre comercio xusto que dí só o que María califica de moi visto. A caso non hai nada máis que dicir? http://comerciojustoelsurco.blogspot.com.es/2007/10/dia-mundial-de-la-alimentacin.html
    Por outra banda,ademais de contar sempre o mesmo tamen é sempre en momentos puntuais como é o caso dese blog co día 16 de Outubro por ser o día mundial da alimentación, nese día dedicaríanlle un pequeno recadriño onde, como di Xosé Manuel da Cesta da saúde, plasmaríase todo o que escoitasen previamente pondo unha foto e argumentando que é bonitisimo todo sen facer fincapé en nada máis. Pero non só nestas datas, a este tipo de comercio tamén lle adxuntan unha papeleta igual de molesta, imaxino, para a xente que se dedica a el, estou a falar dese tipo de listas de 10 cousas que poderías mercar nun mercado ecolóxico. Aquí deixo un exemplo do que quero dicir: http://blogs.20minutos.es/capeando-la-crisis/2016/11/17/productos-del-comercio-justo-para-regalar-en-navidad/
    En definitiva é o que ti dis no teu post,é un tema que pasa desapercibido nos medios, tanto é así que é complexo atopar noticias que traten o tema se non é unha feita propiamente polos comerciantes destes productos sobre algunha feira ou mercado.
    Finalmente gustaríame deixarche unha noticia da que me encantaría saber a túa opinión ó respecto http://www.larazon.es/local/cataluna/colau-recicla-a-15-manteros-para-vender-comercio-justo-MF14776684

    Gústame

    1. Boas Lucila. Moitas grazas polo teu comentario, alégrame que che parecese interesante o vídeo.
      Como ti dis, si, parece que non hai outra cousa que publicar que as accións puntuais relacionadas con esta iniciativa ou pequenos artigos como o que mencionas dos produtos de comercio xusto para regalar polo Nadal. Parece o tipo artigo que alguén fixo rapidamente co obxectivo de quitarse o tema de diante. E iso é o que non debería pasar. Non pasa con temas como a política ou a economía e, ao final, isto tamén é política e economía. O interesante non é “que podemos comprar” senon “a historia” deses artigos. Isto é o que conleva mercar no comercio xusto http://www.sellocomerciojusto.org/es/productores/algodon/estandaresfairtrade.html
      Respecto ao enlace que me deixas sobre os manteiros, non me parece unha mala iniciativa. Non sei se é unha solución viable para unha problemática tan complexa (haberá que esperar a ver como evoluciona) pero axuda aos manteiros a regularizar a súa situación e, neste caso que nos incumbe, fomenta o comercio xusto. Así que iniciativas como esta (que ademais veñen dende un goberno) son sempre benvidas. Iso si, creo que deberían estar supervisados e contar coa colaboración de asociacións de comercio xusto e consumo responsable, que son as que realmente máis saben do tema.

      Gústame

      1. Boas! É certo que ten toda a pinta de ser un artigo escrito as presas só por quitalo de enriba aínda que bueno,moitas veces tamen é entendible xa que se escribe cun prazo moi delimitado e non sempre se posúe todo o tempo para unha boa investigación, a cal rompa barreiras e esquemas como é o caso do comercio xusto nos medios, no que tes toda a razón en que tamén é política e economía xa que ademais do típico que se di de que axuda os propios gandeiros e agricultores, https://www.feriasymercados.net/index.php/noticia/index/2373 tamén é unha forma de mover o mercado e de manter zonas que de outra forma non chegaría a obter uns beneficios que probablemente irían para grandes cadenas alimenticias.
        En canto o tema dos manteiros como ti dis é unha boa iniciativa sempre que se vixile e se manteña na lei e xa sería “perfecto” se contase con asociacións como as que colaboraron con vos. Sobre este tema deixoche aqui un informe que trata o comercio irregular na vía pública http://www.sindic.cat/site/unitFiles/4018/Informe%20comer%C3%A7%20irregular%20via%20publica_cast_ok.pdf

        Gústame

      2. Bos días Lucila. Coincido contigo no tema do tempo limitado pero, ás veces, parécenos que o cambio de enfoque leva moito máis tempo do que pensamos. Sen ir máis lonxe, todos os membros do noso círculo estarían encantados de facilitar outro tipo de información diferente á utilizada habitualmente nos medios. Consiste nun cambio de chip. Aquí che deixo un enlace sobre os beneficios “ocultos” do comercio xusto http://elpais.com/elpais/2014/01/28/alterconsumismo/1390901267_139090.html
        Moi interesante o informe que me deixas. Coincido contigo plenamente.

        Gústame

      3. Boas, Eva.
        Fantástico que o teu círculo teña as ganas de facer un cambio na información, contar cousas novas e darlle así outro enfoque ó comercio xusto e o que del chega ós medios. Tendo en conta isto tes toda a razón en que probablemente non levase tanto tempo falar do que non se adoita falar pero o bo de todo isto é que a mentalidade está a cambiar http://elpais.com/elpais/2017/04/23/alterconsumismo/1492955259_346842.html .Polo que so queda engadir,se queren darlle un novo enfoque a información que transmite prensa,t elevisión, radio e demais medios… que preguntas queren escoitar e responder? Preguntoullo o teu grupo?

        Gústame

      4. Si Lucila. Estamos observando certos cambios (pequenos) nalgúns medios. Pero aínda hai moito polo que traballar.
        Respecto ao novo enfoque, precisamente na nosa última reunión, que inspirou este vídeo, falamos diso. Gustaríalles que os medios se centrasen máis, como se di no vídeo, nas posibles solucións que ofrece o comercio xusto a problemas cotiáns, na historia que hai detrás desta iniciativa ou en como traballan realmente os produtores.

        Gústame

  5. Bos días Eva. O teu post gustoume moito porque fuches capaz de retratar dun xeito interesante e sobre todo verídico de que xeito tratan os medios este tema. Os membros do Círculo dino moi claro. É un discurso “buenista” e teñen moita razón nisto. Só tratan o tema por riba, pode que por ter menos interese ca outros temas de actualidade ou por outras razóns que descoñezo.
    Porén, algo que vin nunha noticia e que me chamou a atención é que certos xornais alaban o cambio de mentalidade que provocou o comercio xusto . Aquí che deixo un enlace a unha desas noticias: http://elpais.com/elpais/2017/04/23/alterconsumismo/1492955259_346842.html
    Nesa noticia tamén se amosa un caso de comercio xusto ao que o xornalista acode para coñecelo máis de preto.
    Aínda que nela falan bastante sobre o tema observo que se centran no comercio xusto en Colombia, por exemplo. Deste modo asociase isto a pequenas poboacións nas que cultivan os seus propios prodcutos para logo vendelos. Non se dá a entender que tamén existe en Galicia e que non se resumen só en poboacións lonxanas. Polo tanto, creo que sería necesario que se tratase nos medios de forma xusta e equilibrada.

    Gústame

    1. Boas Nerea. Grazas polo teu comentario. Primeiro, grazas polo enlace. Moi útil, descoñecía este artículo. Podería ser un primeiro paso para cambiar o discurso prototípico dos medios sobre o comercio xusto, sobre todo vindo dun gran medio como é El País. Aínda así, debemos ter en conta que moitos xornalistas non se acaban de interesar polo fondo do tema, aínda que poida parecer o contrario. Limítanse ao básico, esperan que os protagonistas lles dean os datos máis relevantes, sen investigar. Este tema tamén o tratamos nalgunha reunión. E si, como xa lle dixen a algunha compañeira, os medios céntranse demasiado no comercio xusto internacional, olvidando que na nosa comunidade tamén hai unha gran oferta. Déixoche un enlace a unha noticia que o confirma http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2008/01/27/comercio-justo-cuadruplico-ventas-galicia-cinco-anos/0003_6514760.htm

      Gústame

      1. Bos días Eva, pareceme moi interesante o enlace á noticia que me deixas. Como ben dis, os medios tratan moi por riba este tema e centranse máis noutros países. Porén, nesta peza de La Voz de Galicia cóntase a historia deste tipo de comercio e cómo evolucionou ao longo do tempo. A min sirveume para coñecer que o comercio xusto comezou moito antes do que eu pensaba, aínda que o número de tendas fose moi reducido e se contasen cos dedos dunha man. Tamén me chama a atención que recollen que o maior incremento do país douse na comunidade galega e creo que isto é moi importante dicilo. Ademais, gustaríame saber se coñeces algunha campaña que teña o fin de dar a coñecer como funciona o comercio xusto en Galicia.

        Gústame

      2. Bos días Nerea. Como ben dis, esa peza pode ser moi útil para todos aqueles que estén interesados no tema do comercio xusto. Debería haber máis artigos coma ese. Déixoche un enlace a outro moi interesante http://elpais.com/elpais/2014/01/28/alterconsumismo/1390901267_139090.html
        Respecto á túa pregunta, Solidariedade Internacional (un dos membros do noso círculo) está agora tratando de fomentar o comercio xusto mediante as vodas. Algo moi orixinal. Déixoche o enlace onde tés toda a explicación. http://www.solidaridadgalicia.org/comercio-xusto/se-vas-casar-pensa-en-comercio-xusto/

        Gústame

      3. A venda deste tipo de produtos pareceme unha moi boa idea para fomentar a compra en comercio xusto. Ademais, pode que moita xente pense que este tipo de comercio só se centra en produtos alimentarios e porén ten gran diversidade de produtos. Fan libretas, agasallos para eventos, etc. Vexo isto como unha iniciativa que pode funcionar para axudar a prosperar ao pequeno comercio nun futuro moi próximo, se non o está a facer xa.
        Moitas gracias polas túas aportacións Eva.

        Gústame

      4. Boas Nerea. Grazas a ti por mostar tanto interese no tema. Espero que o noso traballo che servise de axuda e comprendeses un pouco mellor esta iniciativa!

        Gústame

  6. Bos días Eva, gustoume moito o vídeo.
    A día de hoxe, a realidade é que a maior parte da poboación non é consciente dos alimentos que inxere no seu día a día, o que en gran medida é culpa dos grandes medios de comunicación. E é que estes, como ben se di no vídeo, están moi influenciados polas grandes marcas alimentarias e deixan totalmente invisibilizado o comercio xusto e todos os beneficios que este tipo de comercio leva consigo, como poden ser a equidade de xénero e a liberdade de asociación,ausencia de explotación infantil e traballo forzoso, prezos e prácticas comerciales xustas, respeto polo medio ambiente… Unha serie de parámetros que todos desexamos conseguir algún día, pero que á hora da verdade, non dudamos en acudir ás grandes cadeas de supermercados e promover unha vez máis o capitalismo, polo que moita xente plantéxase si realmente será posible implantar este sistema de comercio na sociedade de hoxe en día. Aquí está a polémica https://revistapolemica.wordpress.com/2013/07/31/es-posible-el-comercio-justo-en-la-actualidad/

    É moi necesario concienciar á sociedade da importancia que ten o desenvolvemento do comercio xusto, posto que esto sería un gran avance do que finalmente creo que todos sairíamos beneficiados. Como ben dicías anteriormente, xa me parece un paso importante que os trens alemáns aposten por este comercio, pero aínda estamos lexos de conseguilo.

    Gústame

    1. Boas Mara. Como ben dicías, os medios están moi influenciados polas grandes marcas alimenticias. Pero como podería ser de outra forma se moitas delas son accionistas, cun gran poder, nos consellos de administración dos principais grupos de comunicación?
      Para conseguir, realmente, a implantación total deste sistema alternativo de comercio, debemos ir pouco a pouco. Empezar polos pequenos cambios que están na nosa man. Iso é o que intentou (e intenta) facer o meu grupo con estes artigos. Déixoche un enlace sobre este tema http://www.solidaridadgalicia.org/comercio-xusto/comercio-xusto-en-institucions-e-empresas/

      Gústame

      1. Moi interesante o enlace que adxuntas, paréceme unha moi boa forma de comezar a implantar este comercio alternativo que espero que algún día poida saír adiante, máis como xa dixen anteriormente, creo que o camiño que queda por andar aínda é moi longo, en parte a certos inconvintes como precios demasiado elevados, pouca variedade de productos (de momento), poucos establecementos que o leven a cabo pero, sobre todo,falta de publicidade e falta de interés por parte da sociedade, o principal motor deste mercado

        Gústame

      2. Si Mara…tés razón na túa análise. Queda moito camiño por percorrer e moitos inconvintes que ir solucionando. As asociacións promotoras desta iniciativa están traballando niso pero moito me temo que moitos deses problemas iríanse solucionando segundo se vaia estendendo o consumo: os prezos, a variedade de produtos, etc.
        Déixoche un enlace sobre os produtos que podemos mercar http://comerciojusto.org/que-es-el-comercio-justo/productos/

        Gústame

      3. Estou de acordo en que quizáis co tempo e poñendo en práctica o comercio xusto, irán xurdindo solucións para os problemas que se presenten e pouco a pouco iremos mellorando. Agora só falta que a xente se percate do importante que sería este avance na nosa economía e comprenda que, aínda que teñamos que pagar uns prezos un tanto máis altos polos productos que consumimos, seguramente esto pague a pena. Asociacións como Fairtrade son as que levan desde os anos 80 loitando día a día pola implantación deste comercio,dictaminando que deben rexistrarse todos os actores da cadena de valor que ten cada producto. Grazas a asociaciós como esta pouco a pouco vai gañando terreo sobre as grandes marcas. Cabe destacar tamén a importancia das cada vez máis charlas implantadas nos colexios sobre o tema, mercadillos do comercio xusto e ferias coma esta. http://www.elcorreodeburgos.com/noticias/burgos/feria-tapas-defiende-comercio-justo-creatividad_149018.html

        Gústame

      4. Totalmente dacordo Mara. Unha vez que se vaia implantando, a sociedade comezará a ver que o comercio xusto pode ser una solución alternativa a moitos dos problemas actuais. Así o defendía María Paz, de Solidariedade Internacional nunha das nosas reunións.
        Como dis, as charlas son actividades moi importantes. Hai que concienciar aos máis pequenos, son o futuro e os que poden dar un gran impulso a corrente. Aquí unha noticia relacionada con este tema http://www.lavanguardia.com/local/girona/20170420/421874413604/170-ninos-decoran-lana-monumento-pep-ventura-figueres.html

        Gústame

      5. Asi é, comezar polos pequenos paréceme unha moi boa forma de arrancar,xa que como ben dis,eles son o futuro e temos que conciencialos.
        Gustaríame saber que opinas os especialistas no tema cos que tratas na túa reunión sobre as dificultades que como dixen en comentarios anteriores,obviamente están presentes. Creen que realmente poden facer frente ao capitalismo implantado na sociedade actual?

        Gústame

      6. Pois son bastante optimistas, a verdade. Non cren que o comercio xusto poida sustituir nunca o capitalismo imperante, pero si que pensan que con algo máis de esforzo pola súa parte, e por parte dos medios, o comercio xusto e o consumo responsable poderían convertirse nunha alternativa plausible e apoiada por unha parte importante da sociedade. Ti, como espectadora, en que cres que deberiamos incidir máis?

        Gústame

      7. Cómo dixen anteriormente, creo que o máis importante e darse a coñecer, abrirse un oco entre as grandes marcas, pois moita xente nin sequera sabe en qué consiste o comercio xusto xa que os grandes medios apenas cubren información sobre o tema, e si o fan, sempre de maneira moi escasa. ai que acabar con esa desinformación e logo comezar polas charlas, talleres, etc. Ir implantando o sistema pouco a pouco para que todos nos vaiamos percatando dos beneficios que lle podemo sacar. Necesítase un cambio de mentalidade, que lóxicamente non é fácil de lograr.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s