O tratamento aos galegos nos medios de comunicación

Sergio Romero Pérez

Os galegos, eses seres inofensivos aos que parece que menosprezalos custa menos. As faladurías provintes de persoas alleas á nosa comunidade acerca de Galicia distan moito de ser positivas. Autores, medios de comunicación e ditos cotiás deixan á comunidade galega en moi mal lugar.

“Os medios de comunicación non dan a Galicia o trato que merece e, en moito casos, ridiculízana”, dicíanos María durante unha das reunións co círculo. O resto dos integrantes do grupo aprobaban a súa declaración e apoiárona con diferentes argumentos que comentaremos a continuación.

Mucha e Nucha

O dúo humorístico formado por Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán encarnando a “As Cantareiras de Ardebullo” non era prato de bo gusto para os nosos compañeiros.  “Non lles vexo a gracia, limítanse a desprestixiar o mundo rural e facer chistes sobre nós mesmos, paréceme un humor de mal gusto” comentaba Evaristo mentres o resto do grupo asentía.

jpg (1).jpg

Mucha e Nucha | La Voz de Galicia

 

Mucha e Nucha eran o tándem máis coñecido da TVG ata o ano 2011, cando decidiron deixar O Luar. Ambos actores xa tiveran unha forte polémica durante o Día da Muller por unha actuación ca súa indumentaria habitual e, se esto ofende á muller, perfectamente pode ofender aos galegos, fartos deste tipo de obras. Ata ese momento, esta parella de actores tivo un éxito tremendo e, sobre todo, tiñan encantados á avellentada audiencia da galega. A pesar de que si ten algo de certo que algúns dos comentarios dos humoristas eran inadecuados, que os criticaran as persoas maiores ás que vai dirixido este tipo de contido foi algo que nos impactou. Non lles falta razón, pois se unha sociedade quere ser respectada, debería empezar por respectarse a si mesma.

Enredos dunha galega

Se hai algunha zona do mundo onde os galegos seamos as vítimas da retranca cotiá esa é Sudamérica. Como indicara no anterior artigo, milleiros de galegos emigraron a Sudamérica en busca de traballo ao longo dos séculos XIX e XX. Xente sen formación académica e con grandes necesidades económicas cruzou o Atlántico cunha ilusión enorme por conseguir un traballo e axudar a súa familia. Moitas destas persoas foron enganadas, traballando xornadas dunha duración impensable e cunha remuneración mínima. Tras estos anos de migración, en Sudamérica é habitual que identifiquen ao galego con aquel migrante inocente e analfabeto, polo que nas películas daquela época os orixinarios de Galicia soían reflexar esa consideración.

Un dos claros exemplos do que estou mencionando é “Enredos dunha galega”, de Fernando Soler. Neste filme, publicado no ano 1951, Nini Marshall interpreta a Cándida, unha galega que vive en México e se dedica á venda de lotaría. A súa ilusión é poder adquirir unha fonda que están traspasando, pero non ten cartos para alquilala. Na búsqueda do capital para a fonda, un estafador crúzase no seu camiño. Nun golpe de sorte, a Cándida tócalle a lotería, pero non atopa o boleto. Este largometraxe está recheo de tópicos sobre os galegos da época, dando unha mostra ben clara da imaxe que os galegos temos en Sudamérica.

A metedura de pata de Antonio Orozco

Este mes pasado, un rapaz de Lugo visitou o programa de Telecinco, “La Voz”, para achegarse un pouco máis ao seu soño de ser cantante profesional. Edgar, que é o nome deste rapaz, sorprendeu enormemente ao xurado durante a súa actuación e, ao rematar de cantar e presentarse, Antonio Orozco non puido aguantarse para facer a broma de turno referente ao acento dos galegos. Unha mágoa, pois tanto a actuación como o debate posterior estiveron plagados de talento e sentimento. Aquí vos deixo a o recorte, xulgádeo vós mesmos.

Este tema foi motivo de debate nunha das reunións co círculo, pois foron eles quen nos deron noticia deste suceso. “Sempre somos os galleguiños, hai cousas que non cambian. Pareceume un xesto que se podía aforrar. Édgar é simplemente un rapaz coma outro calquera que vai alí a mostrar o seu talento”, afirmaba María.

Chistes galegos

Se hai algo con pouca gracia para os galegos, eses son os chistes sobre eles mesmos. Dende fai séculos, os chistes sobre a nosa comunidade están espallados por moitos países do mundo, especialmente sobre a xa mencionada Sudamérica e o resto de España.

Un caso concreto que comentamos co círculo foi un ocorrido en 2008, cando a editorial  Sudamericana, publicou o libro “Súper chistes de galegos”, obra de Ricardo Parrota. Este libro foi denunciado nada mais saír por un fillo de migrantes galegos en Arxentina, acusándoo de “vexatorio” e de que “atentaba de forma discriminatoria contra os galegos, as galegas e a súa cultura universal”.  Confirmando o dito en todo o artigo, este libro catalogaba aos galegos como “inferiores ou menos intelixentes”. Naquela época, por desgraza, o BNG foi o único partido de Galicia en sumarse a esta reclamación e lamentaba que “unha editora de tanto prestixio poida dar publicación a un libro que con semellante contido”.

Bibliografía

 

Advertisements

14 comentarios en “O tratamento aos galegos nos medios de comunicación

  1. Segundo teorizan algunhas correntes independentistas ou nacionalistas, Galiza é unha colonia interior dentro do Estado Español. Se partimos desa base, é lóxico que a nós como galegos se nos menosprecie ou parodie dentro dos medios de comunicación. Como ves o tema? Déixoche un artigo de opinión ao respecto de Xosé Mexuto publicado no xornal Sermos Galiza sen entrar en termos económicos. (Aínda que iso é o que define a unha colonia realmente). http://www.sermosgaliza.gal/opinion/xose-mexuto/si-somos-colonia/20161020094108052102.html

    Gústame

    1. Se ti crees que por ser unha colonia o resto da comunidade ten a postestade de menosprezar ou parodiar Galicia a través dos medios de comunicación paréceme perfecto, pero estou en desacordo.
      Respecto ao artigo, paréceme un tema interesante de debatir, a subordinación de Galicia a Madrid é un feito hoxe en día e é certo que hai unha forte oposición a isto, pero ao que vai dirixido o meu post non é á situación política, senón ao menosprezo cultural.
      O que eu trataba de explicar con este artigo é o humor rancio que circula por diferentes comunidades de España sobre Galicia, sen entrar en debates políticos.

      Gústame

      1. Non era para nada a miña intención dicir eso, quizá expliqueime de xeito erróneo. O que quería coñecer era a túa opinión sobre o postulado de que se este tipo de humor é unha consecuencia de esta situación ou non. Obviamente paréceme unha situación lamentable da que hai que sair.

        Liked by 1 person

      2. Un malentendido, entonces.
        Na miña opinión, a subordinación política que Galicia sofre dende Madrid non ten que ver cun tema cultural. Certo é que dende sempre os galegos non nos caracterizamos por ser persoas ás que lles guste levar a iniciativa, pero esta situación, sempre ao meu ver, ven de temas doutra índole.
        O aspecto máis relevante que quero sinalar da miña teoría é a suposta herdanza que convertirá a Feijoo no próximo candidato do Partido Popular ás eleccións, en sustitución do actual presidente Mariano Rajoy. Isto provoca moitas veces que don Alberto esté máis pendente de Madrid que da súa propia comunidade e aumenta aínda máis a percepción desta subordinación.

        Gústame

  2. Vin o comentario de Orozco en directo pola televisión, e pasaron dúas cousas pola miña mente: a primeira, impactoume que a xente do público lle rira a gracia, pero que nin os seus compañeiros (Bisbal e Rosario) nin o propio rapaz lle deran sequera importancia; a segunda, que isto sexa tan habitual que pase desapercibido. “Uy, mírame hablo como un galleguiño”, e frases do estilo producen verdadeira vergoña axena. O peor disto é que está tan estendido na sociedade que nin as propias persoas que fan a gracieta son conscientes do estúpidos que chegan a soar. No caso de Antonio Orozco peor, que o fai nunha canle de televisión, quedando retratado para a posterioridade.

    Pero estas cuestión non só se reducen ás gracias que se fan sobre os galegos. Hai poucas comunidades que se salven de burlas e clichés que carecen dun mínimo de humor. Respecto ao caso de Mucha e Nucha, eu tampouco considero que teñan a intención de ser ofensivas. No seu caso particular, a súa intención é a de satirizar a realidade que se vive no rural galego, polo medio dun humor costumista. Non se pode equiparar as súas actuacións a bromas sen xeito coma a de Orozco, por exemplo. Cal é o problema? Que o enfoque que os humoristas galegos poñen nas súas actuacións en Galicia non é o mesmo que o que empregan no resto de España. Xosé Antonio Touriñán, intérprete deste dúo, participou hai uns meses no programa El club de la comedia (http://www.lasexta.com/programas/club-de-la-comedia/monologos/xose-tourinan-y-los-gallegos-estamos-orgullosos-de-froilan-como-heredero-de-la-corona-de-lugo-sera-el-que-acabe-con-la-familia-real_2016121358507c1f0cf27663e11a0dbb.html), facendo burla de tópicos galegos co obxectivo de que o público se rira. Esta actuación, no meu punto de vista, non fai outra cousa que non sexa alimentar o monstro dos clichés.

    Gústame

    1. Totalmente dacordo, Álex. Como ti dis, é chocante a naturalidade ca que se pode facer dita gracieta e o peor é que esta non ten consecuencia algunha. Os medios pasan por alto todo este tipo de situacións e parece que ninguén caeu na conta da metedura de pata de Orozco.
      Respecto ao monólogo, eu tamén o vira e tampouco me parece que Touriñán deixe unha boa imaxe de Galicia. Parece que, cando cruzan a fronteira, os nosos artistas sintan un complexo de inferioridade que os fai realizar un humor únicamente referido á súa terra. Dende logo, para ser o seu primeiro monólogo en El Club de la Comedia, podía haber escollido calquer outro tema.
      Algo parecido lles pasa aos xornalistas que escriben para medios da capital, que ao chegar a Madrid parecen olvidar a súa terra orixinaria, aínda que para todo hai excepcións. Como unha delas, aquí che deixo este artigo de Manuel Jabois, que realiza unha pequena entrada defendendo un pouco a miña postura: http://www.jotdown.es/2011/07/manuel-jabois-mucho-gallego-en-galicia/

      Gústame

      1. Non sei se foi o medo a enfrontarse a un novo público ao que Touriñán non estaba acostumado o que fixo que o seu monólogo versara sobre iso. A verdade, xa che digo, a min como galego non me enriqueceu moito esta actuación. Pensando que faría algo que demostrara que o humor galego non só se basea en ser uns “brutos” e uns “animais”, levei un chasco. O caso, ben seguro que estaba influído pola presión de saír da terra e enfrontarse a uns xuíces que non eran a comunidade para a que sempre resulta gracioso. Cuestión de cambio de aires e do medo a non ser suficiente.

        Respecto ao artigo de Jabois, na súa persoa podemos obsevar a un galego que marchou a Madrid, e que dende alí vive e ve todos os estereotipos que alí e no resto do país se ten sobre os galegos. Na súa publicación fai unha especie de crítica, tanto aos galegos coma aos estereotipos que se teñen sobre eles, que incluso a propia xente de Galicia asume. Isto xa é un novo paso, o de crerse os estereotipos. E un dos maiores prexuízos que hai en contra dos galegos é o da nosa lingua. Non sei se recordas estes datos que saíron á luz hai un par de anos (http://www.farodevigo.es/galicia/2014/12/06/cuatro-ninos-habla-gallego-37/1144998.html), pero isto non é máis que produto dunha repulsa que lle causa aos galegos o propio. Non sei como o ves ti, Sergio.

        Gústame

  3. Algún día saberemos por qué, se o medo ao novo público ou calquer outra factor. Sen embargo, e dende o meu punto de vista, un factor que puido ser verdadeiramente relevante foi o motivo polo que el pensaba que o chamaran para o programa. Quizáis non tiña moi claro o que se esperaba del e decidiu ir ao fácil, rirse dun mesmo sempre da resultado. A verdade é que foi bastante decepcionante.
    O artigo que ti me mostras é un exemplo máis da crítica situación do galego. A súa tendencia é a desaparecer, nas grandes cidades de Galicia está case extinto e cada vez hai menos xente nova que o utilice como primeira lingua. Todo isto pode ser motivo da educación que se imparte nos nenos dende pequenos que, como ben reflexa este artigo (http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/11816-91-aulas-infantis-urbanas-exclue-galego?&pag_com=3), é maioritariamente en castelán. É unha verdadeira magoa que un signo tan identificativo da nosa comunidade como é a lingua, se esté deixando morrer desta forma.

    Gústame

    1. Non é que o galego sexa “un” signo identificativo da sociedade galega; é o máis importante deles. Sen a lingua a nosa comunidade está morta, literalmente (e nunca mellor dito). A educación, como ben amosa o artigo, ten moito que ver. As medidas emprendidas pola Xunta dende hai anos non produciron uns resultados especialmente positivos para os galegofalantes. Penso que isto non deixa de ser un sinal de que necesita cambiar algo.

      O problema, na miña opinión, e volvendo ao teu artigo, seguen a ser os estereotipos que hai na sociedade. Cantos casos coñeces de pais que educan aos seus fillos en castelán porque “si no parecen del monte”? É certo que hai uns anos había máis, pero isto sigue existindo. (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/08/29/gallego-deja-unica-lengua-plenos-concello-vigo/0003_201608V29C2991.htm) Neste artigo, unha mostra máis de que paseniño a paseniño, o galego está a desaparecer da vida cotiá.

      Gústame

      1. Por suposto que é a máis importante, a iso me refería. A Xunta nunca tivo intención de fomentalo, nunca tomou cartas no asunto e parece que nunca as tomará, ao menos co actual goberno. A sociedade, se de verdade quere o galego, deberá loitar por el, sen esperar da axuda do Estado. Ao fin, se o galego morre, será culpa de que os galegos non o falan.

        E por suposto que un dos grandes problemas son os estereotipos dos que fuximos os propios galegos, ese sentimento de inferioridade por falar a túa propia lingua, é absurdo.

        Respecto á túa noticia, é unha magoa ver coma pouco a pouco se van eliminando as barreiras que sosteñen o galego. É unha tendencia difícil de frear e parece que se extingue a medida que os nosos maiores avellentan, como indica este artigo: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/12/06/galego-vaise-cos-maiores/0003_201412G6P8993.htm

        Gústame

  4. Moi interesante o teu artigo, Sergio.
    O desprestixio tanto dos galegos como da propia lingua nos medios de comunicación non é algo novidoso nin sorprendente, desgraciadamente. A reacción de Antonio Orozco é similar a moitas outras, e como menciona Álex no seu comentario, resúltanos algo tan habitual que pasa desapercibido. Por citar un caso, o presentador Arturo Valls no seu programa ‘Ahora Caigo’ é outro dos habituais á hora de mofarse do acento dos concursantes galegos.
    O problema agrávase cando non só veñen de fóra as críticas ou burlas, senón que somos os propios galegos os que colaboramos ao noso desprestixio. Xa non só nos medios de comunicación, senón en xeral. Como indica este artigo publicado na Cadena Ser, só un 18% da mocidade galega actual aprendeu a falar galego na casa (http://cadenaser.com/emisora/2017/02/21/radio_galicia/1487683968_614874.html). Complexo de inferioridade, vergoña, medo ou chámalle X, o caso é que en moitos casos (afortunadamente non en todos), contribuímos ao noso propio descrédito.

    Gústame

    1. Efectivamente, Sara. O exemplo que citei de Orozco é unha agulla nun palleiro de presentadores e cómicos que se dedican a desprestixiar Galicia buscando a risa do público e o peor é o que dis, pasa desapercibido, tómase con naturalidade.
      Respecto ao que comentas da diminución do uso da fala, é unha verdadeira magoa. Que un signo tan importante da nosa cultura como é a lingua esté desaparecendo sen que tan sequera inmutemos é algo que doe, pero se hai algo que doe máis ca iso é que sexamos nos mesmos os que a estemos deixando de lado. Pero mentres se queira galego, haberá galego. Esto di unha pequena cortometraxe realizada dende o Reino Unido que reivindica o uso do galego e comenta a súa situación, déixoche unha noticia que conten o enlace por se lle queres botar un ollo http://consellodacultura.gal/cdsg/paxinaarq.php?id=2602

      Gústame

  5. Boas Sergio! Un artigo moi bo que reflexa unha situación bastante preocupante.
    O humor sempre está rodeado de tópicos e estereotipos que simplemente buscan a risa fácil do público, pero hai que saber onde está o límite. Non hai excusa posible para xustificar a idea que dende fóra de Galicia se ten dos galegos, pero non cres que se chegou a esta situación porque dende a nosa propia comunidade non facemos nada para cambialo, senón o contrario, contribuimos a elo?

    Non é moi difícil atopar exemplos de cómicos galegos que se burlan das nosas propias costumes e o peor, como xa dixechedes, da nosa lingua. Tan só hai que ver uns minutos duns dos programas de máis éxito aquí, Land Róber.
    Por exemplo, nesta entrevista ao monologuista Rober Bodegas, el mesmo di: “Nosotros podemos reírnos de nosotros, pero que lo hagan otros, lo llevamos regular”, non cres que isto tamén fomenta o desprestixio a nós mesmos?
    Déixote o enlace: http://www.laregion.es/articulo/ourense/llevamos-mal-otros-cuenten-chistes-gallegos/20150115130943516495.html
    Un saúdo!

    Liked by 1 person

    1. Moitas grazas, Uxía. En canto á túa pregunta é evidente que os galegos contribuímos a elo. En temas como a fala, do acento, das costumes e infinidade de elementos da nosa cultura, os galegos parecemos gozar de moi pouco amor propio, non defendemos o que é noso. Sen embargo, e a pesar de que non debería ser así, os ataques do exterior á nosa comunidade non está nin moito menos xustificados.

      Respecto ao enlace que me adxuntas, é evidente que non nos gusta que se rían de nós. Os galegos adoitamos facer moitas bromas sobre características singulares de nós mesmos, pero cando a broma ven dos outros cara a ti non che fai tanta graza. Pero como lle pasa aos galegos, pásalle a todo o mundo. Se a min me pasa algunha parvada, seguramente a conte con toda a naturalidade do mundo coma unha broma, pero que despois a anden contando por aí outras persoas e ríndose de min, gracia ningunha. Obvio.

      Aquí che adxunto máis tópicos sobre os galegos: http://www.abc.es/local-galicia/20121213/abci-topicos-gallegos-retranca-201212131052.html

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s