Os outros dilemas das desafiuzadas e comezamos ca acción

Tras a primeira toma de contacto cos afectados polos desafiuzamentos, sacamos en claro o xa traballado tema das titulizacións. Como explicamos no post anterior, todos os participantes do coloquio foron, neste caso,  homes. Cada un falaba sobre o tema que estaba máis ligado ca súa situación (véxase no caso de Pablo e as titulizacións). Sen embargo , en numerosas ocasións durante a charla, aludiron ao prolema de encontrar alternativas habitacionais e incido, encontralas sendo unha mulller.

Ser desafiuzada e muller

Falábamos das consecuencias de quedarse sen vivenda con fillos, sendo un ancián ou tendo problemas de saúde. Cando Javier dixo ‘’si bueno, a veces las chicas llaman a un casero y él les pregunta’’¿qué eres una chica jovencita no?’’ y si ella quiere… pretenden llegar a un acuerdo…’’ Cando se pronunciaron estas palabras quedamos atónitos,  todos cavilábamos si realmente Javier se refería ao que nós estábamos a pensar. Como alguén pode buscar levara a cabo un abuso sexual aproveitando unha situación de desesperación humana como a dos desafiuzamentos?

Os membros do círculo comentaron que dentro da plataforma xa se producirán esta clase de chantaxes sexuais. Mencionaron os casos de dúas compañeiras da causa ‘’eso ya le pasó a alguna chica de Stop Desahucios’’ decían. Lamentablemente, na última reunión non pudemos contar co testemuño de ninguna desas rapazas, pero será un tema que tentaremos de tratar con fontes de primeira mán na próxima xuntanza co círculo. Aiquí adxunto un exemplo dun caso similiar.

As consecuencias dos desafiuzamentos van moito máis aló do que podemos imaxinar, as víctimas deste panorama non sufren só problemas de carácter económico senon , como neste caso, trabas que chegan ata o ámbito sexual. Os activistas de Stop Desahucios trataron o tema da dificultade que ten para un embargado para comezar cun alquiler e, en definitiva, ca súa nova vida ‘’hay muchos problemas, ahora te piden siempre una especie de aval que mucha gente no tiene, es prácticamente imposible para un desahuciado encontrar a un casero que le alquile un piso’’. A raíz desto, moitas mulleres que se atopan nun momento de desesperación, son empregadas como un obxeto sexual para o alugador, que a cambio dun trato sexual elimina requisitos da larga lista de condicións para realizar un aluguer.

Non se trata soamente de darlle voz a Stop Desahucios e ao propio feito dun desafiuzamento, senon a todas as consecuencias que lles toca sufrir as víctimas deste colectivo. A nosa labor é pescurar información alá onde os medios non chegan ou non queren chegar. Axudalos e preocuparnos pola súa labor.

De camiño á axuda

A acción do noso grupo foi dialogada e discutida durante semanas ata chegar a unha idea colectiva. A mellor forma posible de apoiar e patrocinar a Stop Desahucios A Coruña, sería publicitalos nun sitio público da propia cidade que lles dá nome. Para a nosa labor, escollimos repartir panfletos ou flyers sobre o traballo da asociación coruñesa.

O sitio donde os repartiremos será no Obelisco, na cidade herculina. Na acción, ademáis de ser proposta e desenvolvida por nós, participarán os membros do círculo que estean dispoñibles para ese día. A data planteada é o xoves 20 de abril as 20:00 horas, será publicitado na medida do posible grazas aos compañeiros de externalización.

                                       cartel definitivo

Pretendemos facelo nun lugar da cidade moi concurrido para que chegue ao maior número posible de xente. A nosa actuación será positiva en dúas bandas, en primeiro lugar para mostrarlles o noso agradecemento ao colectivo Stop Desahucios pola axuda desinteresada que nos prestaron durante estes meses, por outra banda, como xa foi mencionado para intentar patrocinalos, chegar a un número elevado de persoas e conseguir que estas se interesen polo tema. É o noso gran de área para procurar que os medios se profesionalicen e nos aporten a información que realmente importa, non solo matices de carácter banal e sensacionalista.

Por último, se os medios e o tempo nolo permite, procuraremos realizar unha segunda acción en Santiago de Compostela, dentro da Facultade de Económicas para incidir na xente nova e lograr que ésta se informe sobre un  asunto que sona tan alonxado dos estudantes, como os desafiuzamentos. Seguiremos informando sobre as seguintes reunións e os novos dilemas que os activistas de Stop Desahucios agardan para contarnos.

 

Advertisements

15 comentarios en “Os outros dilemas das desafiuzadas e comezamos ca acción

  1. Moi boa idea a que escollíchedes como acción para colaborar coa plataforma, dado que foi hai moi pouco, poderías explicar un pouco como foi? Notáchedes complicidade por parte do público? Como reaccionou a xente?
    No tocante ao tema das chantaxes sexuais, falaba coa túa compañeira Paula do mesmo, seguimos nun mundo no que as mulleres sempre teñen algo máis co que cargar ás costas que os homes.

    http://www.playgroundmag.net/noticias/actualidad/Londres-ofrecen-alquileres-baratisimosa-cambio_0_1844815509.html

    Esta noticia fala do alquiler por favores sexuais en Londres, pois estase a converter en tendecia. O problema é que aquí, como seguro en moitos outros sitios, tamén pasa pero ninguén fala claro disto. Un trato é un trato, din, e hai certos baleiros legais relacionados coa prostitución que dificultan a trata destes casos, pero o problema é que non soen ser tratos, son chantaxes. Mulleres desafiuzadas ou en risco de selo sofren aberracións deste tipo por non optar por unha alternativa que pode chegar a ser peor.

    http://www.20minutos.es/noticia/404948/0/alquiler/sexual/ubrique/

    Esta noticia fala dun caso de chantaxe sexual a unha alugada, o interesante ou máis ben decepcionante é que é de 2008, e se non se atopan noticias actuais que informen sobre este tema non é porque escaseen estas prácticas, senón porque en poucos casos se denuncian e en moitos menos se tratan.

    Liked by 1 person

    1. Boas Rita, moitas gracias polas tuas novas, son moi interesantes e reflexan a perfección ao que me refería no post anterior.
      En canto a acción , engadir que o público de A Coruña mostrouse moi comprometido, foi raro que algunha persoa rechazase os panfletos (algo que soe ser o máis común) é máis, a maioría da xente que collía os flyers mostraba interés, líaos e ata algún/a colleu máis de un para informar a máis xente sobre o problema. Polo tanto podemos considerar a acción como moi positiva.

      Gústame

      1. Noraboa entón polo voso logro, a comunicación directa co público é do máis importante para conseguir os obxectivos que se pretenden, neste caso darlle voz aos afectados, coñecer as historias e que non se queden só no titular dunha noticia se é que se publica. Hai moitísimos casos de desafiuzamentos desgraciadamente dos que podería poñer exemplos, pero quero recalcar esta noticia da Ser que di verdades que paga a pena ler, destacando en concreto:

        “En muchas ocasiones no afecta a familias que pudieran ser beneficiarias de una renta social, el nivel económico es superior. El humano lo marcamos cada uno con independencia de nuestra cuenta corriente. Porque siguen las consecuencias de una crisis que no ha cambiado el paradigma, aún. Con afectados por preferentes sin recuperar su dinero, con gente desorientada intentando saber qué hacer con sus cláusulas suelo y el propio Tribunal Supremo enmendando al gobierno, valedor, de nuevo de los bancos.”

        En canto ao das chantaxes sexuais, mecionar a importancia e o impacto que teñen e a disconformidade que debería causar isto co motivo de iniciar un movemento ou loita que remate cunha lei que poida penar tales prácticas. Pero se polo de agora as vosas palabras ao respecto e os vosos panfletos foron ben aceptados pola xente o outro día coa vosa acción, entendo que é un bo comezo. Noraboa outra vez por producir esa implicación e simpatía pola causa.

        Gústame

  2. Paréceme moi interesante o tratar o tema dos desfiunzamentos desde o punto de vista da muller e profundizar nel, xa que, nas noticias dos grandes medios, este tipo de sucesos non soen incluirse. Certo é que tras un desfiunzamento, a persoa atópase con moitas dificultades para obter un novo alquiler, iso deixa moitas veces a facilidade de chantaxe. Está claro que calquera en esta situación, e máis con fillos, faría calqueira cousa para solucionar a situación, o que me parece unha aberración é o tema do aproveitamento e trato sexual a cambio dun alquiler. Hoxe en día o tema dos favores sexuais a cambio de alquiler estáse a popularizar.
    http://www.lasprovincias.es/sociedad/201610/22/alquiler-gratis-favores-sexuales-20161022013500-rc.html
    http://blog.easypiso.com/habitacion-cambio-de-sexo-una-tendencia-que-sigue-aumentando/
    A peor parte está cando se lee no anterior artigo isto: “Pero, ¿es legal en España este tipo de ‘alquiler’? Sí, porque según el marco legal español, las relaciones sexuales consensuadas no son delito. Además no existe un pago a la persona que acepta alquiler a cambio de sexo, por lo que no llegaría a ser prostitución.”

    En canto ao tema da acción, paréceme moi interesante a axuda que lle aportades coa acción á asociación. Penso que é moi beneficioso para todos que ese tipo de casación esté máis presente na sociedade e que a xente interactúe e se concience do gran problema como o do desfiunzamentos.

    Liked by 1 person

    1. Bos días Laura, a verdade é que lendo as túas noticias e como muller, planteaste como son capaces as desafiuzadas de lidiar con toda a presión que teñen por enriba. Non é só o tema do desafiuzamento , senon os inconvintes que éste trae consigo…
      Quero destacar entre eles como menciono no post, o tema da chantaxe sexual, as vícticas dun embargo inmobiliario encóntranse entre a espada e a parede, pero o alugador que xoga ca debilidade humana debería ser xulgado por o delito sexual que está a cometer.
      Por outra banda, agora que xa realizamos a acción , pódese decir que foi moi exitosa e que a xente mostrouse moi receptiva. Esperamos haber axudado a Stop Desafiuzamentos A Coruña o máximo posible dentro das nosas posibilidades.

      Gústame

      1. O problema máis grave do chantaxe sexual é que non sempre sae a luz e se mantén oculto. Difícil é atopar a alguén que fale sobre ese tema, cousa que é totalmente normal. É máis frecuente atopar oticias coma esta:
        http://www.elmundo.es/andalucia/sevilla/2017/01/09/58736ddde5fdeae00b8b45c1.html
        chantaxes vía redes sociais e Internet, pero, o chantaxe sexual relacionado con alquileres é algo menos común, ou é que acaso está encuberto?
        Alégrome de que a xente respondera ante esto de forma positiva e espero que todo isto sirva para concienciar máis á sociedade.

        Liked by 1 person

  3. É incrible como a día de hoxe se cometen delitos tales como do que falas neste post. Vivir un desafiuzamento é unha situación moi difícil para calquera e os donos dos pisos en aluguer aprovéitanse desa situación para sacar o máximo partido. Paréceme denigrante que exista xente que queira intercambiar o aluguer dunha vivenda por favores sexuais xa que están xogando con xente que o está pasando realmente mal. Iso é moi preocupante xa que o que sae nos medios é a palabra “desafiuzamento” a secas, pero detrás diso hai moitas historias, moitos delitos e moitas vidas destrozadas. Creo que dende o xornalismo se debería tratar tanto o problema principal como todo o que ven despois. É fácil facer unha noticia sobre unha manifestación ou sobre unha familia que se queda na rúa, pero os medios non reflexan todos os problemas que aparecen despois dun desafiuzamento. Así, a poboación vive cos ollos pechados e nunca se chegará a unha solución.
    Déixoche unha noticia sobre o aluguer en Inglaterra a cambio de favores sexuais: http://www.elconfidencial.com/mundo/2016-10-26/sexo-anuncios-alquileres-crisis-vivienda-londres-reino-unido_1280500/
    En canto á vosa acción, paréceme moi boa idea. Espero que consigades que a vosa mensaxe chegue á máxima xente posible e comecedes así un camiño cara unha mellora da situación actual.

    Liked by 1 person

    1. Boas Esther, exactamente, ese era o tema que tratábamos cos activistas de Stop, a prensa e en xeral os medios de comunicación (con algunha pequena excepción) céntranse tan só nos grandes titulares ou naquelas noticias de desafiuzamentos que teñen tirón. A partir de ahí, de que a noticia deixa de ser viral , olvídanse da vida da xente que sofre, dos desafiuzados que detrás desa portada están a loitar día a día para poder seguir adiante.
      O noso propósito dende o principio foi darlle voz a todas aquelas historias que están silenciadas, eu nunca oira falar de tratos sexuais, das titulizacións ou de clausulas abusivas e grazas ao contacto con esta asociación, agora podemos aportar o noso gran de area neste blogue.
      En canto a acción foi moi enriquecedora, a xente mostrouse moi participativa e respetuosa, esperamos haber axudado o máximo posible.

      Gústame

      1. Esta semana saíu esta noticia no periódico El Mundo: http://www.elmundo.es/madrid/2017/04/24/58fda7af22601dc93b8b45b7.html As historias e as imaxes que este enlace contén son devastadoras. Calquera persoa que teña que vivir un desafiuzamento vai pasar por momentos moi duros, pero cando entre eses desafiuzados se encontran nenos a situación semella moito peor. Non é xusto que eses cativos teñan que arrastar unha vivencia coma esta o resto da súa vida.
        A vosa iniciativa é un pequeno paso cara adiante. Parabéns polo proxecto e polos resultados.

        Gústame

  4. Ao igual que vós cando o escoitastes, eu tamén acabo de quedar atónita tras ler a historia que contas Patricia. Paréceme repulsivo que haxa xente capaz de aproveitarse de alguén que está vivindo unha situación tan angustiosa como é quedarse sen teito.
    Lendo o teu post, dame a sensación de que as persoas estamos realmente desinformadas. Por exemplo, o que comentas das titulizacións é algo que eu nunca escoitara, e paréceme moi importante. E coma iso, estou segura de que hai moitísimos exemplos máis.
    O drama dos desfiuzamentos é algo que está moi presente na sociedade actual, aínda que poidamos pensar o contrario. En Coruña prodúcense dous desfiuzamentos ao día, e entre 2007 e 2014, máis de 600.000 familias perderon a súa vivenda a causa dos desfiuzamentos bancarios ( http://www.libremercado.com/2015-08-16/juan-ramon-rallo-cuantas-familias-han-sido-desahuciadas-en-espana-76421/ ).

    Liked by 1 person

    1. Ola Laura, si , realmente despois destes meses eu tamén cheguei a mesma conclusión , o que estamos e DESIFORMADOS. Os medios de comunicación informannos dos temas que eles deciden e cando eles deciden non do realmente importante, como por exemplo o tema dos desafiuzamentos. Que esta clase de aberracións estean a acontencer sen que nós poidamos nin sequera sabelo é algo ofensivo para a cidadanía.
      Simplemente corren un velo diante dos nosos ollos para que nadie se entere das inxustizas que hai todos os días no mundo.
      Alégrome de que a xente se interese polo tema e vos parezcan interesantes as publicacións do noso grupo, esto é o comezo.
      Grazas polas túas aportacións.

      Liked by 1 person

    2. Estou completamente dacordo contigo Patricia, a información que se recibe por parte dos medios non é nada imparcial, e iso é algo que nós, as futuras e os futuros xornalistas, temos que loitar por cambiar.
      A labor do teu grupo de traballo paréceme moi interesante e sobre todo necesaria, xa que aportastes puntos de vista dos propios afectados, e incluso de temas coma o abuso sexual neste ámbito que aínda que pareza que non, seguramente sexan máis comúns do que pensamos. Ademais, os desfiuzamentos son un tema que está á orde do día, e teñen un gran impacto social.
      Noraboa polo post!

      Gústame

  5. Ola patri, en primeiro lugar, parabén por esa Acción. Tratades directamente co público e iso sempre ten cousas boas.
    As execucións hipotecarias e os desafiuzamentos por falta de pagamento de hipotecas son sen dúbida una das caras máis dramáticas da Crise en España. Unha auténtica secuela que está a xerar unha enorme alarma social.

    Paréceme interesante a perspectiva deste post, facendo referencia a esas problemáticas, que aínda que son menores, ao final descoñecemos. Os favores sexuais a cambio de “teito”,por desgraza, non son nada novo. Non hai unha lei que prohiba a publicidade de servizos sexuais nos sitios clasificados. Con todo, o feito de que este tipo de anuncios cólguense na sección de ‘habitacións’ e non na categoría de ‘adultos’ está a xerar problemas de abuso, sobre todo entre mulleres sen fogar.

    Á marxe disto. Teño especial interese en saber o tratamento que os medios de comunicación fan sobre o tema desafiuzamentos (desde a perspectiva dos afectados claro). Teño a sensación de que os desafiuzados moitas veces son convertidos simplemente “en cifras” polos medios, non é así?

    Gústame

    1. Boas Paula, estou de totalmente de acordo contigo con respecto ao tema do trato sexual a cambio dunha vivenda.
      En canto a túa pregunta, sí, exactamente, dende que comezamos a tratar cos membros do círculo (activistas e afectados) demostráronnos que para os medios, con pequenas excepcións indicadas por eles, son por e simplemente números. Quédanse só no superficial, no que se ve por todos e vende, grandes titulares e banalidades. Sen embargo desde Stop quéixanse da inexistencia dun xornalismo democrático(para relacionalo co voso traballo). Necesitan que nos interesemos polo que hai detrás, polo que nadie ve .

      Gústame

      1. Patri, o que comentas é un problema co que nós nos atopamos nas nosas andanzas cos Círculos. Precisamente dende os medios comunitarios (onde se atopan adscritas numerosas asociacións de problemáticas diversas), comentábannos algo parecido: a descontextualización que existe nos medios de masas. No caso dos desafiuzamentos, parece que ninguén conta o que hai detrás de cada titular, todo redúcese a noticias periódicas facendo alusión a datos ou a sucesos concretos. Probablemente porque o novo vende, pero o común non. Ademais, son precisamente os medios de comunicación, os encargados de “facer ruído” para que o poder político faga fronte a problemáticas como esta. Lexislar é o primeiro. Á propósito disto, que máis necesitan para que as leis protexan dunha vez o dereito á vivenda?
        Espero a túa resposta !

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s