A opresión dos medios masivos sobre os comunitarios

Opresión, olvido e, en moitas ocasións, marxinación. O día a día nos medios comunitarios en España non é, para nada, sinxelo. Na reunión, mantida nas instalacións da ferrolá radio Filispim, tivemos a oportunidade de coñecer as dificultades ás que se enfrontan este tipo de medios para tratar de competir coa hexemonía dos medios masivos.

Tamén foi posible deixar ben claro que as radios comunitarias funcionan como unha alternativa ó discurso dos medios tradicionais. As diferentes causas deféndense dende un punto de vista demorático e progresista, ben alonxado do que, a día de hoxe, se estila nos medios de comunicacion de masas.

Dar voz a todo o que realmente o necesite e buscar sempre dar un punto de vista diferente son dous dos obxectivos que , pese ás dificultades, buscan os medios comunitarios.

 

 

Advertisements

21 comentarios en “A opresión dos medios masivos sobre os comunitarios

  1. A labor deste tipo de medios de comunicación e moi interesante e, como ben comentas, necesaria. No video os membros de Filispim preséntanse como contrapoder contra “a ideoloxía dominante” e ao “pensamento neolibertal”, un discurso bastante político dende a miña percepción. Consideras que este tipo de medios, ou no caso concreto de Filispim, está politizado dun xeito claro? É dicir, si os seus programas e actividades teñen un enfoque cercano a algunha ideoloxía ocasionando de este xeito que outras opinións que poidan estar tamén marxinadas queden atrás.

    Liked by 1 person

    1. Boas Carme, grazas polo teu comentario
      A eficacia coa que traballa Filispim dentro das súas humildes condicións é a mostra perfecta de que o esforzo é a parte fundamental de todo proxecto. Sen embargo, esto non oculta a realidade. Os medios comunitarios precisan de inmediatas axudas e subvenciós para poder seguir traballando, do contrario, moitos podería desaparecer

      Gústame

    2. Ben é certo que boa parte das persoas que participan en Filispim posiciónanse claramente a favor dunha determinada ideoloxía. Mais non é raro tendo en conta que este ideario é frontalmente contrario ó do mesmo goberno que as oprime

      Gústame

  2. Este é un tema bastante interesante, xa que aquí vemos reproducido outra vez máis a estructura do sistema capitalista. Os medios masivos, coa súa sobrecarga de información e inmediatez das noticias sempre calan e marxinan a medios que traten dunha maneira máis elaborada a súa axenda mediática.
    Tal e coma di no vídeo Vicente Isorri, os medios masivos teñen unha función principal, a cal é a de ser transmisores de ideloxía dominante, isto fai que esta ideoloxía se reproduza en todos nos, invisibilizando medios que a moitos de nós poderían atraernos pero que non o fan por culpa do grandes.
    Máis grande aínda é a marxinación destes medios cando estes critican cousas do sistema no que estamos inmersos, polo que intentarán invisibilizar as súas palabras.
    Raúl Novoa González, S3D3

    Gústame

    1. Boas Raúl, grazas polo comentario meu!
      Fundamental é a labor dos medios masivo para transmiti-la ideoloxía dominante, mais ben podería estar feito de forma veraz e honesta. Como ben apuntas, os medios masivos marxinan e os gobernos marxinan ós comunitarios, que se ven obrigados a traballar en condicións pésimas e con medios, en moitos casos, moi rudimentarios

      Gústame

      1. Non hai de que, Diego!
        Así é, empezando polo que primeiro vemos, a calidade material dos medios, é sempre moitísimo mellor nos masivos, xa que ahí hai máis cartos.
        Penso que aínda que os medios masivos fixeran a súa comunicación de forma veraz e honesta seguiríamos alienados e os medios pequenos marxinados, xa que é o seu fin.
        Que pensas sobre este artigo que fala da alienación nos medios de comunicación?
        http://www.gamba.cl/2015/05/la-alienacion-que-producen-los-medios-de-comunicacion-masivos77/

        Gústame

      2. Moi interesante o artigo, Raúl, ben é certo que a información recibida nos condiciona de gran maneira. Por tanto, considero que tamén é necesaria a formación dunha cidadanía crítica para diferenciar a boa da mala información

        Gústame

  3. Atopámonos ante un tema realmente interesante. Como ben comentan no vídeo, as radios comunitarias son a clara alternativa as radios comerciáis, e un lugar onde se pode facer libremente un tipo de radio diferente. É complicado poder facer ese tipo de radio nunha radio comercial, xa non so pola ideoloxía dos medios, que soen ser conservadoras, senón tamén pola importancia dos anunciantes. https://www.merca20.com/cuales-los-anunciantes-mayor-presencia-en-la-publicidad-en-radio/ Como podemos ver aquí El Corte Inglés é a empresa que máis se anuncia na radio, e a maioria de anunciantes son dun corte similar, e seguramente non estén pola labor de financiar este tipo de contidos. A única solución é xente que o faga por amor a esta profesión, de maneira gratuita.

    Gústame

    1. Como ben apuntas, está ben que nas radios comunitarias traballe xente só por amor á profesións, mais non é doada a súa supervivencia se viven marxinadas. Os gobernos deben facer por subvencionar este tipo de medios e, deste modo, permitir que teñan cabida outro tipo de discursos

      Gústame

      1. O goberno debería procurar que existan este tipo de medios, pero realmente non lles interesa xa que soen ser contrarias ó poder. ¿Ti cal pensas que podería ser a solución para darlle notoriedade sen depender del?

        Gústame

      2. Penso que esta radical contrariedade vén, precisamente, polo marxinamento. A liña editorial non cambiará en caso de ser tidas en conta, mais a relación si pode ser moito mellor

        Gústame

    2. Creo que o poder debería ser máis autocrítico, e así sería máis fácil integrar este tipo de radios que son críticas. Agora ben, é unha utopía que isto ocorra, e terán que buscar outro tipo de vías para conseguir notoriedade.

      Gústame

  4. Boas Diego, o tema que estás tratando paréceme moi interesante. Non sabía que os medios comunitarios están tan oprimidos polos medios masivos. Isto resulta un grave problema posto que os medios comunitarios dannos o poder de favorecer a unha comunidad ou núcleo poblacional que busca o desenvolvemento.

    Dende a AMARC (Asociación Mundial de Radios Comunitarias): http://www.amarc.org/ foméntanse estas mesmas e inténtase protexelas das opresións que poden sufrir pero como vexo non fan suficiente. Qué pensas que debería de cambiar en todo isto?

    Gústame

    1. O problema, na miña opinión e, polo que puiden ver, na de moitos dos asistentes ás nosas reunións, reside no trato por parte dos gobernos. Estes, en moitas ocasions, non favorecen para nada as axudas e o crecemento dos medios comunitarios. Como consecuencia, a liña editorial destes adoita unha postura frontalmente ós poderes imperantes. Ó final, fórmase un círculo vicioso do que saír parece ben complicado

      Gústame

      1. Boas de novo Diego.
        Polo que estiven revisando pareceume atopar que os medios comunitarios son máis frecuentes en países de latinoamérica como poden ser México ou Arxentina que nos países europeos. Parece mentira que a nosa sociedade occidental tantas veces avanzada para outras cousas neste tema dunha gran importancia estemos tan atrasados.
        Que solucións pensas que poden dar os gobernos para cambiar isto?

        Gústame

      2. Como comentabamos na reunión mantida en Ferrol, nestes países os medios comunitarios teñen unha gran labor de formación. Moito temos que aprender todavía..

        Gústame

  5. Boas Diego. O que nos plantexas é un tema moi interesante.
    As radios comunitarias foron dende sempre pioneiras da cultura e da información, porén nos últimos anos vironse asoballadas pola chegada das radios comerciais. A figura do Estado non axuda ó seu mantemento, pois como ben explican no vídeo, existen numerosas trabas para a concesión das frecuencias, etc. Este problema xa existía en 2013, cando das 1.904 frecuencias destinadas a radio privada en España, só 17 eran para radios comunitarias, o que representaba un 0,4% do total, tal como dí este estudo: http://www.adcomunicarevista.com/ojs/index.php/adcomunica/article/viewFile/90/117.
    Non puiden encontrar datos máis actuais (en España) sobre o tema, pero polo que din os integrantes de Radio Filispim, a cousa segue polo mesmo camiño.
    Se imos ó ámbito internacional, podemos encontrar un claro exemplo da situación en Arxentina. Alí o goberno eliminou dúas das radios comunitarias por supostas interferencias nas comunicacións do aeroporto de Ezeiza. http://diariotortuga.com/2017/04/27/enacom-decomiso-los-equipos-de-dos-radios-comunitarias/
    A cuestión é a mesma en ambos casos. Parece ser que o Estado non quere a pluralidade de información nin de voces e só aboga pola difusión dos grandes medios.
    Un saúdo!

    Gústame

    1. É normal tendo a conta a dudosa traxectoria dos nosos gobernos cando se trata de igualdade de oportunidades. Coma sempre, existe un doble rasero. As radios comerciais copan as frecuencias e levan tódo-los cartos, mentres que as comunitarias están condeadas a vivir marxinadas

      Gústame

      1. Certo isto que dis. Tamén hai que engadir que a xustiza tampouco o está poñendo nada fácil! E é que na “Ley General de Comunicación Audiovisual” establécese que as emisoras comunitarias son un dereito para a cidadanía. Porén, existen demasiadas trabas para que poidan acceder ás licencias de Servizos de Comunicación Comunitarios e o Tribunal desestima moitas das demandas interpostas por estes pequenos medios de que esta lei non se está a cumprir. (http://www.masvoces.org/Las-emisoras-comunitarias-en).
        En Galicia, en 2013, a Xunta concedeu as 85 licencias dispoñibles ás radios comerciais, deixando así de lado ás emisoras como Radio Filispim. http://www.eldiario.es/galicia/TSXG-comunitarias-concurso-FM-Xunta_0_114788992.html

        Gústame

      2. A Xustiza, paradóxicamente, tampouco fai xustiza á hora de democratizar a liberdade de expresión nos medios. Un exemplo? A lei mordaza

        Gústame

      3. Xustiza, paradóxicamente, tampouco fai xustiza á hora de democratizar a liberdade de expresión nos medios. Un exemplo? A lei mordaza

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s