Solucións ecolóxicas á contaminación nos ríos

Neste post imos ver diferentes contaminantes das augas dos ríos e varias solucións para a súa descontaminación amigábeis co ambiente.

Principais contaminantes dos ríos

Os hidrocarburos son un dos grandes vertidos contaminantes dos ríos. Normalmente vértense aos ríos xa sexa por derrames de petróleo das gabarras ou barcos de ocio coma por vertidos industriais, deterxentes, aceites… As outras sustancias contaminantes proceden do sector agrícola, do transporte, da industria e da disfunción da rede de recollida e do saneamento das augas pluviales e empregadas.

A contaminación en Santiago

Santiago de Compostela é unha cidade cuxo crecemento está moi marcado polos ríos. A cidade está situada nun val alto dunha cadea de montañas con dirección noreste- suroeste tendo en común as cuncas dos ríos: ao norte o Sarela co seu afluente o río Corvo e ao sur o río Sar.

En épocas pasadas sobre o Sarela había muíños e fábricas de curtidos, mentres que ao sur existían hortas para abastecela cidade de productos frescos. Sen embargo hoxe todo isto está desaparecendo. Todo isto hoxe Xa non existe.

-Cando o río estivo limpo, podías beber litros e litros de auga e non pasar nada, -lembra Manuel-, mentres que hoxe coma bebas algo de auga do Sar tes que ir directamente ao hospital.

Posibles solucións para a contaminación

Algunhas solucións ecolóxicas fronte a contaminación son:
• controlalo uso de fertilizantes e pesticidas
• non botar basura en lugares inapropiados
• crear conciencia cidadá
• crear vías de desaugues para as industrias que non cheguen aos mares nin ríos empregados para o servicio ou consumo do home nin animais
• controlalos derramamentos accidentais de petróleo

Embargantes, no noso círculo son bastante escépticos as solucións ante a contaminación.
-¿De que serve que concienciemos á sociedade ou tratemos isto se aínda se verten litros e litros de auga contaminada en Silvouta? -pregúntase Manuel. Asemade, nos días de chuvia só se depura un 20 ou 30% da auga, porque as augas fecais mestúranse coas pluviais, e a depuradora non da abasto, asevera.

Unha posible solución para a antiga depuradora de Silvouta podería ser a instalación dun humedal artificial que contribúa na labor depurativa. O humedal é unha especie de ecosistema artificial no que interveñen bacterias que biodergadan hidrocarburos e outros desfeitos, así coma plantas que contribuén filtrando por exemplo restos sólidos. O custo é moi baixo e é amigable co medioambiente. Asemade, o mantemento é mínimo, xa que apenas precisa facer comprobacións periódicas dos microorganismos, as plantas e o sustrato no que está plantado, e tamén pode ser unha grande solución xa que aguanta ben as diferenzas de caudal, co que cumple perfectamente as condicións esixidas.

¿E cales son as consecuencias? A máis obvia, segundo María, colaboradora no noso Círculo, é a falta de vida. Se un río está moi contaminado, evidentemente non existirá vida, pero se non é así, e hai unha certa contaminación, por exemplo, de metais pesados, os peixes inxeriranos, canto máis grande é o peixe maior será a cantidade de metais inxeridos, e este continuará na cadea alimentaria ata nos. Estes metais non poden ser eliminados fácilmente polo organismo e son moi perxudiciais para os seres vivos.

Outro problema que existe é a falta de conciencia. Luís poñía como exemplo a un señor que bota os desfeitos do seu gando ou o purín na terra xusto antes de que chova. Esta basura vai ata os ríos pola acción da chuvia e contamina. Moitas veces non se fai con maldade, se non porque se fixo así toda a vida, pero a realidade é que os desfeitos fecais son moi tóxicos. Unha forma de medir estes desfeitos é a medición de bacterias coliformes, tamén chamadas bacterias fecais.

Por último, o problema máis grave é a hipocresía e a inacción dos gobernos. No Círculo todos están de acordo en que ningún goberno fixo nada polos ríos, e en que se aplica un doble raseiro. Por un lado se nos di que non debemos contaminar nin emporcar, pero por outro segue habendo grandes cantidades de vertidos realizados polas empresas.

Advertisements

18 comentarios en “Solucións ecolóxicas á contaminación nos ríos

    1. Coma ben comentas Miguel, moitas empresas contaminan os ríos de xeito gratuito. Incluso moitas delas a pesar de que teñen que pagar multas compénsalles máis isto que buscar unhas solucións ecolóxicas, o cal demostra que algo mal estamos facendo ao respecto, xa que non é lóxico que se poña unha multa e aos afectados lles dea igual.
      Aquí che deixo un enlace dunha noticia na que incluso é multado un concello da provincia de Soria por contaminalo río coa depuradora de augas residuais, aínda que como ves, a cifra da multa é ridícula:
      http://elmirondesoria.es/provincia/comarca-de-soria/multa-de-5-000-euros-a-garray-por-contaminar-el-rio-duero

      Gústame

      1. Coma ben dis Miguel o que deberíamos facer é tratar de evitar contaminala auga, xa que ao final vamos a ter que consumila.

        Gústame

    1. Coma ben dis Natalia, é unha verdadeira pena, xa que coma xa reflexei no meu post anterior, pasear polas orillas do río é un verdadeiro placer. No noso círculo incluso falamos de que ás veces o río aparentemente non está sucio, pero que por exemplo pode ter feces ou sustancias contaminantes que non se ven a simple vista.

      Gústame

  1. É unha triste realidade a que nos contas no seguinte post, Antonio. A verdade é que hai moi pouca concienciación da sociedade nesta problemática. Para min é fundamental alertar á xente disto, porque é a única maneira de poder frear certas conductas, como o señor que bota purín na terra antes de que chova. Isto é algo que se fai inconscientemente, polo tanto, é preciso ensinar á xente o que se debe facer e o que non, ademais de tatar de inculcar novos hábitos de actuación que sexan moito máis respetuosos co medio ambiente. Se se inculcan este tipo de cousas xa, nun futuro as novas xeración xa non terán que seravisadas do que é correcto.
    Porén, a pesares das múltiples alertas sobre ameazas ao medio ambiente que xa coñecemos, moitas veces facemos caso omiso destas mensaxes. Semella que todo o que ten que ver coa natureza non é relevante, ou polo menos a nosa atención ao problema dura moi pouco. Tan só ten un minuto de gloria. Déixoche aquí un enlace sobre unha noticia da Voz de Galicia que (para min) reflícte moi ben isto último que acabo de dicir http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/04/24/dia-despues-dia-internacional-tierra/00031493053255223295905.htm

    Gústame

    1. Está claro que temos que actuar “día si, día tamén”. É unha cuestión de pasado, de presente e sobre todo de futuro. Como ben di na noticia que citabas, non é cuestión de manifestarse ou moverse de cando en cando… Se non tomamos conciencia… Acabará pasando isto con moitos outros ríos da nosa Comunidade Autónoma
      https://www.google.es/amp/ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/19/galicia/1374260284_781328.amp.html

      Gústame

      1. Efectivamente, coma xa lle dicía a Paula a cuestión é tratar de coidalo medio ambiente todos os días, non tirar lixo por exemplo, xa que o que fará é acumular mais lixo.

        Gústame

    2. Efectivamente Paula, coma ben comentas parece que é algo fugaz e que non nos afecta a todos. E moitas veces non o facemos conscientemente, ou se cadra sí, por exemplo, na última reunión do noso Círculo Manuel nos comentaba que ás veces deixamos unha monda de plátano na veira do río pensando que é biodegradable e non vai a supor un problema grande. Porén, tarda un par de anos en descompoñerse, e mentres a xente ve que iso se pode tirar é o mellortira unha botella de polástico, porque coma hai unha botella de auga, non ten por que ocorrer nada, ¿verdade?
      Isto é a falta de conciencia. En ningún caso deberíamos deixalo lixo na rúa. O que provoca é máis lixo.

      Gústame

      1. Iso é certo. Moitas veces non pensamos nas consecuencias que todo iso pode conlevar. Moitas veves pensamos que algo é biodegradable e en verdade causa grande danos á nayureza. Por outra parte, a xente tende a pensar que non pasa nada por tirar “un pouco de lixo”, porque pensamos que solo somos nos os que o facemos. Mais coma nos, fai todo o mundo, e así é como se acumula máis e máis o lixo no medioambiente. Unha gran mágoa que isto suceda. Na túa opinión, como cres que se pode concienciar á xente nesta problemática?

        Gústame

    1. Por iso é tan importante a creación de iniciativas como Proxecto Ríos

      http://www.proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=category&sectionid=4&id=13&Itemid=26

      Así mesmo, non podemos esquecer a necesaria vinculación da cidadanía con este tipo de iniciativas. Os máis pequenos da casa, por exemplo, canto antes entendan esta problemática, mellor.

      http://blogs.voznatura.es/colexiobalmes/2015/03/31/celebracion-dia-da-auga-saida-ao-rio-lobo/

      Gústame

  2. Vivimos no “país dos dez mil ríos”, aprendamos a coidalos e a non vivir de costas a eles. Para iso é imprescindible a educación xa non só da cidadanía, senón tamén das Administracións, que deben apostar por un cambio profundo na xestión dos ecosistemas acuáticos.
    http://amigosdaterra.net/info/160415_adt/2014/07/09/o-pais-dos-mil-rios-e-dez-mil-vertidos/
    Gustaríame compartir un CalendaRio do 2017, editado por Proxecto Ríos – ADEGA, que nos recorda as distintas formas que temos de achegarnos aos nosos ríos e de gozar deles: ríos a carón dos que pasear, ler, bañarse, pensar, aprender… http://www.proxectorios.org/files/descargas/ADEGA-calendario%202017.pdf

    Gústame

  3. Sin duda alguna, un gran post. Por un lado, ha sido muy interesante tu intención de darnos a conocer lo que no tenemos que hacer y lo que si tenemos que hacer ante un río para no contaminarlo. Sin embargo, tristemente esta concienciación no está al nivel de todos parece ser. Cada día más ríos son contaminados y con ello todo lo que eso trae. La flora y fauna de los ecosistemas de rivera desaparecen y con ello todo el bienestar del río en cuestión. Antonio, veo necesaria una mayor concienciación social de lo que son hoy los ríos y a donde queremos que lleguen. Un saludo. Te dejo un link en el que se confirma que más de la mitad de los ríos españoles están contaminados .https://www.eloccidental.com.mx/local/el-60-por-ciento-de-los-51-rios-principales-del-pais-estan-contaminados-padilla

    Gústame

    1. Efectivamente, como bien dices Luís, muchas veces se trata de una falta de concienciación. En nuestro Círculo lo comentábamos, parece que a los niños sí les llega la información, y si que saben que no se debe tirar basura por ejemplo, sin embargo, Manuel planteaba que cuando son niños sí les dicen a los padres de que no se debe hacer, pero que cuando llegan a adolescentes, si ven a los padres tirar la basura, ¿por que no la van a tirar ellos? Además, ¿cual es el problema de tirar una botella? Si hay otras tropecientas.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s