Unha cidadanía sen condicións para as persoas con diversidade funcional

Máis de trinta anos despois da constitución dun Estado de dereito que proclama a igualdade e a liberdade, os cidadáns con diversidade funcional seguen privados dalgúns dereitos fundamentais, segregados e estigmatizados como discapacitados y non se lles dá o estatus de cidadáns de primeira clase. Estas persoas sofren todo tipo de dificultades a diario por mor de seguirmos sen adaptar as súas necesidades.

Neste sentido, Anxela López Leiceaga, membro do noso círculo, é unha das maiores defensoras dos dereitos destas persoas en Compostela. Anxela é secretaria da asociación VIGalicia e como licenciada en dereito é asesora xurídica de asociación de persoas con diversidade funcional en Galicia, COGAMI.

É o transporte de Compostela adecuado para as persoas con diversidade funcional?

No tocante á accesibilidade do transporte público, para Ánxela en moitas ocasións o traxecto que ten que facer diariamente entre o seu lugar de residencia en Fontiñas e o centro convértese nunha auténtica odisea: ” A maior parte de buses que cobren este traxecto non están adaptados para persoas con diversidade funcional” e “os que están adaptados en ocasións non funcionan”.

Esta odisea é á que se enfrontan todos os días as persoas con problemas de mobilidade, “unha desigualdade real, outra máis” que lles impide usar o transporte urbano con normalidade, porque se a rampa é manual, Ánxela necesita un acompañante que lle axude a subir ó autobús.  “Non podo viaxar soa, ¿que tipo de autonomía persoal é esa”, explica. Por iso en numerosas ocasións xa solicitou ao concello de Santiago que modifique a ordenanza de transporte colectivo da capital de Galicia para eliminar o obligatoriedade de contar cun acompañante que lle axude ca rampa manual para subirse o autobús.

Mentres que todos os concellos afirman que a maioría da súa flota de buses urbanos está adaptada a persoas con discapacidade, a verdade é que só A Coruña e Ferrol contan con toda a súa flota adaptada para persoas con cadeira de rodas. En Santiago a flota está composta por 52 vehículos, dos que 18 teñen rampa automática e outros 23 manual. Ademais a ordenanza de transporte colectivo di específicamente que “no caso dos vehículos dotados con rampla de acceso manual será o acompañante (co libro de acceso) o que deba abrila e gardala seguindo as indicacións do conductor”. No 2014, o Concello rechazou a proposta de Ánxela para modificar este punto da ordenanza xa que o condutor no pode abandonar o seu posto.

O prazo para que todos os buses sexan accesibles termina en decembro de 2017

O texto refundido de lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade, que entrou en vigor no 2013, establece na súa disposición adicional terceira os prazos para a adaptación de vehículos de transporte a persoas con diversidade funcional. O prazo termina en decembro de 2017. A ese texto agarrouse o Concello de Santiago no 2014 para rexeitar a alegación de Ánxela López na que pedía que todos os autobuses urbanos tivesen rampa automática, o que lle evitaría ás persoas con mobilidade reducida ter que viaxar cun acompañante para que accione a rampa e posteriormente a recolla.

Que outros problemas atopan as persoas con diversidade funcional na nosa cidade?

Outro dos principais atrancos que Anxela atopa na súa cidade é a circulación polo casco histórico. Cóntanos como, por exemplo, a ela teñen que subirlle a cadeira de rodas cada vez que ten que acceder ao concello, ou no servizo de augas levarlle os papeis fóra porque lle era imposible acceder. O mesmo lle ocorre na oficina do padrón ou en moitos comercios do casco histórico aos que non pode entrar. “Parece ser que non lles deixan poñer rampas fixas por mor do patrimonio histórico. Prima máis a pedra que a accesibilidade”, explica.

Dende o noso privilexio de poder subir unhas escaleiras ou sacar diñeiro dun caixeiro non nos damos conta das numerosas dificultades que pasan as persoas con diversidade funcional, pero só fai falla miralo para descubrilo. Para descubrir que a diario miles de persoas na nosa sociedade sofren dificultades para realizar feitos cotiás como desprazarse, e iso é algo que temos que cambiar entre todas e todos.

Advertisements

2 comentarios en “Unha cidadanía sen condicións para as persoas con diversidade funcional

  1. Lendo o teu post o primeiro que sinto é impotencia, a impotencia que sofre Anxela, e por suposto a que debe sentir toda persoa con diversidade funcional.
    É moi inxusto todo o que teñen que pasar para realizar actividades normais e comúns como as que ti resumes ao final da túa publicación.
    Ademais as veces semella que se toman medidas pero na realidad non é así. Un caso moi comentado foi o ocurrido na Semana Santan nun baños públicos, que a primeira vista parecían estar adaptados pero que a realidade era moi diferente sobre todo cando unha persoa con diversidade funcional accedía a eles. Nestes enlace queda máis explicado o que acabo de contar, deixocho para que lle botes un ollo:
    http://www.europapress.es/andalucia/sevilla-00357/noticia-ssanta-participa-critica-chapuzas-banos-adaptados-personas-movilidad-reducida-20170412131636.html

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s