Emigración e muller: loita

Lozano Figueira , Sara

A muller como axente sufridor de condutas machistas non é ningún segredo. A poboación de sexo feminino sempre se atopou marxinada en todos os aspectos, dende o fogar, estando dobregada á figura masculina, ata no ámbito laboral, cobrando salarios inferiores ou incluso non sendo contratadas. Con todo isto, que ocorre coa muller cando se ve na obrigación de emigrar pola situación que ten lugar no seu país de nacemento? Sofre aínda máis machismo ou noutros lugares esta circunstancia avanzara e era diferente?

Moita desigualdade de xénero na emigración

Para abordar esta cuestión é importante ter en conta que os estudios ao respecto son moi escasos, quizais isto veña provocado pola escaseza de análises desde un punto de vista feminino na época, pero tamén hai que ter en conta que a migración das mulleres foi máis tardía, e tamén menor en termos cuantitativos. Un dos poucos estudios en profundidade trátase dunha investigación na emigración e o retorno en España, tratando particularmente o caso da muller, titulado AcogidaEste simple feito de insuficiencia xa marca unha importante desigualdade de xénero na emigración.

IMG-20170308-WA0018
María Rey

María Rey, unha das integrantes do noso círculo contabanos: “Eu traballei en Madrid uns anos, alí estaba discriminada por ser galega e tamén por ser muller […] A min é a miñas compañeiras obrigabannos a facer moitas máis horas das que estipulaban no contrato e non nolas pagaban […] Cando marchei a París non era así para nada, tratabannos a todos por igual, aínda que claro, traballabamos por categorías, os homes facían uns labores e nos faciamos outras.” Chama a atención que esta muller, como outras moitas, non considere un acto machista a colocación de persoas en diferentes postos de traballo segundo o seu sexo. Cando lle preguntamos por que marchou a París afirma: “eu marchei a París despois de que o meu marido estivese alí case un ano, cando el voltou de vacacións quíxome levar con el.” María é unha máis das múltiples mulleres que quedou aquí mentres o seu marido marchaba a traballar. Ela pasado un tempo tamén emigrou, pero houbo outras moitas que nunca chegaron a marchar se non que quedaban coidando da casa e dos fillos mentres que os seus maridos lles enviaban diñeiro que gañaban noutros países.

IMG-20170308-WA0019
Evaristo Trillo

Evaristo Trillo, outro dos integrantes do círculo estivo traballando en Suíza, el recordaba: “Alí tratáronme moi ben, traballaba con italianos, aprendín o italiano axiña e fixémonos moi amigos e o traballo era moi bo, pero tamén tiña sempre moitas ganas de volver para ver a miña muller e aos meus fillos que estaban na aldea”. Con isto, móstranos outro caso no que a muller non marcha, se non que queda realizando un labor de coidado familiar e do fogar. Tamén cabe sinalar, que en moitas ocasións as mulleres marchaban para seguir sendo o axente aglutinador da familia en calquera outro lugar no que estivera residindo o seu marido.

No noso círculo queda patente a realidade discriminatoria realizada ás mulleres, e en moitas ocasións cando a emigración está de por medio isto é moito maior. En moitos casos, isto acontece simplemente no propio país de orixe, véndose obrigadas a quedar na casa como ocorreu nos casos relatados, e atopándose ela sometida ao cargo da familia e do fogar. Noutros casos o machismo que recibían tiña lugar de forma directa nos países receptores aos que elas marchaban. A pesar de atopar unha situación mellor, un traballo considerado digno e unha estabilidade vital, tamén se podían apreciar condutas segregadoras, como lle aconteceu a María cando conta sen decatarse que separaban a homes e mulleres para que realizasen diferentes tarefas. Estes solo son dous dos moitisimos casos similares que tiñan lugar, tanto na totalidade de España como en Galicia.

Cada vez hai máis redes de prostitución forzadas

É interesante ter en conta o que ocorre a este respecto coas mulleres que inmigran actualmente ao noso pais buscando refuxio e traballo. Abundan os casos de mulleres que chegan a España, contraen matrimonio aquí e sofren actos de violencia de xénero. Ademáis de isto cada vez é máis común a aparición de redes de prostitución formadas por mulleres inmigrantes, na maioría das ocasións forzadas. Este feito esta directamente relacionado coa dificultade para atopar un traballo coa que se encontran, o cal pode obrigarlles indirectamente a prostituirse.

Cando menos hai que resaltar o feito de que hoxe en día esta situación faise máis real e consciente e se loita contra esta intolerancia, ás veces realizando estudos máis exhaustivos que escasean no caso das mulleres que emigraron durante o século XX, ou a miúdo creando plataformas de apoio á muller inmigrante e provendo a igualdade tanto laboral como na vida cotiá, cuestión fundamental se se persegue a meta da equidade e xustiza.

Advertisements

18 comentarios en “Emigración e muller: loita

  1. Boas Sara, suscítame moito interés a pregunta que plantexas no principio do teu post: que ocorre coa muller cando se ve na obrigación de emigrar pola situación que ten lugar no seu país de nacemento? A verdade e que creo que esta pregunta poderíase respostar da mesma forma mirando cara o pasado, que analizándoa neste mesmo momento: esa muller emigrante está claramente discriminada. Penso que neste tema os avances feministas son moi pouco patentes, sobre todo cando eres muller, pobre e emigrante. Porén, ben é certo que dependendo das condicións nas que se emigre, existen boas situacións. Segundo o estudio que publicas no post (Acogida) as mulleres lograron abandonar as comisión de damas e, agora, existen máis postos de dirección para elas, mais a situación segue sendo complicada dende o meu punto de vista.
    En canto as testemuñas do teu post, pódese ver, claramente, que a pesares dos dous ser emigrantes en diferentes momentos, a situación del foi moito mellor que á dela, en canto ao trato no traballo. Gustaríame tamén destacar o papel que ocuparon todas esas mulleres da etapa de Evaristo (máis ou menos) que quedaron aquí porque os seus maridos emigraron. Elas tamén sufriron unha situación de discriminación, non por ser emigrantes, senón por ter que ocupar un posto que “non lles correspondía” como “cabeza de familia”. Paréceme que ben ao caso por ser unha situación derivada da emigración.
    Por último, o retrato doutra realidade das mulleres emigrantes da actualidade – que veñen con esperanzas de futuro e acaban como explotadas sexuais – paréceme necesario e que é un espello cruel onde se pode contemplar como a muller non pode avanzar se as institucións e a sociedade non poñen da súa parte. Cal das dúas cres ti que é máis importante?

    Gústame

    1. Non podería estar máis de acordo contigo en que os avances feministas son moi pouco patentes, incluso me atrevería a dicir que en mootos casos son inexistentes. Cando unha muller é ademáis pobre e emigrante atópase triplemente discriminada. Son tres vertentes nas que hai que loitar contra a desigualdade que ten lugar en moitisimos casos. E certo tamén que non todos os casos son tan crudos, hai veces nas que a situación en mellor, pero son unha gran minoría como se mostrá en múltiples noticias, como esta, na que a ONU afirma que a muller quedou dobregada nos avances na emigración: http://www.tribunanoticias.mx/migrantes-y-mujeres-los-olvidados-del-desarrollo-onu/

      Con respecto á túa pregunta non considero que ningunha das duas sexa máis importante que a outra, senon que ambas deben complementarse e traballar xuntas para lograr unha solución. Pensó que se as institucións traballaran por resolver estes casos de explotación sexual pero a sociedade seguise facendo simplemente a vista gorda, como se non fose con eles sería un traballo inútil. E o mesmo ocorrería ao revés.

      Con todo isto, penso que queda patente a necesidade de traballo en conxunto tanto que impedir que no futuro a muller emigrante se vexa discriminada, como para resolver os casos de explotación sexual así como calqueira desigualdade que poida sufrir un colectivo.

      Gústame

      1. Por sorte os datos que ofrece a noticia están sustentados nas fontes da ONU, polo que creo que son o suficientemente descritivos da situación actual que, polo visto, non mellorou tanto como debería.
        Para acadar esta mellora, coma ti dixeches, tamén vexo que a importancia reside tanto nas institucións coma na sociedade, pero penso que o primeiro paso teno que dar a sociedade (xa que as institucións non cambiarán nada que non lles poda resultar beneficioso, e compartir o poder coa metade da poboación feminina non é a súa primeira opción). Deste xeito, cando a sociedade vexa os errores que se cometeron coas mulleres emigrantes no pasado, impedirá que suceda o mesmo coas futuras emigrantes. Así evitaríanse situacións de refuxiadas desprotexidas e explotadas sexuais, mudando o papel que tiveron as mulleres emigrantes no s.XX dunha vez por todas. Compartes esta visión, quizáis, un pouco utópica?

        Gústame

      2. Lamentablemente no día de hoxe si que me parece unha situación bastante utópica. O cal me leva a considerar que estamos moito peor do que pode parecer a simple vista. Con respecto a túa visión de que o cambio debe comezar pola sociedade, estou de acordo con que as institucións no van facer nada que non lles aporte un propio benefecio, pero doutra banda non comparto totalmente o teu punto de vista por duas razóns. A primeira, que malia que sexa duro de asumir, teño moitas dúbidas sobre se a sociedade vai actuar ao respecto tendo en conta que este é un problema que levamos arrastrando máis de un século e todas as reaccións foron escasas e pouco duradeiras. A segunda, é que considero que se as institucións foran as que comezaran a realizar o cambio cabe a posibilidade de que a loita contra isto se normalizase e se extendese pola sociedade. A pesar disto hai que recoñecer que tampouco as institucións mostran unha gran iniciativa para solucionar este problema. Ti crees que a escaseza de movementos sociais se debe a falta de decisión na población ou máis ben a que as reaccións que se deron foron freadas por formacións do poder?

        Gústame

      3. Para responder a túa pregunta, teño que dicir que igual non é tanta a escaseza de movemento social, como o feito de que non se lle da voz a ese movemento. De tódolos xeitos, creo que o maior problema dos movementos sociais son as barreiras coas que se atopa, sobre todo, barreiras políticas, xa que ao fin e ao cabo son as que teñen a autoridade suficiente como para decidir con que se segue adiante e con que non. Ademais, no caso da emigración actual, un dos problemas máis graves é o da explotación sexual desas mulleres emigradas, e os países occidentais pretenden ignorar esta gran lacra que afecta as máis desfavorecidas. De feito, cando os países toman parte por “solucionar” o problema, a maioría das veces simplemente poñen unha parche onde debería haber puntos de sutura. Por exemplo, Alemaña en vez atacar de raíz os problemas de emigración e tráfico de persoas emigrantes que ao final acaban como explotadas sexuais (algo que moitas veces vai da man), decidiu regular a prostitución e conseguiu un incremento da oferta e aínda peores condicións para as mulleres explotadas que van ao país na busca dun futuro mellor. Aquí deixo un pequeno artigo que sustenta estas afirmacións, por se lle queres botar unha ollada:
        http://themonkeycage.org/2013/06/legalized-prostitution-increases-human-trafficking/

        En conclusión, o problema non sempre é se as institucións toman parte no asunto, senón como toman parte no asunto. Como xornalistas a nosa principal función e analizalo detidamente, ofrecelo a opinión pública e que eles tomen as súas propias decisións. Cres que así poderíamos crear movementos sociais?

        Gústame

      4. Paréceme unha reflexión insteresantísima, Elisa. Está claro que a presión política é a miúdo o que impide a proleferación de movementos socias, ou en moitos casos simplemente impiden que estos funcionen. Como dis, o máis destacable da emigración de hoxe en día e o tráfico de mulleres, enganadas, bexadas e convertidas en explotadas sexuais. O caso que contas de Alemaña é tan real como deleznable, deixa máis que patente que na mairoía dos casos os gobernos buscan o seu propio benefecio en lugar do benestar da poboación afectada. Con isto, deixoche un enlace á Organización Internacional do Traballo, que mostra a gravidade do feito do que falamos, moi común en Europa do Este: http://www.ilo.org/global/about-the-ilo/multimedia/video/video-news-releases/WCMS_074521/lang–es/index.htm

        Por último, considero que é moi probable que o bo trato do tema polos xornalistas producirí aunha difusión do caso moito maior, e a sociedade reaccionaría a isto. A nosa labor e mostrar a realidade á cidadanía, para lograr os cambios necesarios e as melloras no futuro. Moitas gracias polo teu comentario!

        Gústame

  2. Un post moi interesante Sara. Sen dúbida ser muller implica sufrir discriminacións, como vimos en distintos post do OCC, en diversos ámbitos, tamén a hora de emigrar. Chámame a atención que menciones os casos nos que, durante as emigracións galegas do s.XX, foi o home o que marchou a traballar a outros países mentres a muller quedaba na casa. É certo que poida ser o máis común pero sería interesante coñecer a experiencia de parellas que viviron a situación contraria. Este foi o caso da miña avoa, por exemplo, ela tivo que emigrar a Alemania para traballar. Faloume da segregación á hora de traballar, ela pasou gran parte do tempo cun grupo de mulleres españolas tamén emigrantes, que traballaban na mesma fábrica que ela.
    Por outra parte, en referencia ao comentario de Elisa, ben é certo que ao marchar o home a muller debía levar o peso total de manter a súa familia, nembargantes non creo que sexa adecuado decir que ocuparon un lugar de “cabeza de familia”. A muller galega sempre traballou, na casa e no campo ou no mar tamén. A posición de “cabeza de familia” é asociada co home por motivos puramente culturais xa que traballaban o mesmo que as mulleres (en ocasións en traballos máis fisicamente duros, iso sí) e elas, a maiores, sempre levaron o peso da familia e a casa.

    Gústame

    1. Chámame moito a atención o caso que contas da túa avoa, gustaríame coñecer máis casos como ese e profundizar en diversas cuestóns relacionadas como o rol que toma o home unha vez que queda na casa e a muller é a que marcha. Paréceme alentador que estes casos existan verdadeiramente, posto que mostran que tamén houbo ocasións que non estiveron marcadas polo machismo desde o inicio. Pero aínda así falas da segregación laboral que sufriu, o cal deixa patente que incluso en situacións como esta a discriminación segue aí, e polo tanto segue sendo necesaria a reflexión cara o cambio neste aspecto. Dado que ademáis as diferencias no ámbito de traballo seguen sendo unha realidade actualmente: http://www.guiaongs.org/noticias/las-mujeres-jovenes-y-emigrantes-colectivos-mas-discriminados-laboralmente-segun-la-oit-2-1-2495/

      Con respecto ao que mencionas sobre a expresión utilizada por Elisa no comentario anterior de “cabeza de familia”, estou plenamente de acordo contigo. Este era o papel do home é non cabe dúbida, sen embargo entendo que se refire, como indicas, a que a muller se via obrigada a cargar co peso da familia, ademais de que era ela a encargada de cuidar a casa e os fillos ou demais familia. Malia isto sosteño que dita expresión sería incorrecta dada a situación.

      Gústame

  3. Unha gran publicación que da a coñecer a realidade das emigrantes. Parece que a desigualdade no eido laboral está vixente tanto aquí como en Francia a pesar de que non no mesmo nivel. Sí é certo que a emigración feminina foi máis tardía que a masculina, isto débese unha vez máis a infravaloración das mulleres: polo feito de ser muller, tanto en anos pasados como en presentes, póñense en dúbida as capacidades. Aínda así, este fenómeno tamén se debe a unha cuestión de roles: dende tempos ancestrais, as mulleres eran as encargadas de traballos non remunerados e relevados a segundo plano: por exemplo, na prehistoria, as mulleres encargábanselle traballos de recolecta de froitos etc. que ninguén quería realizar; sen embargo os homes eran os encargados de saír de caza e realizar traballos que parecen ser o sustento familiar. Isto extrapolase aos anos da emigración: a muller quedaba a cargo da casa e das labores patriarcais mentras que o home saía en busca dun traballo.
    Gustaríame saber que opinas da migración de América Latina de comezo de século, é algo que obedece a unha cuestión cultural ou social? está vixente/ é similar a realidade actual europea? http://www.eumed.net/tesis-doctorales/2013/mlsl/migracion-femenina.html

    Gústame

    1. Non podería estar máis de acordo contigo, os roles asiganados ás mulleres as perseguen, podería dicirse que desde sempre. A sociedade adicouse a proporcionar ao colectivo femenino tarefas menores, e en moitas ocasións sometidas ao home, que era quen realizaba todo aquilo considerado de maior dificultade, poder o simplemente era iso que os colocaba por enrriba polo feito de ser homes. As mulleres como ben dis, desde incluso a prehistoria, encargábanse de criar aos fillos e de labores de “menor dificultade” ou “menor interese”; malia isto non significa que non sexan aptas para levar a cabo outros traballos, asunto que foi quedando claro co avance da historia. Por exemplo durante a Guerra Civil española o índice de mortalidade de homes xoves disparouse, e as mulleres víronse na obriga de facer cometidos orixinalmente destinados ao home, como por exemplo diversos traballos fora da casa. Cousa que fixeron sen problema mostrando a igualdade de capacidades.

      Respecto á cuestión que me lanzas sobre a emigración de América Latina ao comezo de século, na miña opinión trátase dun feito máis social que cultural, aínda que problablemente ambas vertentes influán. Por exemplo nun dos parágrafos do enlace que me adxuntas ven explicado que os homes emigraban máis ben por causas ecónomicas, mentres que as mulleres por causas sociales, a miúdo directamente relacionadas co seu rol, como cando se da a situación de que emigran por divorcio, ou por embarazos non desexados, feitos que as estigmatizan e provocan a súa marcha. Estos casos penso que teñen lugar por unha mentiladade social atrasada e con grandes descoñecementos. Tamén penso, atrévome incluso a asegurar que a misma situación que se relata é a que ten lugar en Europa, como se mostra neste estudo da Organización Internacional para las migraciones: http://www.crmsv.org/documentos/IOM_EMM_Es/v2/V2S10_CM.pdf

      Gústame

      1. En primeiro lugar, aproveito para compartir e destacar o feito de que tanto na Segunda Guerra Mundial, como na Guerra Civil española, disparouse a taxa de ocupación entre as mulleres; no caso americano, estas guerras forzaron o acceso das mulleres á industria, sobre todo á industria pesada, non sen ser traballos sometidos á precariedade laboral.
        Por outra banda comparto a túa idea de que o descoñecemento da sociedade, materialízase en fenómenos coma o racismo, pero isto, non só sucede en Latinoamérica senón que se pode levar ao caso español, algo que se reflexa nesta noticia: http://www.playgroundmag.net/food/Cola-Cao-anos-racismo-anuncios_0_1955204461.html
        Como ben dí o titular: 70 anos de racismo representados a través dun anuncio.

        Gústame

  4. Efectivamente ao longo do século XX, a taxa laboral das mulleres disparouse de forma considerable polas guerras que tiveron lugar. Hai que ter en conta por suposto a precariedade laboral que mencionas, que era algo, lamentablemente, moi habitual naquela época, e por suposto máis en mulleres que en homes polos estigmas dos que xa falamos. Pero a pesar desta triste realidade é moi importante destacar que na segunda métade do século pasado foi cando se produxo a gran parte da incorporación da muller ao ámbito laboral, sempre coa marcada desigualdade: http://www.eduso.net/res/21/articulo/mujeres-y-mercado-laboral-en-la-actualidad-un-analisis-desde-la-perspectiva-de-genero-genericamente-empobrecidas-patriarcalmente-desiguales

    O caso que me adxuntas que mostra o racismo cara os negros producido nun anuncio paréceme tan certo como deleznable. En efecto non so sucede en Latinoamérica, senon en España e tamén no resto do mundo. Isto faime pensar se é necesario un gran cambio social que axude a encamiñar á poboación hacía a igualdade é a saída do descoñecemento. Que pensas ti ao respecto?

    Gústame

  5. Un post moi interesante Sara. É moi importante resaltar a importancia histórica que tiveron as mulleres na emigración, a maioría das veces sendo esta importancia perxudicial para a súa posición de xénero. O machismo que imperaba na sociedade, e que aínda hoxe continúa a existir impedía que as mulleres tomaran decisións sobre o seu futuro, quedando a merced da vontade dos homes, sobretodo cando se trataba de aspectos económicos. Non entanto, dende o meu punto de vista, foron elas as que sostiveron a economía da época, principalmente en Galicia, onde a emigración estaba a orde do día. A sociedade obrigabaas ao mantemento do fogar, pero iso non era considerado un traballo, a pesares do esforzo que conleva facelo, e aínda máis se non está remunerado. É preciso reivindicar o peso que tiveron as mulleres na economía galega desa época.
    Por outra banda tamén houbo moitas que emigraron en soidade cos seus fillos para buscar un futuro mellor, e que loitaron contra a sociedade machista do momento. Deixote aquí uns datos da emigración galega feminina para que me des a túa opinión:
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2016/03/06/mujeres-emigrantes-olvidadas-invisibles-luchadoras/0003_201603X6C4993.htm

    Gústame

    1. Gracias polo artigo que me adxuntas, resulta moi ilustrador da situación vivida polas mulleres na época da emigración. As mulleres foron as grandes esquecidas da emigración, en todos os ámbitos, e desde logo tamén na economía, de feito probablamente neste ámbito, xunto co laboral, era no que estaban máis desprazas. A este respecto estou completamente de acordo contigo, compre destacar que a pesar disto foron elas as principais sustentadoras da familia de diversos modos.

      Unha das integrantes do noso círculo de lectura crítica contounos como faleceu o seu marido con apenas 34 anos, e ela atopouse soa e cun fillo emigrada en Londres. Regresou a Galicia para enterrar ao seu marido e non a deixaron marchar soa de novo, segundo as súas palabras dicíanlle “que vai pintar unha muller soa polo mundo adiante”. Feitos coma este eran moi habituais e provocaron moitos atrasos no mundo laboral e económico feminino. Ademais hai que ter en conta que non é unha cuestión solucionada a día de hoxe, cando menos desde o meu punto de vista, ti que crees?

      Gústame

      1. Actualmente seguimos co mesmo problema, o mundo avanza en moitos ámbitos pero semella que este proceso leva moito máis tempo.
        Só hai que fixarse en que se unha muller se plantexa ir de viaxe ou emigrar en busca de traballo é unha locura, non entanto se este mesmo feito o plantexa un home non semella extraño para nada.
        É triste que a pesar de todo o que levamos recorrido, a muller aínda non teña a independencia económica e social que o home leva gozando séculos, ademáis de continuar, en moitos casos, a ser a sustentadora principal da familia. Os datos non son moi alentadores, deixote unha estadística sobre o traballo feminino no fogar: http://www.eldiario.es/piedrasdepapel/Genero-domestico-Tiende-Espana-igualdad_6_345125504.html

        Gústame

  6. O que se mostra no artigo que me adxuntas penso que é unha realidade lamentable, a desigualdade existente aínda hoxe en día no ámbito laboral é abrumadora. A muller en moitas ocasións segue sendo a que se encarga da meirande parte das tarefas do fogar e de coidar dos fillos, e ademais disto traballa fora; mentres que o home segue sendo o que realiza traballo no exterior e na casa simplemente descansa.

    Con isto parece que máis ben involucionamos dado que a muller sempre estivo dobregada a realizar os traballos domésticos pero agora ademais disto tamén realiza traballos no exterior, polo que traballa moito máis e segue sen estar recoñecida. Tamén considero que hai que ter en conta que a miúdo sofren desigualdades no ámbito laboral, como salarios máis baixos ou colocación en postos inferiores tendo a mesma formación ou incluso máis.

    Por último quería destacar, que no propio enlace que me adxuntaches se mostra que España esta moito pero en cuestións de desigualdade de xénero que o resto de Europa. Isto faime reflexionar sobre si esta situación quiza actue de motivación para a emigración, estas de acordo conmigo?

    Gústame

  7. Dende o meu punto de vista ten moito que ver. España sempre foi un país que estivo atrasado con respecto ao resto de Europa o que supón unhas maiores taxas de emigración. Esto tamén ocurre con outros países da periferia como pode ser Italia e Portugal, que a pesares de estar incluídos dentro da UE, non seguen os mesmos procesos de evolución ca ela.
    A situación da muller en España deixa moito que desexar en comparación con países como Suíza e Noruega, e en xeral, co resto de países nórdicos, que por circunstancias do modo de producción actual teñen maiores vantaxes educativas, económicas e un Estado de Benestar ben consolidado que o permita.
    Se queremos cambiar a situación da muller, tanto a nivel salarias (máis forma e xurídico) como a nivel social, dos innumerables casos de violencia doméstica, é preciso cambiar todas as relacións económicas e sociais presentes ata a actualidade, e comezar un proceso de concienciación contundente. Precisamos un mundo onde a muller non dependa en ningún ámbito do sexo oposto.

    Gústame

    1. Estou completamente de acordo contigo, é preciso mudar relacións económicas e sociais en busca dunha evolución no territorio das mulleres para que deixe de estar sometida ao home, tanto no ámbito doméstico coma no laboral e tamén na emigración. Quizais podamos tomar como exemplo outros paises europeos que xa sufriron melloras para tomar ese camiño e comezar a romper coa desigualdade de xénero.

      Moitas grazas por interesarte polo post!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s