Ser bisexual e PoC: invisíbel ao espello

A interseccionalidade é un termo utilizado por primeira vez en 1989 pola activista Kimberlé Williams Crenshaw. Refírese básicamente a que a identidade dunha persoa ven formada por diferentes elementos que a menudo funcionan a un nivel simultáneo. Isto ten que ver co movemento LGTBI+ porque asumir esta premisa implica que un suxeito non soamente está oprimido pola súa condición social senon tamén pola súa clase ou condición étnica entre outras

A bisexualidade, tal e como explicamos neste post, é unha orientación sexual oprimida tanto de xeito externo polas persoas heterosexuais como no seo do Colectivo LGTBI+. “Estamos moi invisibilizados pola sociedade, case sempre fálase de homofobia cando hai comportamentos que tamén son bífobos” sinala Ana Canle, membro do Círculo de Lectura Crítica co que traballamos dende o Observatorio de Comunicación.

A situación das persoas PoC

No movemento pola liberación do Colectivo, as persoas PoC -termo moi utilizado no activismo anglosaxón para referirse a persoas non brancas- están moi pouco representadas tal e como afirma o membro do Círculo Ana Fidalgo: “como en todas as loitas que non son específicamente antirracistas, hai moita discriminación hacia nós na raíz do movemento en xeral xa que ten unha causa estructural”.

Tamén é un problema dentro das comunidades PoC. “Ao igual que os bisexuais estamos oprimidos dentro do colectivo, os LGTBI estamos invisibilizados dentro dos PoC por factores sobretodos relixiosos que soen ser bastante fortes”, continúa Fidalgo. Engade que “por estes motivos tal e como o colectivo bisexual, nós, as persoas PoC non estamos soamente invisibilizados senón mal vistos. Sofro unha triple opresión sumando a que teño pola miña cor de pel”.

O caso do Estado Español

Alberto Hernández, membro do Círculo e coordinador da Asociación Ultreia LGTBI confirma o activismo interseccional non é habitual en España” e que en Ultreia “tenden moito máis en conta a diversidade de orientacións, identidades e todo o relacionado con iso aínda que non se pechan portas”. Respecto a este tema, Fidalgo di que ella como persoa PoC non pode valorar o activismo interseccional aquí porque “non existe” e que o único contacto con el tivo foi a través da rede social Tumblr e publicacións fora de España

Alberto Hernández, membro do Círculo e coordinador da Asociación Ultreia LGTBI confirma que “o actvismo interseccional non é habitual no Estado Español” e que en Ultreia “tenden moito máis en conta a diversidade de orientacións, identidades e todo o relacionado con iso aínda que non se pechan portas”. Respecto a este tema, Fidalgo di que ella como persoa PoC non pode valorar o activismo interseccional aquí porque “non existe” e que o único contacto con el tivo foi a través da rede social Tumblr e publicacións fora de España

En cuanto ás causas disto, Pablo Francisco declara que “en parte é pola escaseza de poboación PoC no noso país”. Canle, sinala que “hai actitudes racistas moi importante no activismo en consonancia co resto da sociedade. Se o colectivo moitas veces a estame a discriminar por ser bisexual, non hai razón para que non o faga por outras razóns coma esta”. Moitas veces, esta opresión non ter por que ser directa, senon que pode basearse nunha comunicación non verbal: acenos, sinais paraliguísticos coma o tono empregado ou vestimenta, como pode ser neste caso a apropiación cultural.

Como conclúe o Círculo, a situación das persoas PoC LGTBI+ é complicada xa que non se ven representadas de ningún xeito do colectivo e moitas veces son rexeitadas polo mesmo. Existe un paralelismo entre ellas e a persoas bisexuais xa que ambas son oprimidas dentro do lugar onde deberían estar arropadas e loitar por un obxectivo común.

Advertisements

6 comentarios en “Ser bisexual e PoC: invisíbel ao espello

  1. Unha cuestión cultural, non lle permite á cidadanía comprender o termo “bisexual”. España, sempre foi un territorio máis que influído ideolóxica e culturalmente pola igrexa, algo que na actualidade se está a perder pero que no seu momento calou profundamente a sociedade. Para iso, é necesario combater ideas falsas sobre a bisexualidade que nos fan danos a todos: http://www.actitudfem.com/entorno/genero/mujeres/ideas-falsas-sobre-la-bisexualidad-que-nos-hacen-dano-todas
    Aí van ideas que unha gran maioría da cidadanía pensa, aínda que non o comparta, poñendo en perigo a liberdade sexual. Gustaríame saber a túa opinión ao respecto e mesmo se atopas algunha vinculación da bisexualidade co mundo laboral (por exemplo se unha persoa bisexual pode resulta marxinada dalgunha esfera laboral, etc.)

    Gústame

    1. Respecto ao enlace que aportas, o meu anterior post dentro do Observatorio trata sobre eses estereotipos que sofre a comunidade bisexual. https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/15/a-bisexualidade-dobre-opresion/
      Respecto a inserción laboral do colectivo LGTBI no Estado Español, é bastante precaria, polo que é moi necesaria traballar para que se revirta a situación. http://www.eltribuno.info/salta/nota/2016-6-8-1-30-0-el-colectivo-lgtb-busca-lograr-la-insercion-laboral

      Gústame

      1. Grazas por adxuntarme o enlace do teu anterior post. Resultoume francamente interesante.
        Por outra banda, relacionado coa inserción laboral deste colectivo, pareceme interesante o artigo que me adxuntaches pero un pouco desactualizado. Recentemente, como saberás levouse a cabo a proposta de lei de identidade de xénero, o que é sinónimo de avance do colectivo trans.http://praza.gal/movementos-sociais/13585/a-proposta-de-lei-de-identidade-de-xenero-inicia-o-seu-camino-parlamentario/, medidas coma esta buscan a normalización tanto laboral como en calquera esfera.

        Gústame

      2. Por suposto que é un avance para, neste caso, o colectivo transexual e para toda a comunidade LGTBI en xeral mais moitas veces as leis parlamentarias non van da man dun avance social. Por exemplo, neste último ano as denuncias por agresións homófobas subiron e a verdade estase dar una problemática bastante importante tal e como denuncia este artigo de El Confidencial. http://www.elconfidencial.com/espana/madrid/2017-01-21/agresiones-homofobas-madrid-240-ataques-2016-arcopoli_1319006/

        Gústame

      3. A modo de resume, gustaríame aludir a un concepto que se menciona nunha noticia de “el diario.es”: http://www.eldiario.es/clm/LGBTI-heteronormativizacion-Dia-Visibilidad-Lesbica_0_637636447.html. Esta noticia fala sobre o combate contra un mundo “heteronormativo”; cal cres que sería a solución para combater este tipo de molde social? Cal é o camiño verdadeiro para que este colectivo consiga unha identidadae de xénero?

        Gústame

  2. Boas Brais! Moi interesante o teu post por tratar un tema distinto ao que estamos acostumados. Realmente existe unha clara discriminación ao colectivo LGTBI, que reflectiu perfectamente o teu grupo en tódalas publicacións. Mais o teu subtema é descoñecido e interesante a partes iguais: se apenas se fala do colectivo bisexual na nosa sociedade, imaxina o que se trata o reducto de raza non branca deste colectivo. Como explican os integrantes do teu círculo, é un tema que apenas se trata en España pero que se acentúa en outros países. Ademáis de a menor aparición desta condición no noso país, a súa aceptación, dada o arcaico pensamento de moitos dos sectores da nosa sociedade, será sen lugar a dúbidas moi complexa.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s