Mitos e lendas sobre a migración

O papel que os medios de comunicación están realizando ao  tratar o tema das migracións deixa moito que desexar. É necesario un xornalismo comprometido, responsable, limpo. Un que non fomentara nin alimentara prexuízos e lle dera voz aos verdadeiros protagonistas.

Porén, a realidade actual non camiña cara ese tipo de xornalismo ao que poderíamos cualificar de utópico. Máis ben encamiñámonos na dirección contraria. Por iso, gustaríame afondar nesta entrada nos grandes mitos que nos venden a diario os medios de comunicación e que axudan a empeorar, se iso aínda é posible, a imaxe da migración.

O primeiro mito é o máis popular: quítannos o traballo

Estamos fartos de escoitar a típica frase: “outro inmigrante máis. Só veñen a quitarnos o traballo”.  Ao comentar isto cos membros do círculo crítico, ningún deles se asombrou. O certo é que este pensamento está tan presente no noso día a día, que o feito de sorprenderse sería  o estraño. Aquí atopamos un grave problema que persiste na nosa sociedade, a desinformación, pois se calquera persoa busca datos sobre a poboación activa pode ver perfectamente como a crise afectou máis aos migrantes que aos autóctonos no ámbito laboral. Ademais, e tal como nos recordaba Sara Lens, membro do círculo: “os migrantes e todos aqueles que veñen acaban traballando nos traballos que nós non queremos, moitos deles explotados. Pero claro, agora coa crise xa nin atopamos eses traballos e culpamos aos migrantes, cando nun principio nós non os queriamos”. Isto pode clarificarse nun estudio realizado pola FEDEA estudio , no cal se comprobou que os inmigrantes ocupan postos que os nativos non desexan e isto non provoca ningún efecto negativo nin nos salarios nin no desemprego.

Efectivamente, unha gran maioría de migrados acaba traballando en actividades non cualificadas e isto, sen entrar a falar nas dificultades que moitos deles teñen para acceder a un traballo. Hai moitos estudios, entre eles o seguinte: Efecto da inmigración no mercado laboral de traballo español  , no cal se evidencia como a man de obra inmigrante non chega a competir polos mesmos postos de traballo ca poboación de orixe.

O segundo: é unha invasión

Coa actual crise migratoria e a chegada masiva de refuxiados, xurdiu unha teoría moi popular: os refuxiados estannos invadindo. Como froito desta teoría atopamos numerosas declaracións de líderes políticos europeos, declaracións racistas e xenófobas.

FDF
Refuxiados escapando da guerra

“Enfrontámonos a unha invasión organizada”, dixo Milos Zeman, presidente da República Checa. Porén, as súas palabras non só son cousa del, outros moitos como Donald Tusk  ou Viktor Orban se amosan con ideais similares e agresivos contra os refuxiados. Con este tipo de declaracións o único que conseguen é axitar e amplificar o medo na poboación, ademais de aumentar os prexuízos e actitudes racistas xa existentes.

Pero volvendo ao tema da invasión, o portavoz de ACNUR (Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados), desmonta esta teoría ao achegar unhas cifras sobre as cantidades de refuxiados que hai repartidos polo mundo. A realidade é moi diferente da cal se pensa.

No mundo hai 60 millóns de persoas desprazadas por conflitos, o 86% atópase nos países máis pobres do planeta e sobre todo en países achegados as zoas de conflito. […] Aquí chega unha pequena parte. O ano pasado houbo arredor de 600.000 peticións de asilo, este ano evidentemente haberá máis. É unha gota no océano se o comparas cos 60 millóns de desprazados internos ou solicitantes de asilo.

É o momento de empezar a pensar que o mundo é máis grande ca UE e que esta non é o obxectivo principal dos migrantes e refuxiados. De abrir os ollos e ver máis alá do que nos rodea e nos afecta.

Outro dos favoritos: son criminais

Violadores, estafadores, perigosos, narcotraficantes, criminais. Son adxectivos que se identifican cos inmigrantes  e que moitas persoas empregan para referirse a eles. Son os mesmos adxectivos que o actual presidente de EEUU empregou na súa campaña para alcanzar a Casa Blanca. O simple feito de que Trump chegara ao poder con semellantes ideais é moi revelador, pois se está aí é porque a poboación o votou, porque pensa coma el.

Que nos atopamos nunha sociedade racista chea de prexuízos e estereotipos non é nada novo. E é neste punto onde nos atopamos con outro gran problema, posto que esta actitude dificulta a convivencia e a adaptación dos migrantes, ou mesmo practicamente a impide. Resulta que ao final quen son os verdadeiros criminais somos nós ou senón que algúen me diga como lle podo chamar ás persoas que alimentan estas cifras.

Un último clásico: lévanse as nosas axudas sociais

É unha práctica moi estendida pensar que os inmigrantes veñen para vivir das axudas e prestación sociais. Porén, a normativa que regula a concesión destas axudas non se fixa na nacionalidade senón nas circunstancias particulares de cada persoa, é dicir, hai que cumprir unha serie de requisitos. Estas cifras sobre as prestacións xa o din todo.

Bibliografía:

-Rodríguez-Pina, Gloria (2015) Datos que desmontan los falsos mitos y leyendas sobre inmigración. http://www.huffingtonpost.es/2015/11/29/mitos-falsos-migracion_n_8398132.html.

Lucía Martínez Viso

Advertisements

13 comentarios en “Mitos e lendas sobre a migración

  1. ¡Excelente artículo Lucía!
    Resulta increíble que algunos medios de comunicación sigan transmitiendo estos mitos que lo único que hacen es fomentar el odio y el rechazo en las sociedades, ya que, muchas veces las imágenes que los medios proyectan influyen de gran manera en el pensamiento de las personas tal y como lo señalas al principio.
    Hace algunos días vi un vídeo elaborado por la Cruz Roja Española, en donde desmontan mitos sobre la inmigración parecidos a los de tu post, en este vídeo muestran lo que la mayoría de los españoles piensan sobre los inmigrantes y la realidad de la situación: http://www.cruzroja.tv/video/8917/desmontando-mitos-sobre-la-inmigracion ¿Crees que deberían existir más piezas informativas como estas donde muestran realmente lo que sucede en el país en cuanto a este tema?

    Gústame

    1. Exacto, Andrea! Este xeito de comunicar só fomenta o odio e o rechazo na sociedade e dificulta unha boa adaptación e convivencia.
      Moitas grazas por compartirme este vídeo, non sabía da súa existencia e paréceme moi revelador. No tocante a túa pregunta, claro que creo que son necesarias máis pezas do estilo da que me compartiches. A nosa sociedade está moi mal informada e esta desinformación é a culpable de moitas prácticas racistas que ocorren na actualidade. Comparto neste punto un artigo que atopei e que me parece moi indicado para o tema do que estamos falando: http://www.elperiodico.com/es/noticias/internacional/refugiado-estado-critico-tras-sufrir-ataque-racista-londres-5944433.
      Temos que apostar por darlle voz aos verdadeiros protagonistas (http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/04/05/emigracion-contada-protagonistas/1654889.html) tal e como se di nesta noticia e tal e como fixemos os membros do meu grupo co círculo crítico. Algo similar deberían de facer os medios de comunicación, e non relacionar subtemas como a violencia e o desemprego, coa chegada de inmigrantes.

      Gústame

      1. Es increíble que sigan sucediendo hechos tan lamentables como este. Mirando un poco más sobre el tema encontré este artículo del 2016 publicado por El Mundo: (http://www.elmundo.es/sociedad/2016/02/24/56cd9e6922601d58618b4607.html ), donde establece que según estudios realizados, la mayoría de los delitos en España (506, el 38,2%) fueron por racismo y xenofobia, lo que supone un aumento del 6,5% respecto a 2014, cifras que son sin duda alguna alarmantes.
        Estoy totalmente de acuerdo contigo en que los medios de comunicación tienen la obligación de darle voz a los verdaderos protagonistas como en el artículo que me mandaste y como trabajaron con su círculo, dejando a un lado los estereotipos impuestos por la sociedad, en donde normalmente relacionan la inmigración con violencia y desempleo.

        Gústame

      2. É incrible si, pero lamentablemente é certo. Como dixen no meu post, e relacionándoo co enlace que me mandaches, as cifras falan por si soas. Un de cada catro delitos de odio en España é por ideoloxía. É unha burrada! Porén, semella que noticias coma esta pasan desapercibidas e só nos fixamos naquelas nas cales os inmigrantes cometen un acto ilegal como por exemplo: http://gaceta.es/noticias/tres-inmigrantes-retransmiten-directo-violacion-mujer-23012017-1203. Que si, que algúns migrantes poden ser violentos, pero non podemos xeralizar como tende a facer a sociedade.
        É necesario un gran cambio nas conciencias e unha información comprometida que desmonte todas esas lendas (desemprego, violencia…) e aposte pola verdade.

        Gústame

  2. Boas, Lucía,que bo post e canta razón.
    Parece mentira que todo o que contas ocorra no século vinteun en pleno 2017 e non nun relato da época medieval. É impresionante esa maneira de inculcar odio e rechazo na poboación pero sobre todo medo, porque ó fin o teu post fala do temor por dúas bandas, o que xenera a desinformación e o desa migración; porque cantos problemas terían nos seus propios países para acabar abandonandoos? Como de mal ten que estar unha situación para que deixes todo atrás sen voltar a vista?
    É tráxico por todas partes o teu post pero tamen quero destacar que é entendible por igual, é dicir, con todo o que pasa ultimamente é comprensible vivir con pánico,non me refiro o de que collan traballos ou que teñan seguridade social senon o punto que marcas dos criminais, sobre isto sobran noticias e realmente non creo que un medio por subxectivo que sexa inventen cousas tales como http://gaceta.es/noticias/tres-inmigrantes-retransmiten-directo-violacion-mujer-23012017-1203 ou http://www.lanacion.com.ar/1865431-suecia-inmigrantes-refugidos-joven-asesino-cuchillo-crisis
    E tamen hai que destacar o caso contrario, con tanta tolerancia e tanto coidado tamen se da o caso de medios que en noticias do estilo da que acabo de por non comentan a condición de refugiado da persoa que cometeu o delito. http://gaceta.es/noticias/sexta-obvia-nacionalidad-condicion-refugiado-violador-08112016-1121 Para non xerar pánico? Sí. Fan o correcto? Dende o meu punto de vista sen dúbida non. Dende o teu, Lucía?

    Gústame

    1. Grazas Lucila! A guerra é un dos peores problemas aos que se enfrontan todas aquelas persoas que migran cara outros países buscando seguridade e deixar atrás ese ambiente bélico. Agora ben, que se topan cando van a outros países, as portas abertas ou pechadas? E non só falo de portas senón tamén da mentalidade da xente. Vou compartirche un artigo que fala sobre o peche destas portas para ver que che parece: http://www.eldiario.es/politica/Turquia-cerradas-arreglan-problema-refugiados_0_606489745.html.
      É ben certo que algúns migrantes protagonizan titulares como os que ti me compartes, porén, non podemos xeralizar e é o que acostumamos a facer. Porque un migrante cometa un acto violento non significa que todos os demais tamén o vaian a facer.
      Con respecto ao caso contrario, penso igual ca ti. Os medios non deberían de ocultar a condición de migrante, mais esta tampouco tería que definir a persoa coma un rasgo individualizador. No caso que me compartes, os medios deberían de contar como sucedeu e dando todos os datos posibles sen dañar a intimidade das persoas implicadas. Porén, o feito de que ocorran violacións e outras situación deste estilo son en parte consecuencias das problemáticas que se están tendo á hora de acoller inmigrantes e refuxiados e ao descontrol que se está creando. As noticias contando estes problemas son moi escasas.
      Por último, gustaríame engadir que titulares coma este poderían ser tratados con máis tacto debido ao entorno no que actualmente nos atopamos (crise migratoria, refuxiados, Trump e demais): http://gaceta.es/noticias/refugiado-viajo-austria-violar-mujeres-21092016-1327.

      Gústame

      1. Boas,Lucía.
        Sen dúbida a guerra é a peor situación da que queren fuxir en busca de seguridade e protección noutros países. Quen non o intentaría? En canto o artigo que me deixas,ten toda a razón no aspecto de que loxicamente nada se vai resolver pondo muros pero a realidade é que ós países que non puxeron muros e deixaron entrar libremente non lles foi nada ben… http://www.excelsior.com.mx/global/2017/04/10/1156925 e iso que como este caso,Suecia, son países onde en ningún momento se intentou impedir a acollida de migrantes e refuxiados e porén xa se ve o que lle pasou… É certo que non se pode xeralizar pero realmente se de cada 10 noticias 9 son deste estilo está claro que a balanza non está ó seu favor, ademais estou dacordo coa frase do ministro turco no artigo onde di que “recordó que los muros, como el de Berlín, acaban por romperse y aseguró que las soluciones son otras.” pero conseguir isto leva tempo e esixe moita educación e acordos,valores que actualmente estanse perdendo.
        En canto o caso que che deixei vexo que estamos dacordo en que todos os datos son necesarios e ocultar a realidade é como mentir.
        Con respecto o titular que me deixas ti é certo que é un titular duro pero dende o meu punto de vista non é que se contase con pouco tacto senon que se esas foron as súas declaracións hai que apandar co que se di.
        Finalmente aqui che deixo un enlace a unha noticia onde o titular lle da a volta a todo o que dixemos ata agora http://www.elcomercio.es/asturias/oriente/201702/19/muchos-refugiados-prefieren-volver-20170219011343-v.html

        Gústame

      2. Está claro que ten que haber un control á hora da entrada de inmigrantes e refuxiados, xa que como ti ben dis, un descontrol pode orixinar moito caos. Pero unha cousa é controlar a entrada destas persoas e outra cerrarlle as portas cando sabemos da situación tráxica da que están escapando.
        Pese a que hai obrigas da UE para tentar solucionar esta crise, o certo é que moitos países non cumpren con devanditas obrigas. España, sen ir máis lonxe, comprometeuse fai dous anos a reubicar a máis de 9000 refuxiados e de momento só van 886. Isto é intolerable. Déixoche por aquí un enlace dunha noticia na que se fala disto: http://www.diarioinformacion.com/nacional/2017/04/12/espana-deberia-reubicar-8500-refugiados/1882956.html. A crise dos refuxiados é un tema que se ve perxudicado en parte grazas ao mal tratamento que ten nos medios de comunicación e as políticas baleiras ou utópicas da UE. Queda totalmente nun segunda plano cando vemos día a día a importancia que debería de ter.
        Eu sigo mantendo que non se debería xeralizar aínda que haxa bastantes casos, e máis agora vendo a situación na cal nos atopamos. Si, hai moitas outras solucións que pasan pola educación, pero como ti dis, certos valores estanse perdendo.
        No tocante aos titulares, en parte estou dacordo contigo en que son declaracións del e ten que aterse ás consecuencias; mais repito que inmersos na situación na que estamos este titular e a linguaxe empregada só serve para engadir máis leña ao asunto.
        Moi interesante o teu artigo. Sérveme ademais para seguir coa miña argumentación, posto que se moitas persoas prefiren volver aos seus países natais (que se atopan en guerra), será porque aquí non o están pasando ben. Déixoche unha noticia que fala de moitos ataques que se realizan contra centros de refuxiados: http://www.dw.com/es/no-cesan-los-ataques-a-centros-de-refugiados-en-alemania/a-38460506.

        Gústame

      3. É que indudablemente o control é o mais importante en moitísimos ámbitos, así que, loxicamente, máis ainda en canto a seguridade e sobre todo a seguridade de tanta xente, tanto dun lado desa porta da que falamos como do outro.
        En canto o que dis do número de acollida de refugiados deixoche aquí un artigo sobre O Carballiño https://www.google.es/url?sa=t&source=web&rct=j&url=http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/carballino-pone-disposicion-residencia-tiempo-libre-refugiados/20150904180201566112.html&ved=0ahUKEwiU1Jm-xsXTAhWHtBoKHR1UDPgQFggbMAA&usg=AFQjCNHYLwexnz1bFc9itE7Py1YNRLUJ-w , unha vila ourensana que xa cando fora da guerra en Bosnia ( https://www.google.es/url?sa=t&source=web&rct=j&url=/amp/www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/ourense/o-carballino/2015/11/20/bosnios-galicia-fueron-refugiados/00031448021387320689410.htm&ved=0ahUKEwiU1Jm-xsXTAhWHtBoKHR1UDPgQFggqMAQ&usg=AFQjCNEPsejlop6OPqZsw4BpnsOrM-3UVA ) acollera refuxiados e que agora volvía ser voluntaria para a acollida deste países.
        No tocante ó titular…coidado si,pero ata que punto? Hai moitas veces que o exceso de coidado é tamen perxudicial. Ten sentido ter coidado e ser tolerante ata certo punto pero as veces parece que con esa teoría de ser politicamente correctos deixamos que xente que non o é quede por riba de nós, e a min,realmente,non me parece ben,neste tempo nin noutro, hai normas en tódolos tempos e sitios, por algo será.
        No tocante á noticia que me deixas aplico o mesmo conto que acabo de expor, hai un civismo e unhas normas que deben ser respetados e con quen non o fai,tanto uns como outros debería ter unhas repercusións notables,é a forma de paliar algo que pode rematar aínda peor.

        Gústame

      4. Descoñecía totalmente a gran labor que fixo Carballiño en materia de acollida de refuxiados, pese a que vivo preto desta vila ourensá. Mágoa que outras vilas non teñan este espírito emprendedor e de solidariedade.
        Con respecto ao segundo enlace que me compartiches, o das familias refuxiadas que se instalaron en Galicia, paréceme o tipo de noticias necesarias para tentar tranquilizar un pouco a situación actual (crise migratoria e demais).
        Vexo que por moito que sigamos non vamos a estar dacordo no tocante aos titulares, só me gustaría engadir que non me parece normal que se destaque a condición de migrantes/refuxiados nos titulares cando a noticia que lle sigue vai sobre algún asunto violento, e isto non se faga moitas veces cando a noticia vai sobre algo bo. Por último, vouche compartir un enlace sobre a última práctica levada a cab por Trump, para ver que che parece: http://www.elmundo.es/f5/comparte/2017/04/27/5901b7f046163fe5348b4587.html.

        Liked by 1 person

  3. Noraboa polo teu post, Lucía, reflicte á perfección unha realidade que sofren día a día os inmigrantes. Todos estes mitos resúltannos familiares a todos os lectores, o que indica que aínda forman parte da nosa vida diaria, algo que resulta arrepiante e penso que denota unha falta de empatía importante pola nosa parte como país receptor.

    Mencionas quizáis os máis comúns, pero a listaxe de mitos sobre a inmigración é longuísima. Gustaríame destacar un que “cobrou especial importancia”, por dicilo dalgún xeito, por mor dos diversos atentados ocorridos recentemente en Occidente: a islamofobia. A diferenza entre relixión e terrorismo é inexistente para moitos, que relacionan directamente unha con outra, provocando un rexeitamento a todo aquilo relacionado co islam. Como se indica neste artigo de eldiario.es (http://www.eldiario.es/desalambre/Radiografia-ciber-islamofobia-amenaza-real_0_630637308.html), as redes sociais son un escenario común de representación desta realidade. Cal cres que é o mellor método para cambiar isto?

    Gústame

    1. Moitas grazas, Sara! Exacto, no post só menciono algún dos máis coñecidos, mais a lista deles é por desgracia máis longa.
      Moi revelador o artigo que me compartiches. A islamofobia é unha realidade perigosa que ameaza a convivencia e moito máis na situación actual na cal nos atopamos (chegada de refuxiados e crisis migratoria).
      Ao botarlle unha ollada non puiden evitar reparar no seguinte: “todo empieza por una etiqueta tóxica: #nosinvaden, #EslaYihad, #NoalaMezquita. Después, le siguen enlaces a noticias sin contrastar, insultos denigrantes o acusaciones deliberadamente falsas”, concretamente no de noticias falsas. Penso que un dos métodos para cambiar esta situación pasa por comprometerse e realizar un xornalismo adecuado, que sexa real e un espello da realidade.
      Con noticias nas cales relacionemos violencia con migración conseguimos xustamente o contrario. Aproveito que sacaches o tema da islamofobia para compartirche un enlace no cal fala das consecuencias que esta conleva: http://www.eldiario.es/andalucia/incidentes-islamofobia-duplicaron-Espana-pasado_0_636937169.html. Penso que se deberían de tomar cartas no asunto, posto que os ataques só fan aumentar. Ti que pensas?

      Gústame

  4. Efectivamente, o feito de que os medios cheguen a contribuír nalgúns casos á difusión desde tipo pensamentos retrógrados, por chamarlle dalgún xeito, é tan alarmante como triste. Totalmente dacordo contigo en canto á necesidade dun xornalismo que sexa reflicta a realidade tal cual é, o cal é un dos obxectivos principais desta plataforma.
    E falando de reflictir a realidade, penso que o artigo que me compartes é un bo exemplo. Os ataques ocorridos recentemente sen dúbida están alimentando a islamofobia a altos niveis. Tomar cartas no asunto é fundamental, tanto por parte dos diferentes gobernos como pola nosa, xa que como afirma Aurora Ali no artigo, “este aumento del rechazo a la comunidad islámica tiene un reflejo “alarmante” en redes sociales”, e nese eido somos nós quen temos o poder de cambiar a situación.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s