Colaboración: Participación veciñal a debate

A esencia do movemento veciñal radica na vontade de agruparse, sen exclusións, para a consecución de melloras concretas no propio medio, xa sexan de carácter urbanístico, social, sanitario, educativo ou de calquera outra índole. Melloras que teñan interese para o conxunto da veciñanza e á marxe dos intereses políticos partidistas máis ou menos ideoloxizados que penduran sobre fins contraditorios.

Non hai moito que a veciñanza poñía o seu traballo en común para tapar as fochas ou construír un lavadoiro. Hoxe en día, non son posibles tales iniciativas comunais, aínda que en ocasións non falten as ganas, porque dependemos do Concello. E así nos vai!, porque nin sequera nos reciben. Substitúese a básica participación veciñal por fórmulas enlatadas e precociñadas como os denostados orzamentos participativos ou reunións seudoasemblearias ben orquestradas.

A Asociación Veciñal Doutor Maceira de Conxo, que ten a honra de ser a máis antiga de Santiago e de Galiza, referencia de entidade activa, participativa, democrática, transparente e representativa, aínda non foi recibida polo actual alcalde de Santiago a pesar de telo solicitado dende a súa toma de posesión no cargo. E aí quedou, pola falta de diálogo, a desfeita da rotonda sen vías de solución, ao igual que quedará sen construír o novo centro de saúde tantas veces prometido. Ante esta falta de comunicación nin tan sequera se poden propoñer solucións aos problemas urbanísticos mais básicos que son tratados con simples operacións de maquillaxe de curto percorrido.

Marxinadas polo Concello, as asociacións perden pulo e mesmo chegan a ser censuradas polas propias persoas que representan, ao non servir como canle de solución instrumental dos seus problemas, e chegan ao punto de causar baixa coma socios, debilitando o movemento veciñal ata esmorecer. Sirva de exemplo a propia Asociación Doutor Maceira,  que represento, a cal pasou de estar integrada por preto de catrocentas persoas, non fai moito, a contar cunhas poucas ducias na actualidade. Esta realidade obriga, cando menos, a avaliar outras canles de participación que fagan posible acadar solucións as necesidades reais da poboación.

AUTOR

LUIS MATOS ESPIÑO, presidente da AV Doutor Maceira, Conxo, Santiago de Compostela.

Luis Matos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s