Colaboración: Santiago de Compostela, unha cidade para a xente moza?

Santiago de Compostela é unha cidade e municipio de España pertencente á provincia da Coruña. É considerada patrimonio da Humanidade dende 1985 e posúe un gran valor tanto cultural como histórico. É unha cidade cunha gran dispoñibilidade de zonas verdes e pódense realizar numerosas actividades lúdicas, de lecer e deportivas; como concertos, carreiras populares ou ben actividades que engloban á maioría da poboación tanto nova e infantil como adulta.

Santiago conta cun servizo de transporte de autobuses por todo o centro e periferia da cidade e que tamén conecta con pobos e municipios dos arredores. Este servizo polo xeral adoita funcionar de xeito eficiente pero dáse o caso en diversas ocasións de atrasos nos horarios destes e de zonas con demasiadas paradas a escasos metros e pola contra, lugares cunha falta notable deste servizo. Na miña opinión sería recomendable e un gran aspecto positivo, a mellora destes problemas na cidade xa que deles dependen a maioría dos habitantes de Santiago de Compostela.

A cidade de Santiago está caracterizada por ser unha das 9 mellores cidades universitarias de España e estivo galardoada en 2009 como “Campus de excelencia Internacional”. A súa universidade consta de máis de 500 anos de historia, é a de máis longa tradición de Galicia e unha das máis antigas do mundo. Por esta mesma razón é elixida por máis de 30.000 mozos que deciden cursar a súa carreira universitaria nesta cidade. É unha boísima elección para os universitarios, pero para os adolescentes? É certo que o que Santiago sexa unha cidade universitaria contribúe ao ambiente noutros rangos de idade, facilitando así actividades de lecer, culturais e deportivas que se cadra noutra cidade non se poderían dar. Pero tamén é certo que ao ser caracterizada e renombrada en tantas ocasións como “Santiago, a cidade para os universitarios” pode estar deixando así un pouco de lado a esta colectividade de cidadáns que son o futuro e a nova xeración da cidade.

A miúdo, a política vai enfocada á poboación adulta da sociedade, sen darnos realmente conta de que como anteriormente mencionei, os adolescentes e os mozos somos o futuro, e por iso teríamos que ter un coñecemento previo e moito máis amplo en ámbitos políticos. Deste xeito, estaremos coñecendo moito máis a sociedade actual e poderemos contribuír de mellor xeito ao desenvolvemento e ao avance da nosa cidade.

AUTORA

EMMA MARTÍNEZ COSTOYA, alumna de primeiro de Bacharelato Internacional do IES Rosalía de Castro.

WhatsApp Image 2017-04-20 at 14.59.16

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s