“Testemuñas sí, pero nada de morbo. Morbo cero” Carlos, ludópata rehabilitado

En moitas ocasións, as reportaxes ou noticias sobre a ludopatía que aparecen nos medios de comunicación, buscan un aumento das audiencias. Algunhas emisións chegan a non respectar á persoa entrevistada emitindo ou publicando algo que ela non desexa. Esta non é a forma máis adecuada de facer xornalismo, porén, sí é unha das máis empregadas no panorama mediático actual.

Carlos é un dos membros do noso círculo do que xa falamos máis dunha vez. É un home xa rehabilitado, pero que acode con moita frecuencia a AGAJA principalmente para axudar a quen o precisa e non abandoar a rutina. Así é como funcionan estas asociacións: uns tiran por outros, cada persoa fala do que persoalmente lle axuda a saír adiante e pouco a pouco van abandoando o mundo do xogo, sen esquecer que como eles nos explicaron “un ludópata nunca deixa de selo”. Para Carlos, o que probablemente máis lle aportou para acadar a recuperación foi dar a cara e non esconder o seu problema.

El é ata o de agora o único membro do noso círculo que colaborou con algún programa de televisión para mostrar ao mundo a enfermidade da ludopatía contando a súa experiencia. O programa que filmou TVE durante sete horas con Carlos, nunca chegou a ser emitido. Porén, o 23 de febreiro de 2017, coincidindo coa nosa primeira reunión en Vigo, La mañana de la 1 emitía un extracto da gravación no que Carlos se mostraba profundamente emocionado ao relatar a súa experiencia persoal. Pese á súa petición á cadea de suprimir certas partes da emisión como esta, non souberon ou non quixeron respectalo. “Cando dixen todo o da miña avoa, eu pedín por favor que esa parte non a puxeran porque non quería o morbo. En teoría deberían telo respectado” comentaba tras mostrarnos o vídeo na segunda reunión.

Aínda que para Carlos supuxo un enorme beneficio para a súa recuperación mostrar ao seu entorno que tiña unha enfermidade co xogo, colaborar con Televisión Española nesta entrevista non foi doado. De feito, precisou que Juan Lamas, o presidente da asociación estivera preto del en certos momentos da gravación. “Suponche emocións fortes e complicadas. Eu chego ata o punto de non recoñecerme. É coma se fose unha persoa extraña”, comentaba sobre o feito de falar públicamente do seu problema como ludópata.

A responsabilidade e a ética no xornalismo

Como cidadáns, debemos aspirar a estar informados de xeito fidedigno e honesto. Un bo xornalismo precisa que as testemuñas, as declaracións e todo o material que acompaña ás informacións sexa relevante, aporten novos datos ou completen a información. É preciso ter claro tamén que, sobre todo en reportaxes ou emisións relacionadas con temas delicados como as enfermidades ou temas persoais, as peticións sobre o que publicar e o que non da persoa ou do colectivo afectado, teñen que ser sempre respectadas. Como ben dicía Carlos, necesitamos “testemuñas sí, pero nada de morbo. Morbo cero”. O Cuarto Poder debería tomar conciencia, recuperar a moral que parece que perdeu nos últimos tempos e servir dunha vez por todas para axudar á cidadanía.

Outro punto chave destacable do tratamento da ludopatía que se fixo na emisión de La mañana de La 1, como comentabamos co círculo, é que a pesar de centrar o foco de atención no problema que supón entre os máis novos, as testemuñas e os entrevistados son persoas máis ben maiores, a excepción dunha moza. “A xente nova é a que máis cae. E a xente á que entrevistan xa leva unha longa traxectoria”, explicaba Carlos.

Como tratan os medios de comunicación a ludopatía

Preguntando aos nosos membros que lles parece o traballo que fan os medios de comunicación sobre a súa enfermidade, polo xeral, non mostran conformidade. Son practicamente noticias que pasan desapercibidas, que poñen no punto de mira aos mozos e parece que esquecen que hai moitos máis afectados e, sobre todo, buscan historias persoais que emocionen aos espectadores ou lectores. Buscan aquilo que a xente quere oír ou ver. “Os medios buscan sangue”, di Carlos.

E así é, buscan crear reportaxes e facer entrevistas onde existan afectados profundamente emocionados, que se poida escoitar a cantidade de cartos que o ludópata puidese roubar. Os nosos membros coinciden en que é interesante que o mundo comprenda a través das historias persoais ata que punto chega a afectar a adición ao xogo, de feito, eles non amosan inconvintes en narrarnos aspectos da súa vida. Porén, hai que mostrar máis cousas, xa que pouco nos falan do enorme problema da publicidade ou dos cartos que o Estado recauda ao ano co xogo.

Para acabar con isto precisamos unha maior implicación da cidadanía: se todos aspiramos a consumir un xornalismo digno, aos medios non lles quedará máis remedio que facelo.

Nuria Buño Golán

Advertisements

18 comentarios en ““Testemuñas sí, pero nada de morbo. Morbo cero” Carlos, ludópata rehabilitado

  1. Parabens polo artigo,é destacabel a tua valentia para poñer as cousas onde estan e que o que busca o xornalismo xeneralista.Poderia relatarte experiencias de 26 anos intentando visualizar o problema e como os medios de comunicacion terxiversan as cousas en pro da carne.Dende eiqui felicitar a Carlos por dar a cara e por transmitir una menxase de saida desta enfermedade.Apertas e non vos vendades o interes macabro dos medios.

    Liked by 1 person

    1. Moitas grazas, Juan. Está sendo estupendo que colaboredes connosco. Penso que é fundamental tanto para o noso futuro profesional como en xeral para crecer como persoas. Oxalá contribucións como a nosa axuden a solventar os problemas da ludopatía.

      Gústame

  2. O teu post, Nuria, é unha mostra de cómo moitas veces os medios de comunicación desinforman á sociedade. Porque dar informacións que non se corresponden ó 100% coa realidade, ou informacións reais cargadas de morbosidade co simple obxectivo de captar a atención dos lectores/espectadores, é unha clara forma de DESINFORMACIÓN. O tema da ludopatía dende sempre xerou suspicacias. Isto propiciou que os medios ignorasen o gran problema que supón esta patoloxía e, cando comezaron a darlle importancia, facíano da maneira incorrecta. Buscar unicamente o emotivo nas informacións é un erro maiúsculo. Hai que tratar estas temáticas dotándolles a importancia que merecen, falando do problema, das súas consecuencias e de posibles solucións ou tratamentos. Contar historias de xente que perdeu practicamente a súa vida apostando no xogo é algo que vende moito, pero non é o importante. O verdadeiramente importante é INFORMAR sobre esta patoloxía, ademais de concienciar á sociedade dos problemas inherentes ó xogo, para que as novas xeracións vexan o que é a ludopatía e os perigos que apostar conleva, e non caigan nas redes deste entramado vicioso do que é moi difícil saír.
    Por último, gustaríame destacar a relevancia do testemuño de Carlos, que é o reflexo dun problema longamente arraigado nos medios de comunicación. Refírome a dar informacións facendo oídos xordos ós desexos das fontes, que non queren que se saiban determinados feitos. Moitos periodistas desoen estes desexos e publican as súas informacións igualmente, ignorando o código ético de todo xornalista, que non é outro que ser fiel ós feitos e respetar a vontade das fontes.
    Aquí che deixo un enlace dunha noticia publicada en El País sobre o aumento da ludopatía entre as persoas novas
    http://elpais.com/elpais/2017/04/15/opinion/1492278665_124249.html
    e outro dunha noticia publicada en La Voz de Galicia sobre o mesmo tema
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/extravozok/2017/04/16/juego-on-line-atrapa-adolescentes/0003_201704SO16P28992.htm

    Liked by 1 person

    1. En primeiro lugar, grazas polo teu comentario. Vexo que comprendeches 100% todo o que quixen reflectir nesta publicación. Mentres o mundo da información estea movido por intereses económicos, este tipo de problemas seguirán ocorrendo a diario. Nas nosas mans, nas dos futuros (ou xa actuais) xornalistas está a posibilidade de cambiar todo isto. Pois estamos a aprender e a levar a cabo un xornalismo que ademáis de informar, axude. Para min estas son as dúas principais accións e funcións do xornalismo: educar/axudar e informar. Aquí che deixo unha entrevista dun psicólogo galego sobre o tema da ludopatía, paréceme moi interesante: http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/jose-manuel-recouso-psicologo-problema-no-son-nuevas-tecnologias-relacion-tenemos/idEdicion-2017-01-24/idNoticia-1037945/

      Gústame

      1. Vexo complicado cambiar a situación dos medios, a verdade. Penso que, como dis, os intereses económicos son un gran aliciente e un dos maiores elementos de censura cos que contan os grandes poderes para controlar o que se di, e como se di. Estou de acordo contigo en que os dous piares do Xornalismo son informar e educar á cidadanía. Polo tanto, no tema da ludopatía -coma noutros moitos- todos os interes (políticos, económicos ou de outro tipo) deben ser deixados á marxe para tratar os temas coa maior das fidelidades e dende un punto de vista INFORMATIVO que, curiosamente, é do que prescinden moitos medios de comunicación na actualidade.
        Sempre houbo intereses, pero é incomprensible que en pleno século XXI estes intereses sexan os que rexen as publicacións e as noticias que os medios de comunicación publican. A ludopatía é un problema moi serio, e como dixen no anterior comentario, debería ser tratado con total fidelidade e respeto para os afectados, tentando dar a coñecer a problemática, en tódolos seus aspectos, e non centrarse soamente no morboso do asunto, algo moi habitual na maior parte de medios.

        Liked by 1 person

  3. “Os medios buscan sangue”, quedeime con iso. Aínda que isto non deixe de ser unha consecuencia do que está actualmente demandando o público (que tamén), penso que habería que pisar un pouco o freo. De pouco serve acudir aos medios de comunicación para dar a coñecer o teu problema e que estes só mostren aquelas partes máis “amarillistas”. O único que se consegue así, ademais de non concienciar e desinformar, é que as persoas deixen de confiar na prensa e na televisión para difundir as súas mensaxes concienciadoras. E isto non é outra cousa máis ca un retroceso no xornalismo.

    Artigos coma este (http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/pedro-ludopata-empece-jugando-tragaperras-acabe-gastando-50-000-euros-mis-padres/idEdicion-2017-01-24/idNoticia-1037937/), non sei a ti, pero como lector só me aporta unha historia triste, que pretende impactarme, pero que non se achega ao obxectivo da fonte, que é dar un toque de atención sobre o problema.

    Liked by 1 person

    1. Polos vosos comentarios, vexo que fun capaz de acadar o desexo de expresar o que moitos afectados polo xogo sinten. É moi reconfortante poder realizar pezas xornalísticas deste xeito que axudan non só aos afectados, senón que é un deses grans de area que pode que estean a conformar por fin un xornalismo social e de calidade.
      Estou dacordo contigo en que o que comentei é un retroceso no xornalismo. Porén, creo que calquera de nós, dos que estamos metidos no mundo da comunicación, poderemos cambiar todo isto. Tal vez sexa utópico, pero entre todos podemos crear un xornalismo de calidade.
      Grazas polo teu comentario, aquí che deixo un artigo de El Mundo, onde se fala de mulleres ludópatas e que a pesar de ao final mostrar moitas declaracións un pouco “fortes” sobre o tema, paréceme que está moi ben. http://www.elmundo.es/yodona/2015/12/14/565f3a60ca4741636b8b45c4.html

      Gústame

      1. Noraboa, Nuria! Creo que conseguiches o que pretendías co artigo, así que parabéns 😉

        Pois mira ti, sorprendeume o artigo ao que te refires. Si que sabía acerca da problemática da ludopatía, e do perigo que esta adicción supón para os máis xoves. Doume conta agora de que todos corremos o mesmo perigo, e máis cos anuncios de casas de apostas que inundan a rede hoxe en día. Unha vez máis, as mulleres quedan ao marxe da denuncia social, que na adicción ao xogo, se centra nos homes. Atopei este artigo (http://www.abc.es/espana/castilla-la-mancha/toledo/abci-ludopatia-partida-mas-cara-201702061144_noticia.html), no que o presidente da asociación Larcama se expresaba así: «Vivimos en una sociedad muy machista. Si el hombre padece ludopatía, la mujer le intenta ayudar; pero si es la mujer la que lo sufre, el hombre la echa de casa». Non sei se tratastes algo sobre isto nalgunha reunión do círculo.

        Liked by 1 person

  4. Boas, Nuria. Estou completamente de acordo co que dis neste post. Os medios de comunicación, por desgraza, acostuman a tratar este tipo de informacións cun enfoque centrado no morbo e o sensacionalismo co obxectivo de vender máis que a competencia e gañar audiencia. É preciso esixir ós xornalistas responsabilidade e sensibilidade. Ademais, creo que é esencial que se difundan tamén os testemuños de persoas que conseguisen vencer a súa adicción e rehabilitarse da ludopatía. Penso que este video é un bo exemplo diso https://www.youtube.com/watch?v=cKemT90O5oc

    Liked by 1 person

    1. Moitas grazas polo teu comentario e pola túa atención ao post. Como xa lle dixen anteriormente aos nosos compañeiros, alégrame moito saber que conseguin reflectir o que realmente quería.
      Como ben dis, é esencial que se difundan as testemuñas das persoas que venceron (ou non) a enfermidade da ludopatía. Ata aí estou dacordo. Porén, penso que NUNCA un bo xornalista pode aproveitarse diso nin NUNCA un bo medio de comunicación pode publicar ou difundir algo que poida ferir a sensibilidade dos afectados. Eu penso que xa está ben de aproveitarse das desgracias alleas para gañar cartos. A pesar de todo, concordo contigo en que as testemuñas son precisas xa non só para informar, senón para evitar que as historias se repitan en distintas familias, en distintos lugares e e nun futuro.

      Gústame

  5. Mi gran enhorabuena Nuria. Sinceramente, muy intenso y muy interesante esta posición ante la ludopatía para con los medios. Si es cierto que los mediosd deberían de comenzar a concienciarse de la real importancia que tiene esta problemática. Los medios deberían de empezar a tomar cartas en el asunto y concienciarse de lo que de verdad importa. No desde un punto de vista morbista sino como forma de llegar al resto de la ciudadanía y hacer ver los peligros que trae. Aquí te dejo este link, relacionado con el tema de las apuestas publicitadas en programas deportivos radiofónicos. http://www.elespanol.com/ciencia/salud/20170331/204980123_0.html

    Liked by 1 person

    1. Grazas pola túa resposta á publicación. Espero que con posts como este, o mundo do xornalismo avance pouco a pouco cara unha posición mellor. Non chegaremos a ningures aproveitándonos das desgrazas alleas para aumentar as audiencias.
      Por outro lado, tamén penso que as xeracións como a nosa e as que veñan despois estarán moito máis concienciadas do que estaban ou están as precedentes sobre temas como este.
      Falando de radio e apostas deportivas, aquí che deixo un programa de radio moi interesante do que falei no meu anterior post. http://www.rtve.es/alacarta/audios/el-canto-del-grillo/canto-del-grillo-voz-alta-ludopatia-online/3623978/
      Un saúdo!

      Gústame

      1. Es terrible. La tecnología ha superado al hombre. Ya no tiene poder ninguno el hombre racional en la Tierra. Estamos dominados por la tecnología y sus aplicaciones. Está curioso como un algoritmo ha hecho que el juego pueda realizarae a través de la red.

        Gústame

  6. Boas Nuria. En primeiro lugar quero citar algunhas das frases que se inclúen neste artigo do Huffington Post: http://www.huffingtonpost.es/2017/04/16/asi-es-la-vida-de-los-adictos-a-las-apuestas-deportivas_a_21887644/
    << Las deudas que contraen los ludópatas son muy abultadas. En la asociación hay casos estremecedores: apostadores que venden la casa de sus padres sin que ellos lo sepan: O el de un hombre, padre de una niña de pocos años, cuya deuda era tan elevada que la Guardia Civil le entregó una orden de desahucio a las cuatro de la mañana ante la sorpresa de su mujer, que no sabía nada.
    Además, los ludópatas se convierten en perfectos mentirosos y una recaída supone una decepción para el enfermo y para el entorno. “El estímulo de jugar puede con todo”
    El coste personal, tanto para Gonzalo como para Miguel Ángel, es incalculable. “Mi familia no se fía de mí y van a vivir toda la vida con el miedo de que les pueda volver a hacer lo mismo”, relata Gonzalo con la voz rota. >>

    Considero que é un exemplo perfecto ó que relatas (xunto con Carlos) neste post. Os medios só buscan o tan ansiado morbo, sen importar o desprestixio que se lle poida dar á enfermidade. Son numerosos os artigos na prensa que se interesan por relatar as vivencias das persoas ludópatas. En case todos eles faise especial fincapé en roubos, rupturas e outros problemas persoais, deixando así ós enfermos como os “malos” e desacreditando a súa enfermidade. Outro exemplo no ABC: http://www.abc.es/espana/castilla-la-mancha/toledo/abci-ludopatia-partida-mas-cara-201702061144_noticia.html
    Un saúdo, Nuria!

    Liked by 1 person

    1. Tes toda a razón, eses exemplos complementan á perfección o tema de Carlos en TVE. Claro que as súas vidas están repletas de mentiras e problemas económicos, iso xa todos o sabemos. Pero tampouco é necesario que ese sexa o atractivo da noticia. Espero que pouco a pouco todo esto mude e se comece a construír un xornalismo adecuado e ao servizo da sociedade.
      Grazas polo teu comentario! Un saúdo

      Gústame

      1. Estiven tratando de buscar algunha noticia que falase do seu diagnóstico e o seu tratamento e non atopei ningunha. Creo que os medios deberíanse de enfocar máis neste tema, que é o verdadeiramente importante. Con “noticias” coma esta (http://www.lacronicabadajoz.com/noticias/extremadura/signos-ludopatia_256643.html) é imposible normalizar a situación. Entrei a leela pensando que ía ofrecer un perfil de diagnóstico e o único que resalta é “ABANDONO DE ESTUDIOS” e “CADA VEZ MÁS DINERO”.
        Tamén me gustaría saber a túa opinión sobre esta noticia publicada polo ABC (http://www.abc.es/cultura/abci-libros-para-combatir-ludopatia-201704110119_noticia.html). Se ben a iniciativa do dono do bar é boa, penso que o titular “Libros para combatir la ludopatía” deixa que desexar. Parece ser que se les un libro non podes ter esa enfermidade, ou que a tes porque es un inculto e folgazan que non fai nada coa súa vida. Resúltame un titular moi capacitista.

        Gústame

  7. Boas Nuria, primeiramente quero felicitar ós valentes que dan a cara e poñen rostro á realidade. Agora ben, gustaríame saber se existe algunha institución que protexa a estas persoas respecto ós medios que son tan depredadores.

    Adxúntoche un enlace a un blogue que fala dende a perspectiva dun ex adicto e da pautas sobre como desengancharse. Neste caso fala da presencia da ludopatía nos medios, de xeito similar ó que ti fas. Podería resultar interesante: https://juegocompulsivo.wordpress.com/2015/10/27/la-ludopatia-en-los-medios/

    Liked by 1 person

    1. En primeiro lugar, grazas polo teu comentario. En segundo lugar, paréceme bastante interesante o enlace que compartes. É preciso falar de ludopatía, que o mundo coñeza este problema pero sempre sen esquecer que é algo no que están implicadas persoas e, polo tanto, familias, cartos… En fin, son vidas humanas e hai que respetalas baixo calquera contexto.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s