A súa voz: a importancia da escoita

“Somos unha familia”. Esta é a visión de Rosa e Daniel, dous membros de Andaina que levan xa seis e oito anos respectivamente na organización. Ambos viven moi preto, na mesma vila rural, o que lles facilita participar en todas actividades que realiza a asociación en Dodro. Teatro, radio, unha horta, produción de sidra… Todas son actividades que lles permiten desfrutar do momento, pensadas para que establezan relacións afectivas e que lles axude a afrontar a súa enfermidade.

Andaina supuxo para Rosa e Daniel un cambio na súa situación grazas ao coidado quente da tenrura. “Se non vés un día, chámante a casa para saber se estás ben”, asegura Rosa. A preocupación afectiva que lles trasmite a asociación fai mudar a actitude dos seus membros. Andaina é luz. Para Rosa iso é algo especial. Para ela e o resto de Andaina. Ademais, no caso de Daniel, diagnosticado con esquizofrenia dende a súa mocidade, tamén resulta unha gran axuda contar cun sitio que lle outorga unha rutina, unha “xornada diaria, case como unha laboral”.

Aparte de consello e terapia, en Andaina atopan o agarimo “dunha familia”, algo polo que ambos están agradecidos, segundo nos contaron na última reunión que mantivemos. Tanto os monitores como o resto de compañeiros son un gran apoio.  Nesta xuntaza, o noso obxectivo foi darlles voz a eles. Falar do que pensan, de como viven ou o día a día nun mundo asolagado de estigma. Empregando unha publicación deste blog poden chegar agora a un espazo, Internet, ao que lles é complicado acceder. Nós queremos mudar isto. Pretendemos poñer nas súas mans a posibilidade de aportar o seu gran particular de experiencia no mundo da saúde mental á maior fonte de información da actualidade.

“Teño esquizofrenia polas drogas”

O consumo de substancias ilegais está moi extendido na actualidade. A cocaína e a marihuana, por exemplo, son moi comúns en idades cada vez máis temperás. O que moita xente non sabe é que estas substancias alteran a química do cerebro, podendo espertar unha esquizofrenia dormente. A día de hoxe, non podemos afirmar que o cannabis, por exemplo, produza esquizofrenia, xa que os causantes desta enfermidade son descoñecidos; porén, está probado que o consumo de drogas pode aumentar o risco de padecela e de que os síntomas sexan peores e máis precoces. É por iso que se converte en fundamental estar informados, porque ademáis dos riscos que de por si conleva consumir este tipo de estupefacientes, hai que ter ollo co historial de enfermidades da nosa familia. A esquizofrenia considérase unha enfermidade crónica hereditaria, o cal aumenta as posibilidades de que se chegue a padecer se algún ascendente a sufriu con anterioridade. O consumo de drogas convértese, en moitos casos, nun detonante.

Así foi a historia de Daniel. Comezou a fumar de adolescente, coma moitos outros, e arredor dos 18 foi diagnosticado e internado por esquizofrenia. Dende a propia experiencia, quere crear conciencia e alertar sobre a situación que el atravesou. Poucas persoas están suficientemente informadas sobre as enfermidades mentais en xeral, e moito menos da incidencia das substancias psicótropas na evolución destas.

“Ser muller e ter unha enfermidade mental é máis díficil”

Rosa ten depresión, mais é unha muller que ilumina ó día. Sempre ten un sorriso na cara, e para ela, Andaina é moito máis ca unha institución na que recibe tratamento. Ela recibe “cariño”, asegura. Recalca que a muller no rural está moi desatendida, e que ela, que ten diagnosticado un trastorno depresivo, estaba no rol de “muller ama de casa”, soa. O contacto cos monitores da organización, dos que ninguén ten máis que palabras bonitas, foi algo moi positivo na súa recuperación.

A situación actual no tocante á igualdade de xénero está nunha posición moito mellor cá de hai vinte anos, sen dúbida. Pero aínda así, segue habendo problemas e controversias que necesitan ser solucionadas. Se a iso lle sumamos outro mundo rodeado de estigma como é o da saúde mental, atopámonos con esa “doble problemática” da que Rosa nos fala. Unha situación que se pasa por alto na maioría dos casos e que apenas se trata nos medios. En xeral, o pouco que se amosa é morbo, violencia e accidentes causados por “enfermos mentais”, lastrando dunha connotación negativa o termo. Os medios non deben amosar tan só esos feitos, pois facelo é errar. É por iso polo que é tan importante dar voz a quen realmente sabe e pode falar do tema dende a experiencia e o entendemento.

 Bibliografía:

  •  C.A.T Barcelona. ¿Son las drogas responsables de padecer esquiofrenia?      Recuperado de http://www.cat-barcelona.com/faqs/view/son-las-drogas-las-responsables-        de-padecer-esquizofrenia
Advertisements

14 comentarios en “A súa voz: a importancia da escoita

  1. Realmente é triste saber que hay moitas persoas con problemas de saúde mental que carecen de todo tipo de apoio solo por vivir en zonas rurais, tendo que desprazarse no caso de querer algún tipo de apoio, o tendo incluso que chegar a ser internados. Se nos fixamos nos medios, esta temática carece de bastante representación para formar a cidadanía e crear así unha conciencia de axuda e apoio entre a comunidade rural do afectado. Este sería un gran primeiro paso no caso de non ser posible unha asociación: que os veciños foran un apoio (a pesar de que non teñan unha formación profesional, pero que aínda así o apoio nestes casos sempre é bo).
    Por outra banda, grazas aos servizos que nos pode ofrecer internet, podemos atopar a información que en rara ocasión aparecen nos medios. A continuación deixo un link sobre a temática da saúde mental: http://blogs.publico.es/lidia-falcon/2017/04/09/enfermos-mentales/

    Liked by 1 person

    1. Si, claro que toda a información esta en internet. Pero non podemos esperar que todo o mundo se informe por si mesmo, xa non só polo perigoso que pode resultar ao non vir directamente dun especialista especializado, senón porque non todo o mundo pode. Hai que non ten tempo, ou non ten medios. A maioría da xente que coñecimos en Andaina non sabía usar un ordenador o suficiente como para poder informarse sobre o tema. Hai unha porcentaxe elevada da poboación que non ten recursos para informarse, e a maioría da información que lle chega está redactada de maneira que non representa a realidade das enfermidades mentais. Quen as sofre, se non está sendo tratado pode non atopar nunca a información que precise para decidir ir ao médico. Que non, pode que nunca o entenda porque o único que sabe é o pouco que sae nos medios, que crea unha imaxe de falsedade, de violencia e diferencia deles. Por exemplo, nesta noticia falan sobre o que afecta á población de México a estigamtización sobre as enfermidades mentais. http://www.20minutos.com.mx/noticia/204357/0/especialistas-lamentan-falta-de-importancia-a-enfermedades-mentales-en-mexico/
      Por iso son tan importantes as asociacións, as axudas de cara a cara e persoa a persoa, que acaban básicamente solucionando vidas.
      En canto a ese artio, comparto a súa visión. unha vez máis, esa é a consecuencia da ignorancia sobre o tema.

      Gústame

      1. Obviamente cada persoa marca as súas prioridades, e se entre elas non está este tema, será moi complicado que chegue a documentarse por si só, a súa formación serías os medios, que moitas veces non tratan o tema como deben, como ti moi ben dis. Normalmente a xente informase cando o tema lle afecta, como pode ser co caso das drogas que ti mencionas no post. De feito, en moitos institutos danse charlas sobre as drogas, e inciden moito nese tema, digo porque fun asistente a varias cando estaba na secundaria. Pero a pesar disto moitos deciden facer oidos xordos e esquecen o tema, obviando unha realidade, e que unha vez a enfermidade empeza xa non hai volta atrás.

        Liked by 1 person

      2. Estou de acordo co que dis. Danse charlas, intenta facerse un cambio. Pouco a pouco conséguese poero non é suficiente. Por iso é moi importante a concienciación da sociedade, para que estas charlas sí que sexan informativas e cumplan co seu cometido.
        Facer ver que este tema é moi importante, que require atención e que ademáis, non é tan aterrador como din. É algo normal. A OMS fixo parte da súa axenda pública a sáude mental. http://ecodiario.eleconomista.es/sociedad/noticias/8276678/04/17/Salud-mental-espana-celebra-que-la-oms-contribuya-a-situar-la-depresion-en-la-agenda-publica-mundial.html

        Gústame

      3. Esperemos que ese cambio que se espera chegue canto antes co fin de mellorar a situación de todas estas persoas. Pola contra, sego insistindo en que fai falta unha maior preocupación por formar a población, o cal me parece algo do máis básico.
        Grazas a asociacións do nivel da OMS parece que esa preocupación polo tema mellora, pero aínda así falta moito por facer, tal vez habría que crear aínda máis iniciativas, xa que toda axuda é pouca. Moitas grazas pola tua atención.

        Liked by 1 person

    2. Creo que é moi interesante este tema: O efecto Wherther. Nesta noticia (http://es.rfi.fr/salud/20170406-efecto-werther-hablar-con-precaucion-sobre-el-suicidio-responsabilidad-de-los-medios) falase del, da súa historia é de como inflúen os temas que se publican nos medios de difusión masiva na sociedade. Ínstote a que lle votes unha ollada e me digas que pensas ao respecto. Eu, pola miña parte, xa cría en que isto podía pasar pero non sabía que tiña un nome.

      Gústame

  2. Boas Noela, neste post tocáronse diferentes aspectos. É bastante útil para afacerse á situación na que vivimos. O que máis me chamou a atención son os factores que inciden neste tipo de enfermedades. As drogas poden ser, de novo, un inimigo, máis que un aliado. Esa distorsión pasaxera deixa de ser futil e se converte nun golpe permanente cunha pegada de por vida. Xa non poderá haber espazo para o arrepentimento, polo que hai que ter moito coidado coas decisións que un toma sobre o seu propio corpo.

    Por outra banda, a verdade e que é moi reconfortante que existan este tipo de asociacións tan eficientes. Alegra saber que os afectados están contentos co trato recibido e que, ademais, saiban que non están solos, que, polo de agora, contan co apoio e co calor humano de persoas que teñen coñecemento e que, en parte, poden chegar a ser empáticos con todos eles.

    Así e todo, entristéceme ver como a saúde mental vése afectada pola intromisión do machismo. Isto indica que hai outra batalla que hai que afrontar e que, por suposto, non pode quedar oculta nos medios de comunicación. Somos xornalistas, non toleremos a silenciación de temáticas que nos afectan a todos e que, ademais, repercuten negativamente sobre a sociedade.

    É moi complexo sentir a dor enfermos mentais pero, afortunadamente, existe material que incide neste aspecto. Bótalle unha ollada a este vídeo da coñecida plataforma audiovisual de Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=gb555Mf6c54

    Liked by 1 person

    1. Paréceme xenial que se fagan esa clase de cousas, como a do vídeo que adxuntaches. Creo que polos medios “informais”, é decir, non os medios de comunicación oficiais, se está difundindo unha sensibilización moito maior á que nunca houbo. Porque por unha vez, pódese. Hai xente interesada en facer visibles as enfermidades mentais e á xente que as ten tal e como son, e teñen medios para facelo porque os medios oficiais non llo poden impedir. Hai miles de vídeos en youtube, de artigos en todo tipo de blogs e redes sociais, sobre o que é vivir con ansiedade, depresión, TOC; trastorno bipolar, esquizofrenia, e todo tipo de enfermidades case, e na maioría dos casos proveñen de xente que as ten. Pero tamén crea a problemática da desinformación, ás veces dando por sentado cousas que en realidade non son así.

      O problema da doble estigmatización que sofren as mulleres con enfermidades mentais tamén é moi preocupante. Este artigo (https://www.sexovida.com/psiquiatria/lamujer.htm) trata o tema desde u punto de vista moi interesante e mo iclaro, tendo en conta como de sempre, polo motivo de ser muller as enfermidades mentais eran algo pecaminoso e froito da súa condición de muller nelas, pero nos homes, non eran nada. Pero tamén creo que hai que ter en conta o papel dos homes tamén. Non culpables polo machismo confinado á sociedade durante miles de anos, a día de hoxe ser home ter unha enfermidade mental tamén pode ser un problema de sexo, como no caso dos desordes alimenticios e incluso da depresión. “Enfermidades de mulleres”. Esta noticia (http://www.bbc.com/mundo/noticias/2016/05/160509_salud_anorexia_hombres_testimonio_charles_wooldridge_trastorno_alimentario_lb) conta cun testimonio dun rapaz con anorexia, aínda que trata temas dunha maneira ao meu parecer pouco correcta. Este outro tiven que recuperalo do 2014 (http://elpais.com/elpais/2014/10/24/ciencia/1414168230_470691.html) trata o tema desde un punto de vista moito máis científico.

      Liked by 1 person

      1. Grazas polas túas achegas Noela. O tema dos medios e, coma sempre, recorrente. É certo que como xornalistas sempre dependemos de moitos elementos e a nosa información, lóxicamente, ase ver afectada. Porén, coma ti dis, hai algúns medios “independentes” que verten informacións que, en certo modo, están máis libres de interferencias. As mensaxes teñen que chegar ao receptor coa maior pureza posible, eliminando o cooñecido como “ruído” comunicativo, se é que se lle pode engadir dito adxectivo.

        Efectivamente necesariamente hai que incidir con maior precisión na sensibilización da sociedade, paso previo á concienciación. Teñen que sentir nas súas carnes o que é padecer este tipo de enfermedades e liberarse de todo tipo de prexuízos artificiais. Actualmente, quen non se informa é porque non quere. Hai moitas vías para coñecer. Para descoñecer só hai unha.

        O machismo tamén é froito da ignorancia, un dos camiños máis fáciles polos que opta unha sociedade acomodada. Canto nos ensinou a filosofía e, en troques, parece que seguimos dentro da cova da que falaba Platón. Por desgraza, o machismo consegue acadar unha morea de ámbitos que, xa de por si, están bastante prexudicados. Moitas persoas son as estigmatizadas e esta estigmatización non se xustifica baixo ningún concepto.

        Coma ben di o artigo que me pasaches, a muller é vítima deste tipo de consideracións infundamentadas. Os medios deberían visibilizar esta situación con asiduidade. Por outra banda, por suposto que a sociedade ten certas enfermidades mentais etiquetadas e, por esta mesma razón, as atribúe a determinados xéneros, e esta equívoca imaxe deriva en certa morbosidade por parte dos medios. Este oportunismo mediático é tamén un gran mal contra o que hai que loitar a pesar dos condicionantes que nos acechan.

        A existencia de certas enfermidades mentais tamén ten certos condicionantes que podemos omitir, como o caso da depresión non é? Esta enfermidade tamén ten diversas consideracións que parten dunha perspectiva machista. Non sei se coñecías o medio arte.tv, fai reportaxes en formato audiovisual demasiado interesantes. Que te parece este? http://www.arte.tv/guide/es/069991-002-A/depresion-un-fenomeno-masivo Que opinas? Crees que a depresión é cada vez máis habitual na nosa sociedade?

        Liked by 1 person

      2. É a depresión cada vez máis habitual na nosa sociedade? Esa é unha pregunta complexa. Nesta noticia, (http://www.efe.com/efe/america/sociedad/los-casos-de-depresion-aumentan-un-18-en-el-mundo-la-ultima-decada/20000013-3188037), dise que si. Por unha banda, temos que ter en conta que coa aceptación (non real de todo, se me preguntas a min) das enfermidades mentais, comezouse a diagnosticar e tratar a depresión en máis casos. Isto claro que afecta no aumento dos casos de depresión. Pero ademáis, é verdade que a sociedade actual en certo modo derivou a un xeito de ser que non favorece o benestar da saúde mental. As novas tecnoloxías son un exeplo disto. Vivir sempre conectado mediante redes sociais, responder ás expectativas ficticias que expanden e someterse aos perigos que ofrecen, como o acoso e a burla ante millóns de persoas, son moitas variables ás que está exposta a maioría da mocidade. No primeiro mundo, a xuventude está moi exposta. http://www.catalunyapress.es/texto-diario/mostrar/713974/depresion-segunda-causa-muerte-entre-jovenes-padecen-350-millones-personas

        Ademáis, paréceme moi interesante este tema que che vou expoñer. Comentóuno Omaira, a directora de Andaina (a asociación coa que estámos traballando). A tasa de suicidios en Galicia é a máis alta de España, é a causa a máis mortes que os accidentes de tráfico na nosa comunidade autónoma. A noticia e esta: http://cadenaser.com/emisora/2016/05/03/radio_galicia/1462293831_508904.html
        Omaira comentounos que que nos parece que a campaña de seguridade ao volante reciba tanto esforzo, sexa tan visibilizada, cando hai máis mortes por suicidios. Que pasa coa campaña masiva para a prevención de suicidios?

        Liked by 1 person

    2. A verdade é que seguro que existen multitude de motivo que expliquen esta situación de desencanto progresivo. A depresión é unha enfermidade mental que ás veces ten, como dis, relación co suicidio. Por este motivo hai que prestar especial atención a este aspecto. Hai que evitalos, polo que hai que incidir nesta enfermidade con maior frecuencia.

      O tema dos suicidios é bastante delicado: non aparecen nos medios. Pode considerarse, coma xustifican, que a publicacion destes induce a outros suicidios? O certo é que non está comprobado. Voltando ao tema anterior, para que alguén se suicide ten haber certos problemas que non se puideron solucionar. Por qué acontece isto? Evidenmente faltan recursos de apoio a este tipo de situacións. Recoñecer a importancia dos devanditos problemas e axudar a arranxalos coa maior inmediatez posible. Ferramentas hainas, pero hai que moverse xa.

      O que non entendo é esta falta de consideración pois, como ti expós, é moi estraño que non haxa campañas de prevención de suicidios. Realmente si é un tema que abarca unha extensión dun tamaño relevante. Parece ser que a algúns lles compensa más eludir este mal social que investigar as súas causas. http://www.lavozdigital.es/cadiz/v/20111204/ciudadanos/informa-suicidios-20111204.html Velaquí tes unha posible explicación. Eu non a comparto.

      Liked by 1 person

  3. Boas Noela. Estaba buscando na web, na sección de “noticias”, algún artigo de algún xornal importante no noso país. E o certo é que apenas atopei nada sobre as enfermidades mentais publicado nos medios de comunicación. O único enfoque que se lle dan nos artigos que lín é sobre as causas das diversas enfermidades. Isto está ben, sí, pero considero que tamén se lle debería dar voz ás testemuñas, ós afectados, co fin de que as enfermidades deixen de ser un tema tabú na sociedade.
    Ter algunha enfermide mental está tan mal visto que se usa en infinidade de ocasións como pretexto e causa de outros problemas. Explícome: cantas veces escoitamos ou lemos que a culpa dos asasinatos machistas están causados por persoas con problemas mentais? Infinidade. Os medios dánlle bastante cobertura a este tipo de cousas co fin de excusar ó culpable. O primeiro parágrafo deste artigo describe á perfección ó que eu me refiro: http://blogs.publico.es/lidia-falcon/2017/04/09/enfermos-mentales/
    Tamén me gustaría ter falado neste comentario da dificultade que teñen estas persoas para atopar traballo, etc, pero o certo é que, como dixen arriba, as fontes de información fiables sobre este tema son mínimas.
    Un saúdo e grazas por esta publicación tan necesaria!

    Gústame

    1. En efecto Marta, comparto totamente a túa visión. É certo que, por culpa do estigma que somete ás enfermedidades mentais, ás persoas que as teñen, hai cícrculo de mentiras que ao contrario do que a xente pensa, é perxudicial. Quen non viviu de preto o que realmente significa unha enfermidade mental, ben por un mesmo ou por amizades ou familia, é moi díficil que comprenda na súa totalidde o que significa. Non ten medio para facelo. Hay tantas cousas na rede, que pensar que a sociedade se pode formar “só porque quere e mediante toda a información en internet” é ridículo. Hay máis engaños que verdades, e é un tema demasiado importante como para deixalo na man de cada un. Por iso é tan importante que se de unha información completa, contrastada e verdadeira nos medios, porque é a maneira se que a sociedade se forme e, pouco a pouco, cure este mal que é a estigmatización que sofren as persoas con enfermidades mentais e a saúde mental en xeral.
      En canto ao artigo que me pasaches, xa o coñecía, es a terceira persoa que me redirixe a él. E non podía estar máis de acordo.
      A OMS dedicou o día mundial da saúde á depresión, vótalle unha ollada a esta noticia (http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2017/04/08/depresion-trastorno-banal/1169783.html).

      Gústame

      1. Moi interesante o artigo! Agora que falas da depresión, deixoche este post publicado en La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2017/04/29/depresion-dinero/00031493404505341875851.htm) como un claro exemplo da estigmatización e da pouca importancia que se lle outorga na sociedade ás enfermidades mentais. No artigo en cuestión, o autor di claramente que posuir cartos cura mellor esta enfermidade que as pastillas ou os psicólogos. En verdade, esta afirmación paréceme vergoñenta e carente de sentido e información. Quizáis os medios podían tender o seu brazo rexeitando publicar cousas así. Sería unha medida, canto menos, bastante efectiva para paliar a propagación da desinformación.
        No referente ó día mundial, a cobertura de El País pareceume moi correcta e interesante. Aquí cheadxuntoo enlace para que lle botes unha ollada, se non o fixeches xa. http://elpais.com/elpais/2017/04/07/mamas_papas/1491549081_670010.html
        Un saúdo!

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s