Vigo encabeza a lista dos desafiuzamentos

O pasado 17 de marzo, O Consello de Ministros aprobou o real decreto que amplía a suspensión dos lanzamentos hipotecarios de vivenda habitual en tres anos. É dicir, ata 2020. Un real decreto lei que profundiza nas medidas de protección a colectivos vulnerables pola crise ante o desafiuzamento da súa vivenda xa existintes. Esta ampliación permite que se beneficien dela familias con fillos menores (non só con menores de tres anos, como ata o de agora) ou monoparentais con fillos ao seu cargo, en situación de desemprego, discapacidade, dependencia, enfermidade grave ou violencia de xénero.

O Goberno puxo en marcha en 2012 esta serie de medidas ante a problemática dos desafiuzamentos, das que xa se beneficiaron unhas 78.600 familias ata a o de agora. Ademáis, dende entón, suspendéronse un 24.000 lanzamentos. Mais, a pesares de ser boas novas, aínda seguen adiante moitos outros desafiuzamentos.

Os desafiuzamentos van a máis

Calcúlase que hai uns 2.400 casos de xente que se queda sen teito cada ano en Galicia, sendo Vigo a cidade na que máis desafiuzamentos se producen. No primeiro trimestre deste ano contabilizáronse 166 lanzamentos tan só nesta cidade, dos que máis de 100 foron expulsións de inquilinos que non pagaron o aluguer. Xa son 37 desaloxos máis que hai un ano. A maioría das execucións de desafiuzamento son de pisos alugados, mais no que vai de ano houbo dous desaloxos de hipotecados que perderon os seus fogares por impago das cuotas.

Segundo Fernando Varela, letrado xudicial da oficina común de notificacións e embargos, “no sé el motivo de la subida, hubo un gran bajón en 2016 pero volvemos a las cifras de 2015. “El que no paga es desalojado. Los desahucios siguen porque los bancos quieren hacerse con los bienes que se adjudican y los caseros buscan cobrar las rentas adeudadas o dejar la casa libre para que la ocupe otro que sí les pague”, indicou.

A comisión xudicial avisou aos servizos sociais en tres ocasións este ano tras detectar que varios dos desafiuzados vivían con menores e que, ao ser botados á rúa, poderían quedar nunha situación de desprotección. Aplicouse o protocolo para estes casos e a Xunta buscoulles un aloxamento nun piso de aluguer social.

CONSIGUEN APLAZAR UNA SEMANA EL DESAHUCIO DE UNA FAMILIA EN OURENSE

Imaxe de El Ideal Gallego

Así lle pasou á viguesa Mercedes Pérez, nai de tres fillos, que foi desafiuzada hai un ano por impago do aluguer. Tras unha movilización de Stop Desahucios e Os Ninguéns, logrou que a Xunta lle outorgase unha vivenda social ao outro lado da ría, en Moaña.

Como xa comentáramos nun post anterior, a pesares de conseguir que unha persoa ou familia non se quede sen teito, non sempre é unha vitoria total. Segundo comenta Mercedes, o piso onde reside ten numerosas avarías serias, con tubaxes picadas xa dende antes de que ela e os seus fillos chegaran. Ademais, non puido matricular a un dos seus fillos nun colexio de Moaña por culpa do seu exmarido (sen a firma dos dous, non se pode autorizar o cambio de colexio), co cal, obrígaa a ter que gastarse 150 euros en gasolina. Algo que é desorbitado nestes momentos dentro da súa economía familiar.

Debería estar viviendo en Vigo pero el alcalde, Abel Caballero, no firmó el convenio con la Xunta para hacer viviendas sociales. La única oferta fue la de la Xunta, pero nos lo dio en Moaña”, indica Mercedes. Cre que no hay implicación ni voluntad política para dar un techo a las familias sin recursos y con hijos a su cargo”. Moaña é a onde ten que ir durmir, mais, para ela, a súa vida está en Vigo.

As solucións por parte da Xunta: o programa de Vivendas Baleiras

O convenio que non quixo firmar o alcalde de Vigo coa Xunta é o programa de Vivendas Baleiras, unha iniciativa que permitirá, grazas ao convenio asinado entre o IGVS e a Fegamp, destinar vivendas baleiras de propiedade pública ou privada ao alugueiro social. As vivendas que se incorporen a este programa terán asegurados: un seguro multirrisco do fogar e un seguro da garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas polos arrendatarios.

A este programa poderán acollerse os concellos que asinen o acordo de adhesión anexo ao convenio coa Fegamp. Os concellos adheridos proporán ao IGVS a incorporación ao programa de vivendas baleiras da súa propiedade ou de terceiros, sempre que estean libres de cargas e gravames que impidan o seu arrendamento, ser conformes coa lexislación que lle sexa de aplicación, incluída a urbanística, estar desocupadas e ser susceptibles de uso, cando menos, desde o momento da solicitude de incorporación ao programa.

Ourense, Santiago Marín… un total de 40 concellos de toda Galicia xa se sumaron ao programa de Vivendas Baleiras da Xunta. Pequenos pasos cara adiante, mais que non son suficientes. Aínda queda moito camiño por percorrer para que nun futuro se consiga finalmente que ninguén se quede na rúa.

Advertisements

28 comentarios en “Vigo encabeza a lista dos desafiuzamentos

  1. Con respecto a esa iniciativa da que falas, Vivendas Baleiras, adxunto aquí un enlace que mostra unha infografía dos concellos adheridos á proposta. http://www.lavozdegalicia.es/grafico/galicia/2016/10/22/programa-vivendas-baleiras/00161477166372087751160.htm

    Como vemos a cidade de A Coruña, entre outras, pero sede de Stop Desahucios, non está asociada ao plan. É unha das maiores polémicas entorno a este tema coas que lidia o goberno local. A Xunta insiste pero as excusas non cesan… din que pola súa conta resolven mellor o problema dos desafiuzamentos. É irónico que pensando así sexan o lugar de nacemento da plataforma contra os desafiuzamentos máis relevante de Galicia.
    Dende a Xunta defenden que Vivendas Baleiras serve para loitar contra os desaloxos de xeito máis eficaz e achacan ao goberno que as vivendas que integran o programa poden ser tanto de titularidade municipal como de propietarios particulares ou de persoas xurídicas, que é o escudo que poñen dende o mando para evitar sumarse ao
    programa.
    A economía crece pero os desafiuzamentos en Galicia seguen aumentando e os remedios aínda son moi pobres. “Hubo un gran bajón en 2016 pero volvemos a las cifras de 2015”, mentres sigamos retrocedendo así non poderemos dicir que esteamos saíndo da crise por moitas estatísticas que falen de paro, soldos e cartos.

    Gústame

    1. Grazas polo teu comentario, Rita. Aínda queda moito por facer para que os desafiuzamentos se extingan por sempre. Quizáis o plan da Xunta non sexa o mellor e teña algunha algunha falla con respecto ás sús vivendas, mais tráta de levar un paso a diante a loita. O malo é cando hai cidades nas que o seu goberno inclúe os desafiuzamentos no seu plan de acción, mais non se adheren ao plan da Xunta nin fan nada por frealos por eles mesmos, como o caso da Coruña.
      Con respecto ás vivendas da Xunta, por suposto, nunca hai que defender que proporcionen pisos en mal estado. Na miña opinión, xa é un paso que concedan vivendas a xente que perdeu a súa casa, mais o que hai que facer con isto é seguir coa loita e protestar. Porque unha vivenda digna é un dereito humano.

      Gústame

      1. É o que ti dis, Paula, mentres as administracións non se impliquen isto non avanzará. Por agora, a valedora do pobo en Coruña segue presionando ao concello para sumarse ao plan das Vivendas Baleiras e afirma que unha vivenda desocupada “non é compatible coas exixencias dun axeitado principio do uso racional do parque de vivendas e non se axusta ás demandas actuais da sociedade”.
        O pleno municipal aprobou en maio de 2016 unha moción presentada polo PP para adherirse ao plan, pero todavía non está posto en marcha. Por isto, Beatriz Mato, reprochaba á Marea que “esta preciosa ciudad lidere el crecimiento del paro, boicotee a los empresarios con la parálisis de licencias, reduzca las ayudas a entidades sociales, invente rentas sociales para dar una, vaya a manifestaciones de Stop Desahucios para luego no apuntarse al plan de vivendas baleiras de la Xunta».
        Deixo aquí un enlace que fala da loita que se está a levar por parte da valedora para integrarse dunha vez por todas no plan.
        http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/sada/2017/03/29/valedora-insta-marea-entrar-programa-vivendas-baleiras/0003_201703H29C1991.htm

        Do mesmo xeito, atopei outra noticia interesante na que se desafiuza a unha familia con tres fillos en Vigo, cidade que tamén está exenta do plan. Durante o xuízo, o matrimonio estivo rodeado dun grupo de xente que non paraba de pedir que Vigo subscriba o programa de Vivenda Baleira da Xunta para evitar situacións como esta.
        http://www.atlantico.net/articulo/vigo/familia-3-hijos-queda-calle-mayo/20170418085547584402.html

        Gústame

      2. Moi interesantes ambas noticias, Rita. Tes toda a razón no que dis. Con respecto á Coruña, o goberno da cidade tiña no seu programa electoral (antes de seres elexido) o problema dos desafiuzamentos. Eu creo que por iso en parte ten aínda moito máis delito que a cidade herculina non forme parte do plan Vivendas Baleiras da Xunta.
        Penso que tanto A Coruña como Vigo, ou calquera municipio galego debería unirse ao plan, xa que axudará a centos de persoas. Un pequeno acordo con grandes resultados.

        Gústame

  2. Boas Paula. Este post é unha boa forma de contrastar dous polos opostos que se están a dar actualmente con respecto ao tema dos desafiuzamentos: por unha parte, está a iniciativa de Vivendas Baleiras da Xunta, á que se están sumando numerosos concellos e que supón un gran paso para mellorar a situación de moita xente. Pero por outro lado están os estudos e cifras reais sobre algúns lugares, entre eles Vigo ou Coruña, que sendo grandes cidades da nosa comunidade autónoma presentan uns datos de desafiuzamentos que deixan moito que desexar. Con isto a miña conclusión é que, aínda que se está indo cara unha mellora, todavía queda moito camiño por percorrer e moito que loitar.
    Entroume curiosidade por saber como se viven os desafiuzamentos fóra de España e atopei unha noticia bastante interesante. Nela inténtase comparar a España co resto de Europa neste tema: http://www.eldiario.es/sociedad/desahucia-Europa_0_527397493.html

    Gústame

    1. Grazas polo teu comentario e o enlace, Esther. Concordo coas túas palabras, compañeira, é unha triste realidade que a pesares de que a economía avanza e imos saíndo da crise financeira, os desafiuzamentos non seguen esta liña de mellora tamén. Este é un claro indicador de algo se está a facer mal, por suposto.
      No referido ao enlace que propuxestes previamente, é moi interesante ao meu parecer. Nos parágrafos titulados como “Desahucios en solo días”, é revelador e tranquilizante a postura de España neste tema fronte a outros países de Europa. Mais non hai que esquecer que agora en España estan a emerxer numerosas bandas que desaloxan á xente, como “desokupa” en Barcelona. Incluso teñen páxina web e todo https://www.desokupa.com/ . Xente encargada de atemorizar e desaloxar unha vivenda ocupada por alguén con impago das cuotas ou okupas. Hai que pensar que a xente que ocupa unha vivenda nestas condicións non é por capricho, senón por necesidade, e esta organización bota ás persoas a patas. Algo que cada vez está máis á orde dos nosos días e que se está a estender polo resto do noso país. Déixote aquí un enlace sobre o tema, por se che interesa : http://www.elconfidencial.com/espana/2016-10-02/desokupa-comando-boxeadores-desaloja-usando-ley_1268872/

      Gústame

      1. Boas de novo, Paula. Non tiña constancia sobre a existencia desa páxina web. A verdade é que me sorprende moito. Entendo que a xente que vive en grandes edificios queira buscar a tranquilidade nas súas vivendas, pero os que promoven estas páxinas non teñen ningún dereito a desaloxar a alguén que se atopa nunha situación tan difícil. É certo que se un veciño ve alterado o seu día a día por algún mal comportamento dos “okupas” está no seu dereito a protestar. Porén, ninguén excepto un xuíz pode ordenar o desaloxo dunha vivenda. Quédome cun par de frases da noticia que me pasaches: “El observatorio emprende acciones judiciales cuando hay una vulneración de derechos humanos, y esta empresa lleva tiempo vulnerando el derecho a la vivienda.” “El surgimiento de este tipo de empresas es una amenaza social”.
        Déixoche unha noticia na que se explica que Ada Colau vai habilitar un lugar para okupas: http://www.elmundo.es/cataluna/2017/04/23/58fc837046163f2d798b459d.html

        Gústame

      2. Paréceme unha boa iniciativa a de Ada Colau. Como aparece na noticia, as persoas que okuparon a antiga comisaría facíano en forma de protesta, e finalmente foron escoitados.
        Moitas veces as acción teñen que ir por unha vía non de todo legal para que un poida ser escoitado. Este foi o caso do noso círculo, que nos comentaban que en numerosas ocasion foron denunciados polos seus actos de protesta, tendo que chegar a pagar numerosas cuantías de diñeiro. Todo por tratar de que non desafiucen a unha persoa ou protestando polo mal trato dos bancos coa xente.

        Gústame

      3. Claro que si, comparto contigo a idea de que ás veces hai que saírse un pouco do legal para facerse oír.
        Por outra banda, despois de ler tanto sobre o tema dos desafiuzamentos gustaríame facerche unha pregunta: Como vedes ti e o teu círculo o futuro deste problema?
        Na miña opinión, creo que, coma moitos outros problemas na sociedade actual, este vai necesitar moita loita e moitas accións, pero penso que se a xente se impón acabarase por resolver o tema dos desafiuzamentos. Aínda así pregúntoche cal é a vosa opinión xa que traballastes durante meses neste proxecto e estivestes documentándovos e enchoupándovos de historias reais periodicamente.

        Gústame

      4. Pois sinceramente, non hai aínda unha solución definitiva contra os desafiuzamento. Pouco a pouco van saíndo novas normativas que poden axudar, mais é moi difícil aventurarse a afirmar que hai una solución máxica que poida rematar con todo. A clave é o traballo en comunidade. Se todos nos volcamos neste tipo de problemáticas, mais rápido faremos reaccionar ao sistema e máis solucións aparecerán.

        Gústame

  3. Boas tardes, PC
    Despois de ler as túas palabras só poido “alegrarme” pola situación de Mercedes Pérez que, a pesar de todo, consigueu outra vivenda na que atender aos seus fillos e poder manter un nivel de vida estable.
    Con todo, coma ben dis, trátase dun caso entre centos. Millóns de persoas cada día, non só en Galicia, van parar á rúa, sen nada nin ninguén que loite e aposte por eles. Paréceme unha situación verdadeiramente complicada na que, desde logo, non lle desexo estar a ninguén. Mais, os que nos atopamos do outro lado da moeda, debemos facer o posible por evitar chegar a estas situacións nas que só se causa dor e sufrimento. Paréceme axeitado formar parte dalgún tipo de organización do estilo de StopDes para frear estos casos, mais, desgraciadamente teño un pensamento negativo ante tal acción, pois paréceme que reina máis o goberno e as súas leis que os nosos desexos e aspiracións.
    A ti que che parece?
    Deixoche aquí un enlace a unha noticia onde se trata a problemática http://www.vozpopuli.com/economia-y-finanzas/Banco_de_Espana-Desahucios-Bancos-viviendas-desahucios-vivienda-cgpj-banco_de_espana_0_936806326.html

    Gústame

    1. Sempre cómpre axudar en todo o que poidamos en casos coma este, Judit. Os desafiuzamentos son un tema moi serio, xa que se está a privan un dereito a esa xente, o dereito á vivenda digna. Algo polo que debemos loitar. No caso de Mercedes, é certo non se quedou na rúa, mais a solución habitacional que lle proporcionaron tiña moitos problemas. Está ben que a Xunta intente promover plans coma este, mais hai que seguir coa loita para que as vivendas que den á xente teñan unhas condicións de vida axeitadas.

      Gústame

      1. Boas de novo, PC
        Comparto contigo as túas primeiras liñas, pois é moi inxusto que a unha persoa se lle prive un dos dereitos máis primordiais: unha vivenda digna. Mais, teño que facer fincapé nunha das túas frases, pois ben é certo que (referíndonos ao caso de Mercedes) foi unha muller con “sorte”, xa que, a pesar de ser botada da súa casa, tivo coma opción mudar a outra que, por desgraza, non estaba ao nivel da antiga, pois as condicións eran peores. Pero… é iso no que temos que reparar? Penso que se trata de algo insignificante se a vivenda ten ou non goteiras, humedades ou outro tipo de anomalía. Mercedes é unha das poucas privilexiadas entre tantos outros casos que non teñen a mesma “sorte”. Por elo, penso que polo que hai que loitar é por unha vivenda para os que non a teñen ou quedaron sen ela, e despois, adecuar o resto. Non che parece?

        Gústame

      2. Sintoo Judit, mais non estou dacordo contigo. O dereito a unha vivenda digna é fundamental. Quizáis o caso de Mercedes non é o peor, porén hai outros casos coma o dunha muller de Miño cunha nena pequena á que lle proporcionaron unha vivenda na que o quentador que ten non da para unha mísera ducha ou ao pouco de chegar á vivenda quedou sen luz. De verdade iso é unha vitoria? Son formas de vivir? Como xa dixen, está ben que a Xunta realice este tipo de acción, mais non hai que esquecer que as condicións de vida deben ser as adecuadas tamén. Que ubha persoa quede desafiuzada non significa que non teña dereito a vivir dignamente.

        Gústame

      3. Comparto as túas liñas, Paula. Mais tamén considero que é mellor vivir nunha casa sen luz artificial que debaixo dunha ponte con luz natural (e sen nada máis ca iso). Non crees? Por outro lado, coma ben dis, non se trata dunha vitoria, non é algo do que debamos estar orgullosos nin moito menos un triunfo por parte da Xunta, mais, de novo, paréceme mellor iso ca nada.
        Cántas familias dormen en cartóns na rúa, báñanse no río e comen do que aproveitan do lixo? Non sei.. ningunha das opción son boas, mais a menos mala é a que eu che comentaba.
        Ogallá todo o mundo vivise tal e como soña, coas mesmas facilidades e comodidades. Mais, por desgraza, non é algo que sucede a día de hoxe, nin que teña pensado suceder nun futuro cercano.

        Gústame

      4. Por suposto, Judit. Como xa respostei a outros compañeiros, todo avance nesta loita paréceme ben. O único que recalco é que non nos podemos conformar só con isto. Xa se protestou antes porque non se proporcionaban vivendas sociais e conseguiuse finalmente que a Xunta as concedese. Agora que o fai, hai que tratar de conseguir que as vivendas que proporcionen sexan unha alternativa habitacional digna e que cubra as necesidades das persoas. É unha loita tras outra, que non cesarán ata conseguir que ninguén teña que vivir na rúa ou en condicións desfavorables. Aínda queda un longo camiño para conseguilo, mais non hai que perder a esperanza.

        Gústame

      5. Boas de novo, PC
        De novo comparto as túas palabras e de corazón espero que esta situación vaia mudando co tempo (o máis cercano posible) e se consiga o esperado.
        Agora que me lembro, preto de donde son eu (a uns 20km) hai unha libraría moi popular na que os donos da mesma foron desafiuzados fai apenas un mes. Deixoche aquí o enlace por si queres botarlle unha ollada a unha das moitas historias sen final feliz: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/ribadeo/2017/04/08/desahucio-hijos-vivin-sacude-ribadeo-span-langglsentimonos-enganadosspan/0003_201704X8C1995.htm

        Gústame

      6. Grazas polo enlace Judit. Por desgraza, eu xa lera antes algunha cousa sobre este desafortunado caso. Unhs vez máis, o enagano dos bancos é o principal problema. Eles coas súas artimañas “daban esperanzas” de que si ían saír adiante aos endeudados, cando en verdade o único que facían era gañar tempo e que realmente o desafiuzamento se producira sen oposición.
        Accións cona esta son as que se deben denunciar. Por outra parte, sempre que alguén se encontre nun proceso de desafiuzamento, debe pedir axuda. Son moitas as plataformas, como Stop Desahucios, que estarán encantadas de axudar en todo o que faga falta.

        Gústame

  4. Boas tardes Paula,
    dame moita pena que a día de hoxe aínda haxa tanta xente que non pode durmir por medo a que lle quiten a súa casa, e que finalmente lla acaben quitando. En lugar de derrochar tantos e tantos cartos en infraestructuras moitas veces sen sentido, quizais deberíamos pensar un pouco máis nesta xente, moitas veces con fillos de por medio. Creo que todo o mundo ten dereito a unha vivienda digna, un lugar donde refuxiarse e estar tranquilo, maís por qué non é así? Nun mundo donde hai tantas casas sen xente, non entendo como pode haber xente sen casa.
    Por parte do alcalde de Vigo,paréceme moi mal que este non quixera firmar o programa de Vivendas Baleiras para que este saíra adiante, pois creo que destinar vivendas baleiras de propiedade pública ou privada ao alugueiro social, podería ser unha moi boa solución para este grave problema.
    Todo un acerto por parte da Consellería de Infraestruturas e Vivenda http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/861

    Gústame

    1. Tes toda a razón Mara. Por desgraza, esta é a realidade coa que nos toca vivir. Membros do noso círculo denunciaron nas reunións o mesmo que nos comentas ao principio do teu comentario. Non pode ser que nunha cidade haia centos de persoas sen casas, sen un teito baixo o que durmir, e que se queira seguir edificando máis aínda.
      O programa da Xunta de Vivendas Baleiras é un pequeno comezo cara un futuro mellor. é certo que aínda ten moitos fallos, non supón un beneficio total aos afectados e as vivendas que proporcionan en moitas ocasións teñen múltiples desperfectos, mais é unha axuda coa que se conta. De agora en adiante hai que loitar porque as vivendas que ofrezcan conten con todas as condicións necesarias para vivir dignamente.

      Gústame

      1. Boas tardes Paula. É totalmente comprensible que os afectados denuncien a situación,pois ten que ser desesperante ver como te quedas no camiño sen que ninguén faga nada para evitalo,ou que fagan o mínimo,como no caso de Mercedes Peréz. A solución que atoparon para o seu problema non me parece acertada. Está claro que é mellor que non ter casa,máis as condicións nas que vive non son dignas,pero ninguén ten por qué habitar unha vivenda cunhas instalacións tan miserables. Creo que a solución non vai por ahi, senón da man de pequenas asociacións que deberían recibir subvencións e darse máis a coñecer.

        Liked by 1 person

      2. Por suposto que algo é mellor que nada, mais, como xa lle comentei a outros compañeiros en comentarios anteriores, non podemos conformarnos só con isto. É certo que é un avance que a Xunta proporcione este tipo de axudas, mais non se debe parar de protestar ata que todas as vivendas que concedan sexan dignas. Por outro lado, eu penso que en parte este plan está a quedarse bantante atrasado en certos aspectos debido á pouca implicación real por parte das institucións e os concellos. Se todos nos volcásemos da mesma maneira, creo que o proceso aceleraríase moito máis e obteríanse mellores resultados.

        Gústame

      3. Exactamente, como ti dis, “se todos nos volcásemos da misma maneira…” ahí está un dos problemas máis graves, que dificultan totalmente a situación e as axudas tanto por parte das institucións e os concellos como a nivel individual, pois en rasgos xerais, considero que case ninguén se preocupa pola cantidade de deshaucios que teñen lugar día a día ao noso lado. Pensamos que non vai connosco, ata que nos peta á porta da casa. É necesario empatía e concienciación por parte da sociedade para que algún día deixen de suceder cousas como estas:http://www.playgroundmag.net/noticias/actualidad/nueva-desahucios-familias-calle-Espana_0_1961803847.html

        Gústame

      4. Pois claro, ese é o gran problema. Mentres non tomemos a vivenda coma un dereito (porque en verdade o é, é un dereito humano), mentres pasemos das problemáticas dos demáis xa que non van connosco, non conseguiremos chegar a erradicar finalmente os desafiuzamentos. A verdade é que estanse a facer novas leis que melloran a situación dos desafiuzados, mesmo Europa declarou que a lexislación española estaba anticuada neste sentido e mandou unha renovación que fose máis acorde cos nosos días. Mais a pesares de todo isto, moitos deafiuzamentos seguen a diante e aínda queda moita xente nas rúas en busca dun fogar. Está nas nosas mans e na nosa conciencia poder axudarlles ou non.

        Gústame

  5. Totalmente de acordo. Non entendo que unha localidade non quera axudar aos seus habitantes, para que está senón? Se se ofrece un plan coma axuda, todos deberían acollerse a el e máis co panorama de desafiuzados que impera que non para de aumentar. Doutra banda, seica hai intentos de reformas ou intencións de mellorar a situación dos desafiuzamentos: por exemplo o Tribunal de Justicia de la UE declarou
    ilegal a lei española sobre desafiuzamentos. Rexeita o mecanismo establecido para iniciar o cómputo do prazo para recurrir un desafiuzamento, é dicir, a publicación no BOE, aínda que mantén dito prazo, un mes. Aínda así, tamén censurou que o xuíz non teña a capacidade para detener o proceso dun desafiuzamento. “La normativa española, que impide al juez que es competente para declarar abusiva una cláusula de un contrato de préstamo hipotecario suspender el procedimiento de ejecución hipotecaria iniciado por otra vía, es contraria al Derecho de la Unión”. Así, os xuíces xa poden suspender os desaloxos de vivendas se consideran que a hipoteca que firmaron os afectados para a compra do seu piso inclúe cláusulas abusivas. Ademais, a nova “lei antidesahucios” tamén suspende os desafiuzamentos (lanzamentos) de vivendas durante dous anos para colectivos definidos como vulnerables, modifica o réxime de subastas de vivendas para que o prezo de adxudicación sexa maior e limita os intereses de demora. Sumado a isto, antes bastaba cun só impago para proceder a un desafiuzamento, pero coa nova lei, requeriranse mínimo tres impagos.

    Como vemos, non todo son malas noticias para esta situación, hai quenes teñen interese por tentar mellorala. Atopei esta noticia, que ademais de interesante é esperanzadora, paga a pena lela.
    http://www.eitb.eus/es/noticias/sociedad/detalle/3497242/vitoriagasteiz-se-declara-ciudad-libre-desahucios/

    Gústame

    1. Moi esperanzadora a noticia sobre Vitoria-Gasteiz, ogallá poidamos dicir o mesmo dalgunha cidade galega nun futuro próximo.
      No referido ao que me comentas da lexislación, xa estaba ao tanto diso, xa que os propios membros do noso círculo nolo comentaron na última reunión que tivemos con eles. É esperanzador que Europa mande reformar as leis sobre os desafiuzamentos e esperemos que todo camiñe cara un futuro mellor. O certo é que cada vez estase a avanzar cara uns máis e mellores dereitos para os afectados, mais aínda queda un longo camiño que percorrer da man dos activistas que axudan na causa. Son moitas aínda as inxustizas e trabas coas que nos atopamos, como por exemplo, os concellos que todavía se senten reacios a unirse a iniciativas coma a de Vivendas Baleiras. Este é o exemplo máis claro das dificultades coas que nos encontramos aínda a día de hoxe.

      Liked by 1 person

  6. Ola Paula,
    esta situación “rómpeme o corazón”, que aínda cheguemos a este tipo de situacións nun país onde se supón que se recoñece o dereito a unha vida digna é vergonzoso.
    Deixando isto de lado, en canto ao desafiuzamento por falta de pagamento de aluguer, atópome divida.
    En primeiro lugar, están os protagonistas da historia e que por desgraza, aqueles que saen mais danados: os inquilinos da vivenda. En cambio, tamén empatizo cos arrendatarios. Non creo que sexa de “planto de bo gusto” para eles chegar a esta situación, e por moitos artigos que lin, antes de terminar así pasan por outros intentos de acordo… Por iso, entendo que eles tamén saen afectados polo diñeiro que non esta sendo dado e que lles pertence.
    Con isto quero dicir que a balanza non sempre ten que tornarse cara a un lado en casos como estes, onde ambas partes teñen algo que perder.

    http://www.abogadosparatodos.net/opciones-legales-ante-el-impago-de-alquiler/

    Gústame

    1. Grazas polo teu comentario, Lucía. Penso que tes bastante razón no que dis. Porén, tamén hai que analizar as distintas situacións nas que se produce cada desafiuzamento. Por xemplo, no caso de Aurelia Rey, interpúxoselle unha demanda de desafiuzamento polo retraso de 2 pagos de aluger en 14 ANOS, sendo o primeiro en 1999 e o segundo en 2011. Pagos de tan só 124 euros. E ela tan só eraunha anciana de 85 anos cunha pensión de menos de 400 euros. Finalmente chegouse a un acordo e Aurelia non quedou sin teito, mais o propósito inicial era ese. Déixoche aquí un enlace a unha noticia onde che explica todo o proceso mellor:http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/02/25/galicia/1361787485_042378.html
      Por iso che digo que, a pesares de coincidir en parte co que dis, hai veces nas que é necesario analizar pormenorizadamente cada caso.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s