A necesidade das radios comunitarias

 

Tras a visita ás radios comunitarias Cuac FM (A Coruña) e Filispim (Ferrol) nos plantexamos a importancia do terceiro sector e súa función social. Este tipo de radio opta por dar voz a colectivos que non poden acceder aos grandes medios, os cales xogan a favor de intereses económicos e o sensacionalismo para captar audiencia. Estes, ao contrario, tentan evitar a banalidade e o factor económico.

As radios comunitarias serven para a libre expresión e para que se expoñan sen medo todo tipo de problemas sen censuras. Xeran un novo tipo de espazo público, accesible a todos e sen edicións posteriores. 

DSC_0208.JPG

A existencia e utilidade destas radios radica na necesidade de veracidade por parte dos medios, a difusión de información necesaria para o desenrolo e cambio social. A información é un dereito que non debe pertencer ao poder político ni aos empresarios, senon á cidadanía, para o correcto seu benestar e desenrolo.

 

 

 

Advertisements

18 comentarios en “A necesidade das radios comunitarias

  1. Boas Laura, estou totalmente dacordo ca declaración de un dos membros do voso círculo ”non hai democracia sen medios libres”, o voso traballo permite visibilizar o problema dos pequenos bloques de poboación, que en situación disprivilexiada non son capaces de chegar aos medios.
    Gracias a accións como a vosa en CUAC FM podemos saber un pouco máis sobre a relación do xornalismo ca democracia, ademáis hai moitos profesionais da nosa labor que coñecen a perfección a situación de crise que vive actualmente o xornalismo.
    Moitos periodistas encóntranse entre a espada e a parede, publicar o que realmente é lexítimo e non seguir a rigurosa liña editorial ou irse dereitos a rúa.
    Aiquí adxunto unha web moi interesante sobre a crise do xornalismo con relación a democracia http://www.nobbot.com/general/crisis-periodismo/

    Gústame

    1. Efectivamente, as radios comunitarias se encargan de dar voz a quen non a ten. Son radios que permiten o acceso a calquera tipo de colectivo para tratar temas de interese que non son visibles nos medios de masas xa que non se consideran rentables e non lles aporta beneficio. Darlles voz, sobre todo, a colectivos marxinados. Así, tratamos con dúas radios comunitarias (xa tes os enlaces na descripción), nas que participaron colectivos como http://proxectocarcere.blogaliza.org/.
      Algo obvio é que a crise do xornalismo está na falta de veracidade, que se materializa na falta de democracia nos medios, os cales se moven a través de intereses económicos, sen respetar moitas veces o código deontolóxico da profesión.
      http://fape.es/home/codigo-deontologico/
      Así, as radios comunitarias son un raio de luz entre tanta oscuridade que nos rodea no mundo dos medios de masas. Queren poñer sobre a mesa todo tipo de temas e darlles visibilidade. Por iso, estas radios necesitan participación e difusión cidadá. En parte, a súa labor axuda a mellorar o periodismo e a súa vez, a estar máis e mellor informados, cunha información baseada na veracidade que axuda á formación dunha opinión pública sólida e ben formada.

      Gústame

      1. Boas Laura, sí , propostas e iniciativas como a de CUAC FM son o primeiro paso a dar para conseguir que todos os medios sexan democráticos realmente. Como apuntaba nun comentario do compañeiros Diego, o cambio realmente está nas nosas mans polo que é a responsabilidade de todos optar por un estilo como o das radios comunitarias. Apostar por un xornalismo real.

        Gústame

  2. Como xa lle comentaba a un compañeiro teu que falaba deste tema, as radios comunitarias son unha iniciativa moi interesante e moi necesaria para a sociedade. Como ben apuntan no vídeo, “non hai democracia sen medios libres”. Sempre tendemos a criticar os medios de comunicación por non dar voz a esta xente. Agora ben, gustaríame prantexar unha cuestión ¿Canta audiencia tería un programa que tratase estes temas nunha das emisoras máis escoitadas en España? Ou sexa, creo que aparte do problema que xeneran os medios, a xente non está totalmente concienciada con estes temas, e busca entretemento rápido que é o que lle ofrecen os medios.

    Gústame

    1. A frase da necesidade de medios libres para a obtención da democracia é o que mellor define a este tipo de radio comunitaria. Como ben sinalas, son necesarias para a difusión de temas e colectivos marxinados polos grandes medios de masas, os cales non sacan á luz certo tipo de temas que non lle son rentables.
      Noutros círculos plantexamos esta pregunta que agora me fas e eles mismos a contestaban de forma negativa. O entretenemento é o que máis move na radio e por iso, ainda que estes programas estiveran en cadeas máis populares, eles mesmos pensan que a audiencia non sería moi elevada. De todas formas, estes colectivos necesitan aparecer nestas cadeas, e como nunca aparecen, non saben canta audiencia tería.
      Unha invitada de Radio Prometea (https://radioprometea.wordpress.com/), centrada na saúde mental, insistía que este tipo de temas aparece nos medios só de maneira hiperbolizada e sensacionalista, por ese motivo, desde a súa organización, intentaban evitar o tratamento do tema desde ese punto de vista, tocando os puntos máis importantes que non se ven reflectidos cara a sociedade.

      Gústame

  3. Como ben di Consuelo, este tipo de medios supoñen unha ferramenta de escape para aquelas persoas que non poden expresarse libremente ou ás que non se lles dá voz. Aínda que isto é moi importante, paréceme fundamental que, ademais, sentan escoitadas. Porque si, é certo que os medios comunitarios actúan para visibilizar aqueles temas dos que non se fala nos medios de masas que contan cunha maior difusión e fontes de financiamento poderosas.

    Con todo, o problema que lle vexo a estes medios é a capacidade de chegar a unha audiencia suficiente para crear impacto. Como é lóxico, non teñen a moitos actores do seu lado (e que intentan silencialos, por exemplo: http://arainfo.org/psoe-pp-y-cs-niegan-licencia-a-los-medios-libres-y-comunitarios-en-el-ayuntamiento-de-zaragoza/ ), e parece que dependen, en maior instancia, de cidadáns concienciados e interesados nos asuntos que verdadeiramente importan.

    Tendo en conta as dificultades que teñen que superar para levar a cabo o seu labor, como poderían chegar a máis xente? Se atopasen unha estratexia efectiva para chegar a un público máis amplo, os seus obxectivos cumpriríanse. Pero é evidente que definir unha estratexia deste tipo cando tes a todos os poderes en contra non é algo sinxelo.

    Gústame

    1. Consuelo recibiu cos brazos abertos o noso traballo, tanto individual, como grupal no blogue, alegando que se trataban temas moi importantes que non se visibilizan en grandes medios, citaba, por exemplo, o tema da ludopatía e o da saúde mental. Estes temas aparecen de forma terxiversada e sensacionalista co fin de captar lectores con titulares engañosos.
      http://internacional.elpais.com/internacional/2017/04/07/actualidad/1491576609_454149.html
      http://elpais.com/elpais/2016/12/11/laboratorio_de_felicidad/1481477236_211913.html
      Efectivamente, contan con moitos problemas de difusión e visibilidade debido a que se ven eclipsados por outras cadeas. Neste caso, se falaba de que Radio María en Ferrol tiña todas as antenas e se podía captar a súa sinal desde calquer lugar, isto provocou que tiveran que cambiar de canal.
      As persoas que integran as radios comunitarias son persoas e colectivos concienciados en diversos temas que queren que se vexan e que se lles de a importancia que realmente teñen. Eles mesmos decían que captar a xente é moi complicado. A falta de medios de todo tipo provoca que sexa moi difícil a súa aparición nos medios de masas. Decían tamén, que un programas como o deles non podería acceder a cadeas como a Ser. A pesar disto, non tiran a toalla e intentan ir adiante co proxecto día a día, recibindo a xente coma nós, que tratamos de darlle importancia e facerse ver que as radios comunitarias son algo necesario na sociedade na que vivimos.

      Gústame

  4. Boas Laura! Noraboa polo voso traballo de visibilizar un sector do xornalismo que ten moita máis importancia da que parece.
    Persoalmente creo que este tipo de radios escapan do elemento que ,como di un dos compoñentes do voso círculo , mancha a información dos medios masivos: os intereses económicos. Que as radios comunitarias estean exentas desta influencia fai que promovan un xornalismo libre.

    Pero hai un tema que me gustaría tratar, no vídeo falan que de axudan a incrementar a participación cidadá. Por exemplo, en Ourense iniciouse o proxecto “Radio Liverdade”, unha radio feminista comunitaria na que calquera que o desexe pode locutar e informar, é dicir, non teñen que ser xornalistas. Por unha parte, pode aportar diversidade ademáis de visibilizar certos temas, pero non cres que é necesario unha formación que contribúa a un maior rigor xornalístico?

    Gústame

    1. Algúns dos integrantes do noso círculo alegaban que as radios comunitarias son un estorbo para os medios de masas, pero que estes deben respetalos porque así o dicta a Constitución. O seu obxectivo non é o económico, senón o social. Concienciar a xente de temas que pasan desapercibidos nos grandes medios e que de verdade necesitan ser escoitados, tratados e solucionados.
      En canto a participación cidadá, todas as radios teñen unha política de portas abertas, pero deben pasar tamén por consenso. E como ben dis, si, algo de formación precisan. Por ese motivo, radio Filispim (http://opaii.blogspot.com.es/) ofrece de forma gratuita un curso de, se non me lembro mal, un mes, para dar unha formación básica antes de acceder a locutar nun programa. As dúas mulleres que aparecen no vídeo, Consuelo e Susana, estaban a facer ese curso neses momentos, pero non dubidaron en axudarnos co noso proxecto. Ademais, estaban encantadas coa idea de aprender cousas novas e de invertir tempo en facer algo útil para a sociedade.

      Gústame

  5. Boas Laura!
    Paréceme moi interesante o tema das radios comunitarias posto que coma ti ben dices no post: “A existencia e utilidade destas radios radica na necesidade de veracidade por parte dos medios, a difusión de información necesaria para o desenrolo e cambio social.” Que existan radios comunitarias é unha necesidade vital xa que a súa mesma definición dinos que están feitas para favorecer a unha comunidad o núcleo poblacional que busca o desenvolvemento.

    Recentemente saíu a noticia no medio La Vanguardia de que a UE presentara un programa co goberno colombiano para crear radios comunitarias e poder xerar así un país máis culto: http://www.lavanguardia.com/politica/20170209/414193305618/ue-y-gobierno-colombiano-lanzan-proyecto-de-radios-comunitarias-para-la-paz.html que opinas de estas medidas?

    Gústame

    1. O noso grupo centrouse en este tipo de radio comunitaria e en darlle visibilidade. Moitos dos demais compañeiros non sabían da súa existencia e utilidade, e que agora a xdente esté mellor informada me fai sentir que a nosa labor foi útil e que traballamos cun obxectivo que logramos acadar.
      As radios comunitarias aquí teñen menos recursos e son menos visibles que en outros países. En Latioamérica son moi máis necesarias e teñen máis liberdades que no noso país. Así a difusión e aumento destas radios me parece unha excelente idea xa que axudan ao desenrolo da sociedade e a sacar á luz temas impensables noutros medios.
      https://knightcenter.utexas.edu/es/blog/00-16679-radios-comunitarias-en-america-latina-luchando-por-ser-reconocidas

      Gústame

  6. Boas Laura, felicidades polo traballo feito no teu grupo. A situación e mesmo o funcionamento das radios comunitarias era algo que descoñecía completamente. Despois de ler os vosos artigos coñezo moito mellor este medio de comunicación.
    Sen dúbida son imprescindibles para dar voz a colectivos marxinados e ofrecer información limpa dos intereses económicos ou políticos que poden ter os medios de masas. As radios comunitarias loitan diariamente pola súa supervivencia, como se menciona nos comentarios, pola escasez de medios dos que dispoñen e pola escasa financiación. Chámame moito a atención o feito de que tamén teñan que loitar por conseguir unha frecuencia de emisión o que fai visible que tamén existen presións políticas para que estas radios non funcionen (http://www.sermosgaliza.gal/articulo/opinion/radios-libres-galegas-exixen-espazo/20131004115050019703.html)
    Recupero a pregunta de Adrián Lede: “¿Canta audiencia tería un programa que tratase estes temas nunha das emisoras máis escoitadas en España?” É unha reflexión moi boa. As radios comunitarias as pode escoitar calquera persoa pero pode non facelo porque non lle interesan os temas que tratan ou porque realmente non coñece a existencia de estas radios. ¿Cres que as radios comunitarias non chegan a audiencia ou é o público o que, xeralmente, non mostra interés por este tipo de programacións?

    Gústame

    1. Alégrame ler o teu comentario, que estés mellor informada sobre as radios comunitarias demostra que o noso traballo neste tempo serviu para algo e estivo ben realizado. E como dis, a subsistencia destas radios é moi difícil: falta de medios, de axudas e subvencións, de locais para levar a cabo os programas e ata de emisión.
      En canto a pregunta que xa plantexaba o compañeiro, eles cren que terían audiencia e que serviría para visibilizar mellor os problemas que non se dan nos medios de masas, o problema é que non teñen a oportunidade de acceder a esas grandes cadeas, co cal, non saberían canta audiencia terían.
      Contestando a túa pregunta, penso que é máis problema de que estas radios non chegan á audiencia por falta de visibilidade e promoción. Penso que os temas que tratan son moi interesantes e tamén o punto de vista desde onde os tratan.
      http://www.endvawnow.org/es/articles/1270-radio-comunitaria-.html

      Gústame

      1. Polo de agora, a súa función social como radio comunitaria é totalmente necesaria. Esperemos que a precaria situación dos medios de masas e a dos monopolios de comunicación cambien axiña para poder conar cun veradeiro xornalismo democrático. Saúdos!

        Gústame

  7. @adrianledeb
    Si que coñezo ese programa, onde dominaba o morbo polas desgracias dos demais. O mesmo pasa cos artigos nos xornais, que buscan chamar a atención para captar lectores e así visitas. Isto é moi frecuente nos titulares de violencia de xénero, onde se pon que as mulleres morren a mans das súas parellas, e non é así.
    http://www.20minutos.es/noticia/2770262/0/muere-mujer-marido-badalona/
    Radio Prometea intenta tratar o tema desde un punto de vista fora do sensacionalismo e dentro da seriedade da saúde mental.

    Gústame

    1. É unha auténtica vergoza o sensacionalismo que impera na prensa actual. Polo menos esta ben que haxa iniciativas que non cometa eses error, xa que será moi difícil que a prensa xeral cambie, xa que a audiencia sigue respondendo, por desgracia.

      Liked by 1 person

      1. A prensa en xeral non ten pinta de que se vaia a someter a un cambio proximamente. Mentres tanto, estas radios seguirá coa súa labor de informar de forma veraz, sen influenzas económicas, ideolóxicas nin políticas e botando a un lado o sensacionalismo e morbo que dominan nos grandes medios hoxe.
        Adxuntoche un enlace sobre o sensacionalismo e a súa calada na prensa de hoxe.
        http://www.monografias.com/trabajos-pdf/prensa-sensacionalista/prensa-sensacionalista.shtmlid_articulo=6117&id_libro=163

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s