Veciñanza e acción institucional en Compostela: o papel dos medios

O papel dos medios de comunicación é sempre decisivo na conformación dos imaxinarios colectivos. A súa función, máis alá do paradigma de informar, formar e entreter, deriva en “inculcar aos individuos os valores, crenzas e códigos de comportamento que os farán integrarse nas estruturas institucionais da sociedade” (Chomsky, 1990). Tamén nunha cidade como Santiago, sobre a que veñen informando dende tempo atrás e de maneira hexemónica dous medios, ambos con edición en papel e, na actualidade, en dixital: La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

As relacións de ambos, e especialmente do segundo, pola súa idiosincrasia esencialmente santiaguesa, cos gobernos en Compostela estivo marcada polos posicionamentos editoriais e, como explican os veciños, polas dependencias económicas e políticas, favorecidas por uns e denunciadas por outros.

Deste xeito, os medios actúan como mecanismos do poder establecido, atrapados nunha falta de pluralismo que pode chegar a atrapar tamén a acción de colectivos como as asociacións de veciños, escoitadas ou ignoradas en función da conveniencia do momento e das estratexias (máis ou menos efectivas) que algúns medios poden pór en marcha.

Pero non só inflúen os condicionantes do medio, senón a propia condición do xornalista como mediador na información, vector principal dun relato vertical, certamente anticomunicativo. As crenzas e paixóns individuais (de novo de todo tipo: posicións e intereses) condicionan a construción mediática. Tamén a falta de profesionalidade e rigor.

Todos estes mecanismos conflúen en múltiples casos concretos que involucran aos veciños dunha cidade como Santiago, condicionando e até determinando a súa acción colectiva.

 

Bibliografía:

Chomsky, N. (1990). Los guardianes de la libertad. 1ª ed. España: Critica.

Advertisements

6 comentarios en “Veciñanza e acción institucional en Compostela: o papel dos medios

  1. Un post moi interesante e completo Pablo! É marabilloso poder completar a información escrita con vídeos que amosan o que opinan os veciños, noraboa.
    O caso desta cidade e este Concello cos medios é ben significativo polo incremento de noticias negativas sobre a xestión municipal dende a chegada ao poder de Compostela Aberta. Esta pouco velada manipulación ata chegou aos xulgados cunha denuncia de El Correo Gallego a CA, que finalmente foi desestimada onte. http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/45874-nova-guerra-correo-gallego-alcalde-santiago
    http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/55296-correo-gallego-perde-batalla-xudicial-alcalde-compostela

    Realmente os mass media teñen nas súas mans todo o poder debido á súa influencia sobre a cidadanía como ben dis. Tradicionalmente vimoslles chamando “cuarto poder” e este tipo de cousas fanme preguntarme se non serán realmente o primeiro. Máis concretamente en Galicia arrastramos un sector informativo público e privado acusado de manipulación en múltiples ocasións.
    http://www.elmundo.es/television/2017/03/13/58c6b1b9ca4741284d8b467a.html
    http://www.eldiario.es/galicia/Personal-TVG-manipulacion-Fernandez-Diaz_0_529847403.html
    http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/13394-traballadores-voz-denuncian-ameazas

    Resumindo, o que penso que a todas nos preocupa é. Nestes tempos de engano universal, a solución está en mans da cidadanía? Correspondenos a nós denunciar este tipo de ataques aproveitando unha ferramenta como é Internet? Ou o único que nos queda é a resignación e confiar na obxectividade dos poderes informativos?

    Liked by 1 person

    1. Efectivamente Uxía! Acertas de cheo na túa análise, que ten, segundo entendo, dúas compoñenentes. En primeiro lugar, a que fai referencia á lamentable situación dos medios de comunicación de masas, que se alonxan dos paradigmas de imparcialidade, pluralidade e honestidade para caer nas mans dos intereses económicos e políticos que levan á censura e á manipulación, entre outros. Os medios galegos, públicos e privados, como dis, non son alleos a este fenómeno (http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/55641-casos-manipulacion-informativa-tvg-chegan-parlamento?pag_com=%201).

      O mesmo ocorre no caso santiagués, onde os dous medios hexemónicos, no que ao informar sobre a cidade ser refire, El Correo Gallego e La Voz de Galicia, mantiveron posturas enormemente críticas co actual goberno de Compostela Aberta, non só pola súa lexítima postura editorial senón tamén e por desgraza, por intereses económicos e lealdades políticas. (http://www.publico.es/culturas/escandalo-subvenciones-feijoo-lengua-gallega.html, http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/04/26/archivada-denuncia-correo-gallego-pedia-inhabilitar-martino-noriega/0003_201704S26C5991.htm). Froito das mesmas, atopámonos con “informacións” claramente orientadas cun propósito político (http://galiciahoxe.com/santiago/ecg/compostela-aberta-un-ano-baches-pasividad-amiguismo/idEdicion-2016-05-22/idNoticia-998621/) que non responden nin aos principios recollidos nos códigos deontolóxicos nin ás máis elementais normas de honestidade que dita o sentido común.

      Que facer? Loitar, sen dúbida. Facelo denunciando a quen o fai mal, e buscando os recunchos e as plataformas que permitan facelo ben, ou intentalo. Entender que facer xornalismo na actualidade é resistir e que estar ao servizo da verdade é o único camiño para o cambio.

      Recoméndoche que te mergulles na experiencia das radios comunitarias, que traballan os nosos compañeiros de xornalismo e democracia: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/04/20/xornalismo-e-democracia-a-outra-realidade/.

      Grazas polo teu interese Uxía, agardo a túa resposta!

      Gústame

      1. A realidade é que tanto El Correo Gallego como La Voz de Galicia son paradigmáticos do control dos medios sobre a opinión pública. Mentres tanto os seus escándalos fican silenciados ante a inexistencia de medios fortes contrarrevolucionarios. http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/49563-director-correo-envia-carta-ameazante-dia-primeira-protesta-traballadores
        http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/25322-despedido-correo-gallego-denunciar-fraxil-situacion-economica
        http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/14989-traballadores-voz-tomaran-coruna
        http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/14848-pecha-blog-ex-traballadores-voz
        Anímovos pois a continuar recollendo a opinión da cidadanía de modo crítico, a ser o contrapoder que eles buscan calar. O traballo comeza municipalmente e de aí, cara arriba. Parabéns. http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/49890-compostela-aberta-rebate-voz-correo-directamente?&pag_com=1#anchor_paginador

        Liked by 1 person

    2. Sen dúbida Uxía! Creo que o nivel municipal é un grande primeiro paso para intentar levar a cabo unha acción transformadora. E o Observatorio Cidadán de Comunicación pode ser unha plataforma interesante dende a que mudar as cousas. Poderiamos artellar unha radio comunitaria como base para construír un xornalismo digno e de calidade, que dea voz aos afectados e fuxa dos condicionantes que imperan nos medios de masas. (http://www.amarc.org/?q=es/node/131, https://radioslibres.net/article/radios-libres-democratizar-la-comunicacion-a-trave/) Que pensas? Velo factible?

      Os exemplos que mencionas nos enlaces son escandalosos. Como poden algúns medios acadar tales niveis de indignidade? Como cres que poderiamos loitar dende a nosa humilde posición?

      Agardo a túa resposta!

      Gústame

      1. Sen dúbida Pablo! Esta é unha moi boa maneira de dárlles voz a aquelas persoas que nos circuítos tradicionais de comunicación non a adoitan ter. O noso equipo tamén foi consciente diso e por iso levamos a cabo a gravación dun programa de radio cos membros do noso círculo. Poded escoitalo aquí http://www.ivoox.com/player_ej_18120205_4_1.html?c1=ff6600

        Está claro que nós sós non imos cambiar o mundo, pero o poder máis marabilloso do xornalismo é o de abrir os ollos á xente e concienciar. Temos nas nosas mans unha ferramenta fantástica e estou segura que de todo isto sairá algo bo. Moitas grazas polas túas verbas, seguirei atenta ao voso traballo!

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s