Aprendendo das capacidades

Cando escollemos o tema da discapacidade no eido laboral eramos conscientes das grandes lagoas que existían no escenario da comunicación e o xornalismo. O que vemos nas pantallas dos nosos televisores e nas páxinas dos xornais de cada día non é máis que un reflexo da sociedade da que somos participantes activos. Como futuros profesionais, decidimos afondar na situación das persoas con discapacidade situando o foco nos verdadeiros protagonistas. Mari, Antonio, Ricardo e Víctor acompañáronnos estes meses para facer con nós comunicación interpersoal. Os catro teñen algún tipo de discapacidade, maior ou menor, que non lles puxo as cousas sinxelas para atopar traballo.

Detectando os principais problemas

“Sobre a discapacidade, normalmente, fálase moito de temas como a mobilidade ou a asistencia social, pero a inserción laboral case non se ve nos medios de comunicación”, dicía Antonio referíndose ao tratamento xornalístico. Como estudantes coñeciamos esta realidade, e eles tamén estaban preocupados pola desinformación xeral que existe ao falarmos da discriminación que sofren as persoas con discapacidade que buscan traballo. A sociedade demanda un tratamento máis responsable da discapacidade, e coa axuda dos membros do círculo buscamos as chaves para logralo. “Vese que as vosas publicacións están traballadas e estudadas. Ao mellor un círculo máis amplo axudaríavos a obter informacións máis contrastadas”, engadía Antonio.

photo_2017-03-23_22-47-16
Momento da segunda reunión co círculo de lectura

“A dinámica das reunións con nós serviu de plataforma para coñecer outros puntos de vista. Eu persoalmente descubrín outra visión do mundo da discapacidade a través das experiencias dos compañeiros”, destacaba Víctor como o máis importante que aprendeu do noso traballo. E é que a base da comunicación debe ser escoitar a quen teña algo que dicir. Parece sinxelo, pero cada día vemos que a xente da rúa está máis olvidada nos medios, en favor dos grandes poderes e os seus posuidores. “Quédome co aprendido dos meus compañeiros: as súas vivencias, preocupacións, problemas para atopar traballo ou para reciclarse, e como saíron adiante”, Antonio destaca ademais que a vida é coñecemento, e polo tanto “escoitar aos demais sempre paga a pena”.

Actuar localmente: primeiro paso para cambiar mentalidades

Pero unha comunicación efectiva debe facer partícipe ao maior número de persoas posible. A sociedade no seu conxunto ten na súa man o poder para requerir que a axenda mediática sexa plural. Isto pasa por englobar con responsabilidade todas as voces que están berrando por un espazo para compartir experiencias. Con estas pretensións ideamos a nosa acción, contando sempre coa opinión dos membros do círculo. A idea era sinxela: logo dunha análise do pobre tratamento que os medios ofrecían sobre a discapacidade, situámonos nunha praza compostelana con gran afluencia de xente para que compartiran con nós as súas opinións sobre os medios e a tan visible marxinación da discapacidade. “Este tipo de dinámicas son boas para concienciar aos lectores de xornais, e os seus resultados foron sorprendentes”, comentaba Ricardo, que estivo presente e colaborou na acción.

2017-04-05-PHOTO-00000011.jpg
A nosa acción na Praza do Toural

Porén, non faltan tampouco as opinións negativas sobre a implicación da xente. Para Mari a acción non tivo o impacto que esperaba: “a xente en xeral pasa moitísimo deste tipo de cousas, sexan da discapacidade ou non. A xente nova parouse máis, pode ser porque vivimos moi rápido e se o problema non che afecta persoalmente, acabas pasando de todo”. Ricardo engade que o pensamento da sociedade non está realmente reflectido, “desgraciadamente paréceme que a xente se para un momento e despois non se acorda. Sería interesante que os grandes medios, con tanta influencia, adoptasen a vosa dinámica de traballo para observar outros resultados”.

“Na rúa as respostas da xente son máis espontáneas do que serían a través dunha chamada de teléfono e iso sempre é moi válido”, Víctor destaca que o maior logro da acción foi o esforzo de visibilización, “rompestes unha lanza en favor da discapacidade, e este pequeno estudo sociolóxico valeu de plataforma de difusión”. A difusión non é máis que descubrirlle á xente algo que estaba oculto. A manipulación dos medios pasa moitas veces pola censura, práctica tan popular.

A difícil loita contra a censura e os intereses

“Está nas mans dos profesionais da comunicación facer desaparecer o sensacionalismo arredor deste tipo de novas?” Respondemos esta pregunta que nos lanzaban desde outro grupo de traballo dicindo que si. Os intereses que haxa nas trastendas dos medios non poden ser condicionantes do traballo dos xornalistas. Polo tanto, os futuros comunicadores somos responsables de decidir se queremos contar a tan buscada verdade ou nos quedamos coa información fácil que chega en forma de teletipo desde os gabinetes das empresas e os partidos políticos. Para Mari é imprescindible que os xornalistas non se autocensuren, “porque senón non conseguimos avanzar”. A esta opinión súmase Víctor: “a xente quere informacións responsables, verídicas e que sexan o máis obxectivas posible, para el “os medios especializados achegan os contidos con máis rigor”.

“Que os futuros xornalistas se preocupen deste colectivo tan amplo e complexo é un paso moi importante para que a sociedade coñeza moito mellor un problema que está aí, que nós vivimos cada día, pero que normalmente se mira de reollo”. Antonio destaca o noso labor destes meses: “expoñer, preguntar, darnos a coñecer; é o que precisa este colectivo. Non somos diferentes, só temos algún problema máis”. Todos confían en que nun futuro as persoas con discapacidade estarán efectivamente integradas na sociedade e polo tanto, tamén nos medios de comunicación. “Esperamos que no futuro no que vós sodes xornalistas a discapacidade teña o espazo que lexitimamente reclama”.

Integrantes do grupo

  • Alonso Salgueiro S2B1
  • Couce Castro S2B2
  • Dalama Veiga S2B3
  • Fernández Iglesias S2B4
  • González González S2B5
  • Junquera Pazos S2B6
Advertisements

Un comentario en “Aprendendo das capacidades

  1. Boas!
    Penso que a voso traballo trata un tema moi importante para a sociedade, sobre todos para aquelas persoas con diversidade funcional. Resalto o de “diversidade funcional” porque me sorprende que tras todo o voso traballo co círculo (e voso propio tamén) ninguén se percatase do mal uso da palabra “discapacitado”. Xa hai anos que as persoas afectadas loitan para que a gente utilice o termo de “diversidade funcional” para abarcar a todo aquel colectivo que ten “diferentes capacidades” e non unha “deficiencia” ou limitación das capacidades que reflexa o termo discapacitado. Aquí vos deixo unha definición máis profundizada: http://www.crdionisiaplaza.es/diversidad-funcional-definicion-y-uso-correcto-del-lenguaje/
    Tamén é certo que hai debate sobre o uso da linguaxe neste ámbito, existen entidades que seguen a defender o uso do termo “discapacidade” http://periodistas-es.com/diversidad-funcional-no-personas-discapacidad-84534

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s