Colaboración: As mulleres do rural de Compostela

As mulleres do rural de Compostela queremos animar ao Concello a que afonde verdadeiramente no papel da muller rural na sociedade, axudándomos a construír  un discurso propio para a muller do rural, adaptado en fondo e forma, que vaia máis aló dunha mera transposición ou un simple calco do discurso en feminino do ámbito urbano, no que existen outras problemáticas e especificidades.

Un discurso para “mulleres do rural”, non para “mulleres rurais”, que fuxa dos estereotipos e do costumismos e que estea adaptado aos tempos e problemáticas da nosa actualidade, axudando a afianzar o papel principal da muller no mundo rural e, á súa vez, a fortalecer e enriquecer ese mundo, a miúdo esquecido e/ou malinterpretado.

As mulleres do rural de Compostela alentamos ao Concello a que pense en nós tamén na súa programación de actividades, con propostas con suficiente profundidade, que contribúan a mellorar a nosa calidade de vida, e como consecuencia a de todos os que nos rodean, e a enriquecer o noso tempo libre, actividades que fuxan do meramente “práctico”, entendendo por “práctico” o que nos sitúa de novo no ámbito doméstico nos roles tradicionais asociados ás mulleres: cociña, costura, adornos florais, etc.  Actividades e accións que contribúan ao fortalecemento da nosa autonomía, e polo tanto a nosa estima. Por exemplo: bricolaxe, saúde (físico-psíquica, incluíndo a sexual),  ximnasia (estiramentos, tono e espalda), habilidades comunicativas e expresión oral,  club lectura, excursións, aprendizaxe emocional e benestar, imaxe personal e benestar ou novas tecnoloxías da información e a comunicación. Sempre para mulleres do rural.

Do mesmo xeito, as mulleres do rural del Compostela, propomos ao Concello que, en consonancia coa importancia e extensión do rural neste municipio, celebre tamén, e con especial mimo, a celebración do Día Internacional das Mulleres Rurais, o 15 de outubro.

Ademais, desexamos poñer de manifesto a necesidade de que o ámbito urbano, e nomeadamente o ámbito feminino urbano, se achegue a nós, ao rural, para empezar desde xa a visibilizar a muller rural e CONSTRUÍR UN CAMIÑO EN SENTIDO CONTRARIO, QUE DESDE A CIDADE VAIA CARA AO CAMPO, cara á aldea, e nos valorice e faga sentir importantes, xa que somos sempre nós as que nos desprazamos á cidade, que é a creadora e depositaria do discurso sobre nós mesmas. Convidamos así ás mulleres urbanas a achegarse a nós, para modificar un estado de cousas que funciona sempre na outra dirección.

AUTORA

CRUZ VÁZQUEZ VEIGA, presidenta da AV Ponte Sionlla, parroquia de Enfesta, Santiago de Compostela. 

Cruz publicación individual

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s