Colaboración: Os retos dunha cidade con historia

Santiago é unha cidade polifacética. Perderte polos seus recunchos implica mergullarte nun océano de historia, que conta o pasado dende moitos puntos de vista, dende o dos pobos que viñeron, viviron, e deixaron aquí a súa marca.

As pedras da zona vella susurran historias e segredos. Non hai más que mirar para as estatuas de pedra. Compostela conta historiasCompostela conta a historia. Aquí chorouse e riuse, aquí celebrouse e lamentouse. Que sería de Compostela sen os seus habitantes? Os parques e o verde son do máis bonito e prezado de Compostela e deberiamos coidalos mellor do que facemos. Se xa unha cidade normal sería horrible sen parques, imáxinadevos Compostela, sen a súa Alameda.

Non obstante, non é ouro todo o que reloce, e non todo Compostela é precioso. O Ensanche está mal planificado, e a súa beleza deixa moito que desexar. Melloraría esa zona se se puidese, pero desgraciadamente xa non hai moito que facer, o feito naqueles anos 70, feito está. Algo que si se pode mellorar, é a mobilidade. Un carril bici polo centro da cidade podería ser unha solución; práctico, que servise de verdade. Serviría para reducir os coches, o tráfico e o máis importante de todo, a contaminación. Tamén estaría xenial para a xente nova que queira montar en bici pola cidade.

Penso que esta é unha boa cidade para a xente nova. Con todo, como é natural, ao ser unha cidade universitaria, está máis enfocada á poboación universitaria, e non estaría mal que houbese máis actividades e oportunidades para a xente adolescente. E falando de política, dado que é  un tema que me interesa moito, encantaríame que a xente da miña idade puidese participar nela. Poderíase facer cunha especie de consultas para saber que pensamos os mozos e mozas sobre as medidas ou as leis que nos afecten directamente. Debería haber máis canles, xa que non hai.

En conclusión, só hai unha maneira de ver Santiago, perderte por ela. E coñecer Compostela? Iso xa é máis difícil. Hai unha cousa que tes que ter clara se queres ser un verdadeiro picheleiro: as historias que contan as pedras, escribímolas nós.

AUTORA

IRIA CURROS ESPIÑO, alumna de primeiro de Bacharelato Internacional no IES Rosalía de Castro. 

WhatsApp Image 2017-04-20 at 14.59.16

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s