Da oscuridade á gran pantalla

En outro post falábamos do proceso de reasignación de xénero e da situación de desigualdade que sofre o colectivo transexual na sociedade, intentamos destapar mitos e explicar o que é a transfobia. Aínda así, quedan moitos máis mitos e problemas que correxir ou solucionar, sobre todo no mundo da televisión.
Nas nosas reunións co Círculo saiu este tema á luz. Ana Fidalgo, membro do Círculo, menciona que na serie de debuxos animados coñecida como Sin chan, había un grupo de transexuais. A estes personaxes aportábaselle un tono de burla que menosprezaba ao colectivo, e que ao mesmo tempo lle restaba importancia ao que en verdade son. A esto, Ana Fidalgo chámalle “imaxe burlesca nos medios e nas series infantís”. Ao falar da imaxe burlesca dos medios, realizouse unha Mediación, é dicir, creouse un espazo onde se analiza o éxito ou fracaso dos medios de comunicación.

Alberto Hernández, membro do Círculo e coordinador da asociación Ultreia, tamén falou do acontecemento que tivo lugar en Sevilla co autobús de “Hazte Oír”. Alberto conta que “varios representantes de Podemos presentáronse cunha peluca diante do autobús. Pero non era de xeito travestido, estaba todo moi elaborado. Coma o mítico home que por facer o paripé se disfrazada de muller”. Para o noso Círculo este tamén é un acto burlesco e non unha forma de loitar a favor do colectivo transexual.

A exclusión do colectivo no cine

Para varios membros do Círculo, a película de La Chica Danesa realiza unha exclusión ao colectivo. Ana Canle afirma que “ten un peso político, porque é das primeiras veces que se lle da visibilización ao colectivo trans. Por iso, como ten peso politico, o actor debería ser transexual”. Sen embargo, Harry Haller, transexual do noso Círculo decía “Eu ahí vexo un actor, non os seus xenitais”.

Para o resto do Círculo, hai forte transfobia no mundo do cine, xa que eles opinan que a un actor transexual sóeno rechazar antes que a un cisxénero. Ademais, se nas películas que representan a transexualidade tampouco son contratados, non teñen a representación necesaria ou correcta.

Hai poucos actores ou actrices transexuais recoñecidos. Un exemplo é Candis Cayne, pois foi a primeira muller transxénero que tivo un papel relevante nun show de televisión. Tamén temos como exemplo a Yasmine Lee, que aparece como stripper en Resacón 2:¡Ahora en Tailandia!. Este é un dos casos nos que a actriz non ten operados os xenitais, e tivo que empezar a traballar no cine X ou como stripper, pero tamén en peliculas de temática trans.

Aínda así, Hollywod está cambiando. Cada vez son máis os famosos que falan abertamente da súa transexualidade, como é o caso de Caitlyn Jenner ou Laverne Cox, protagonista da serie Orange is the New Balck e primeira muller transxénero que aparece na portada da revista Time. Polo tanto, poderíamos decir que cada vez é un tema menos tabu no mundo celebretie, e que cada vez resulta menos alarmante

Advertisements

8 comentarios en “Da oscuridade á gran pantalla

  1. Afortunadamente, o panorama actual está trocando a mellor. Coa película “La chica Danesa” comezouse a falar do tema, apartando a idea de “tema tabú”, seguiu coa aparición de protagonistas trans en series como Orange is the new Black e continúa coa serie que estreou a ABC en febreiro “When we rise”; unha serie sobre o activismo LGTB. http://www.fotogramas.es/series-television/When-we-rise-trailer-miniserie-activismo-LGTB
    E non só no cine, no mundo da moda tamén. Lea T, modelo brasileña, foi a imaxe da marca Givenchy durante un tempo ou Valentina Sampaio, que apareceu na portada da revista Vogue.

    Precisan unha voz que poucas veces os medios lles ofrecen, e con esa voz quizáis a súa integración e a súa situación de desigualdade cambiaría.

    Gústame

  2. É un colectivo que pouco eco ten na sociedade, ou máis ben, pouco coñecemos. Certo é que cada vez se fala máis deste tema nas películas ou en algúns programas de televisión, pero que hai do día a día destas persoas? As barreiras que se afrontan como explican os membros do voso círculo, e xa non só a nivel laboral. Unha boa forma de comezar a normalizar esta situación pode ser a proposta das universidades de Cataluña, onde se pretende que os alumnos e alumnas se identifiquen como desexen:http://www.20minutos.es/noticia/3016436/0/universidades-catalanas-permitiran-alumnos-utilizar-nombre-sentido/
    Isto pode ser un paso para establecer a igualdade neste colectivo que opino que ten trabas a pesar da sociedade na que vivimos. Ademais, tamén pode ser un exemplo para o resto das universidades españolas.

    Gústame

  3. Penso que o describes perfectamente Noelia, o colectivo transxénero está moi invisibilizado no mundo do cine e da televisión e nas poucas veces que sae á luz é en forma de burla ou sen ter unha representación real. Analizando isto, penso que o problema ven da man da educación. Débesenos educar dende pequenos nuns valores de igualdade que penso que aínda non están presentes. Ás veces vemos noticias como estas:
    http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/18881

    E cremos que vamos avanzando a pasos pequenos. Así e todo, nunha das nosas reunións unha integrante comentaba que hai casos nos que non hai que educar, senón des-educar aqueles valores que non responden á igualdade. Pódese compara á deconstrución feminista, que é o caso que nós tratamos.
    Nos casos da gran pantalla ou dos medios televisivos, como o que se busca sempre é vender, o colectivo trans se soe deixar de lado e por iso podemos atopar noticias como estas que nos falan de modas:
    http://www.harpersbazaar.es/cultura/ocio/la-visibilidad-transexual-a-traves-del-cine

    É triste que a visibilidade deste colectivo se atope ligada a unha simple moda.

    Gústame

  4. A sociedade está cambiando, e cada vez é máis común ver a persoas transexuais na vida pública. Sí que entendo aos membros do voso círculo cando din que esas accións as interpretan como burla, pero non creo que esa fose a intención, nin moito menos, e iso é un factor importante a ter en conta.
    En canto ao mundo de Hollywood, os nomes de Caitlyn Jenner e Laverne Cox son moi coñecidos, e afortunadamente contan co respeto que merecen.
    O colectivo transexual conta cada vez con máis recoñecemento e respeto na esfera social, pero esta situación non se da no ámbito legal, habendo multitude de vacíos que non se saben solventar e que perxudican á persoa que os sufre. http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2017/03/16/madre-lucense-nino-transexual-pide/1162285.html

    Gústame

  5. Moi boa reflexión Noelia, sitúome a favor do que case todo o teu Círculo di. E aínda co representante transexual non opine igual respecto a “La Chica Danesa”, a realidade da discriminación trans no ámbito do emprego é real, quizais más agora que nunca ca chegada do Sr. Trump á presidencia.
    Recentemente eliminou do censo ao colectivo e máis a páxina da Casa Branca sobre temática LGTBI+.
    Non sei se che pode servir como complemento pero preséntoche un artigo meu falando sobre o mesmo co motivo do Día da Muller: https://mozaslife.wordpress.com/2017/03/08/mujeres-que-nacen-se-hacen-y-se-rehacen/

    A burlesca interpretación cos medios audiovisuais fan da realidade transxénero e transexual é, canto menos, criticable. Por cada película que dignifica a figura trans existen 10 que a humillan ou, aínda peor, representa de xeito irreal.

    Gústame

  6. Enhorabuena Noelia, es un gustazo leerte una vez más. La verdad esque vuestra tarea es y ha sido muy difícil. Tratáis con un tema que a día de hoy es un semitabú. La transexualidad si es cierto que a día de hoy está más normalizada. Sin embargo son los medios los que a través de la difusión de sus programaciones hacen en la sociedad un cierto concepto de tabú de la transexualidad. Y estoy muy de acuerdo con mi compañero Nicolás, cuando dice que los medios tratan muy desigual el tema de la transexualidad. Aquí te dejo un caso en concreto, la de una bailarina que ahora ya es bailarín. http://elpais.com/elpais/2017/04/21/gente/1492773061_611562.html

    Gústame

  7. Boas Noelia!

    A verdade é que cando rematei de ver ”A chica danesa” pareceume unha gran película, cunha gran trama e gran actor, pero en ningún momento me parei a pensar que o papel do protagonista debería estar representado por un trnsxénero ata agora, que acabo de ler a túa publicación. A verdade é que é triste que non o pensase antes pero iso só é un reflexo da escasa aparición de tranxéneros nos filmes.

    O que non entendín ben é o apuntamento que fai un compoñente do teu círculo o decir ´´eu ahí vin a un actor non os seus xenitais´´. Suponse que o ser un papel dunha persoa que se quere realizar un cambio de sexo o actor tería que vivilo? Non comprendín moi ben o que quería decir.

    Deixoche o enlace dun artigo por si che interesa que o meu parecer está moi ben: http://www.garuyo.com/cine/importancia-del-cine-transgenero

    Un saúdo!

    Gústame

  8. Boas noites Noelia! Interesante artigo que axuda a comprender a problemática tratada máis incluso que o resto dos posts. O feito de que comentes unha reunión co teu Círculo, de seguro formado por xente moi posta no tema, facilita a comprensión do tema que queres mostrar. As súas opinións e valoracións, máis argumentadas que as de calquera outra persoa que non teña presente este asunto na súa vida cotiá, son un gran apoio á hora de crear unha opinión propia basada no coñecemento e no respecto a tódolos seres humanos.
    Respecto ao comentario do filme ‘La chica danesa’, é certo que é unha das poucas películas que amosa parte da realidade tranxénero, pero convertiuse un pioneiro do mesmo. A aceptación deste tipo de xente, se ben aínda non é total, claramente mellorou tras a publicación de dita obra. Adxúntote unha crítica a película que comentamos (http://www.nacion.com/ocio/cine/danesa-pionera-historia-mujer-transgenero_0_1541845816.html).
    Un saúdo Noelia! Espero respondas este comentario para seguir una instructiva conversa.

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s