Que imaxe temos da migración?

LUCAS MÉNDEZ VEIGA

A emigración é precariedade, soidade, lonxanía, morriña e desigualdade. Pero tamén pode ser oportunidade, traballo e mellora da calidade de vida. Nos xornais, non sempre é así, algo que puidemos corroborar coas experiencias do noso círculo.

Para o noso grupo, visibilizar a realidade de todos os emigrantes foi vital no noso percorrido tratando o tema. Ademais de tentar tratar o tema dende a realidade dos verdadeiros protagonistas, os emigrantes, tentamos cambiar a imaxe preconcebida e os clichés que os xornais verten sobre unha temática vital na nosa comunidade, Galiza.

 Os destinos do emigrante galego

Precisamente, para visibilizar hai que velo plasmado. A realidade de tantos e tantos milleiros de galegos que emigraron é diferente en cada caso, pero moitos teñen en común os destinos desa realidade. A importancia da emigración foi tal, que a historia de Galicia xa está marcada por esa época na que moita da súa poboación emprendeu unha viaxe lonxe da casa, sen saber o que lles deparaba.

A nosa acción foi sinxela, pero cargada de simbolismo. O noso obxectivo: visibilizar os destinos, os puntos en común e as historias de vida e emigración dos membros do círculo cos que tivemos contacto. Para isto, optamos por elaborar un mural destacando nun mapamundi eses destinos: Arxentina, Brasil, Chile, Francia, Alemaña ou Suiza entre outros moitos países receptores de galegos. Xunto a este mapa, as imaxes dunha realidade que marcou a vida dos nosos protagonistas. Imaxes de vida, de traballo, de dificultades, de superación…

IMG_2945
Membros do círculo colaborando cos integrantes do grupo na elaboración do mural
“Sinto orgullo ao ver esas imaxes. Sempre tentei buscar o mellor para mín e a miña familia. A emigración marcou a miña vida”
Evaristo, integrante do círculo

Detrás desas imaxes hai cartas de momentos de melancolía, de ledicia, de morriña. Imaxes dos obxectos persoais que caracterizaron a estancia dos emigrados, imaxes de traballo duro e imaxes de satisfacción. Ao longo do noso percorrido na temática, presentáronsenos en multitude de ocasións os clichés aos que está sometido a emigración. Actualmente, é un tema á orde do día. Como o foi na época que protagonizaron os membros do círculo, na actualidade, Galicia e España en xeral poden vivir un cambio xeracional na emigración.

A realidade fala de que moita xente nova non ten esperanzas e futuro cerca da súa terra e deciden irse, quen sabe se para voltar. As cousas non melloran e as posibilidades acórtanse. A emigración sempre é por necesidade, pero a relidade actual tamén está marcada pola xente que foxe dos conflictos bélicos que azoutan zonas como Siria. É a migración ante o medo.

“Logo de tanto tempo, parece que a imaxe do emigrado aínda vai a peor. A xente non elixe marchar, faino por necesidade…”
Sara, integrante do círculo de lectura
IMG_2954.JPG
Momento da colocación do mural na Asociación Sociocultural do Ensanche (Santiago de Compostela)

Cara onde nos diriximos?

O gran vacío que nos atopamos neste tema, é no tratamento que os medios de comunicación fan da emigración e os seus protagonistas. Como vimos dicindo, cómpre mudar a visión que se da dunha realidade complicada pola implicación sentimental. Deste xeito, como estudantes de xornalismo cremos que non se fai unha visibilización adecuada dos problemas dos emigrantes, das súas historias, as que deixan atrás e as que forxan nos seus destinos. A responsabilidade dos medios é vital na concienciación da sociedade, hoxe crispada e inqueda por temas que a prensa asocia erroneamente á migración. Compre demostrar que estas historias merecen máis importancia e sensibilidade da que se ten.

IMG_2942.JPG
“A sociedade ten que mudar de mentalidade e os medios deben cambiar o seu tratamento xeralizado da migración. Temos que aprender do pasado.”
María, integrante do círculo

 

Advertisements

25 comentarios en “Que imaxe temos da migración?

  1. Interesantísimo tema o que tratas, Lucas
    Non é raro atopar neste país xente con antepasados que emigrados a calquera dos países que citas no post. Nese feito radica precisamente a gravedade de que exista xente que critique e estigmatice a figura do emigrante.
    É moi acertada a afimarción que se fai sobre que todo o mundo emigra por necesidade, e é totalmente acertada.
    Actualmente, a emigración, forzosa ou voluntaria, é un tema que sae continuamente nos medios e, por iso, é preciso que desaparezan todos os prexuízos http://ibasque.com/los-prejuicios-sobre-la-inmigracion/

    Gústame

    1. Podemos atopar infinidade de casos como afirmas, Diego. E multitude de artigos como este (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2017/04/11/gallegos-arbol-genealogico-america/0003_201704X11C2995.htm) no se que se narren vivencias dos galegos no estranxeiro.
      Malia todo, o meu grupo e máis eu, decatámonos no percorrido do noso tema que o tratamento non é o adecuado e máis hoxe que se asocia a migración con outras temáticas que xeran problemas como a violencia ou o terrorismo. Por iso cremos que é adecuado non xeralizar e tratar con máis delicadeza un tema que a moitísimos galegos nos toca de cheo e de moi preto, xa que coñecemos casos de primeira man. Neste senso, o artigo que compartes fala moi ben desos prexuízos que debemos erradicar comenzando pola boa prensa neste tema.
      Aquí, Canadá é un dos países que mellor leva a práctica o tema da integración sen mirar “o pasaporte” e desoíndo falsas crenzas de que certos pobos traballan dun xeito ou outro. Fai pouco atopei con este noticia: http://nmnoticias.ca/182484/canada-contratacion-anonima-discriminacion-inmigrantes/. Que opinas ti deste caso?

      Gústame

      1. É normal que países coma Canadá estean á cabeza neste aspecto, xa que en moitos outros ámbitos tamén está á cabeza do mundo

        Gústame

  2. Boas Lucas, paréceme moi apropiada a acción emprendida polo voso grupo para representar, dun xeito visual unha parte importante da nosa historia común como é a migración. Comparto a túa visión de que agora as ideas que hai entorno aos inmigrantes son distintos aos antigos: antes a xente marchaba con ilusión de crecer e agora parece que a marcha é de xeito desesperado porque non queda outra. O xeito de que os implicados, especialmente as persoas maiores coma as que aparecen na foto entreguen as súas propias fotografías é algo que provoca neles un maior sentimento de formar parte do que están facendo, polo que creo que ademais de colaborar eles con vós, esta axuda reflíctese tamén á inversa: dándolles voz e facendo ás persoas maiores sentirse importantes. Nun día como hoxe no que se celebran en Francia eleccións presidenciais, gustaríame saber a túa opinión sobre este tipo de artigos que amosan a visión fascista de Marine Le Pen http://www.elespanol.com/mundo/europa/20170320/202230261_0.html

    Gústame

    1. Grazas polo comentario, Carlos. Como ben comentas, tentamos facer unha acción sinxela pero que visualizase todo o contido que pretendíamos achegar, as historias de vida dos integrantes do noso círculo a través dos seus recordos. A súa colaboración foi indispensable para acadar o resultado final, que penso que é algo do que estamos orgullosos no grupo. Eu tamén cheguei a conclusión de que as causas son diversas dentros das migracións ó longo dos anos, pero que os obxectivos non distan demasiado, é máis, atrévome a dicir que todos buscan o mesmo: prosperar. É por iso que considero importante non discriminar e facer chegar a todo o mundo que non todo é como o pintan e nisto, os medios nisto poderían facer máis.
      No tocante ás eleccións francesas que mencionas, penso que é axeitado relacionalo, xa que a candidata Marine Le Pen deixou multitude de “perlas” acerca dos migrantes e de como pensa cortar de raíz a súa chegada ao país galo. Tiño lido que acotará a chegada en 10 mil migrantes ao ano ou que porá trabas para que accedan a traballos.
      As súas verbas son tema de actualidade como tamén o son “os muros”. Neste artigo do xornal El País http://internacional.elpais.com/internacional/2017/03/16/actualidad/1489683405_245165.html recopilan os muros xa existentes que dividen país e crean fronteiras para controlar a emigración. Que opinión te merece isto?

      Liked by 1 person

      1. Pois recalco ,que foi unha gran labor a emprendida nesta acción. Penso que o de Le Pen, ao igual que o de outros políticos de extrema dereita que están crecendo nas enquisas por todo Europa, coma Geert Wilders (Holanda) ou Frauke Petry (Alemaña) é un serio problema. O racismo, especialmente a islamofobia exténdese dun xeito preocupante polo mundo “civilizado” . O tema dos chamados “muros” , ao que aludes nese artigo de ElPaís, é o claro reflexo desta patoloxía. Paréceme incríbel, que en pleno 2017, cando teoricamente os problemas relacionados cos nacionalismos extremistas e o racismo parecían residuais, volven dun xeito máis forte e con máis adeptos que nunca. Aínda que, falando de muros, se hai un que está a acadar todolos focos é o famoso muro de Trump. Gustaríame saber a túa opininión sobre este artigo que fala do trato que se da (máis alá do muro) aos emigrantes en EEUU ( http://internacional.elpais.com/internacional/2017/04/26/actualidad/1493220870_223924.html )

        Gústame

      2. Estou de acordo. O auxe deste desprezo debe comenzar a ser freado coa colaboración de todo o mundo, mudando pensamentos e crenzas intolerantes e de desprezo, que realmente son falsas e non nos levan a ningunha parte nin nos farán prosperar coma sociedade. O que cometnas do muro de Trump é unha mentira electoral máis para achegarse a un sector da poboación americana que realmente, sente este medo cara ao estranxeiro. Penso que o tema seguirá dando que falar mentres o “lenguaraz” presidente americano continue a mencionalo para asociar a migración cos problemas de seguridade que teñen os Estados Unidos (http://internacional.elpais.com/internacional/2017/04/24/estados_unidos/1493051415_804534.html).

        Liked by 1 person

      3. É unha mágoa, pero a sociedade actual caracterízase por un crecente sentimento de racismo, e rexeitamento a todo aquilo “ diferente “ en xeral. Gustaríame recomendarte a visualización da curtametraxe “ La ceremonia del Té”, obra audiovisual francesa que trata o tema da islamofobia en Francia a través da relación que establecen un skinhead e un home francés de orixe musulmá, que rexenta una pequena tenda de alimentación.
        Doutra banda, a ligazón que engadida no anterior comentario, que fala do fracaso do obxectivo de Trump de financiar a construcción do muro con diñeiro público é esperanzadora. Por lo menos segue a haber xente con “sentidiño” neste mundo para impedir, ou al menos facer máis difícil, a consecución dese tipo de barbaridades.

        Liked by 1 person

      4. Coido que estamos de acordo no primeiro. A sociedade debe comenzar a mudar ese pensamento e todos debemos sensibilizarnos máis cunha problemática que sí que nos afecta. Apúntome esa curta para visualizar nun oco libre. Seguro que será unha visión diferente e enriquecedora da migración e as relacións persoais.
        E grazas de novo pola interacción, Carlos

        Liked by 1 person

  3. Coma ti dis Lucas, a emigración é un problema que en Galiza leva presente moito tempo. Eu penso que cómpre analizar sempre as causas da emigración, é dicir, no século pasado foron principalmente motivos ideolóxicos (exilio) ou económicos, debido a etapa fascista que o país estaba a vivir http://cntgaliza.org/files/Mella_Emigracion_na_Galiza.pdf.
    Agora, aínda que non se chegou a romper de todo co pasado franquista, segue habendo emigración sobre todo por motivos económicos, coma ti sinalas, en búsqueda dunha mellor vida ou de novas oportunidades. Polo tanto, cabería destacar que a emigración pode ser o problema de ”hoxe”, mais non debería ser o problema de ”sempre’.
    Ademais, fronte a emigración e inmigración a sociedade xoga un papel fundamental, xa que ese país que recibe emigrantes doutro, debería aceptalos sempre e non caer nos tópicos de ”veñen aquí a roubarme o traballo” xa que calquera pode ter que emigrar algún día e os emigrantes sempre dan aos países receptores unha gran diversidade cultural, da que todos podemos aprender.

    Gústame

    1. Ola Raúl. Non podería estar máis de acordo coa frase de que a migración non debería ser o problema “de sempre”.
      No tocante ao papel que desempeña a sociedade, tamén creo necesario mudar ese pensamento instaurado polo “medo” actual. Non é conveniente xeralizar nin caer en tópicos nun tema no que os xornais non sempre tratan o tema co rigor que require xa que afecta a moita xente.
      Entendo que sempre haberá fluxos migratorios e os obxetivos das persoas migrantes soen ser sempre en busca dunha mellora da calidade de vida. E iso é algo que en moitos lugares non se pode ofrecer, como pode ser no noso país á xente xoven. O paro xuvenil agudiza a fenda xeracional que está a vivir España, vendo como a xente cualificada de varias xeracións desenrolan o seu futuro fóra. Neste artigo se fala claramente do problema http://www.elmundo.es/economia/2016/10/26/5810833ce5fdeacb118b4657.html
      Que opinas de todo isto?

      Gústame

      1. Iso é certo, sempre haberá fluxos migratorios xa que ningún país pode garantir as necesidades de tódolos seus habitantes. Ademais, no mundo capitalista e globalizado no que vivimos, cunha cadea de posición ou escala de países segundo o seu papel no sistema, a súa xente tenderá máis ou menos a migración (Así, un alemán de nacemento é menos probábel que queira migrar fora que un etíope).
        Polo tanto, todos debemos ser conscientes da situación que se está a vivir en outros países e axudar a quen ven aquí na maior medida dentro do posíbel.
        Cabe destacar que os medios de comunicación moitas veces se olvidan de todo o que está a vivir esta xente e se invisibiliza a súa vida marxinalizada. En numerosas ocasións, parecen case gando, coma neste artigo http://politica.elpais.com/politica/2017/04/15/actualidad/1492280930_765770.html
        Sobre o teu artigo, é moi sorprendente coma por estadística, ou ti ou eu teríamos que ir fora para buscar traballo. Isto destaca sobretodo tendo en conta que vivimos nun país en teoría ”do primeiro mundo”, neses nos que hai oportunidades e saídas para todos.

        Gústame

      2. Como xa comentei a outros compañeiros, a crise migratoria que vivimos creo que está acrecentando unha crise de valores na sociedade. Céntrome na española, coa que temos máis contacto pero penso que é algo global, unha escalada de desprezo e medo ao “de fóra” que realmente non comprendo. Sen ir máis lonxe, o artigo que ti adxuntas, no que como ti dis se lles trata de forma despreciable e como se non estivésemos a falar de persoas que están a pasalo mal buscando un porvir que se lles nega no seu país de orixe. Ollando as novas, atopeime con esta na que se fala dos tempos que vivimos, con grandes avances en tecnoloxía, e na que se centra no que axudan estas á migración. http://internacional.elpais.com/internacional/2017/04/05/actualidad/1491405727_917039.html
        Léndoa enteira, chamoume a atención o último parágrafo, no que se fala de que mafias utilizan as redes sociais para enganos de viaxes ilegais a Europa, aínda que é algo que non me sorprende…

        Gústame

      3. Sobre o que ti dis das mafias que se aproveitan dos inmigrantes, falou Donald Tusk, presidente do Consello Europeo, neste artigo http://www.elmundo.es/internacional/2016/03/03/56d826b2ca474144138b4580.html
        Cabe destacar tamén, que este medo ao que ven de fóra propicia que se formen partidos políticos de ultradereita, coma Le Pen en Francia, Amanecer Dourado en Grecia ou o Partido pola Liberdade en Holanda. Isto fai que os europeos cheguen ata ó odio contra os inmigrantes, xa que se ven reforzadas esas ideas por estes partidos políticos.

        Gústame

      4. Dende logo, moito que aprender e mellorar neste senso, Raúl. Da auténtico pavor ler esas verbas de Tusk. Tamén resúltame curioso que no noso país, non se cumplise o número de acollidas a refuxiados que se dixera. Esta noticia fala diso mesmo http://www.elmundo.es/cataluna/2017/04/18/58f62bc5ca4741dc208b460b.html
        Como dixen, urxe cambiar de pensamento e comenzar a fuxir de ideais que non aportan nada á sociedade e nos fan menos tolerantes cos migrantes.

        Gústame

  4. Unha visión moi xeralizada, que eu comparto. Aquí en Galiza, tal vez polo pasado que temos ás nosas espaldas, ou tal vez porque tanto a miña familia paterna como a materna emigraron en algún momento, véxoo como algo natural, algo necesario, algo que vén da man co mesmo motivo da existencia humana pero que non estamos dispostos a aceptar. Hoxe, quen emigra é,ou ben, porque non ten traballo onde vive ou porque non ten paz. E é comprensible que, sobre todo en momentos de rise, as persoas que viven na cidade receptora os vexan como unha ameaza pero ese é o problema. Estamos tan absortos en nós mesmos, na nosa sociedade capitalista que non vemos a importancia, a necesidade e a presión ós que os inmigrantes están sometidos. Simplemente, por onde naceron. Non é iso racismo?
    Estou de acordo con que os medios, a influencia que teñen sobre a información poden marcar a diferenza de ser usados de maneira correcta. A día de hoxe ata se consolidou a diferencia entre “inmigrante” e “refuxiado” só por como os medios tratan a uns e outros. Os inmigrantes veñen a roubar traballo, os refuxiados veñen dun sitio que é bombardeado diariamente. Básicamente, só se amosa o “mal” que fan os inmigrantes na propia sociedade, e o mal que está situación de onde veñen os refuxiados. Non se fala do mal que se vive nos países onde non hai traballo, nos países nos que a xente marcha da súa casa porque senón van perdela. Tampouco se fala de como viven os refuxiados unha vez cruzan fronteiras de paz. Que opinas do seu tratamento nos medios? Se se busca en google “situación de los refugiados en europa” o primeiro que aparece é unha referencia á crise migratoria en Europa.
    Recentemente, ACNUR pediu publicamente que deixase de chamárselle “crise humanitaria” á situación de Grecia. http://ecodiario.eleconomista.es/sociedad/noticias/8276678/04/17/Salud-mental-espana-celebra-que-la-oms-contribuya-a-situar-la-depresion-en-la-agenda-publica-mundial.html Que opinas ao respecto?

    Gústame

    1. Grazas polo comentario, Noela. Tal e como comentei a outros compañeiros, opino que o tratamento que fan os medios da realidade da migración deixa moitas veces que desexar. Xa non digo que o tema desapareza das páxinas dos xornais, senon que en moitas ocasións non se trata con rigor as informacións que inflúen a, como dis ti, moitísima xente na nosa comunidade. É un tema que nos toca de cheo e de moi preto, xa que poderíamos atopar moitísimos casos entre os nosos achegados ou coñecidos. É por iso que penso que os medios deberían mudar a súa estratexia no tema e comenzar a dar voz á xente que decide migrar, tratando a súas historias con claridade para así mudar conciencias e eliminar clichés predeterminados acerca do tema.
      O que comentas, de que non se fala de como “malviven” unha vez traspasadas as fronteiras do seu país é ben certo, a pesar que cada vez máis xente se esforza por dignificar esta estancia. Recoméndoche que lle botes unha ollada ao traballo do fotógrafo Santi Palacios http://santipalacios.com e as súas redes sociais nas que se visibiliza como viven estes refuxiados nos destinos en Europa. Da moito que pensar, non cres?

      Liked by 1 person

      1. É unha galería moi interesante. Mire por donde se mire, moitos deciden ver só o bonito nas imaxen cando en realidade eses edificios son precarios, a auga non chega e a electricidade, de habela, non deixa de cortarse. Fálase aquí de algo similar. http://ecodiario.eleconomista.es/sociedad/noticias/8317300/04/17/Refugiados-usan-la-fotografia-para-reivindicar-su-tristeza-y-su-felicidad.html

        Outro tema sobre emigrantes son os que ao chegar ao seu destino, sexa España, Alemaña, Estados Unidos ou calquera, non atopan o beneficio que es`eraban e acaban vivindo na rúa. Pódelle pasar a calquera. En esta noticia (http://ccaa.elpais.com/ccaa/2017/02/08/madrid/1486564430_369647.html) dise que o 63% das persoas sen fogar son estranxeiras, metade e metade no total do estado.

        Gústame

      2. Interesantísimas achegas, Noela. Creo que ademais dunha crise migratoria, atopámonos nunha crise tamén de valores. E como digo isto é acrecentado pola falta de ética de moitas novas que se publican nos medios. Dando datos enganosos ou como xa dixen non tratando o tema coa seriedade e o respecto que merece. Acábome de topar con esta nova, e non dou crédito co titular (http://internacional.elpais.com/internacional/2017/04/20/actualidad/1492700425_511133.html), dime ti que pensas.

        Liked by 1 person

      3. Pois igual ca ti, non quero crer en que un país lle poida prohibir a entrada a alguén (ou non aceptala) aínda que esté a fuxir dun sitio no que o seu nivel de vida está moi reducido. Penso que non se fai presión suficiente, e debería estar prohibido non ofrecer asilo a quenes o necesiten. Comeza un país, e queiramos que non, movidos polos intereses económicos e en tmpos de crise a ninguén lle ven ben, así que como poden, os demais paises tamén lles rexeitan o asilo.
        Mira esta noticia, (http://www.lasexta.com/especiales/ruta-trump/fenomeno-trump-instala-europa-entrada-inmigrantes-procedentes-paises-musulmanes_2017040858e8d6760cf2f2c8755f0de3.html) sobre o veto migratorio a refuxiados de países musulamnes por parte de EE.UU. e os países europeos.

        Gústame

      4. É, realmente, triste. Os países “democráticos” deciden instaurar a cultura do medo cara o estranxeiro, e así atopamos datos como os que da a noticia, de que entre 10.000 persoas, un 55% está de acordo en cortar de raíz a migración de países musulmáns.
        Fai un tempo, topeime nunha rede social con este video, a ver que te parece o experimento social : https://www.facebook.com/plugins/video.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2FSpanishRevolution%2Fvideos%2F1274184209337044%2F&show_text=0&width=560

        Gústame

  5. Moi interesante o tema da emigración e moi cercano a min xa que familiares maternos tiveron que emigrar no seu momento. Como mencionabas no post , a emigración supón cambiar de país e de vida por motivos necesarios. No século pasado, os galegos emigraban aos destinos que citaches para, por exemplo, conseguir un traballo con maior soldo, todo para manter a familia e mellorar a calidade de vida, imaxe que os medios non mostran. Tan só adícanse a reflexar a emigración como unha acción desesperante, sen sentido. Esperemos que nun futuro próximo non existan estes prexuizos

    Neste enlace móstrase principalmente a migración dos galegos nos estranxeiros, unha serie de datos moi curiosos http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/03/18/cinco-mil-gallegos-sumaron-emigracion-extranjero-2015/0003_201603G18P10991.htm

    Gústame

    1. En Galiza é un tema moi familiar para todos, Lorena. Por iso penso que é necesario mudar de pensamento, e pasar a fortalecer as historias da xente que decide marchar buscando unha mellor calidade de vida. Como se faría isto? Cun mellor tratamento nos medios, que son quenes sacan á luz pública todo o que acontece.
      Hoxe en día a migración está relacionada con outros temas de diversa índole como pode ser o Brexit. Fai pouco lin esta noticia http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2017/04/09/brexit-cierne-sobre-dos-mil-pontevedreses-reino-unido/0003_201704P9C1995.htm na que se fala do caso dos pontevedreses aos que lles afecta dun xeito ou outro a saída do Reino Unido do marco da Unión Europea. Que pensas sobre isto?

      Gústame

      1. Moi interesante a noticia, Lucas . Entendo que os pontevedreses que levaban anos traballando no Reino Unido lles afecte o “brexit” e estean en contra igual que outros cidadáns doutros países.
        Como ben se decía anteriormente as persoas emigran en busca dun traballo e dunha vida mellor e ninguén debería impedilo.
        Ademais, como comenta o entrevistado Damián Pereira, os británicos encóntranse fortemente divididos ante este reto autoimpuesto.
        En definitiva, unha situación desfavorable para moitos migrantes. Nos próximos meses veremos se o brexit consigue disuadir definitivamente aos galegos no Reino Unido

        Gústame

      2. Así é, Lorena. É preciso comenzar a mudar esa crenza de que os migrantes veñen “roubarnos” o traballo. No noso círculo, os integrantes faláronnos da súas historias e de como desempeñaron toda clase de traballos, máis ou menos cualificados, en función sempre dos seus méritos. No anterior post que fixen (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/22/unha-viaxe-de-ida-e-volta/?frame-nonce=8cca8b4c96) realicei unha entrevista a un emigrante que vive en Marín. O home, de nome Emilio Esperón, marchou cara Arxentina e chegado un momento decidiu voltar. Á súa volta, foi integrándose en círculos que buscaban actividades de mellora para o pobo, e acabou sendo alcalde.
        Con todo isto, vemos que anteriormente ese medo ao descoñecido non existía. Deíxoche por aquí outro interesante artigo sobre isto que falo, o medo. http://elpais.com/elpais/2016/03/31/opinion/1459412102_091083.html

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s